A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 23 de diciembre de 2019

A "MOCHILA AUSTRÍACA" UNHA NOVA AGRESIÓN CONTRA OS DEREITOS D@S TRABALLADOR@S


Carlos Dafonte

Unha nova ameaza, e no capitalismo son constantes, sobrevoa ó sector do traballo asalariado, a maioría da poboación, unha parte da cal son @s unic@s creador@s de riqueza no planeta; coñécese co nome da “mochila austríaca”, que se está a ensaiar nese país centroeuropeo dende 2003 e é unha nova estratexia para conseguir que os bancos xestionen os cartos dos traballadores para a súa xubilación e polo tanto, dun xeito diferente a como se fai hoxe en día na maioría dos países da U.E.

A meados de outubro, o goberno en funcións enviou un documento á U.E. que entre outros aspectos referentes á situación económica, fala das “contas individuais de capitalización” que teñen como obxectivo “xerar dinamismo laboral e aumenta-la produtividade” do noso país. Este documento, nese punto concreto, se debe remitir a un organismo da Unión Europea, o “Structural Reform Support Programme” que vai realizar o estudo sobre o mesmo; estas contas de capitalización das que se está a falar moito na U.E., o modelo máis famoso é o que se coñece vulgarmente como a “mochila austríaca”.
O primeiro que hai que coñecer é que en Austria, non existe sistema público de pensións nin indemnización por despedimento; un traballador que sexa despedido para sobrevir ata atopar novo posto de traballo, pode recuperar o necesario da súa “mochila” ; polo tanto esta “mochila” é unha conta de aforro individual que debe ter toda traballadora e traballador e que se vai formando ó longo da súa vida, “cargándoa” , en Austria co 1'53 % do seu salario bruto, atópese na mesma empresa ou teña cambiado.
Este aforro e xestionado pola banca e especuladores e no caso de que esa xestión sexa deficiente, como acontece en moitos casos, ou o traballador/a perde parte ou a totalidade dos seus aforros cos que debía vivir cando se xubile, ou coma sempre, o Estado ten que saír a facer fronte á mala xestión privada; as ganancias son para os especuladores, as perdas se socializan e as paga por medio do Estado, toda a sociedade.
Que vai significar para @s asalariad@s a imposición deste novo sistema no caso de que se implante no estado español? . Varios elementos todos eles moi prexudiciais; en primeiro lugar que o despedimento vai ser libre, co que iso pode ter de relevancia nunha economía moi distinta da austríaca onde hai pouco paro e os salarios son máis altos; en segundo lugar se pon fin a antigüidade no emprego e en terceiro as indemnizacións por despedimento serán moi cativas e con toda seguridade pagadas polo traballador/a.
Coñecemos que dende hai anos a banca, especuladores e os gobernos, utilizan toda clase de métodos, prensa escrita, radio, televisión, “expert@s” nestas cuestión, que actúan ó servizo de quen lles paga, e moi ben por certo, para convencernos de que o sistema actual de pensión que hoxe representa ó ano o 8% dos orzamentos, nun horizonte de corenta, outros din trinta e cinco, o computo total das pensións será o 15 % e o sistema actual non será viable e quebrará; polo tanto e necesario previr esta situación e buscar un novo sistema para garantir as pensións e como quen paga manda, estes medios de comunicación, expertos, etc, indican que o sistema de capitalización, con un modelo como o de Austria ou parecido, e o mellor para solventa-la situación que se poda dar.
Hai que denunciar que nos atopamos, en contra do que se di, nun debate eminentemente ideolóxico, na loita de clases non só se produce loita social tamén política e ideolóxica, cheo de trampas, de trolas, onde os partidari@s da “capitalización” non contestan nunca a aquelas posición que formulan reparos ás contas que fan estes “expertos”, como que non é aceptable e é unha trampa, afirmar que o 15 % de dentro de varios anos, os que sexan, leva a quebra ó sistema; no fondo consideran , e por iso e un tema que non estudan, que se vai producir cunha produtividade como a de hoxe; dentro de 30 anos o 40 esperemos que a produtividade no traballo teña medrado o suficiente como para que o 15 % naquel momento, represente menos que o 8 % que se levan hoxe as pensións. Sobre o tema da produtividade nunca queren entrar, néganse polo tanto a falar en serio e cientificamente do que pode acontecer dentro de 35 ou 40 anos. É imprescindible falar da produtividade e que medidas tomamos para que nun horizonte determinado, suba o necesario para que o noso sistema público de pensións se poda manter.
O Psoe leva varios anos preparando o terreo; xa no 2010 cando aprobou a súa reforma laboral, fixo súa esta proposta e a incluíu como elemento a estudar. Pp e Ciudadanos a levaban nos seus programas electorais do ano 2011 e tamén apareceu nos pactos asinados entre Psoe e Ciudadanos que querían que Podemos lle dera o seu consentimento.
A principios de abril o Psoe abstívose na votación celebrada no Parlamento Europeo para aprobación do “Regulamento do Produto Paneuropeo de Pensións Individuais” que se considera a chave para que os estados cambien os seus sistemas de pensións e o substitúan por fondos privados de capitalización.
É de xeral coñecemento que a señora Calviño, que segundo Pedro Sánchez vai ser no futuro goberno a vicepresidenta económica, é firme partidaria do sistema establecido en Austria no tema das pensións; esa referencia illada sobre quen ocupará posto tan importante, ten o obxectivo de tranquiliza-la á oligarquía financeira, asegurándolle que a pesares da entrada de Unidas Podemos no goberno, os obxectivos deste sector hexemónico na sociedade, se van ver satisfeitos.
Que vai facer agora Unidas Podemos respecto a este proxecto? Pois visto o comportamento respecto á “lei mordaza dixital” que declaraban se atopaban en contra e se abstiveron, pode acontecer cando este tema da “mochila austríaca” se poña a debate, e tarde ou cedo se vai poñer, calquera posición.
Polo tanto é necesario iniciar o antes posible a presión para que un sistema de capitalización non sexa aprobado, que se debata, que se prema ós partidos e organizacións e toda a sociedade ten que comprometerse nesta loita; @s máis nov@s os primeiros, son os máis afectados, pero o resto temos a obriga de non deixarlle a nosos fillos e netos, xa que non fomos capaces de enfrontar a agresión do capital contra a natureza, polo menos garantir que os nosos descendentes no tema das pensións, van ter nesa etapa unha vida digna.

En Galicia no mes de decembro de 2019



No hay comentarios:

Publicar un comentario