A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 11 de diciembre de 2019

QUE NON LÍEN COAS PALABRAS.

Roberto Laxe
Nunha entrevista a Rajoy, este di que non lle gustaría un goberno de extrema esquerda". Máis aló de que o que lle guste a Rajoy debe importarnos un comiño -xa sabemos o que lle gusta ao seu "alter ego", M.Rajoy-, o importante é esa caracterización: "goberno de extrema esquerda". A que vén tanta sobreactuación? Eles ben saben, dabondo, que nin o PSOE nin UP, nin ERC, nin os que se poden abster para abrir as portas a un goberno "progresista", son de "extrema esquerda". Nin tan sequera son de esquerdas, son dereita ou progresista, no mellor dos casos.

A burguesía, e os seus representantes, levan desde hai moito tempo falando do PSOE como "esquerda", de PODEMOS como esquerda radical e de ERC como "independentistas", a propósito de que non o son. O obxectivo é dobre; un, lexitima-los como a “única" esquerda posible e así pechar o paso na conciencia da poboación, a outras variantes de esquerda, radicais no seu sentido máis etimoloxico, ir á raiz das cousas; e segundo, armar á súa propia base de que a loita contra o novo goberno vai ser feroz; son uns “advenedizos” no poder, que debe corresponder aos de sempre, eles. Se o goberno é de "extrema esquerda", imos a unha guerra sen cuartel para recupera-lo, é o que lle din á súa base.
Ao PSOE e a UP non lles molesta esta caracterización, porque lles axuda a presentarse ante a poboación como un recambio fronte á dereita, e ocultar as súas verdadeiras intencións como un trileiro oculta a bolita tras tres vasos. Desta maneira, entre uns e outros, desarman á poboación ante as agresións que veñen; esconden-se tras os rotulos dos vasos dos trileiros para aplicar as políticas determinadas por os limites do campo de xogo, que non é outro que o da Unión Europea e o Regimen do 78.
Se estamos diante dun “goberno de extrema esquerda”, como din que son desde a dereita, como nos imos a enfrontar á lei mordaza co peche das webs, recentemente aprobada; teremos que aceptar a non derrogación das reformas laborais de ZP e Rajoy, como xa admitiron os representantes do sindicato vertical in pectore, as cupulas de CCOO e UXT... Se é de “extrema esquerda”, haberá que tragar coas reformas das pensións de ZP e Rajoy.
Se son de “extrema esquerda”, está claro que os cataláns son uns egoístas que só queren dividir á esquerda coas súas reivindicacións, e estalles ben todo o que lles suceda para impedir o seu dereito a decidir (155 e máis). Se son de “extrema esquerda”, a Unión Europea non será tan mala aínda que financie ditaduras como a marroquí ou a saudita, apoie golpes de estado como en Bolivia, ou sostén a represión do regimenes como o chileno.
Esta é a lóxica infame de Rajoy que tanto axuda aos “progressistas” a lexitimarse como o que non son, de esquerdas; e moito menos de extrema esquerda. Son un reclamo para que cando decepcionen á súa base social, porque terán o rotulo de “esquerda”, pero fai politicas de dereita, esta volva pola porta grande e poida terminar a faena que comezou: destruír na poboación traballadora calquera conciencia de clase e de esquerdas. É, poderiamos dicilo así, “sicoloxia inversa”, ou sobreactuación para chegar a fin predeterminado.
E se alguién dúbida do verdadeiro carácter do goberno progresista que nos ameaza, que estude o seu programa, o que empezou a aplicar (lei mordaza nas webs, non derrogación de reformas laborais, etc.), e compáreo, primeiro con programas actuais da extrema esquerda, segundo, cos programas políticos presentados pola dereita, e terceiro, cos programas históricos da mesma esquerda, mesmo reformista, dos 70. As diferenzas e as coincidencias saltan á vista.
Que Rajoy e a dereita (extrema ou non) non engane coa súa sobreactuación; o goberno que vén, progresista el, ten tanto de “extrema esquerda”, como Rajoy de progresista, NADA!. Que a árbore dos nomes non impida ver o bosque da realidade, o carácter de clase do goberno que vén, e contra o que a clase traballadora e os pobos van ter que prepararse para loitar, coma se non houbese un mañá; para gañar, non só para protestar.

En Galiza no mes de decembro de 2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario