A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 30 de junio de 2012

A MANIPULACIÓN DA MEMORIA





Carlos Dafonte

viñeta roto trinchera guerra
A loita ideolóxica é un dos compoñentes fundamentais da loita de clases; por medio da mesma explotadores e explotados disputan a hexemonía cultural no seo da sociedade; no enfrontamento entre as clases, quen impón as súas ideas, se consegue que os seus argumentos sexan aceptados por outras clases, se os utilizan como se fosen propios, ten menores dificultades para ser hexemónico. Cando se da esta circunstancia, a clase dominante ten moitas posibilidades de manterse no poder. Se a burguesía consegue que os explotados asuman os seus argumentos, a revolución social, os cambios nas estruturas estarán máis lonxe; se outras clases, a pequena burguesía por exemplo, a burguesía nunca o fará, asume a forma de pensar, as solucións que propón a clase obreira e esta actúa maioritariamente con conciencia de clase, os cambios estruturais a posibilidade de revolución social, son maiores, está máis próxima.
Este mes de xuño produciuse un novo intento, desde a maioría dos medios de comunicación, de manipula-la realidade baixo o franquismo e de engadir un novo “ladrillo”, a esa construción ficticia da “transición política” cara a democracia actualmente existente, que a burguesía pretende. Tenta que consideremos este proceso froito, no mellor dos casos, do papel desempeñado por toda unha serie de persoeiros burgueses e no peor, como unha operación de laboratorio, cuxos autores fundamentais foron dous franquistas, o príncipe e despois rei Juan Carlos I e Torcuato Fernández Miranda. O resto meros comparsas.
manifestacion asturias 1962 minerosNeste mes de xuño, lembrouse, desde os medios de comunicación que a burguesía ten, a xuntanza celebrada hai 50 anos en Munich, á que o franquismo denominou o “contubernio de Munich”, cando co gallo dunha asemblea europeísta, diversos individuos que vivían en España e outros que o facían fora, algúns partidarios da sublevación militar, son presentados como opositores ó franquismo; sería en sonos, pois ninguén coñecía no estado as súas tarefas opositoras, e téntaselle dar a esta participación, nuns casos, a categoría de “inicio da transición política”, noutros a sentenza de morte do franquismo, o miolo da transición. En calquera caso, veñen a dicirnos, que son as forzas burguesas alí reunidas, persoeiros sen partido, ou cando o tiñan, dun que continuou de vacacións ata a morte do ditador, os protagonistas da loita pola democracia.
Curioso o rebumbio que se lle da a esta xuntanza que significou moi pouco para a loita antifranquista, e o cativo a outro acontecemento do mesmo ano, pero do mes de abril, a importante folga da minería asturiana, que paralizou as concas mineiras, que incorporou á loita antifranquista a centos de miles, contou ca solidariedade dos traballadores en numerosos lugares do estado, moi distantes a onde ocorrían os feitos, e a pesares das detencións masivas, as torturas os secuestros, os peches das minas e todos os métodos que podamos imaxinar de represión, nun estado ditatorial, finalizou co trunfo dos traballadores.
mineria cartel
As primeiras páxinas dos diarios do mes de abril e a apertura dos telediarios, pola importancia desta mobilización antifranquista, debían ser ocupados por estes acontecementos, pero, salvo contadas excepcións, o silencio máis absoluto reinou nos medios que debían informar.
Vivimos momentos moi difíciles, de reformas que levan á perda de dereitos gañados con grandes sacrificios, a causa dun sistema que ten a tendencia á crises constantes, que a clase dominante, a burguesía mentres sexa hexemónica, sempre fará pagar ós traballadores e traballadoras. Do que se trata nestes momentos é de borrar da memoria da clase traballadora, as súas loitas, os seus sacrificios por un mundo mellor para todos, para que non se poida aprender do pasado, para que non recorde que sempre que conseguiu algún dereito, algunha mellora, foi loitando, a costa de moita represión, de moito esforzo.
Sobre todo hoxe a oligarquía, necesita exercicios de desmemoria, en momentos en que a grande maioría da poboación sofre a situación económica á que nos levou o sistema capitalista, a quebra do mesmo, do proxecto da burguesía e da oligarquía e a posibilidade, aínda que os sindicatos maioritarios fagan todo o posible para controla-las mobilizacións e mantelas dentro dos límites dunha alternativa á actual realidade, enganosa, falsa, de “capitalismo de faciana humana”, sobre todo hoxe, repito, é máis necesario que nunca para a burguesía, borrar da memoria dos explotados a lembranza das súas loitas, para que non se actúe hoxe, como se facía hai 50 anos, utilizando a arma máis importante dos traballadores; por iso non falaron no seu momento da folga da minería e das comarcas mineiras do ano 1962, da solidariedade recibida, e do trunfo da mobilización.
marcha minera 2012 huelga manifestacion mineria mineros
A pesares de todo a realidade se impón, é testana, e 50 anos despois a minería e as comarcas mineiras volven a estar en loita, erixíndose, se hai 50 anos como a vangarda da loita antifranquista, como foran con anterioridade a folga dos tranvías de Barcelona do 51, a de Euskalduna do 53, a xeral de Biscaia do 56, máis tarde a dos traballadores de Bandas, Ferrol e Vigo no 1972, por só citar algunhas das mobilizacións, que foron abrindo os camiños da liberdade, ata evitar unha saída franquista, sen Franco, hoxe son a vangarda da loita contra as políticas neoliberais, impostas pola UE, o BCE e o FMI e executadas polo PP, e con anterioridade polo PSOE.
A mobilización mineira de hoxe, merece a solidariedade de todos cantos apostamos por unha saída desta crise, distinta da que a oligarquía ten prevista. Son necesarias a creacións de comités de axuda, de recollida de sinaturas e cartos para a caixa de resistencia; é preciso que a súa loita sexa apoiada, que as loitas dos diferentes sectores de traballador@s que se están a producir, non sexan illadas, tod@s somos unha mesma clase, se queremos comezar a rachar dunha vez por todas, co control burocrático das mobilizacións e que a resposta obreira sexa a vangarda da loita por unha sociedade socialista, única saída a actual crise.

En Galicia no mes de xuño de 2012.

martes, 26 de junio de 2012

DESPOIS DAS ELECCIÓNS GREGAS. POR QUÉ RESPIRA EUROPA?




Roberto Laxe
Todos os médios, despois dos resultados electorais do pasado domingo em Grecia, saíron coa mesma teima, “Europa respira, o euro salvase”; numha asociacion de ideas mentireira, europeísta=defensor do euro e da Union Europa, como se non colleran mais alternativas á Europa.
Mas, a que Europa refirense em realidade, porque umha semana antes a Union Europea e o goberno español anunciaban o “resgate” (ou como lle queiran chamar) da banca española, xunto com ameazas da Sra do FMI, corroboradas polo responsable de Competencia da Union Europea, Almunia, de que tiñamos que pensar em baixar os salários dos funcionários, da empresa privada e asumir unha suba do IVE.
Enton, trás as eleccions gregas, qué Europa respira. Porque é evidente de que falamos de duas Europas.
Umha Europa é a dos grandes bancos, teñan a nacionalidade que teñan, pois as interrelacions entre eles é moi grande, e o sistema de prestamos do BCE á banca privada, para que este preste os Estados, é un negocio redondo para eles; a das multinacionais e grandes empresas europeas que vem crecer os seus lucros a partir das reformas laborais, a perda de direitos dos traballadores e traballadoras e as rebaixas de salários.
Esta é a Europa do Tratado de Maastricht, no que se acordou umha politica econômica que mentras houbo diñeiro, non semellaba moi agresiva. De feito, tiña un certo aspecto que favorecia o nível de vida das masas traballadoras ao por limites á inflacion, é dicer, a perda de poder adquisitivo. Obviamente isto era umha falácia, pois o tempo que limitaban a inflacion, os salários reais da clase traballadora da Union Europea baixaban dun xeito significativo.
Os limites que em termos de debeda publica (o 60% do PIB) e de déficit (o 3%), semellaban non demasiado agresivos - os limites impostos ao desemprego parecen non importalle a ninguen-. Habia diñeiro, e poren, esse 60% e esse 3% chegaban para manter certos níveis de proteccion social. Mas chegou a crise, e os ingresos do estado baixaron em toda a Union Europea e nomeadamente em aqueles onde a construccion era o eixo do seu crecimento, Irlanda, Estado Español, Grecia, Italia, etc.
A queda dos ingresos véu acompañada dos sucesivos resgates á banca e ás empresas, com miles de millons de euros entregados para tapar os buracos, que van ás contas publicas e pagamolas todos e todas.
Refirénse á Europa que, trás as aseguradoras e os bancos, entran a tropel na xestion dos servizos públicos, nas nosas pensions, enchendo os ocos no estado do Bem estar que vai deixando a politica de “austeridade” decidida desde Bruxelas e Berlin. Queren resolver a sua queda de lucros na industria privada co saqueo dos servizos públicos e a sua posta no mercado.
Tras o resultados gregos, temporais e inestables, os donos da actual Europa, da Union Europea, si respiraron... umha noite. Porque as eleccions gregas non resolveron o problema de fondo, qué Europa queren construir; ou mais precisamente, quen domina a “nova” Union Europa, cuxa estructura estan renegociando.
O capitalismo é um sistema que se basea na imposicion pola forza dun sector da sociedade sobre outro, e non se cingue á explotacion da clase traballadora. Esta caracteristica da utilizacion da forza para impor a suas condicions trasladase ás relacions entre os mesmos capitalistas.
A frase, “o peixe grande come o cativo” é a definción das relacions intercapitalistas. Alemaña, como “peixe grande” da Union Europea quere comerse os “peixes cativos”, comezando pólos mais debiles, Grecia, convertida xa numha colônia do “IVº Reich”. Irlanda e Portugal van no mesmo camiño, aqui haberia que incluir un sócio inesperado para os alemans, o Estado Español, primiero acreedor de Portugal. Italia xa tem un goberno de “protectorado”, imposto desde Bruxelas. E o Estado Español, por moito que diga que non esta intervenido, é como aquél que prefire suicidarse a que lle mate o seu asasino; o goberno anticipase ás medidas que lle van a impoñer coa intervencion.
A crise destapou o que nunca desaparecera, as contradiccions interburguesas e interimperialistas que existen na “vella” Europa, que estan na orixe da su incapacidade para resolver o problema da unidade. Ate o Tratado de Utrecht do século XVIII sae de novo a relucir polo conflicto entre os pescadores andaluces e o colonialismo britânico em Xibraltar.
Esta é a Europa que suspirou unha noite (suspirou, non respirou, porque os problemas siguen igual); mas há outra Europa, a verdadeiramente europeísta, que ve como as opcions para un arreglo electoral dos problemas alonxase.
Grecia desmonstrou, umha vez mais, que as eleccions burguesas non son a solucion para a crisis “existencial” do capitalismo europeo. A pirrica victoria, á desesperada, de Nova Democracia, o ascenso de Syriza e a entrada do fascismo no parlamento sitúan a poboacion traballadora grega nunha disiuntiva, que cós seus ritmos, é a disiuntiva de toda a clase traballadora Europea: cómo paramos os ataques do capital europeo, e sobre todo, sobre que carris poñemos a saída da crise.
O capital tenno claro: a guerra social contra a clase traballadora, devolver-la como din os gregos “os anos 50”, desmantelando todas as conquistas dos últimos 60 anos. Esto situa a resposta nun nível que só tem un camiño, o dos anos 40, a revolucion em Europa.
O final da guerra Mundial em toda Europa produciuse umha oleada revolucionaria que tivo os seus picos mais importantes na revolucion iugosalva com Tito á cabeza, na revolucion italiana e francesa, coa toma de terras e fábricas e a organizacion do doble poder, so derrotadas pola entrega que fixeron os PCs respectivos aos gobernos burgueses, especialmente no caso italiano, na guerrilla antinazi grega que só foi desarmada e derrotada pola intervención militar britânica trás a ocupacion nazi, e na expropiacion da burguesia em Polonia, Checoeslovaquia, Rumania e Bulgaria.
A Europa que non respirou trás as eleccions gregas, foi a Europa traballadora, a que tem nas suas mans a construccion de unha verdadeira unidade europea sobre outras bases que non sexan as dos Merkel, Rajoys, Hollandes, etc. etc.; é dicer, que non se basee sobre a explotacion e o empobrecimento.
Mas esa Europa ainda tem un camiño longo por diante, o de superar o que desde todos os aparellos institucionais se introduce, os “nacionalismos” de via estreita; as solucions nacionais a unha crise que é de conxunto, de modelo e de alternativa social.
A solución a crise grega é a solución á crise da “vella” Europa; umha é inseparable da outra. A clase traballadora europea tem que ser consciente de que é umha soa clase obreira enfrentada polo vértice á clase capitalista. Mentras os aparellos da esquerda tradicional manteñan as divisions nacionais nesta loita, a clase obreira estará á defensiva.
Frente a ela há un proxeto “europeo”, o proxecto do Tratado de Maastricht, do Euro e do domínio do capital aleman sobre os demais, domínio nos feitos aceptado xa por casi todos. So cando os sectores mais conscentes da clase traballadora asuman que desta crise ou saímos todos ou caemos todos, estaremos em posicion para pasar á ofensiva contra os planes de desmantalemento e empobrecimento.
Hoxe a única saída é pular pola construccion dunha Europa dos Traballadores/as e os Pobos, que rompa co Tratado de Maastricht e o euro.
Esto tem unha precondicion, romper cós aparellos da esquerda ancorados nas fronteiras “nacionais”, e comezar a construccion dunha ferramenta politica e sindical que teña o vértice na loita pólos Estados Unidos Socialistas de Europa.
Este é o verdadeiro europeísmo, e non o que se basea na explotacion e a opresion.
Galiza, 20 de xuño de 2012

viernes, 15 de junio de 2012

RESCATAN Á OLIGARQUÍA ESPAÑOLA, PAGAMOS TOD@S



Carlos Dafonte.

A oligarquía española, ese pequeno grupo de malgastadores da riqueza producida pol@s traballador@s do estado, de especuladores, estafadores e defraudadores, como quedou demostrado no análise da crise actual, que desde hai séculos usurpa o poder do estado, desde o 9 de xuño, diante da bancarrota na que se atopa algún dos seus sectores como é o financeiro, vai recibir unha “liña de creto” de ata 100.000 millóns de euros, a cifra marea se a traducimos a pesetas, por parte de organismos internacionais, para recapitaliza-la banca.
Nos están rescatando como a Grecia, Portugal e Irlanda, que a cambio de diñeiro tiveron que tomar determinadas medidas?. Escolleuse, penso, aínda que no fondo sexa o mesmo, unha rota distinta; primeiro nos esixiron toda unha serie de reformas: as que tomou o goberno do PSOE a partires do ano 2010 e as que está a tomar o PP desde que o substituíu a finais de 2011. E unha vez tomadas as máis importantes para garantir que os cartos se devolven, fan o préstamo; pero no fondo, a pesares dos eufemismos que se queiran empregar, están a rescatarmos. O sector financeiro da economía atópase nunha grave situación, o conxunto da economía do estado non é capaz de facerlle fronte e ten que pedir axuda fora. Pero o rescate non vai afectar só ó sistema financeiro, como deixou claro a declaración do Eurogrupo, toda a estrutura económica se vai ver afectada, “falando en prata”, que virán novas medidas, contra as pensións, salarios, servizos públicos, funcionarios, suba de impostos, etc. e que estas medidas serán revisadas pola “troika”, UE, BCE, FMI
No tratado de Maastricht, un dos piares da creación da UE actual, aprobaron elementos substanciais para que os estados carguen cas débedas da oligarquía, da clase dominante, limitando por exemplo, entre outros elementos, a actuación do Banco Central Europeo ou permitindo a libre circulación de capitais. Por iso, os sectores da esquerda española levamos moitos anos opoñéndonos á U.E., por ser unha construción oligárquica e imperialista, ó servizo de determinadas minorías.
O “caso Bankia” é un máis dos desaguisados deste grupo, pero tamén a burbulla inmobiliaria, os enormes buratos que reflectirían os balances bancarios, si se lles obrigara a poñe-lo “ladrillo” do que son propietarios ó prezo real do mercado; as chamadas “preferentes”; o fraude das empresas, tanto á seguridade social como a facenda, que xera un déficit enorme; os paraísos fiscais repartidos por todo o mundo e permitidos polas institucións por eles hexemonizadas; o saqueo do estado e polo tanto dos contribuíntes, no seu beneficio; todas estas actuacións, entre outras, da oligarquía deben facernos reflexionar sobre que de proseguir na dinámica actual, de control do estado e da economía, da estrutura económica e da superestrutura política, por parte deste pequeno grupo e dalgúns aliados, a grande maioría dos cidadáns deste estado, por moitos anos van vivir nun pesadelo.
Bankia é un exemplo clarificador da actuación desta oligarquía, pero podemos poñer outros, hai numerosos casos de actuacións de bancos e caixas de aforros que tamén serven; Bankia non é un caso único. Utilizaron as Caixas de Aforros no seu beneficio, foron modificando as leis polas que se rexían para evitar controis, situaron o PP e o PSOE desde os gobernos autonómicos, ós xestores culpables das políticas que levaron ás Caixas á situación actual. Sempre actuaron ó servizo deste grupo hexemónico, se están quebradas non foi por facer políticas a favor da grande maioría da poboación
Repartiron diñeiro en enormes cantidades, sen valorar riscos, entre os seus, moitas veces para obras inxustificables, e no colmo da desvergoña, tentan marchar con pensións multimillonarias, sen asumir responsabilidade algunha. Tamén hai responsabilidade nas institucións que debían controlar todas estas actuacións, nomeadas polos dous grandes partidos. Ámbolos dous son responsables, pois monopolizan o poder, durante os últimos trinta anos, desde a desaparición da ditadura. Algunha responsabilidade terán.
E cando se quere investigar como é posible que o que hai “dous días” eran beneficios, hoxe sexan enormes perdas, e que responsabilidade teñen os que en tempos eran saudados, polos medios de comunicación e as institucións, como “gurús da economía” e a ser nomeados “doutores hornoris causa” por facultades de económicas, e existe un clamor popular para que esa investigación se realice, os “representantes da cidadanía”, tenta tapalo todo, alegando que non se pode “asusta-los mercados, que medra a “prima de risco”. Que xa se fará. Como se os especuladores a quen se lles chama “mercados”, non coñeceran todos os miolos das economías contra as que actúan e sacan enormes beneficios.
Lembrade a estulticia do PP cando nos dicía unha e outra vez, que só polo feito de votarlles, xa se recuperaría a confianza e todo marcharía doutro xeito; agora o mesmo, co rescate todo irá ben, ¡pois non!, todo esta a seguir igual de mal, os “mercados” desconfían, a “prima de risco” segue a medrar, cada vez pagaremos máis para financia-la nosa débeda, un 80% do PIB, aceptable, se tiveramos un sistema produtivo distinto; os 100.000 millóns de euros non van solucionar nada, e van producir máis déficit, e para pagalo xa sabemos a receita, medidas contra os traballador@s, tod@s a pagar as consecuencias das políticas e o latrocinio duns poucos. E tentar tapar canto antes as responsabilidades individuais e colectivas, desta minoría de explotadores. Ata que chegue o segundo rescate, que virá.
Hai moitos anos, en plena guerra de Vietnam, diante da imposibilidade de que os tribunais existentes foran capaces de emitir unha condena contra as bestialidades cometidas polos imperialistas contra o pobo vietnamita, constituíuse o chamado “tribunal Bertrand Rusell”, onde os crimes do imperialista foron condenados; pois ben se os tribunais non queren ou se inhiben de actuar contra os responsables de todo tipo, da situación económica, os que pensen que non deben marchar sen pagar polas súas responsabilidades, teñen a obriga de estuda-la creación dun tribunal, formado por personalidades de todo tipo, que emita sentencia.
Necesítase medidas distintas das que a oligarquía aproba desde as institucións que domina; necesítase debater sobre todo, porque todas as certezas cas que viviamos se están a desmoronar; o cal é moi importante por que moitas desas certezas estaban construídas sobre a forma de pensar da clase dominante, da clase explotadora; pero sobre todo actuar; en Grecia hai servizos en determinados barrios e cidades que comezan a ser autoxestionados; necesitamos outros campos de xogo, discutir sobre eles, por exemplo que pasaría se nos saímos do euro, pero non da Unión; e si abandonamos esta?, sobre a entraña clasista desta U.E.; pero discutir a fondo numerosas cuestións, que en tempos de expansión parecían irrelevantes; ter información, coñecer, non actuar cas “verdades” dos nosos inimigos. Sen transparencia e información non hai democracia; e neste país nin a unha nin a outra; a información pasa pola peneira das grandes empresas; a democracia e algo máis que votar cada certo tempo.

En Galicia no mes de xuño de 2012


viernes, 8 de junio de 2012

EUROBONOS COM RENUNCIA A SOBERANIA OU ESTADOS UNIDOS DE EUROPA




Roberto Laxe

A crise económica esta golpeando especialmente en Europa por un motivo non económico, senón político. A Unión Europea construída a raíz do Tratado de Maastricht e do Euro é, nunha xa coñecida definición, “un xigante económico cos pés de barro”
Esta contradiccion esta poñendo en serias dificultades o conxunto do capital europeo, pois esta diante da disiuntiva de ou dar un paso na unidade europea, ou retroceder aos anos 40 ou 50. Como alianza de imperialista que é a UE, cada um quere arrimar a sardiña a sua ascua; que se Eurobonos a troques de soberania, que se resgates de estados, intervencions desde o BCE e Bruxelas. Marean a perdiz do problema central, porque queren impedir umha verdadeira unidade europea; todos queren controla-la para o seu beneficio, e aqui saltan as chispas e as contradiccions entre as burguesias nacionais.
A Unión dos 27 é hoxe a maior potencia comercial do mundo, por encima da EE UU; o euro mesmo, a pesar da súa debilidade, en 10 anos de existencia fíxose co 27% do mercado mundial, ameazando a hexemonía absoluta que até ese momento gozaba o dólar, que viu retroceder a súa capacidade de manobra como moeda de intercambio.
Así por exemplo, cando Bush II declarou o “eixo do mal”, este casualmente coincidiu con países que decidiran deixar de utilizar o dólar como moeda para os pagos internacionais e pasar parte das suas reservas en dólares a moedas alternativas, especialmente euros.
O imperialismo norteamericano é consciente, e así o reafirman absolutamente todos os analistas burgueses, de que a súa fortaleza provén non do seu PIB nin da súa capacidade produtiva, senón da súa hexemonía sobre o mercado mundial a través do dólar, e a súa superioridade militar esmagadora. O armamento dos marines son a garantía de que ninguén se atreve a cuestionar ao dólar, e polo tanto, o dominio yanki.
Ademais, a diferenza do dólar, o euro non esta apoiado por un estado unitario, centralizado en torno ao goberno federal. Senón non se entendería porque cando un estado como California -a sexta potencia económica do mundo- entra en quebra técnica, os especuladores (os “mercados”) non se lanzaron como voitres contra o dólar, coma se fixeron cando Grecia case suspendeu pagos.
California foi salvada por unha política económica e fiscal “nacional”, que acudiu ao seu rescate, e como os bonos do Tesouro norteamericano véndense en dólares, a quebra de California (como doutros Estados de USA) foi superada a base de exportar a crise ao resto do mundo. De feito, o rescate federal deses estados, unido á utilización da “maquina” de facer dólares da Reserva Federal para gañar en competitividade por parte da economía yanki pon ao mundo ao bordo do colapso, pois é o estado máis endebedado do mundo; como un dos acredores importantes do Tesouro norteamericano esixa o pago dos seus bonos, a economía mundial vaise polo desaugadoiro.
Pola contra, a Union Europea non dispón dunha soa medida que unifique a resposta burguesa, os chamados “eurobonos”, senón que hai 27 bonos, tantos como membros; e nun período de caida da taxa de ganancia, onde o investimento produtivo brilla pola súa ausencia, a especulación con estes bonos converteuse na fonte principal do xogo financeiro.
Se a iso unímoslle un Banco Central Europeo limitado polo seu Estatuto, fillo do Tratado de Maastricht, que lle gravou a lume que o seu gran obxectivo é evitar a inflación; e o demais secundario. Un BCE cuxo papel, ademais de controlar a inflación, é dicir, evitar políticas de crecemento á conta do que sexa, non é outro que o prestar diñeiro aos bancos privados, para que estes sómense a ese xogo especulativo comprando bonos e débeda soberana dos estados membros, esta claro que a Unión Europea, Alemaña e o BCE están a actuar como o “bombeiro tolo”, botando gasolina ao lume.
27 bonos do tesouro e débeda soberana flotando no espazo da especulación é un agasallo para todo financeiro e empresario que se queira facer rico sen despeitearse. Que para iso hai que destruír conquistas sociais e afundir estados, non importa: como dixo o poeta, “ande eu quente, e ría a xente”.

Son a solución os “eurobonos”?

Desde un sector dos chamados progresistas, e tras a vitoria de Hollande en Francia, comezouse unha campaña de acoso á política defendida por Merkel de “austeridade” e “axuste” duro. Para iso enarboran dúas bandeiras, unha as políticas activas de crecemento, dous, o euro bonos.
As políticas activas de crecemento, desde o New Deal de Rooswelt até o Plan E de Zapatero xa as coñecemos, diñeiro para que as administracións contraten a traballadores/as para obras publicas, que no seu maior caso non son máis que un parche ante a gravidade da crise. No 29 contratáronse na EE UU a 10 millóns de traballadores para facer gabias, e logo enchelas; ZP fixo un Plan E igual, só que en pequeno. Puxéronse a uns centos de miles de traballadores/as a arranxar beirarrúas e pouco máis.
En ambos os casos, se soslayó o problema central da crise, a caída da taxa de ganancia, ou o que é o mesmo, a inexistencia dun/vos sectores produtivos que xeren a suficiente plusvalía como para ser máis atractivos aos investidores (os “mercados”) que a mera especulación con débeda soberana, con obras de arte ou co que sexa.
A crise exploto porque os sectores produtivos que tiraron do investimento, a construción e o petróleo/automóbil, terminaron convertidos nunha pirámide investida. Sobre os beneficios que xeraban, fóronse construíndo unha sucesión de débedas e de produtos financeiros, especulativos, a cada cal máis “toxico”. A pirámide caeu cando a base produtiva deixou de xerar os beneficios suficientes como para alimentar a todos os “tóxicos” que se crearon ao seu ao redor.
Obviamente as políticas “activas” de crecemento que non encaren este problema son un “saúdo á bandeira”. E o capitalismo actual, onde os sectores ligados aos vellos aparellos produtivos (construción/banca e automóbil/petróleo) son os determinantes a nivel mundial, é incapaz de dar un cambio, a non ser que devasten o mundo outra vez: apliquen a cínica máxima de Schumpeter da “destrución creativa”. Ou dito en termos marxistas, unha destrución masiva de forzas produtivas, comezando polas dous fundamentais, o ser humano e a terra.
O primeiro é valido para todo o mundo. Nestas condicións, non hai políticas activas de crecemento que valla, se non se atenta contra a propiedade privada dos medios de produción.
Pero nesta contradición aparecen os problemas concretos de Europa. Se o anterior é valido para o conxunto da economía mundial, que dicir da UE. Pois para os sectores progresistas xa hai unha saída, os “eurobonos”.
Da mesma maneira que ZP quixo pór freo á sangría do desemprego co Plan E e a Política Económica Sustentable, cando o aparello produtivo estaba a irse ao garete, e todo resulto nun lume de artificio; agora nosos “progresistas” cren que ese “xigante con pés de barro” que é a UE pódese salvar cun parche: os eurobonos.
É certo que fronte á situación caótica actual de 27 bonos estatais competindo entre si polos favores dos mercados, 27 bonos que responden a economías entrampadas, salvo a alemá (que casualidade que sexan eles os que se neguen rotundamente), e que teñen que pagar uns intereses que nin o Mercador de Venecia, establecer un só bono, apoiado por unha economía única, sería pór un pouco de racionalidade en todo isto.
O drama da proposta é que non vai acompañada dunha decisión política, porque unha economía única presupón un goberno central, un Banco Europeo, unha tendencia á unificación fiscal, orzamentaria, etc. É dicir, avanzar cara aos Estados Unidos de Europa.
Falar dos “eurobonos” e non mencionar este camiño, é simplemente facer demagoxia.

Pode o capitalismo dar este paso

É xa case unha perogrullada falar da “unidade europea”. Desde 1789, cando a moi burguesa Inglaterra aliouse con regimenes feudais como os principes alemáns, o zarismo ruso ou o Imperio Austrohungaro contra a burguesa Francia revolucionaria, é un feito que a unidade europea é un obxectivo burgués incumprido.
Tentárono ao besta Napoleón, os prusianos na guerra Franco Prusiana de 1871, a I guerra mundial (que en realidade comezou como unha guerra civil europea) e Hitler e a súa ?espazo vital?, que provocaron a II guerra. En todos os casos, tentouse a unificación europea pola vía militar, e en todos os casos foi un fracaso; só agudizáronse as tensións nacionais.

Aínda así a unidade europea contra revolucionaria é un feito. A xa mencionada Santa Alianza para defende-lo absolutismo fronte ás revolucións burguesas; en 1871 o exercito prusiano vitorioso sobre o francés, axudou aos versalleses (a reaccion burguesa) contra a primeira revolucion obreira da historia, a Comuna de Paris. No Estado Español, a intervención dos “100 000 fillos de San Luís” franceses, axudaron a acabar co chamado “trienio liberal” na época de Fernando VII.
No século XX a revolucion rusa foi atacada por 21 países, 19 europeos, e dous non europeos (EE UU e Japon), e só a determinación da clase obreira e o pobo ruso o freo. No Estado Español non foi suficiente para evitar a vitoria de Franco e os seus aliados europeos, Italia e Alemaña. En Grecia, en 1945, tras a liberación do nazismo, foron os británicos os que interviñeron para evitar a vitoria da guerrilla comunista.
Esta unidade reaccionaria demostra que a unidade europea é factible, é unha posibilidade que a mesma burguesía realiza unha vez e outra. Agora por exemplo, coa aplicación das políticas de axuste que ninguén cuestiona, nin tan sequera EU en Andalucía; o máis que critícase é o calado e as formas.
Ao situar o debate sobre os “euro bonos” e sobre as “políticas activas de crecemento” e non criticar as bases capitalistas da Unión Europa, a necesidade de ir a unha unidade europea crecente, é dicir, ao non pór sobre a mesa o problema político central, o Estado Unidos de Europa, a fracción “progresista” do capital demostra que non ten a menor intención en avanzar cara a unha resolución da crise que favoreza á clase traballadora e os pobos. Limítanse a lavarlle a cara ao engrendo que é a Unión Europea.

Pero si é preciso avanzar na solución da crise

A unidade contrarrevolucionaria burguesa renovouse de novo: todos están de acordo en que a crise a paguen os traballadores/as e os pobos coas súas conquistas laborais e sociais, con reformas laborais, con pagos da débeda aos bancos e privatizacións, etc. etc
Para enfrontar esta unidade, a clase traballadora europea ten que avanzar en confluencia política e organizativa. O ECOFIN é “a sección da Internacional burguesa en Europa”, onde se deciden e acordan as medidas que se van a adoptar. A clase traballadora e os pobos precisan do seu “ecofin”, que centralice as loitas e os obxectivos.
A discusión dos “eurobonos” ten a virtualidade de pór no centro a discusión de que Europa pódenos sacar da crise, se a actual Unión capitalista Europea, ou unha Federación libre de Estados Europeos.
A realidade demostra que os Hollandes non teñen a menor intención de cuestionar esa UcE. É a clase traballadora e os pobos europeos quen coa súa mobilización e organización deben ter a palabra, destruíndo a actual UcE, condicion sine qua non para a transformación socialista da sociedade.
Agora que o debate sobre o futuro do euro e a mesma Unión Europea golpeados pola crise, están na sociedade, a clase traballadora e os pobos europeos non poden admitir que o seu futuro se decida en Bruxelas e co capital financeiro, senón que teñen que tomar eles os destinos de que Europa queren, ou a do capital, ou a dos traballadores e os pobos.

Galiza 08 de xuño de 2012





domingo, 3 de junio de 2012

EFEMÉRIDES




A comezos de cada mes, baixo este título, destacaremos aqueles feitos relevantes ó noso entender, acontecidos principalmente no século XX, para as xentes de esquerdas.
Unhas veces serán mobilizacións sociais, creación de organizacións, fitos importantes das mesmas, outras nacementos, mortes ou asasinatos de dirixentes populares que contribuíron ca súa vida, ca súa obra, ó avance das ideas de transformación social, de loita contra o capitalismo .
Tamén aqueles outros feitos que nos permitan facer unha mellor interpretación da historia. O imperialismo, o capitalismo globalizado, tamén co seu monopolio da cultura e da memoria, quere deixar os pobos e @s traballador@s, orfos do seu pasado, das súas loitas.
Sabemos que faltarán moitos acontecementos e persoeiros, esperamos que os visitantes destas páxinas nos axuden na nosa tarefa de completalos.


MES DE XUÑO

Día 4,

1932. Proclámase en Chile a república socialista presidida por unha xunta na que se atopan Marmaduke Grove, xefe da forza aérea e dirixente do movemento, os xerais Carlos Dávila e Arturo Puga e Eugenio Matte, estrana alianza de mozos esquerdistas e antimilitaristas con xerais, unidos para poñer fin á ditadura de sucesor do ditador Ibañez. Todas estas faccións confluirán un ano máis tarde no Partido Socialista de Chile. Nos 12 días que durou, aprobouse unha lei de amnistía para os presos e exiliados políticos, obrigouse á Caixa de Creto Popular a devolver a todos os empeñantes os artigos de uso doméstico e de traballo, ó Banco Central a conceder cretos a pequenos industriais, mineiros e agricultores, así como tamén se tomaron medidas a favor dos traballadores. Apróbanse fortes impostos ás grandes fortunas, se establece o monopolio do estado no comercio exterior e créase un Ministerio de Saúde Pública. Os estudantes toman a universidade e crean soviets Tamén se iniciaron relacións diplomáticas ca URSS. A oligarquía asustada deu un golpe, apoiándose na Mariña, e rematou ca primeira experiencia de república socialista en América.

Día 7.

1914. Iníciase en Italia a “semana vermella”, un período, do 7 ó 14 do mes, de manifestacións e folga xeral, resposta dos traballadores italianos á morte de tres traballadores que se manifestaban contra a entrada do país na Iª guerra mundial. Benito Mussolini, como director do periódico do PSI, Avanti!, xogou un certo papel nestas mobilizacións; tamén Enrico Malatesta, dirixente anarquista. O presidente do goberno, Salandra, tivo que empregar máis de 100.000 soldados para poñer fin a insurrección.

Día 9.

1923. Bulgaria, golpe militar de carácter fascista contra o goberno agrario, cuxo presidente é asasinado.

1964. Inicia en Perú a súa actividade a guerrilla do Movemento de Izquierda Revolucionaria (MIR), dirixido por Luís de la Puente Uceda.. A primeira acción guerrilleira a leva a cabo a fronte Tupac Amaru, comandada por Guillermo Lobatón, que operaba na rexión de Junin, ca toma da facenda Ronatullo e o asalto á mina Santa Rosa.

Día 12.

1929. Comeza en Bós Aires a Iª Conferencia de partidos Comunistas de América Latina. Asisten delegacións de 15 partidos comunistas e obreiros así como de grupos comunistas. Había delegados de Arxentina, Brasil, Bolivia, Colombia, Cuba, Chile, Ecuador, El Salvador, Guatemala, México, Panamá, Paraguay, Perú, Uruguay e Venezuela. Tamén asistiu o Partido Comunista dos EEUU. Trataron dúas cuestións; o esforzo de caracterización da revolución latinoamericana segundo o marxismo-leninismo e a determinación das forzas motrices da mesma. A revolución en America Latina se caracterizará como democrático burguesa, agraria e antiimperialista. As forzas motrices debía se-la alianza entre o proletariado e o campesiñado baixo a hexemonía do primeiro. Considerouse tamén o papel da pequena burguesía e da burguesía na loita antifeudal e antiimperialista, poñendo énfase que estas clases nun momento da loita, sempre vacilaban e acababan pactando co imperialismo.

Día 14.

1894. Nace en Moquehua, Perú, José Carlos Mariátegui. O seu pai, Francisco Mariátegui era un empregado público de ascendencia vasca e a súa nai, Mª Amalia La Chira, unha mestiza filla de pequenos agricultores. O pai abandonou á familia e a súa nai quedou na miseria con catro fillos. Estudou na escola de Huacho ó norte de Lima e destacou polo interese pola poesía e o idioma francés. Nesta época sofre un golpe no xeonllo esquerdo que lle deixa con serias dificultades para desprazarse. En 1909 comeza a traballar nos talleres do diario A Prensa, de aprendiz primeiro e despois de axudante de linotipista. Máis tarde entra a formar parte da redacción e escrebe crónicas de sucesos, hípica e outras columnas secundarias. Os primeiros artigos asinados, aparecidos en 1914, fainos baixo o alcume de “Juan Croniqueur”. En 1916 comeza a traballar no diario “O Tempo”, para realiza-la crónica parlamentar o que lle permite coñece-la vida política do país. Vive unha vida bohemia que o leva á cárcere; entre os seus amigos cóntanse Abraham Valdelomar, César Falcón, Felix del Valle e César Vallejo, “compañeiro da mala sorte”, “da bohemia involuntaria”. Nesta época destaca pola súa posición antiacadémica e a rebelión fronte ós canons artísticos convencionais, posición que terá o seu canle na revista “Nosa Época”, “unha revista de combate”, que codirixe con César Falcón; só publicarán dous números debido á reacción do exército o seu artigo “O deber do exército, o deber do estado” que o leva a recibir varias malleiras por parte de oficiais, unha na propia redacción do diario onde traballaba o que lle leva a abandona-lo mesmo, diante da insolidariedade do director. Nesta época ca revolución soviética en marcha en Rusia, comeza a acercarse as teses socialistas e funda, xunto cun grupo de obreiros e intelectuais o “Comité de propaganda e Organización Socialista”, que durará pouco tempo; como lembra nunha carta a Samuel Glusberg “Desde 1918, nauseado da política crioula (como periodista, e durante algún tempo redactor político e parlamentar, coñecín polos adentros os partidos e vin en zapatillas ós estadistas), orienteime dun xeito resolto cara ó socialismo”. Tamén o diario “A Razón”, “diario do pobo para o pobo”, que dirixe conxuntamente con César Falcón e que unha vez chegada a ditadura de Augusto Leguía, a partires do 4 de xullo de 1919, se converte no diario antigubernamental máis importante do país. Agora recollen os conflitos sociais, moi numerosos, pola mellora nas condicións de vida, pola xornada de oito horas, fundamentalmente dos obreiros e as mobilizacións estudantís pola reforma, na universidade, o que leva a súa detención o 8 de outubro e a aceptar unha beca para Europa; Falcón marchará a España, Mariátegui a Italia; para uns é unha traizón as súas ideas e a súa traxectoria, para outros unha deportación encuberta. Permanecerá en Europa, ata 1923. Escreberá crónicas sobre arte e política para O Tempo, que asina de novo como Juan Croniqueur. En 1921 asiste en Livorno á fundación do Partido Comunista e baixo a influenza do pensamento de Gramsci, funda cun grupo de peruanos unha célula comunista que durará pouco tempo e non terá repercusión algunha, como non sexa a de asumir por parte de Mariátegui o marxismo. No mesmo ano casa cunha italiana, Anna Maria Chiappe, ca que terá catro fillos. Viaxa por Alemaña, Hungria e Austria, entrevistándose con políticos da esquerda e intelectuais. Seguirá atentamente a evolución da república soviética en Hungria. Cando regresa ó Perú en 1923, seguían as mobilizacións estudantís e se producira unha aproximación entre sectores obreiros e estudantes. Haya de la Torre, naquel momento un dirixente estudantil sen unha ideoloxía moi definida, funda a Universidade Popular e encarga a Mariátegui dirixir unha das cátedras; desenvolve o tema, ó longo de varias conferencias e seminarios, de “A crise mundial e a revolución”, onde toma partido dun xeito nidio pola alternativa comunista. A terceira conferencia titulouna “O fracaso da IIª Internacional” e a traveso das 17 conferencia amosase un firme partidario da revolución soviética. Inicia a participación na revista “Variedades” e despois da detención de Haya de la Torre, coordina “Claridade” que era a revista da Universidades Populares á que lle da unha orientación obreirista . En 1924 ampútanlle a perna esquerda e pasa a convalecencia en Chosica, preto da cordilleira. Colabora na revista “Mundial”. En 1925 funda a editorial Minerva e publica a súa primeira obra “A Escena Contemporánea” onde agrupa artigos e conferencias en sete capítulos; o primeiro titulado “Bioloxía do feixismo”. Manten unha intensa correspondencia con numerosos intelectuais de todo o país, nas que insiste na necesidade de afondar no teme indixenista. Tamén con persoeiros de México, Chile, Bos Aires, Córdoba, Montevideo, Cuba, Costa Rica, a Nicaragua de Sandino, con quen mantén correspondencia, etc. Son anos de persecución por parte da ditadura, que asalta súa casa en varias ocasións, lle rouba os papeis, pero como dixo o seu amigo Waldo Frank, “O espírito que se atopa nunha cadeira de rodas, comeza a radiar máis aló dos Andes”. En 1926 funda a revista “Amauta”, que publicará 32 números ata 1930. Pero vai sufrir todo tipo de persecucións e será pechada, en xullo de 1927, despois do número 9; Mariátegui e outros colaboradores privados de liberdade, baixo a acusación de complot comunista. A reacción en toda América Latina foi moi importante, non só por parte de numerosos intelectuais, senón tamén por parte de sectores da esquerda. Nesta época prodúcese a ruptura definitiva con Haya de la Torre, o lider do APRA. En outubro de 1928 funda o Partido Socialista de Perú, partido marxista -leninista, da clase obreira, do que Mariátegui é elixido secretario xeral, e a fins de ano aparece a súa obra fundamental “Sete ensaios de interpretación da realidade peruana”, o ensaio marxista máis certeiro sobre a realidade non só do país, senon de toda América Latina. En 1929, segue colaborando en “Mundial”, “Variedades” e “Labor”, revista adicada á clase obreira e dirixindo “Amauta”, onde publica o seu manifesto dirixido ó Congreso Obreiro Latinoamericano, en Montevideo.
O Partido Socialista do Perú participa no Iº Congreso de Partidos Comunistas de América Latina celebrado en Bos Aires; os documentos foron redactados por Mariátegui e atacados por unha parte dos asistentes, por consideralos heterodoxos. A finais de ano, a represión da ditadura lle obriga a estudar a posibilidade do seu exilio na Arxentina. Morre o 16 de abril de 1930. Entre os seus traballos inéditos que se publicarán máis tarde, destaca “En defensa do marxismo”


1928. Nace Ernesto Guevara de la Serna, máis coñecido polo alcume de “Che”, en Rosario, no seo dunha familia da pequena burguesía liberal. É o maior de cinco irmáns e toda a súa vida sufriu de asma o que lle obrigou a grandes esforzos para levar unha vida de normalidade. Desde moi novo foi un grande lector e xogador de rugbi e xadrez.
Entre os anos 1950 e 1954 fixo tres viaxes por América ó tempo que estudaba menciña. No último, cando se atopaba en Guatemala participando no proceso de democratización, prodúcese o golpe terrorista dos EEUU contra o goberno de Jacobo Arbénz, e ten que pedir asilo na embaixada arxentina; marcha cun salvoconduto cara a México, onde coñecerá a Fidel Castro e o seu grupo de revolucionarios cubanos. Participa na viaxe do barco Gramma e forma parte do grupo que se interna na Serra Mestra, para loitar contra a ditadura de Batista, acadando o grao de “comandante”.
Despois da toma do poder, é director do cuartel da Cabaña, onde se celebran xuízos populares contra os esbirros da ditadura; escrebe “A guerra de guerrillas”; foi nomeado Director do Departamento de Industrialización do Instituto Nacional de Reforma Agraria, Ministro de Industria e Presidente do Banco Nacional. Ademais representou a Cuba en numerosos eventos internacionais. Foi creador da axencia Prensa Latina, xunto con Massetti, Walsh, García Marquez, Galeano e outros, e impulsor do “traballo voluntario”.
Como comunista, internacionalista e comprometido cos pobos oprimidos, abandona Cuba clandestinamente e tentar axudar no Congo a loita contra a ditadura. Fracasada esta experiencia, escrebe “Pasaxes da guerra revolucionaria.Congo”. Despois dun tempo en Tanzania e Praga, onde escrebe “As anotacións e comentarios ó Manual sobre Economía Política” regresa clandestinamente a Cuba e do mesmo xeito parte para as selvas de Bolivia, para crear un movemento guerrilleiro que poña fin á ditadura militar, e crear en America Latina, “un, dous, tres Vietnams”, nunha clara posición antiimperialista que chocaba ca de “cohesión pacífica”. Ë asasinado pola CIA despois de ser capturado polo exército boliviano, o 8 de outubro de 1967

Día 16.

1976. Na República Sudafricana, onde a maioría negra se rebelaba contra a segregación racial imposta polo goberno de brancos, ese día pola maña, milleiros de estudantes negros de Soweto, un área próxima a Johannesburgo, a pesares das represivas leis impostas polo réxime de segregación racial, saíron á rúa a protestar contra a imposición do goberno racista, que obrigaba a estudar no idioma afrikaner nas escolas: era o idioma do opresor, constituído por unha base do holandés antigo, con algúns elementos de diversas etnias africanas. A brutal represión da protesta deixou máis de 500 mortos e milleiros de feridos. O primeiro escolar e morrer foi Hector Pieterson, un neno de 13 anos que se converteu nunha icona da loita da mocidade. Todos os 16 de xuño celébrase o “Dia dos nenos africanos”. No exterior do país, as imaxes da matanza tiveron un enorme impacto, aínda que unha grande parte dos países imperialistas continuaron apoiando o “réxime do apartheid”, que recorría á represión máis brutal para afoga-los devezos de liberdade da maioría negra.

Día 18.

1882. Nace Jorge Dimitrov na aldea de Kovachevtsi, en Bulgaria, no seo dunha familia de artesáns pobres que se trasladan axiña á capital, Sofía. Ós doce anos comeza a traballar como aprendiz de tipógrafo e desde moi novo pertence a organizacións obreiras. Autodidacta, adica moito tempo á súa preparación teórica e en 1902, atópase militando no Partido Obreiro Socialdemócrata Búlgaro.
En 1909 é elixido membro do seu Comité Central e Tesoureiro da Unión Xeral de Sindicatos. A partires de 1917, co trunfo da revolución soviética en Rusia, coñece a obra de Lenin e convértese nun dirixente da Internacional Comunista e desde a súa creación, en 1921, da “Internacional Sindical Vermella”. Despois do golpe militar fascista do 9 de xuño de 1923 en Bulgaria, escrebe diferentes artigos nos que propón a formación dunha fronte única para poñer fin ó fascismo, ó tempo que o PCB prepara a primeira insurrección popular contra a ditadura permanente do capital, que se leva a cabo en setembro, resultando un fracaso. Diante da represión desatada contra os comunistas, Dimitrov exíliase e vive clandestinamente en Viena, Berlín e outras cidades europeas, adicado a tarefas internacionalistas. No XII Plenario do Comité Executivo da Internacional Comunista celebrado en setembro de 1932, deu a coñece-lo seu informe sobre a formación das Frontes Únicas e a acción dos traballadores contra o fascismo. No mesmo ano participa na preparación e realización do Congreso Internacional Antibélico celebrado en Amsterdam.
O 9 de marzo de 1933 é detido en Alemaña e acusado, xunto os seus camaradas B. Popov e W. Tanev, do incendio do edificio do Parlamento Alemá. Xulgado en Leipzig, converte o xuízo nunha tribuna contra o nazismo como ditadura ó servizo do capital e fixo un chamamento a unidade dos traballadores e forzas antifascistas e democráticas, para opoñerse ó seu avance e consolidación ó tempo que acusaba ós nazis de ser quen incendiaran o parlamento; o xuízo levouse a cabo en medio dunha grande campaña internacional pola súa liberdade, sendo absolvido e marchando á URSS onde desempeñará o cargo de Secretario Xeral da Internacional Comunista desde 1935 ata 1943. No VII Congreso da Internacional Comunista celebrado en 1935, presenta o seu famoso informe “A ofensiva do fascismo e a tarefa da Internacional Comunista na loita pola unidade da clase obreira”. Ten unha grande participación na creación da “Fronte da Patria” en Bulgaria, unión das forzas na loita contra a ditadura monarco-fascista e a creación do exército guerrilleiro, que expulsa ós nazis en setembro de 1944. A Asemblea Nacional o elixe primeiro ministro da República Popular de Bulgaria, cargo que desempeña ata a súa morte o 2 de xullo de 1949.

Día 19.

1965. Prodúcese en Arxelia un golpe militar contra o presidente Ben Bella, a causa dos enfrontamentos internos dentro da Fronte de Liberación Nacional, o partido único segundo establecía a constitución, organización onde se agruparon as forzas que loitaron contra o colonialismo francés desde 1955 ata a independencia en 1962. É substituído polo coronel Boumedian.

Día 20.

1933. Morre Clara Zetkin. Nacera como Clara Eissner en Wiedenau en 1857 e morre en Arjansqueslskoie, antiga URSS. Cambiou o seu apelido cando casa co revolucionario ruso Ossip Zetkin. Estudou maxisterio en Leipzig e desde moi nova pertenceu ás xuventudes do Partido Socialdemócrata de Alemaña. A partires de 1881 exiliase na Suiza e París e participa no congreso fundacional da IIª Internacional en 1889. De regreso a Alemaña, edita en Sttugart o periódico das mulleres socialistas “Igualdade” que se publicou entre 1892 e 1917. En 1907 é unha das promotoras do Congreso Internacional Socialista da Muller e en 1910, noutro congreso de mulleres, fai a proposta, que se aproba, de que o día 8 de marzo fora o Día Internacional da Muller Traballadora. Amiga persoal de Lenin e Rosa Luxemburgo, organizou a Conferencia Internacional de Mulleres contra a guerra en 1915. Cofundadora da Liga Espartaquista en 1916 e do Partido Socialdemócrata Independente de Alemaña en 1917, únese ó Partido Comunista en 1919 sendo deputada no Reichtag, por este partido desde 1921 ata 1933. Así mesmo foi membro do Comité Executivo da IIIª Internacional e en 1923 elixida presidenta da asociación de solidariedade “Socorro Vermello”.

Día 22.

1921. Inaugúrase o IIIº Congreso da Internacional Comunista, no que participan 605 delegados de 103 organizacións de 53 países. É un congreso no que se produce un grande debate ideolóxico sobre a situación internacional , tese que redactaron Trotski e Varga e sobre o problema da táctica, onde se aborda o fracaso da insurrección obreira en Alemaña de marzo dese mesmo ano, e o cambio na situación mundial despois dos fracasos en Hungria de 1919, de Italia en 1920, e da derrota do exército vermello en Polonia. Afirmase “Hoxe por primeira vez, vemos e sentimos que non estamos próximos ó obxectivo, a saber, da conquista do poder, da revolución mundial. En 1919 nós dicíamos 'é unha cuestión de meses'. Hoxe nós dicimos 'é unha cuestión de anos'”.
Produciuse un enfrontamento entre Lenin e Trotski por un lado, con Radek, Kun, Zinoviev e dirixentes do Partido Comunista de Alemaña, holandés, británico e italiano, que chegan a acusar de “dereitistas” ós primeiros, polo tema da sublevación proletaria en Alemaña, en marzo Deféndense diferentes posturas, a da necesidade de creación dunha Fronte Ünica, Lenin-Trotski e os que consideraban a necesidade de proseguir ca ofensiva revolucionaria. Os primeiros afirmaban que o acertado era consolida-los partidos comunistas, gañar posicións no movemento obreiro e participar nas loitas defensivas dos traballadores. Nestas circunstancias definiuse a política da Fronte Única. Diante da ofensiva da burguesía, chegar á base obreira socialdemócrata e adoptar unha política defensiva que unise ó movemento obreiro. O que se dicía de “golpear xuntos, marchar separados”; respectando sempre a independencia do programa comunista.

Día 23.

1936. Nace Carlos Fonseca Amador en Matagalpa, Nicaragua, no barrio El Laborio, fundador e máximo dirixente ata a súa morte en combate, da Fronte Sandinista de Liberación Nacional de Nicaragua.
Entre 1945 e 1952, dada a pobreza da súa familia, estuda e traballa en diferentes oficios, vendendo caramelos, diarios, como mensaxeiro, axudante nunha adega, vendedor de follas de parra para familias árabes, etc. En 1952 participa na primeira folga, no instituto onde cursaba estudos, a favor da retirada no edificio da Universidade de León dunha estatua do ditador Somoza García.
En 1953 comeza a ler a Marx e Engels na vella librería do poeta Samuel Meza. En 1954, funda con outros compañeiros a revista “Segovia” e participa en círculos de estudo onde discutían sobre o Manifesto do Partido Comunista e artigos sobre a Revolución Industrial, periódicos obreiros, etc. Vendía polas rúas o periódico “Unidade” do Partido Socialista Nicaraguense. En 1955 finaliza o bacharelato e contrátano como director da Biblioteca do Instituto Ramirez Goyena, en Managua, combinando o traballo cos estudos na Escola de Economía da Universidade Nacional . Ingresa no Partido Socialista. O ano seguinte trasládase a León e traballa na axencia A Prensa. Matricúlase na Facultade de Dereito e integra con Silvia Mayorga, Tomás Borge e o guatemalteco Heriberto Carrillo unha célula identificada cos principios do proletariado. Cando o ditador Somoza García é axustizado, e detido durante dous meses, en Matagalpa.
O 3 de xullo de 1957, trasládase a Moscova para asisti-lo Festival da Mocedade. Viaxa á República Democrática de Alemaña e volve á URSS e despois viaxará a Praga. A súa volta a Nicaragua é detido no aeroporto. En 1959 publica un pequeno libro, Un nicaraguense en Moscova. Como secretario de relacións da Universidade Nacional Autónoma, organiza en novembro, mobilizacións contra a ditadura e pola liberdade dos presos políticos, sendo apresado en Managua. No mes de marzo de 1959 organiza a “Xuventude Democrática Nicaraguense”, que inicia unha campaña de mobilizacións e de denuncia da Unión Nacional Opositora (UNO), controlada polo Partido Conservador. Na represión que se desata é capturado de novo o 2 de abril, con Silvio Mayorga e Ferando Ampié e deportado a Guatemala. Marcha a Honduras e se integra na columna guerrilleira “Rigoberto López Pérez” que é masacrada no Chaparral, cando tentaba entrar en Nicaragua, e Carlos Fonseca ferido de gravidade. Se recupera na Habana. En 1960 viaxa a Venezuela para asistir a unha xuntanza da Fronte Único Nicaraguense; detido no aeroporto de Maiquetía, é deportado a México. En xuño entra clandestinamente en Nicaragua pero é detido e encarcerado; deportado a Guatemala, as autoridades o confinan no Petén, na aldea Upman, onde fai amizade con Luís Augusto Turcios Lima, futuro comandante das Forzas Armadas Revolucionarias de Guatemala; escapa ó Salvador e máis tarde a Cuba; en decembro volve a Nicaragua e contacta ca Xuventude Patriótica Nicaraguense.
En 1961 funda o Movemento Nova Nicaragua e no mes de xuño propón a creación da Fronte Sandinista de Liberación Nacional na que se deben integrar todas as forzas que actúan contra a ditadura. Publica “O primeiro ideario de Sandino” No ano 1962 viaxa con Santos López, antigo loitador con Sandino, polas montañas de Nicaragua para atopa-lo lugar idóneo onde instalar un “foco” guerrilleiro; o lugar escollido é a confluencia dos rios Coco e Bocai. O ano seguinte viaxa por Centroamécica entrando e saíndo de Nicaragua segundo as necesidades da organización; os primeiros comunicados asinados como Fronte Sandinista son de setembro -outubro de 1963; en xuño do 64 e capturado en Managua xunto con Víctor Tirado, escrebe o folleto “Desde a cárcere eu acuso á ditadura” . A principios do ano 65 e expulsado e marcha a México e a finais de ano esta de volta en Nicaragua. O ano 66 será de potenciación do movemento estudantil e das organizacións de base nas barriadas e se acorda prepara-la loita armada tamén nas cidades; en xuño atópase na montaña preparando unha base da guerrilla.
En 1967 racha ca esquerda tradicional nicaraguense; en abril entra de novo na montaña e en setembro desátase unha forte represión contra os campesiños que apoian á guerrilla, e unha das tres columnas que operaban é aniquilada en Pancasán.
En 1968, a pesar da división interna dentro do sandinismo en “Larga marcha”, “Guerra popular prolongada” e “Terceira vía”, se lle recoñece como o principal xefe político e militar da Fronte sandinista.
Detido en Costa Rica xunto cun grupo de compañeiros e liberado e marcha a Cuba despois dunha operación de intercambio de reféns. En Cuba vivirá ata 1975 escribindo artigos e axudando á reorganización da Fronte. En 1976 volve á montaña nicaraguense para integrarse na guerrilla; escrebe “Notas sobre a montaña” e “Notas sobre alguns problemas de hoxe”. O 7 de novembro morre en combate na rexión de Zinica.

Día 27.

1954. Os EEUU de Norteamérica executan un golpe de estado contra o presidente democrático de Guatemala Jacobo Arbenz. Non podían aceptar que en centroamérica houbera estados democráticos, como era o caso de Guatemala, que tentaba mellora-las condicións de vida dos seus habitantes. En 1901 chegou a United Fruit Company (UFCO), poderosa compañía norteamericana que axiña fíxose con enormes extensións de terreos, tamén controlaba compañía de vapores e ferrocarrís. O seu proxecto expansionista levouna a absorver outras compañías froiteiras doutros países centroamericanos e a controla-la produción de enerxía eléctrica. En 1944 instaurase en Guatemala un goberno democrático tra-la expulsión por un movemento popular do ditador Ubico, en xuño e do seu substituto o tamén ditador, Ponce, o 21 de outubro. Se fai co poder un trunvirato militar, formado por Francisco J. Arana, Jacobo Arbenz e Jorge Toriello. Convocadas eleccións democráticas no mes de decembro é elixido o pedagogo Juan J. Arévalo, que leva a cabo numerosas reformas na educación; no último ano do seu mandato, o de educación foi o orzamento máis elevado. Tras novas eleccións democráticas foi elixido Jacobo Arbenz que choca cos EEUU pola súa proposta de formar unha Federación Centroamericana, tachada polos ianquis como comunista, que tampouco consideraban aceptable a legalización do Partido Guatemalteco dos Traballadores (comunista) e sindicatos; a Lei de Reforma Agraria presentada como anteproxecto en 1952, que afectaba a algunhas terras improdutivas da UFCO, levounos a intervención militar por medio dun exército de mercenarios e das ditaduras de Nicaragua e Honduras. O xeral Armas fíxose co poder e deixará sen efecto as reformas iniciadas no período democrático. Ernesto Guevara de la Serna, coñecido como o Che, que se atopaba en Guatemala observando o proceso de reformas, ten que refuxiarse na embaixada arxentina e partirá, cun salvoconduto, cara a México, onde entrará en contacto con Fidel Castro e o seu grupo.

Día 28.

1920. En México, Pancho Villa, o afamado xeral revolucionario da División do Norte do Exército Constirucionalista, asina o armisticio. Os seus homes reciben unha recompensa e retírase á finca “O Canutillo”, onde vivirá ata o día do seu asasinato, por un grupo de sicarios, en 1923.

Día 30. No acto da “transmisión de poderes”, despois da declaración da independencia da antiga colonia belga do Congo, Patricio Lumumba, primeiro ministro do goberno da República do Congo presidida por Kasavuvu, le inesperadamente un discurso, fora do protocolo, diante do rei Balduino de Bélxica e todos os políticos invitados de diferentes países, que se considera a súa sentenza de morte. Afirma con determinación:


A vosa Maxestade, 
Excelencias, señoras e señores, 
homes e mulleres congoleses, 
loitadores da independencia, que hoxe sodes vitoriosos, 
saúdovos en nome do goberno congolés. 
Pídovos a todos, amigos meus que loitastes incesantemente ao noso lado, que o trece de xuño de 1960 sexa conservado como unha data gravada indeleblemente nos vosos corazóns, unha data cun significado que ensinaredes con orgullo aos vosos fillos, para que eles, á súa vez, transmitan aos seus fillos e aos seus netos a historia gloriosa da nosa loita pola liberdade. 
Porque aínda que a independencia do Congo é celebrada hoxe co acordo de Bélxica, unha nación amiga coa cal estamos en pé de igualdade, ningún congolés digno dese nome poderá esquecer xamais que foi coa loita que gañamos a independencia, cunha continua e prolongada, ardente e idealista loita, na cal non aforramos a nosa forza nin as nosas privacións, os nosos sufrimentos nin o noso sangue. 
Desta loita de bágoas, lume e sangue estamos orgullosos ata as raíces máis profundas do noso ser porque foi unha loita nobre e xusta, absolutamente necesaria para acabar coa infamante escravitude que nos foi imposta pola forza. 
Este foi o noso destino durante os oitenta anos de goberno colonial; as nosas feridas están aínda demasiado frescas e son aínda moi dolorosas para permitirnos borralas da nosa memoria. 
Coñecemos o traballo deslombador que se nos esixía a cambio de salarios que non nos permitían satisfacer a nosa fame, vestirnos ou aloxarnos decentemente, nin criarmos aos nosos nenos como as amadas criaturas que son. 
Coñecemos a burla, os insultos, os golpes, sometidos mañá, tarde e noite, porque eramos negros. Quen esquecerá que a un negro se lle dirixía a palabra con termos familiares non por certo como a un amigo, senón porque as formas máis corteses estaban reservadas aos brancos? 
Coñecemos a expoliación das nosas terras en nome de supostos textos legais que en realidade só recoñecían o dereito do máis forte. 
Coñecemos que a lei non era nunca a mesma, tratásese dun branco ou dun negro; que era benévola cun, cruel e inhumana co outro. 
Coñecemos o atroz sufrimento daqueles que foron encarcerados polas súas opinións políticas ou as súas crenzas relixiosas; exiliados no seu propio país, o seu destino foi peor que a mesma morte. 
Coñecemos que nas cidades onde había magníficas casas para os brancos e chozas destartaladas para os negros, que os negros non eran admitidos nos cines ou restaurantes, que non podían entrar nos negocios chamados "europeos", que, cando un negro viaxaba, era na adega máis baixa do barco, aos pés do branco acomodado na súa cabina de luxo. 
E, finalmente, quen esquecerá os aforcamentos, ou as escuadras incendiarias, polas que pereceron tantos dos nosos irmáns, ou as celas onde eran brutalmente arrebolados aqueles que escapaban das balas dos soldados, eses soldados que os colonialistas converteron en instrumento da súa dominación? 
Todo isto, irmáns, fíxonos sufrir profundamente. 
Pero todo isto, porén, nós, que polo voto dos vosos representantes electos debemos guiar ao noso amado país, nós que sufrimos na nosa carne e no noso corazón a opresión colonialista, nós dicímosvos: todo isto terminou desde hoxe. 
A República do Congo foi proclamada e o noso amado país está agora en mans dos seus propios fillos. 
Xuntos, irmáns meus, comezaremos outra loita unha loita sublime, que levará ao noso país á paz, á prosperidade e a grandeza. 
Xuntos estableceremos a xustiza social e aseguraremos a cada home a xusta remuneración polo seu traballo. 
Ensinaremos ao mundo o que o negro pode facer cando traballa en liberdade, e converteremos ao Congo no centro de África. 
Vixiaremos que as terras da nosa nación beneficien realmente aos fillos da nosa nación. 
Reexaminaremos as leis anteriores, e faremos outras, xustas e nobres. 
Terminaremos coa supresión do libre pensamento, e faremos que todos os cidadáns poidan gozar totalmente das liberdades fundamentais establecidas na Declaración dos Dereitos do Home. 
Suprimiremos a discriminación -calquera que fora- e outorgaremos a cada individuo o xusto lugar a que lle dá dereito a súa dignidade humana, o seu traballo e a súa devoción cara ao seu país. 
E para todo isto, amados compatriotas, podedes estar seguros de que contaremos, non só coas nosas enormes forzas e inmensas riquezas, senón tamén coa asistencia de numerosos países estranxeiros que a súa  colaboración aceptaremos mentres sexa honesta e non intente impornos ningún sistema político, calquera que sexa este. 
Neste terreo, aínda Bélxica, que comprendendo finalmente o sentido e dirección da historia cesou de oporse á nosa independencia, está disposta a brindarnos a súa axuda e amizade; asinamos, a este efecto, un tratado como dous países iguais e independentes. Estou seguro de que esta cooperación será proveitosa para ambos os países. Pola nosa banda, e aínda cando sigamos vixiando, saberemos como respectar os compromisos contraídos libremente. 
Así, nos asuntos internos como nos exteriores, o novo Congo que o meu goberno creará será un país rico, libre e próspero. Pero para chegar pronto a este obxectivo, pedireivos, lexisladores e cidadáns congoleses, que me axudedes con todas as vosas posibilidades. 
Pídovos que esquezades as vosas disputas tribais que consomen as nosas enerxías, e que arriscan converternos no obxecto de desprezo das demais nacións. 
Pido á minoría parlamentaria que axude ao meu goberno mediante unha oposición construtiva, e que permaneza dentro dos límites estritos da legalidade e a democracia. 
Pídovos a todos que non esixades dun día para outro aumentos desconsiderados de salarios, antes de que poida pór en marcha un plan xeral mediante o cal espero asegurar a prosperidade da nación. 
Pídovos que non evitedes ningún sacrificio para asegurar o triunfo da nosa magnífica empresa. 
Pídovos, por fin, que respectedes incondicionalmente a vida e a propiedade dos vosos concidadáns, e a dos estranxeiros establecidos no noso país. Se o comportamento destes estranxeiros deixase ás veces algo que desexar, a nosa xustiza apresurarase a botalos do territorio da República; se, pola contra, a súa conduta é satisfactoria, non se molestarán porque tamén traballan para a prosperidade do noso país. 
E isto, os meus irmáns de raza, os meus irmáns no conflito, os meus compatriotas, é o que eu quería dicirvos en nome do goberno, neste magnífico día da nosa independencia soberana e completa. 
O noso goberno -forte, nacional, popular- será a salvación deste país. 
¡Honremos aos Campións da Liberdade Nacional! ¡ Viva o Congo Independente e Soberano! “
( Tradución XMGR)