A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 21 de diciembre de 2012

AS RESPONSABILIDADES DA ALIANZA GALEGA DE ESQUERDAS (A.G.E.)


Carlos Dafonte

Cando analicei neste blog, no artigo do 23 de outubro do presente ano, os resultados das eleccións autonómicas en Galicia, establecín polo menos catro responsabilidades que AGE adquiriu ó presentarse ó proceso e sobre todo despois dos bos resultados acadados, non só diante dos seus electores, senón diante dunha parte importante da sociedade galega que non a votou, pero que celebrou a aparición dun discurso e un programa próximo a unha alternativa; tamén a nivel de estado creou expectativas importantes que non pode defraudar.
resultados elecciones gallegas
Pasados os momentos de alegría polos resultados, de celebración, creo que deben reflexionar Esquerda Unida e ANOVA , e dicir AGE, e non por separado, sobre estes catro aspectos e comezar a dar respostas claras á sociedade que agarda. De non facelo así, nun tempo prudencial, estes sectores sociais deberán considerar que a proposta lanzada á sociedade por AGE e un fraude máis, como outros tantos que se realizan nas campañas electorais co sinxelo, pero deturpador obxectivo de acadar votos; unha chacota máis que se lle fai a unha parte da sociedade galega.
Entendía que AGE adquiría o compromiso, responsabilidade dicía eu, sobre catro aspectos que me parecen fundamentais; outros desde o meu punto de vista non o son tanto.
“En primeiro lugar, dicía na devandita análise, concreta-la alternativa anticapitalista, que se ofertou na campaña dun xeito moi vago, quizais por falla de tempo, para que poda ser discutida e asumida por amplas capas da sociedade galega, que a liguen ás correntes estatais e internacionais de loita contra a crise e o capitalismo.
Un segundo aspecto é a responsabilidade que vai asumir de ser a única forza de oposición no Parlamento e na rúa, pola ausencia dos que debían compartir esa responsabilidade.(...)
Un terceiro aspecto no que AGE ten responsabilidade a partires deste momento, e o que podemos chamar xenericamente de avanzar na “reconstrución da esquerda galega”, a creación dun amplo movemento político cultural, froito da confluencia das esquerdas anticapitalistas, a internacionalista e a nacionalista.
En cuarto a responsabilidade de non deixarse engulir pola institución, hai que prima-lo traballo na sociedade.(...)”
caída muro berlín
Temos que asumir que a desaparición de todo un bloque de países que se autodenominaban socialistas, incluso comunistas, denominación que as forzas reaccionarias facían súa, foi decisivo para establecer unha nova correlación na loita de clases a nivel mundial e significou unha derrota para a esquerda no seu conxunto; non porque o que desaparecía fora unha sociedade a imitar, senón polo que significaba, tanto como una experiencia real dunha sociedade onde o capitalismo e a burguesía fora derrotada, como por representar un contrapeso ós intereses de recolonización imperialista e freo a unha globalización ó servizo das multinacionais e os poderes oligárquicos.
O capitalismo converteuse así, no modo de produción hexemónico, cando comezábase de novo a sentir na economía a tendencia a decrecer da taxa de ganancia, non ben se saíra da crise anterior iniciada a finais dos anos 60. Polo tanto as receitas para a saída da crise, están a ser as que a unha capa da clase dominante mellor lle permiten derrota-los traballadores e pula-lo proceso de concentración do capital.
Nos países tamén chamados de “socialismo real”, a URSS incluída, avanzouse cara o sistema capitalista, desde o modelo de produción alí establecido, nun proceso dirixido polas elites que monopolizaran o poder desde a finalización da II ª guerra Mundial e diante da indiferenza das clases populares que viron como o que lles pertencía, o sector público, se despedazaba, vendíase o mellor ofertante, roubábase, e dun día para outro as vellas elites convertéronse nos dirixentes do novo réxime; como dixo alguén, pasaron dos despachos das institucións ós despachos das empresas. Este cataclismo foi moi ben aproveitado pola clase dominante europea a nivel ideolóxico, político e social para inducir e apoiar, poñendo os seus medios de comunicación o seu servizo, a dous procesos: en primeiro lugar a desaparición dos grandes partidos comunistas como alternativa ó sistema capitalista; en algúns casos a súa disolución e a creación, en todos os casos, agás poucas excepcións, de movementos políticos que asumen nos seus programas as propostas da antiga socialdemocracia e en segundo, o abandono por parte da socialdemocracia da súas posicións e a aceptación, dándolle un certo verniz progresista, ás propostas do neoliberalismo, único xeito, entenden, de que os poderes económicos lle permitan accede-lo poder político; pero tamén a socialdemocracia xogará un importante papel que non me canso de repetir, cooptar para a política conservadora, neoliberal, sobre todo nos aspectos económicos, a capas das clases populares e sectores obreiros, que son enganados por estes partidos que se presentan como de esquerdas, que os medios de información do sistema tamén os cualifican así, interésalles un sistema político baseado no bipartidismo, pero que fan políticas de dereita e polo tanto se teñen convertido en partidos de dereita, progresistas algunhas veces, pero de dereita. Como di James Petras, referíndose a cando acceden ós gobernos, “ entran pola esquerda e saen pola dereita”.
No estado español, os devanditos dous procesos, produciron un “bipartidismo imperfecto”, pola existencia de burguesías nacionalistas organizadas, onde PP e PSOE constitúen unha relación dialéctica; son politicamente antagónicos, pero en termos sociais son a mesma cousa; ámbolos dous son a expresión política de dous sectores da mesma clase, a burguesía. “Tacticamente son antagónicos e estratexicamente aliados”, lín non me lembro onde, hai algún tempo.
A crise sistémica do capitalismo actual, agudizou as contradicións sociais e intercapitalistas e como a crise na estrutura económica se converte en crise da superestrutura político-ideolóxica, institucións, partidos políticos, aparellos do estado, etc tamén entran en crise e converteuse nunha necesidade a reconstrución da esquerda, para facer fronte a agresión contra @s asalariad@s da capa hexemónica da burguesía, a oligarquía.
Beiras precisou ben ese obxectivo cando, eu entendino así, consideraba que a contradición principal neste momento de forte crise e de ataque ós dereitos d@s asalariad@s, non era, simplificando, Galicia-estado centralista, que se concreta na loita polo dereito de autodeterminación, senón a contradición propia da loita de clases, explotados-explotadores, que é a que leva, no seu momento, a aparición dos partidos e organizacións que asumen a teoría revolucionaria que é o marxismo, o que lle levou a pactar con EU. E así o entenderon, penso, a maioría dos votantes de AGE e outros moitos que non votaron; que se estaba a poñer en marcha un instrumento ó servizo dos traballadores e das capas populares galegas, que ía máis aló do marco institucional; abríndose unha espectativa superior á estritamente electoral de conseguir un grupo maior ou menor de deputados no parlamento, pois desta crise os traballadores van aprendendo que o estado burgués, e o Parlamento de Galicia forma parte do mesmo, está o servizo da clase dominante e pouco se pode esperar do mesmo para solucionar os problemas. Do que verdadeiramente se trataba era da creación e consolidación, tendo como inicio a vía electoral, dunha nova estrutura política que cinguira á esquerda internacionalista e a nacionalista creando un instrumento ó servizo d@s explotad@s.
A crear esta espectativa, axudaron as declaracións dos líderes das formacións que ían configurar AGE, falando de crea-la “Siryza galega” e traendo a participar en plena campaña á formación grega e a outras que responden as acenos de identidade de forzas políticas que nacen e se desenvolven, nos seus países, ó marxe dos partidos da esquerda tradicional.
Aínda que non estivera no seu maxín, crear unha estrutura política, movemento anticapitalista, enfrontada ó sistema, hoxe en Galicia é unha demanda á que teñen que dar unha resposta positiva. Porque a pesares da dureza da crise, de todos os recortes que PSOE e sobre todo o PP foron aprobando, que afectan á “capacidade de manobra” da clase, situacións como a actual, son tamén unha oportunidade para os cambios sociais, para formular un proxecto alternativo de esquerdas Lembremos a celebre sentencia de Mao Zedong, “Todo baixo o sol é un caos absoluto, a situación é excelente”.
Non chega con que apareza AGE no Parlamento, ten que aparecer na sociedade cun discurso, un programa e un proxecto propio, unificado. Será capaz AGE de construír poder popular e hexemonía ou só vai ser unha oposición moi combativa, pero pechada nas paredes da rúa do Hórreo, cuxos deputados de cando en vez xúntanse cos movementos sociais?
E para acadar ese obxectivo hai que elaborar un programa; na campaña, moitas das propostas parecían pouco definidas, no programa hai que establecer obxectivos entendibles pola maioría da xente, que serva para agrupar e debater non só sobre o que hai que facer hoxe no parlamento e na sociedade, pero tamén como referencia de como debe se-la futura sociedade unha vez superada a etapa capitalista. A.G.E presentouse como unha forza anticapitalista, adquiriu o compromiso de clarexar o seu significado. Ser anticapitalista non é “lavarlle a face” ó que temos hoxe, caer na postura fácil de defende-lo estado de benestar como obxectivo estratéxico, hai que ir máis aló; partindo dunha critica estrutural do capitalismo, hai que facer propostas que permitan avanzar cara outro modelo de sociedade que non estea baseada na explotación da forza de traballo e acadar beneficios a calquera prezo; pero tamén hai que critica-las formas políticas nas que o capitalismo se sustenta, a iso que “chaman democracia pero non o é”. Hai que configurar, en suma, unha ideoloxía alternativa á que hoxe é hexemónica na sociedade galega, para enfronta-lo sistema, o que tamén significa establecer aliados, tanto tácticos, aqueles cos que vas dar os primeiros pasos, como os estratéxicos, cos que podes chegar ó final do percorrido.

En Galicia no mes de decembro de 2010

viernes, 14 de diciembre de 2012

¡A BUENAS HORAS MANGAS VERDES!




Nines Maestro

El pleno del Congreso de los Diputados debatió el pasado 11 de diciembre una Moción  del PSOE en la que se proponía derogar la Ley 15/97, de Nuevas Formas de Gestión. La Moción, obviamente, fue derrotada por la mayoría absoluta del PP.
El PSOE, ahora en la oposición y en medio de una situación explosiva en la sanidad madrileña, cambia radicalmente el apoyo a la Ley, mantenido hasta ahora y desde que en 1997 la votara afirmativamente junto al PP, PNV, CiU y CC. Entonces acababa de perder las elecciones generales y con su voto – indispensable para un PP que gobernaba en minoría – dio vía libre a la entrada masiva de la empresa privada en la gestión de la sanidad pública.
Desde fuera del Parlamento, pero con semejante trascendencia, la Federación de Sanidad de CC.OO., a través de un Comunicado de prensa de su Secretaria General emitido al día siguiente de la votación parlamentaria1, “valora positivamente el consenso alcanzado en el Parlamento sobre las Nuevas formas de Gestión del Sistema Nacional de Salud”.
En el debate parlamentario de la Ley 15/972 en el que participé representando a IU – que votó en contra, junto al BNG – la ex ministra y portavoz del PSOE, Ángeles Amador justificaba su apoyo calificando a la nueva norma de garantía de la sanidad pública y baluarte contra la privatización.

Una lucha dura

No ha sido fácil mantener la lucha desde aquella época explicando que la Ley aprobada era la clave de bóveda para el proceso de privatización que ya entonces se había iniciado. Poca gente creía que fuese a pasar lo que ahora tenemos ante nosotros. La privatización ofrece el negocio soñado a bancos, inmobiliarias y aseguradoras privadas: financiación y clientela pública garantizada, y gestión y beneficios privados.
Sin embargo los hechos fueron confirmando que esa Ley constituía el pilar del aparato jurídico que amparaba la privatización.
Así sucedió cuando CC.OO. del País Valenciano, creyendo los argumentos del PSOE y de su Federación de Sanidad, denunció la ilegalidad del Hospital de Alzira gestionado por la UTE Ribera Salud (Adeslas, Bancaja, CAM, ACS-Dragados y Lubasay puesto en marcha por Antonio Bargueño, entonces Director Asistencial de Adeslas y hoy Director General de Hospitales de la Comunidad de Madrid. La sentencia firme del Tribunal Superior de Justicia de esa Comunidad3 no dejaba lugar a dudas: “el soporte legal a la concesión administrativa vendría dada por el Real Decreto Ley 10/1996 y Ley 15/1997” […] no cabe duda de que el enfoque legislativo es abrir las formas de gestión tanto a entidades y personas, públicas como privadas, y formas de gestión directa o indirecta.”
Todas y cada una de las licitaciones y concesiones administrativas para poner en marcha los nuevos hospitales de gestión privada en Madrid, País Valenciano, por gobiernos del PP, y en Baleares y Cataluña, por gobiernos del PSOE e IU con otras fuerzas políticas se han hecho bajo la cobertura jurídica de la Lay 15/97
El combate de CASMADRID y MATUSALEN desde 2004, y ahora de la Red Autogestionada Antiprivatización de la Sanidad (RAAS) frente a estas dos poderosas organizaciones, con una amplia constelación de satélites integrantes de la “Cumbre Social” y con una influencia determinante en los grandes medios de comunicación, ha sido duro.
Ser las únicas voces que se alzaban mientras se ponían en marcha los 7 hospitales de gestión privada de Madrid, mientras alcaldes de  partidos políticos de todos los colores cedían suelo y se hacían, felices, la foto frente al nuevo hospital de su ciudad y mientras todos los sindicatos de la Mesa Sectorial de Sanidad  pactaban decenas de acuerdos con el PP mientras callaban durante el largo proceso de construcción y puesta en marcha de “la sanidad del futuro” del PP, planteaba un combate enormemente desigual.
Con el PSOE en la oposición en Madrid, y luego en el Estado, se iba configurando un “frente común” integrado por PSOE, IU, CC.OO y UGT (IU ha venido priorizando su papel subordinado al PSOE sobre la defensa de su votación contra la Ley, al que se añadía como “representante técnico” del sector sanitario a la Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública (FADSP). Su eje central era conseguir réditos electorales en la lucha contra el PP, y  hablar de la Ley 15/97 era poner en evidencia la corresponsabilidad en la misma del PSOE, con el apoyo de CC.OO.
El bloque era hermético y cualquier organización – vecinal, asamblea popular,.. etc, que planteara la exigencia de derogar la 15/97, o bien era sometida a una cascada de “explicaciones” de técnica jurídica acerca de la intrascendencia de la Ley para la privatización, y/o de descalificaciones hacia las personas que sustentamos estas posiciones bajo la acusación de sectarismo.
Pero la lucha realizada con modestísimos recursos pero con un gran convencimiento y compromiso de muchas personas iba calando. La realidad se puede ocultar un poco de tiempo, pero al final aparece y se derrumban los engendros erigidos para ocultarla.
En 2009, tras manifestaciones de varias decenas de miles de personas en Madrid y un trabajo paciente de recogida de firmas llevado a cabo en centros sanitarios, barrios y pueblos de todo el Estado, se presentaron en el Congreso más de 400.000 solicitando la derogación de la Ley 15/974. Para ilustrar el ninguneo de los medios de comunicación valga el siguiente hecho que es comprobable en las hemerotecas: pese a la abundancia de periodistas que cubrieron la presentación de las firmas, ningún medio lo recogió al día siguiente. Sí pudo verse, como noticia destacada, a la FADSP que entregaba 30.000 firmas contra el Área Única a la entonces ministra Trinidad Jimenez que no se dignó siquiera a contestar a solicitudes de entrevista que desde CASMADRID y Matusalén le fueron formuladas.
La “toma en consideración” de la posibilidad de modificar la 15/97
El 24 de noviembre de 2009 el Congreso de los Diputados aprobó la toma en consideración de una Proposición, presentada por el Grupo Parlamentario de Esquerra Republicana, Izquierda Unida e Iniciativa- Verds, que pretendía la modificación de la Ley 15/97 de Nuevas Formas de Gestión en el Sistema Nacional de Salud5. Esta propuesta presentada por iniciativa de IU, el mismo grupo parlamentario que en 1997 votó en contra de esa Ley, sólo pretendía ahora reducir su alcance para conseguir el apoyo del PSOE en el Gobierno, tras consensuarla con él.
La iniciativa pretendía limitar la posibilidad de convenios, conciertos o acuerdos para la gestión y prestación de servicios sanitarios a “entidades públicas”, desconociendo que la figura jurídica ’empresa pública’ ha sido el paso previo a la privatización de todo tipo de servicio público, en la medida que introduce la gestión mercantil y los objetivos de ahorro por encima de criterios de calidad o rentabilidad social. Además la ’empresa pública’, como la Fundación de Alcorcón o el Anillo Radiológico en Madrid, y muchos casos más en Comunidades Autónomas (CC AA) gobernadas por el PSOE, están concebidas para, bajo su inocente nombre, subcontratar con empresas privadas todo tipo de servicios y poder emplear al personal mediante la extensa gama de contratos precarios existentes.
La buena noticia fue un brindis al sol. Tras la aprobación en el Pleno del Congreso y la remisión a la Comisión de Sanidad para la aprobación de las enmiendas, semana tras semana durante casi dos años, el Grupo Parlamentario del PSOE presentaba una solicitud de ampliación del plazo. El parto de los montes concluyó sin siquiera dar a luz a un ratón. El 26 de septiembre de 2011 fueron disueltas las cámaras por la convocatoria de elecciones generales sin que el debate se hubiera iniciado.
El cambio de chaqueta en la oposición
La Moción para la derogación de la Ley por parte del Grupo Parlamentario Socialista, tenía en su punto 4 la siguiente redacción: Instar al Gobierno a..“Presentar, en el plazo de un mes, un proyecto de ley que garantice la naturaleza pública de la financiación, la provisión y la gestión de los servicios de salud e impida que en la prestación de servicios sanitarios no se dé la calidad asistencial necesaria y no se respeten los derechos de los usuarios, derogando la Ley 15/1997, de habilitación de nuevas formas de gestión del Sistema Nacional de Salud”. 
El inequívoco texto deja en evidencia y con las vergüenzas al aire a todo el coro de organizaciones satélites y “expertos” que machaconamente han venido repitiendo la voz de su amo, insistiendo en que las privatizaciones del PP – de las otras no hablaban – no tenían nada que ver con esta Ley.
En un reciente debate televisivo en el programa La Tuerca6 en el que participé y en el que fue entrevistado por teléfono Jose Manuel Freire, portavoz del PSOE en la Asamblea de Madrid, negó enfáticamente – como puede verse en el enlace al programa – que la Ley 15/97 fuera la cobertura legal de la privatización, calificándola de “arqueología”.
El mismo día de la votación de la Moción en el Congreso, en un debate celebrado en la Escuela de Relaciones Laborales de Madrid en el que participaba Jose Ramón Repullo, médico de la órbita del PSOE, junto a Antonio Gómez Liébana, de CASMADRID, el primero insistió en el carácter obsoleto de la Ley y su denuncia como un “mantra” vació de contenido.
La presentación de la Moción por el mismo PSOE que la apoyó, la aplicó en comunidades autónomas en las que gobernaba e impidió su “modificación” cuando podía ser aprobada es la enésima maniobra política de un partido que se hunde porque movilización social le está inhabilitando como representante de unas mínimas posiciones de izquierda.
La percepción de la realidad se abre paso, sobre todo cuando la lucha acrecienta la conciencia y la difusión de la información. El PSOE ha sido y es, desde la Transición, un representante privilegiado de los intereses del capital, con palabrería de izquierdas cuando así convenía a sus intereses. Solamente en la sanidad y en lo que se refiere a sus ex ministros y ex ministras, es amplia la lista de su vinculación como Consejeros de la empresa privada, que no cabe reseñar aquí. Es difícil valorar si es mayor o menor que la de los correspondientes del PP.
Lo que es seguro es que sus intereses están alineados con los de los grandes banqueros y empresarios que nos están saqueando. Y lo que es imprescindible es que demos los pasos necesarios para que la clase obrera y los pueblos no permitamos que nos vuelvan a engañar las mismas organizaciones que montaron la gran estafa de la Transición. El camino para la construcción del referente político unitario en el que la independencia de clase este garantizada es largo y difícil pero ya nos está apremiando.


 13 de diciembre de 2012


sábado, 8 de diciembre de 2012

EFEMÉRIDES MES DE DECEMBRO


Carlos Dafonte

DÍA 5.

1922. Finaliza o IV º Congreso da Internacional Comunista. (Ver efemérides mes novembro)

Día 6.

1928. Colombia. Masacre de centos de traballadores da compañía norteamericana United Fruit Company, polo exército, en Ciénaga, no departamento de Magdalena, na zona caribeña. O antecedente é a folga de máis de 25.000 traballadores iniciada o 12 de novembro, que esixían as melloras laborais establecidas na lexislación colombiana desde 1915, pero a multinacional negabase a atendelas, pois nunca contrataba directamente, senón que o facía por medio dun “contratista”, polo tanto aducía que os traballadores non lle pertencían. Nunha asemblea celebrada o 6 de outubro aprobouse a tabla reivindicativa por parte da Unión Sindical de Traballadores do Magdalena: Seguro colectivo obrigatorio, reparacións por accidentes de traballo, habitacións hixiénicas e descanso dominical remunerado, aumento dun 50% dos xornais máis baixos, supresión dos economatos, poñer fin ós pagos por medio de vales, pago semanal, abolición do sistema de contratistas, melloras no servizo médico.
Pero tamén participaban na folga pequenos produtores que non podían vende-lo banano directamente e o tiñan que facer por medio da multinacional, que deste xeito lles impuña “prezos de fame”. Tamén participaron os comerciantes que consideraban que a United Fruit, cos seus economatos onde se obrigaba a mercar ós traballadores, facíalles competencia desleal, o mesmo que ós importadores de Barranquilla, pois os barcos da multinacional carretaban grande cantidade de produtos de volta a Colombia despois de leva-lo banano. Polo tanto a folga afectaba a moitos sectores do Magdalena.
O 30 de novembro produciuse por parte dos folguistas un intento de negociar ca empresa, pero o xerente da compañía, negouse a recibilos; formaban parte da comisión representantes dos sindicatos obreiros, dos comerciantes pero tamén algúns políticos liberais e do Partido Socialista Revolucionario, creado o ano anterior.
A situación agravouse co paro de todos os servizos, transporte incluído, e a chegada de unidades do exército que se adicaron a levar adiante detencións. Os EEUU enviaron barcos de guerra á zona para “protexe-los traballadores” de esa nacionalidade; moitos eran solidarios ca loita dos colombianos.
dirigente huelga united fruit company
Como os traballadores se concentraran en distintos puntos facendo asembleas, o gobernador do departamento emitiu un decreto declarando o estado de sitio e transmitíndolle todos os poderes ó xeral Cortés Vargas, que decretou a esixencia de disolver todas as asembleas maiores de tres indivíduos; na praza de Ciénaga, na madrugada do día 6 atopábanse reunidos milleiros de traballadores sobre os que disparou o exército, producindo máis de 1000 mortos e un número indeterminado de feridos, como quedou patente no Coloquio Internacional sobre o Conflito das Bananeras celebrado en 2009. As cifras oficiais falaban de 8 mortos e 20 feridos, pero a realidade é que trens cargados con centos de cadáveres partiron do lugar cara a foxas comúns e o mar, onde os fixeron desaparecer. O propio embaixador norteamericano Jefferson Caffery, nun informe ó Departamento de Estado, indica unha cifra superior ós 1000 mortos. Como consecuencia da masacre, numerosas propiedades da United foron asaltadas e queimadas e miles de traballadores escaparon cara a outros departamentos, para salva-la vida. En “Cien años de soledad”, Gabriel García Marquez fai referencias a esta matanza.

Día 8.

1933. Folga xeral convocada pola CNT no estado español; é a terceira das insurreccións levadas a cabo por la CNT durante a II ª República. A vitoria da dereita republicana e monárquica, nas eleccións de 1933, creou un grande desacougo nas masas obreiras que presentían toda unha serie de reformas que deixaran sen efecto os logros do período anterior. Neste día xuntábanse as Cortes para decidi-lo goberno do Partido Radical encabezado por Alejandro Lerroux.
A insurrección comeza en Zaragoza e esténdese por outras cidades de Aragón, A Rioxa, Extremadura, Andalucía, Cataluña e na conca mineira de León. No comité de folga estaban Durrutti, Ascaso e Cipriano Mera entre outros, moitos membros da Federación Anarquista Ibérica (FAI). O movemento tiña como obxectivo a implantación do “comunismo libertario”. O día 15 o levantamento fora derrotado. O balanzo de vítimas, 75 mortos e101 feridos entre os sublevados e un numeroso grupo de detidos, entre eles os dirixentes. Os locais da CNT e os seus periódicos foron pechados.

1956. Iníciase en Roma o VIII º Congreso do Partido Comunista de Italia onde se aproba a proposta de Palmiro Togliatti, coñecida como “vía italiana ó socialismo”. Consistirá nun xiro moi importante respecto á política anterior, sobre todo baseada na independencia do Partido da política da URSS, o que lle levou á crítica da invasión de Checoslovaquia polo Pacto de Varsovia e a senta-las bases do que despois Enrico Berlinguer, Secretario Xeral do PCI á morte de Luigi Longo, denominaría “eurocomunismo”, posicións ás que se uniron o PCE e o PCF e que abriu un grande debate no seo da esquerda mundial.

Día 9.

1895. Nace en Gallarta na zona mineira de Biskaia, Dolores Ibárruri. Era a oitava de once irmáns no seo dunha familia católica, filla de Antonio Ibarruri “o artilleiro”, así alcumado por ter esa condición no exército carlista. Toda a súa familia tanto por parte de nai, Juliana Gómez, procedente da provincia de Soria, como de pai, traballaron sacando carbón. O seu avó materno morrera esmagado por unha rocha e a súa nai, tamén traballou na mina ata que casou, o mesmo que os seus irmáns así como o seu marido. A comarca, onde a vida era dunha dureza especial e onde os traballadores organizados no Centro Obreiro e maioritariamente de tendencia socialista, mantiñan constantes mobilizacións polas melloras da súas condicións de vida e da traballo, vai marcar moi fondamente a Dolores. A vitoriosa folga mineira de 1890 establece un fito importante na conciencia e na organización dos traballadores da zona. Daquela época son numerosas as cantigas contra a clase dominante que cantaban os nenos polas rúas e que Dolores nunca esquecerá:

“Emperadores e Papa, o rei e os bispos
e todos os ministros da reacción
que din ser moi pobres, nadando nas riquezas,
siegue as súas cabezas a revolución”

Ou aquela outra de :

“Abandonemos, obreiros fábricas e minas
campos e obradoiros e a navegación
deixemo-lo traballo que enriquece ós vagos
e fagamos os escravos a revolución”

Asistiu ó parvulario e a escola primaria de Somorrostro entre os anos 1894 e 1910, destacando pola súa intelixencia e boas notas o que lle permite adicarse dous anos máis a prepara-lo seu ingreso na Escola Normal para cursar a carreira de mestra, pero a situación económica da familia non lle permitiu cumpri-lo seu devezo e ingresou nun obradoiro de costura e moi pronto casou, en febreiro de 1916, cun mineiro, Julián Ruiz de tendencia socialista.
Son interesantes as consideracións que fixo na súa autobiografía sobre a condición de casada; “Na mina a muller era unha obreira. Podía protestar contra a explotación ó lado doutros obreiros, defende-la súa personalidade como traballadora. No fogar a muller se despersonalizaba; entregábase, pola forza da necesidade ó sacrificio” e lembra un dito popular da época “Nai, que cousa e casar?. Filla, fiar, parir e chorar”.
É nesta época, cando contaba 21 anos, cando se desmoronan as súas ideas relixiosas e comeza a darse respostas sobre a vida de miseria na que viven e de que era resultado dun sistema feito por outros homes. Empeza a ler literatura marxista que atopa na Casa do Pobo de Somorrostro, o “Manifesto Comunista” e unha escolma de “O Capital”, onde comprende dun xeito rudimentario a causa da miseria e “a orixe da fortuna dos nosos explotadores”.
Na chamada “crise de 1917” participa activamente no que se consideraba podía ser o inicio dunha revolución social, axudando entre outras actividades á preparación de artefactos explosivos no Centro Obreiro. Despois da folga xeral de agosto o seu marido foi detido e quedou sen o xornal e cunha filla sobrevivindo grazas a un leiro de patacas que plantaran na primavera, a adicarse á costura a cambio de leite e a solidariedade de compañeiros do marido que traballaban nas minas de León, que lle enviaron 50 pesetas, polo que puido abandona-la casa sen auga, lus e chan de terra, por outra un pouco mellor.
A revolución soviética en Rusia, foi para Dolores un acontecemento extraordinario, e motivo de alegría que o socialista Indalecio Prieto acadara acta de deputado por Biskaia. Asistirá ó acto de celebración na “fonte da Cazola” en San Salvador do Val.
A partires de 1918 comeza a colaborar co periódico “El minero vizcaino”, asinando artigos co alcume de “Pasionaria”, que lle acompañará toda a vida.
A fundación en marzo de 1919 da Internacional Comunista fixo cristalizar no seo do PSOE, as tendencias existentes, creándose fondas diferencias entre os partidarios da revolución e do ingreso na IC e o resto que pensaban chega-lo socialismo pola vía parlamentar. Dolores e a agrupación socialista de Somorrostro, son fundadores en 1920 do Partido Comunista Español. Dolores será elixida membro do comité provincial de Biskaia e participara no I º Congreso de fundación do PCE ( ver efemérides de novembro).
Pero a división trouxo enfrontamentos, sobre todo polo intenso traballo que os comunistas tiñan nos sindicatos, que contaba ca oposición, moitas veces violenta dos socialistas, como o acontecido no mitin de Gallarta, no que falou José Bullejos, secretario do sindicato mineiro e máis tarde secretario xeral do PCE, que foi tiroteado e ferido por un grupo de socialistas que así amosaban tamén o seu descontento ca combatividade dos comunistas nas folgas como as das empresas Mac Lean e “O Burato” dos marqueses de Urquijo, onde os traballadores dirixidos polos comunistas amosaban unha actitude moi combativa fronte a patronal, moi diferente a amosada polos socialistas.
A década dos anos vinte foi moi dura para Dolores; á imposición da ditadura do xeral Primo de Rivera e á constante persecución dos comunistas, o que facía que o seu marido estivera permanentemente preso por orde gobernativa, hai que unir o nacemento de cinco fillos, tivo trillizas no ano 1923, e a morte de catro dos mesmos, e ter que conxugar o mantemento da familia cos labores políticos, polo que non era raro vela chegar ás xuntanzas acompañada dos máis pequenos.
Durante a década foi adquirindo sona como unha loitadora incansable, articulista moi aguda, tamén colaboraba no periódico “La lucha de clases”, e boa oradora, o que a leva en 1930, na chamada Conferencia de Pamplona, que se celebra en Bilbao, a ser nomeada membro do Comité Central do Partido Comunista de España. Participa, por primeira vez como oradora nunha campaña electoral, nas eleccións municipais do 12 de abril que porían fin á monarquía e é candidata nas eleccións ás Cortes Constituíntes de xuño do mesmo ano, pero non é elixida. Trasládase a Madrid, acompañada do seu fillo Rubén, para traballar na redacción do periódico do Partido, “Mundo Obreiro” a finais de setembro do mesmo ano. A filla Amaia queda ó coidado do pai.
No primeiro de maio fora atacada a multitude que en Bilbao presenciara un acto comunista e unha vez rexeitadas as forzas represoras polos obreiros, Dolores, cunha bandeira vermella encabezou unha manifestación espontánea que percorreu as rúas da capital. Este pequeno incidente lle fixo presaxiar que o goberno republicano-socialista, quizais non estivera a altura do que as masas obreiras e campesiñas esperaban do mesmo.
Ó pouco tempo da súa chegada a Madrid é detida á saída da redacción do periódico, pasa tres días na dirección xeral da policía e despois trasladada á cárcere de mulleres; era reclamada por un xulgado de Bilbao por motivo dun tiroteo entre socialistas e comunistas que producira vítimas mortais. Algúns feridos escondéranse na súa casa. O seu fillo Ruben aparece na porta da cárcere pois o expulsaran da casa onde vivían. Trasladada a Bilbao é xulgada a principios de xaneiro e declarada inocente; con anterioridade, á aprobación da Constitución, declarouse en folga de fame por non ser liberada, pero os membros do comité do Partido en Biskaia a convenceron para que non seguira ca súa actitude.
En marzo de 1932 participa no IV º Congreso do PCE, en Sevilla onde existía un importante grupo comunista a redor de José Díaz, Antonio Mije, Manuel Delicado, Saturnino Barneto y outros. Prodúcese un cambio estratéxico moi importante, rachando co sectarismo e foi elixido secretario xeral José Diaz. A volta de Sevilla é detida de novo en Madrid na praza da Magdalena e en novembro conducida a Bilbao e posta en liberdade en xaneiro de 1933, sen cargo algún. O resto do ano adicase á propaganda intervindo en numerosos actos en Madrid, Toledo, Extremadura e Andalucía atopándose a maioría das veces ca dobre cara, que como Jano, tiña o goberno republicano-socialista, brando ca dereita e duro e moitas veces brutal ca esquerda e as masas populares. Os comunistas propuñan a creación dunha Fronte Única, para atalla-lo perigo fascista e os socialistas fan a contraproposta de Alianzas Obreiras. No barrio de Tetuán é detida de novo cando participaba nunha manifestación antifascista, perigo que denuncia desde o primeiro momento da súa aparición, na escena política española. No acto celebrado en Madrid o 2 de xuño de 1934, o PC, por boca de José Díaz, fai a proposta de unidade das forzas antifascistas. En setembro de 1934, no plenario do Comité Central, o PCE acorda integrarse nas Alianzas, tentando que tamén se ampliasen ós sectores campesiños.
En novembro de 1933 asiste en Moscova ó XIII Plenario da Internacional Comunista; visitou Leningrado, a fábrica Putilov e o pazo Smolny desde onde Lenin dirixiu algunha das accións do proceso revolucionario e dirixiuse ós delegados do XVII Congreso do Partido Comunista da URSS, en nome do PCE.
Desde o ano 33 participa activamente na creación e extensión da organización de “Mulleres contra da guerra e o fascismo” e asiste en París o I º Congreso como presidenta efectiva da organización do estado español; a presidencia de honra a ostentaba Catalina Salmerón filla do republicano que fora presidente da Iª República. Despois da revolución de outubro de 1934, a organización adicouse a tarefas de solidariedade cos represariados. Nestes labores é detida en Asturias cando recolleran decenas de nenos de pais represariados para levalos a Madrid. Na primavera do ano 35 asiste en París á Conferencia de Axuda e ten que pasar a pe os Perineos tanto para a ida como para a volta, pois o Partido era ilegal, e o mesmo aconteceulle, acompañada por José Díaz, para asisti-lo VII º Congreso da Internacional Comunista celebrado en xullo de 1935. Nese ano os seus fillos trasládanse á URSS.
O 1 de xaneiro de 1936 pronuncia un mitin no teatro Rosalía de A Coruña, que os fascistas tentan boicotear e onde fala da necesaria unidade fronte o fascismo e da solidariedade cos represariados do 34. Nas eleccións da Fronte Popular é elixida deputada por Asturias e o seu primeiro acto foi libera-los presos políticos da cárcere de Oviedo. Tra-lo inicio da guerra pola sublevación militar, Pasionaria se converte, pola súa grande actividade nas trincheiras, nas frontes de combate, na retagarda, na busca de solidariedade ca república fora do estado, nun símbolo da resistencia antifascista, non só no estado español senón no mundo. Ela recibe e despide ós brigadistas internacionais, ela lanza o celebre ¡¡Non pasarán!! na defensa de Madrid; ela recorda de novo a frase de “Máis vale morrer de pe que vivir axeonllado”. En 1937 é nomeada vicepresidenta das Cortes. Despois da derrota se exilia na URSS, onde morre o seu fillo Rubén, que era tenente do Exército Vermello, na defensa de Stalingrado; é elixida membro da Executiva da Internacional Comunista e Secretaria Xeral do PCE á morte de José Díaz en 1942, cargo que ocupa ata 1960 en que é nomeada Presidenta do partido.
Nas primeiras eleccións democráticas despois da desaparición da ditadura franquista, foi elixida de novo deputada por Asturias, e por idade, en Presidenta das Cortes na sesión de constitución das mesmas. Morre en Madrid no ano 1989. A súa figura foi cantada por numerosos poetas, AntonioMachado, Miguel Hernandez, Rafael Alberti, Nicolás Guillén e outr@s. Escribiu diversas obras, “O único camiño”, “Memorias”, “España estado plurinacional”, “Na loita” e xunto con outros autores a “H ª do Partido Comunista de España”.


1933. Créase en Cataluña a Alianza Obreira, pulada por Joaquim Maurin, dirixente do Bloc Obrer e Camperol e Andreu Nin, da Izquierda Comunista, como organizacións fundamentais. Tamén participan os Sindicatos de Oposición (trentistas), antigos cenetistas, a Unió Socialista de Catalunya, a Federación Sindicalista Libertaria, a Unió de Rabassaires, o PSOE e a UGT. Non o fai a CNT. A idea era xuntar a esquerda catalá diante da vitoria da dereita, nas eleccións celebradas o 19 de novembro, para conxura-lo perigo do fascismo.

Día 10.

1919. Comeza o II º Congreso da CNT no que se acorda a adhesión provisoria á Internacional Comunista. Despois dun informe de Anxel Pestaña, que visitara a URSS, deixará de participar na IC en 1922. Tamén neste congreso se discutiu a posibilidade de crear unha organización única ca UGT.

Día 11.

1927. Delegados de oito países de América Latina, realizan a Iª Xuntanza Sindical do subcontinente.

Día 18.

1916. Folga xeral no estado español convocada pola CNT e a UGT, contra a “carestía da vida”. O estalido da I ª guerra mundial e a neutralidade do estado español, permitiu que este se convertera en subministrador de produtos industriais e alimentos ós países belixerantes. Os industriais e grandes propietarios agrícolas se van enriquecer, pero a demanda exterior fai subi-los prezos dos alimentos mentres os salarios mantense estables. Esta situación provoca constantes mobilizacións e protestas, o ano comeza ca folga da construción en Barcelona que se converte en folga xeral; en febreiro é paralizada a cidade de Valencia; hai folgas de mineiros en Rio Tinto, Cartaxena e A Carolina; en Logroño hai un morto e numerosos feridos. Toda esta situación leva o acordo entre a CNT e a UGT en Zaragoza o 20 de novembro, no que deciden a folga xeral para o 18 de decembro; é seguida dun xeito moi importante en todas as zonas do estado, pero non variou moito a situación pois o goberno Romanones estaba firmemente comprometido co caciquismo e non tiña interese algún en perder apoios electorais.

Día 20.

1960. Fundación da Fronte de Liberación Nacional de Vietnam do Sur, Vietcong. Despois da derrota dos franceses e a división do territorio do Vietnam, rompendo os acordos de Xenebra, unha parte do Vietminh vai creala Fronte Nacional de Liberación para loitar contra a ditadura de Ngo Dinh Diem que contaba co apoio dos norteamericanos. Nesta fronte tiñan un peso importante os comunistas e o termo “Vietcong” e froito da contracción da frase en vietnamita “Viet Nam Cong San” que quere dicir “comunista vietnamita”. A organización armada da Fronte de Liberación eran as Forzas Armada de Liberación, que practicaron a loita guerrilleira.
Diante da ofensiva das forzas populares, os EEUU comezan enviando “asesores” e máis tarde chegaron a ter sobre o terreo máis de 600.000 soldados e empregaron todo tipo de armas agás a nuclear. Tiraronse sobre Vietnam do Norte, que apoiaba á Fronte máis bombas que en Europa en toda a segunda guerra mundial. A guerra se foi estendendo tamén por Camboia e Laos, convertendo Indochina nun problema para o imperialismo, do que saíu derrotado.

Día 21.

1869. Constitúese a sección española da A.I.T., I ª Internacional. O anarquista Bakunin, que creara en Xenebra a “Alianza Internacional pola Democracia Socialista”, que non fora admitida na Internacional, enviou a España un emisario, o deputado napolitano Giuseppe Fanelli. Este, primeiro foi a Barcelona onde se xuntou co republicano Elie Reclus e o médico Aristides Rei; con Fernando Garrido e o tamén republicano radical José Mª Orense percorreron Tarragona, Tortosa e Valencia e despois, só Fanelli, marchou a Madrid onde se xuntou, na casa do lítógrafo Julián Robau Donadeu cun grupo que frecuentaba o “Fomento das Artes”. Así constituíuse o núcleo da Internacional en Madrid, formado por cinco pintores da construción, catro tipógrafos, dous xastres, dous gravadores, dous zapateiros, un carpinteiro, un dourador, un litógrafo, un cordeleiro, un equitador e un periodista. Fanelli repartiu estatutos da Internacional e da Alianza e moitos dos compoñentes da Internacional o eran da Alianza o que marcou, sobre todo na zona de Levante e Andalucía, ó movemento obreiro e campesiño cun carácter anarquista.

Día 23.

1959. Aprobase a Lei de Bases da Ensinanza en Cuba

Día 24.

1900. Aparece o primeiro número da revista “Iskra” (Faísca). Lenin rematado o seu desterro en Siberia o 29 de xaneiro de 1900, comeza a concreta-lo proxecto aprobado no Congreso fundacional do POSDR, de crear un órgano de prensa central capaz de polemizar cos chamados “marxistas legais” e os “economistas”, que estendían o seu pensamento entre a poboación, grazas a existencia de periódicos que espallaban a súas ideas.. Deuse conta que o proxecto tería grandes dificultades en Rusia e chega a conclusión que debe ver a luz fora, na emigración. Pero antes de marchar adícase xunto con Martov e Potresov á tarefa de garantir que chegue á maioría das cidades do imperio, buscar correspondentes, enlaces, quen reparta o periódico e sobre todo fondos para financialo. Conseguidos os obxectivos en Rusia, marcha para o exterior e chega a Zurich en agosto, onde visita a Plejanov, con quen non se entende moi ben, pois decátase que o único que lle interesaba era controlar todo o traballo. Para eludir este control, se editarán en Alemaña, en Sttugart a revista, o periódico en Leipzig e Lenin vive en Munich; Plejanov e parte da dirección xúntanse en Xenebra

Día 25.

1920. Creación do Partido Comunista Francés. A á esquerda da Sección Francesa da Internacional Obreira (SFIO), abandona o partido no congreso celebrado en Tours e funda a Sección Francesa da Internacional Comunista, ó trunfa-la proposta “Cachin-Frossard”; máis tarde se converterá no Partido Comunista Francés.

Día 26.

1893. Nace Mao Zedong, dirixente comunista chinés, no pobo de Shao Shan, na provincia de Hunan. O seu pai era un campesiño pobre, moi severo pero que co tempo foi mellorando a economía familiar ata converterse nun campesiño acomodado. Cando Mao era neno, a familia compartía casa con outra, polo que toda a vida familiar reducíase a estar nunha única habitación e a traballar de sol a sol no campo. É educado no budismo, doutrina que practicaba a nai pero na escola, á que asiste a partires dos oito anos, se lles educaba nas costumes e cerimonias da China clásica confuciana; aprendeu o “li”, que é un compendio das regras morais, dos canons da boa conduta, a guía para o adecuado comportamento en todos os detalles da vida cotiá; segundo Confucio “todas as virtudes teñen a súa orixe no li”. Na escola aprende os caracteres chinos e extensos anacos dos clásicos. Axiña fai gala dun carácter rebelde que lle leva a enfrontarse co seu pai, a súa violenta tiranía sobre todo ca nai, empresa que contou ca axuda dos seus tres irmáns, todos de menor idade. Parte do enfrontamento se producía polo gusto pola lectura.
O sistema político que imperaba na época da súa nenez, era o de sempre. O emperador gobernaba cos burócratas-eruditos, os mandarines, que pasaban un severo exame e pertencían á burguesía terratenente. Todo poder, toda virtude, toda norma emanaba do emperador, quen gobernaba por mandato do ceo. En 1904 Mao queda impresionado pola represión da revolta campesiña de Changsha e anos máis tarde pola que se produce na súa propia aldea, sobre unha sociedade secreta existente. Ós catorce anos o seu pai tenta casalo cunha muller maior. Por esta época é cando abandona as lecturas sobre a historia de China e comeza a preocuparse pola situación real do país e sobre todo a humillación que sufría pola presencia das tropas dos países imperialistas. Os enfrontamento co seu pai era constante, a vida de campesiño non lle gustaba, polo que o convenceu para que o enviara a unha escola próxima, onde se explicaban, ademais dos clásicos, algo do “saber occidental”. Marchará e nunca máis volvera a súa casa. Na escola destacará pola súa elevada estatura e mal xenio, o que lle levaba a enfrontarse violentamente ós seus compañeiros en numerosos debates, sobre todo cando lle recriminaban o seu apego a ideas conservadoras. Nela, instruíanlles en ideas de carácter nacionalista e acusábase ás potencias imperialistas de ser as culpables de todo canto mal feito acontecía en China; pero tamén sobre algúns conceptos políticos occidentais que non tiñan equivalente no idioma chinés, como liberdade, soberanía nacional ou igualdade entre os estado; as súas ideas sobre o imperio e o papel do emperador, o xeito de goberno, fóronse desmoronando. Co seu compañeiro Emi Sao abandona a escola e marchan, a pé, á capital da provincia, Changsha onde o admitiron na de segunda ensinanza. Cando chegaron, a capital fervía, como todo o imperio da axitación revolucionaria. Por primeira vez vai ler un periódico, “A Forza do Pobo”, órgano da “Liga da Unidade” do profesor Sun Yat-sen, cuxo obxectivo era derruba-la dinastía manchú e instaurar unha república. Esta situacións “inspira” a Mao a súa primeira actividade periodística; escribiu un artigo onde defendía a volta de Sun Yat-sen a China, e pegouno na parede da escola, tiña 16 anos. O pasado chinés empezoulle a parecer sinistro e compadecía ós campesiños que vivían na pobreza, o descoñecemento e a superstición e acusaba desta situación á explotación á que o sometían os administradores corruptos do imperio e os terratenentes. Esta crítica a estendía ós custodios do dogma confuciano, para quen as ideas de cambio e progreso eran inconcibibles.
O símbolo da dinastía manchú era a coleta, Mao tomou parte na rebelión contra a mesma, cortou a súa e cortoulla a condiscípulos renuentes a facelo. Confiaba que os cambios chegarían por dous condutos, as ideas de Sun e o novo exército nacional, no que convivían toda unha serie de intelectuais partidarios do cambio; e estas dúas forzas van proclama-la república en decembro de 1911 sendo Sun o presidente provisorio, quedando o país dividido en dous, o territorio republicano e o controlado polas forzas imperiais e por conseguinte dando pé o inicio dunha guerra civil; Mao rexeitará formar parte dun “exército de estudantes” e se alistará no exercito regular, onde dará clase a soldados analfabetos. A Liga de Sun convértese no partido Kuomitang, pero deixa a presidencia da república en mans do xeral Yuan, a cambio da desaparición do imperio, pero unha vez no poder restrinxe as liberdades e proclámase emperador en 1915, e morre en 1916.
Unha vez terminada a guerra, Mao volve a Changsha e inscríbese en varias escolas, de policía, de fabricación de xabrón, de leis, de comercio, de estudos mercantís e de Segunda Ensinanza; en ningunha permaneceu moito tempo. Estes fracasos o levan a considerar que debía converterse en autodidacta, polo que pasou preto dun ano visitando a cotío a biblioteca provincial desde a hora de apertura á de peche e lendo unha enorme cantidade de libros que consideraba importantes. É neste lugar onde ve por primeira vez un mapamundi, e decátase de que China non era “o centro do mundo”.
Como o seu odiado padre retiráralle a subvención, negocia con el por medio de cartas, o pago dos cinco anos que ten que pasar na Escola Normal Superior para facerse mestre. Cando inicia esta nova etapa ten vinte anos.
Nela prodúcense as viaxes estivais, a pe, percorrendo a enorme provincia de Hunan, durmindo a ceo descuberto, bañándose nas augas xeadas dos ríos, sen cartos para a mantenza, vivindo da esmola. Mao naquela época non é materialista, o seu ideal e o do filósofo-atleta. O seu pensamento tiña por base os principios morais absolutos e o poder da mente. Así o plasma no seu traballo para o profesor de Filosofía, Yang Chang-shi, “A enerxía da mente”.
En 1915 aparece en Sanghai unha nova revista “Xuventude” dirixida por Chen Tu-shiu, que máis tarde sería secretario xeral do Partido Comunista, en cuxo primeiro número aparece un “Chamamento solemne á xuventude”; nel sentábanse o programa e os principios básicos que debían levar a mocidade a loitar pola rexeneración do país. O seu impacto foi tremendo e Mao comezouna a ler a cotío e o 1º de abril de 1917 apareceu un artigo seu que asina como “o home dos vinte e oito trazos”, que leva por título “Un estudo sobre o atletismo”. No mesmo ano funda, xunto con outros mozos a “Sociedade de estudos do novo pobo”, unha máis de entre outras moitas fundadas polos mozos intelectuais, que apoiados polos campesiños expulsaban, mediante revolucións violentas, ós déspotas locais do poder; case sempre este acababa nas mans dun militar que era tan déspota como o anterior; desta época son as súas reflexións sobre que non chega con saber moito, senón se sabe conserva-lo poder e non se poden poñer en práctica as ideas.
Graduouse en 1918 e ante a posibilidade de facer unha viaxe a Francia, marcha a Pekin para prende-los rudimentos do francés. A este Mao de vintecinco anos describiuno na súa autobiografía como un ser “confuso, desorientado e aínda dubidoso respecto o camiño a seguir”. Pero a viaxe frustrase por falta de cartos e pola súa incapacidade para aprender idiomas. O seu antigo profesor de filosofía, Yang, que agora da clases na universidade, conséguelle un posto de auxiliar na biblioteca do centro de estudos e aínda que o traballo era humillante, barre-las sas e mante-la orde dos libros, o acepta ca idea de adicarse a organizar estudantes na súa Asociación. Ë unha época na que vive na miseria, sen roupa adecuada para o frío e compartindo unha casucha cos compañeiros de Hunan que estudan francés. Nese período le a Bakunin e síntese atraido polas ideas anarquistas e os “doce mandamentos” do anarquismo chinés. Finalizada a I ª guerra mundial, fúndase por parte de intelectuais revolucionarios a “Sociedade da nova corrente” que admite á sociedade de Mao como colaboradora. A partires dese momento Mao xogará un importante papel como organizador de estudantes e membro da “Nova Corrente”.
Pero a fin da guerra non soluciona os problemas de China, Gran Bretaña, Francia e Italia, mediante tratado secreto, concedéranlle a Xapón continuar ocupando os territorios chineses e descúbrese que Xapón concedera un creto o goberno de Pekin, para que este non os reivindicara; o 4 de maio de 1919 unha manifestación de estudantes ó primeiro, que se vai nutrindo de outros sectores sociais, esixen a devolución do territorio e asaltan ministerios, casas de funcionarios, golpean a moitos e tentan entrar na zona das embaixadas onde son reprimidos. O catro de maio é considerado como o punto de partida da segunda etapa da revolución pero ó mesmo tempo tamén da desconfianza na democracia que trata a China como a un país colonizado. Mao no se atopaba en Pekin, marchara cara a Hunan catro meses antes a organizar a nova sociedade á que pertencía, nunha penosa viaxe que dura varias semanas pola falta de cartos. Cando chegan a Changsha as noticias do acontecido o 4 de maio, ponse á fronte do movemento e funda a revista “Revista do rio Hsiang”, como órgano dos estudantes revolucionarios. No primeiro número escribe a editorial titulada “A grande alianza do pobo”, onde defendía a unidade das organizacións radicais de estudantes, obreiros, comerciantes e intelectuais. Tamén foi cofundador da “Libraria cultural”, onde se comezaron a ler, periódicos, libros e folletos a favor da revolución democrática. Nesta época viaxará a Pekin e Sanghai para entrevistarse con outros líderes da organización e volveuse a atopar con Ch'en Tu-shiu, editor da revista “Nova Xuventude”. As revolucións pola democratización das diferentes provincias, a maioría das veces, para rematar cos restos da antiga China, pactaban con xerais que co tempo convertíanse en ditadores, o mesmo pasoulle á de Hunan, e Mao aprendeu que o movemento que dirixía, non podía depender dos xerais.
Nesta época, anos 19 e 20, xorden entre os estudantes e intelectuais a corrente do estudo dos diferentes “ismos”, que se plasma na creación de sociedades para o estudo do socialismo, o anarquismo, o sindicalismo; ningunha sobre o comunismo e o bolxevismo que aparecían ligados ó anarquismo. Con todo, segundo se van coñecendo noticias chegadas de Rusia, unha grande parte da intelectualidade, Sun incluído, acollen con alborozo os inicios da revolución.
A primeira “Sociedade china para o estudo do marxismo” fundase con toda probabilidade en marzo de 1920; en calquera caso, a maioría dos que van a funda-lo Partido Comunista non sabían ler idiomas de fora e o publicado de marxismo en China era moi cativo. Mao dixo que os tres libros que máis influíron no seu pensamento para facerse marxista foron, o “Manifesto Comunista”, “A loita de clases” de Kautski e a “Historia do socialismo” de Kirkupp. Polo tanto non foi polas lecturas como se creou o núcleo comunista en China, senón a traveso da discusión cos dous enviados pola Internacional Comunista a China, Grigori Voitinski e e Yang Cing-chai, nacido chino e educado en Moscova. Despois chegarían bastantes máis, que influíron dun xeito decisivo nun numeroso grupo de intelectuais, pero tamén en Sun e o seu partido o Kuomitang, que se organizou como o Partido Bolxevique. Mao participou en algunha destas xuntanzas e de volta a Changsha, convencido de que a revolución só podía trunfar cos método bolxeviques, comezou a converter os seus seguidores en comunistas; fundou a “Sociedade de Changsha para o estudo do Marxismo”, a “Biblioteca da xuventude” e a rama en Hunan do “Corpo das Xuventudes socialistas”; tamén grupos de acción para organiza-las masas. No terceiro aniversario da revolución soviética, organizouse en Changsha unha manifestación onde por primeira vez se enarborou a bandeira vermella.
Cando en maio de 1921 dirixiuse a Sanghai para participar no congreso de fundación do Partido Comunista, contaba 28 anos, era secretario de oito sindicatos e levara a bo termo a tarefa de converter a maioría dos compoñentes da “Sociedade de Estudos” en comunistas. Nos doce meses seguintes ó Congreso, despregou unha enorme actividade, para organiza-lo PC en Hunan e crear sindicatos, contando sempre co apoio da compañeira ca que casara o ano anterior, que se adicaba ás frontes estudantil, muller e cultura. Cando en 1922 redacta un informe sobre a situación, figura no mesmo a creación de máis de vinte sindicatos e o funcionamento do partido a nivel provincial; todo elo, levado a cabo nunha situación de clandestinidade e represión, onde ser sindicalista podíache acarrea-la morte dun xeito inmediato.
No tempo libre, lía obras marxistas traducidas ó chinés, a súa incapacidade para os idiomas era patolóxica, o que limitaba os seus coñecementos, pois a I.C. (Comitern) limitaba estas traducións.
A Internacional desenvolvía, nos países como China, unha política de apoia-los capitalistas locais fronte ós de fora, a todo movemento democrático burgués, pactar cos partidos nacionalistas, ensinarlles algunhas tácticas revolucionarias e formar fraccións comunistas nos mesmos. En xaneiro de 1923 formalizouse unha fronte unida entre o PC e o Kuomitang de Sun. Mentres os imperialistas apoiaban o goberno de Pekin e os diferentes “señores da guerra” provinciais, a Comitern enviou a Cantón, onde radicaba o goberno do Kuomitang, a Miguel Borodin, cuxo verdadeiro nome era M. Gruzemberg, que organizou o exército como o Exército Vermello, o goberno, como o dos soviets e o partido ca estrutura leninista e baseado no centralismo democrático.
En 1924 Mao asiste ó I º Congreso do Kuomitang e a partires dese momento, tivo que reparti-lo seu traballo entre o seu partido e o nacionalista, atopábase na dirección de ámbalas dúas organizacións, polo que se traslada a Sanghai; pero neste período que vai ata 1926, terá os primeiros desencontros co secretario xeral do PC, e o seu antigo mentor, Chen Tu-shiu, Borodin, a quen lle terá unha xenreira especial e indirectamente con Stalin. Un foi pola cuestión campesiña que fronte o establecido pola IC de sometelos, Mao considera que este movemento é unha enorme onda que hai que saber “cabalgar”. Por iso no período, que a causa da enfermidade ten que pasar en Hunan, ano 1925, tenta levantar un movemento campesiño para rematar co poder do “señor da guerra” provincial, pero debendo fuxir a Cantón, o Kuomitang o nomea editor do “Semanario Político”, xefe dos instrutores dos campesiños e xefe do departamento de Axitación e Propaganda.
Unha vez derrotados algúns dos “señores da guerra”, o enfrontamento dos nacionalistas cos comunistas non se fixo esperar; na primavera de 1926, en Cantón, limítase a actividade comunista no Kuomitang, clausúranse sindicatos, detéñense comisarios do exército e rodéanse as casas dos comisarios soviéticos. Stalin acepta as restricións impostas, pero Mao non acepta paraliza-las revoltas campesiñas que estalaban nos territorios dominados polos “señores da guerra” e especifica a súa posición nun artigo aparecido en marzo de 1926, “Análise das clases na sociedade chinesa”. Sinalaba a importancia do campesiñado para o trunfo da revolución e propuña unha política radical no campo e a organización do campesiñado; o artigo foi prohibido nos órganos do PC.
En marzo as tropas do Kuomitang inician as operacións contra os “señores” de Nankin e Sanghai; a táctica era sempre a mesma, os comunistas iniciaban folgas de obreiros e sublevacións campesiñas o que facilitaba o labor do exército; neste caso o exército avanzou moi lentamente para que os seus aliados sufriran fortes perdas, e unha vez tomado o poder, desencadeou unha forte represión, “o terror branco” contra os seus aliados comunistas nestas cidades e en todas cantas puido levar a matanza adiante; decenas de miles de militantes, sindicalistas, intelectuais, dirixentes, foron asasinados; o pacto Comitern- Kuomitang estaba roto e o PC moi quebrantado, pola confianza de Stalin no aliado burgués. Mao marchará a Hunan onde a revolta campesiña trunfara, aplicando métodos extraordinariamente violentos, que derrubaron ó antigo orde. Cando envía un informe ó PC, a parte adicada á revolta campesiña a vai titular “A vangarda da revolución”, pero as súas propostas non van ser aprobadas no V Congreso do PC celebrado en abril de 1927, non se lle permitirá falar e excluírono da dirección. Stalin defendía agora, contra a opinión de Trotski, unha alianza ca á esquerda do Kuomitang, e non provocalos con novas revoltas campesiñas, pero a metade de ano, os novos aliados de Stalin, fan executar a máis de 25.000 comunistas o que obriga á dimisión do secretario xeral e a un xiro na política da Comitern. Mao dirixe o que se coñece como “Levantamento da sega de outono”, en Hunan, que lle permite a creación dun exército obreiro-campesiño e comeza a creación de “soviets” locais, contra a opinión do PC e da Comitern. Diante da presión do exército e a incomprensión do Partido, Mao marcha co seu exército á fronteira de Hunan con Kiangsi, e establece o primeiro goberno soviético, e Mao, que despois da dimisión do secretario xeral, recuperara un posto na dirección foi deposto da mesma. O Kuomitang incia de novo unha brutal represión sobre os comunistas e a maioría dos dirixentes teñen que ocultarse, Mao queda illado co seu exército e algúns membros do partido, e vai exerce-lo poder sen ninguén que lle discuta as decisións; é xefe militar e gobernador, contaba 35 anos. Nestas circunstancias vai contactar e pactar con Chu The, antigo “señor da guerra” convertido ó comunismo en Europa, e o seu exército, converténdose este no xefe militar e Mao no xefe político
Mentres o PC, seguindo as consignas de Moscova seguía tentando sublevacións nas cidades; o fracaso en Sanghai e Nankin lles obriga a variar e deciden, no verán de 1928, iniciar toda unha serie de revoltas no campo co obxectivo de toma-las cidades; esta nova visión permitiu a Mao e a outros “exércitos vermellos” e soviets existentes , normaliza-la relación ca dirección do PC .
En novembro de 1928 Mao redacta un informa para o Comité Central do Partido titulado “A loita nas montañas de Chingkang” que permite entender como ó longo de máis de vinte anos, a pesares das dificultades, conseguiron a vitoria en 1949. Vitoria fronte o poderoso exército do Kuomitang, dos “señores da guerra”, dos terratenentes, da oposición da Comitern e en moitos momentos, por influxo de Stalin, do propio Partido Comunista de China, que seguía a pensar que a revolución a tiñan que levar a cabo os obreiros industriais e debíase producir nas cidades.
Despois de consolidar as súas posicións e de conseguir coordinar a outros “exércitos vermellos” e zonas baixo control de soviets, Mao emprende en outubro 1934 a “Longa Marcha”, suceso que tratamos noutra efemérides anterior, e despois dun paréntese, para derrota-los invasores xaponeses, a partires de 1945, co reinicio da guerra civil, a vitoria das forzas comunistas consúmase en 1949, refuxiándose as forzas do Kuomitang na illa de Taiwan. Ata o ano 1976 no que falece, Mao vai levar adiante dous grandes procesos políticos, económicos e sociais no país, coñecidos como “O gran salto adiante” e a “Revolución Cultural”, ámbolos dous aplicados con grande dureza, e posiblemente no que se produciron inxustizas, paro tamén moi falseados pola propaganda imperialista.
Mao foi autor dunha voluminosa obra entre as que destacan os seguintes títulos, “Problemas da estratexia da guerra revolucionaria”, “Estudo acerca de tácticas”, “Estudo acerca das accións contraditorias”, “A revolución china e o PC chino”, “Disertación no foro de Yenan sobre arte e literatura”, “Acerca do manexo das contradicións entre o pobo”, “Sobre a guerra prolongada”, “Sobre a nova democracia”. Tamén foi autor de numerosos poemas.

Día 29

1922. Nunha Conferencia na que interveñen as Repúblicas Socialistas Soviéticas de Rusia, Transcaucasia, Ucrania e Bielorrusia, aprobase o tratado de creación da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), que será confirmado ó día seguinte. Transcaucasia comprendía Xeorxia, Armenia e Azerbaidzhán. Con posterioridade, a Constitución de 1924 organizaba os territorios de acordo ó novo estado. A creación das repúblicas de Kazajstán e Asia Central foi o resultado da súa separación de Rusia. Máis tarde a de Asia central dividiuse nas Repúblicas Socialistas Soviéticas de Turkmenistán, Uzbekistán, Tayikistán e Kirguizistán.

Día 30.

1918. Iníciase o congreso fundacional do Partido Comunista de Alemaña (KPD) nun contexto de importantes mobilizacións en todo o país e a derrota en novembro da contrarrevolución en Berlín, cando as 10 divisións de tropas trasladadas desde a fronte de guerra, contáxianse da situación e nun Congreso de Consellos de Soldados, apróbase a desaparicións do uniforme, das insignias do grado, da disciplina fora do servizo e das sinais exteriores de respecto. En decembro as batallas entre as tropas do gobernador socialdemócrata Wels e os mariños revolucionarios, sáldase ca vitoria dos últimos, o que desperta a conciencia revolucionaria a milleiros de traballadores, producíndose un equilibrio inestable entre o poder burgués e o poder obreiro. O problema fundamental a finais do mes de decembro era a falla dunha dirección firme por parte da revolución, o contrario do que acontece no campo contrarrevolucionario onde existe dirección: o goberno do socialdemócrata Ebert e o Estado Maior do Exército.
Diante desta situación a Liga Espartaquista, dirixida por Rosa Luxemburgo e Karl Liebknecht, integrada no Partido Socialdemócrata Independente de Alemaña (USPD), como corrente autónoma, e o grupo Internacional Comunista de Alemaña (IKD), deciden inicia-lo proceso de creación do Partido Comunista. Nace así o novo partido (KPD). Rosa Luxemburgo e Leo Jogiches, insistían en que a súa fundación era prematura, que debían seguir no USPD pero a presión dos comunistas de esquerda e de Karl Radek, delegado dos bolxeviques, decantou o proceso. O Congreso se constituíu con 83 delegados espartaquistas e 29 da IKD. O debate fundamental foi sobre a participación ou non na Asemblea Constituinte. Segundo Rosa Luxemburgo, as masas non estaban “maduras” en Alemaña, para derruba-la Asemblea. Otto Ruhle representante da á esquerdista defendía a insurrección a curto prazo e a saída dos sindicatos maioritarios.
O Congreso aproba a política de boicote á Asemblea e no terreo organizativo non se aproba, como no caso dos bolxeviques, un proceso de centralización. Pero o máis grave do acontecido no Congreso, foi a súa incapacidade para atraer os “delegados revolucionarios”, a vangarda do proletariado berlinés, que non estaban de acordo co boicote á Asemblea e poñen condicións para adherirse a nova organización, que son rexeitadas polo Congreso.