A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 
Mostrando entradas con la etiqueta OPINIÓN-MARXISMO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OPINIÓN-MARXISMO. Mostrar todas las entradas

jueves, 24 de octubre de 2019

A NECESARIA RECONSTRUCIÓN DO MARXISMO



Roberto Laxe
[XI] Os filósofos non fixeron máis que interpretar de diversos modos o mundo, pero do que se trata é de transformalo. (C Marx, Tese sobre Feuerbach).
Na decadencia do capitalismo, a tese de Marx significa a morte dos filósofos, non da filosofía. A filosofía, a súa historia, é un longo camiño de estudo e reflexión, de “pensar como pensamos”, até chegar á tese de Marx. Con ela termina ese camiño e comeza o da transformación definitiva da sociedade, o salto da “prehistoria á historia da humanidade”. Os filósofos son parte da prehistoria da humanidade, vén dicirnos Marx.
Que pasou para que a tese de Marx siga tendo exactamente a mesma vixencia que cando a escribiu?... Levamos máis de 20 anos, desde a caida do Muro e a restauración do capitalismo, con moitas interpretacións do mundo; que se "ecosocialismo", que se "feminismosocialista", que se "decrecentistas", que se "diversidade", que se "vuelta a lo local"; etc, que non son máis que formas parciais de interpretar o mundo, non de transformalo... Todos eles terminaron integrados no sistema, no discurso oficial, como parte do chamado "politicamente correcto". A extrema dereita mundial atopa nesta media verdade (a integración formal das interpretacións do mundo) un argumento para aparecer como os "politicamente incorrectos", cando en realidade son absolutamente "correctos", son a máxima expresión da barbarie capitalista.

lunes, 22 de octubre de 2018

"MARXISMO OU MARXISTAS", UNHA PALABRA QUE MUDA MOITO



Roberto Laxe.

“Marxismos” sempre existiron, non é o mesmo "marxismo" o de Lenin que o de Plejanov, o de Kautski que o de Berstein, como Rosa Luxemburgo que foi a máis audaz criticando o mesmo Marx e O Capital na teoría da acumulación. Ou Trotski e dentro do trotskismo, cantos "marxismos" ha?
Esta diferencia entre “marxismos” e “marxistas”, colle toda a actualidade tras as criticas á obra de Bernabé o respecto da diversidade. Desde certos sectores do marxismo saltaron como un resorte, defendendo a analise da “diversidade social” dos “marxismos” como unha aportación un gran enriquecemento da teoría marxista, e sentíndose atacados pola obra de Bernabe.