A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 26 de junio de 2020

COMO VAN FINANCIAR A SAÍDA DA CRISE?

Roberto Laxe.
Na “cume” que a CEOE está a facer entre os grandes empresarios españois escoitáronse tres eixos, un, en boca do representante de Inditex, “a reforma laboral non se toca”, dous, en boca de Botin e outros, os dereitos dos traballadores e traballadoras, cotizan á baixa, hai que controlar os salarios e as vacacións, “teranas se se pode e o que poida” dixo un, e tres, o representante de Ebro Foods, ademais de cargar contra a “paguita” do IVM, afirmou que “os impostos non deben ter un carácter distributivo” e que “non se poden subir aos empresários”.
Este millonario, fillo de millonarios, que fixeron a súa fortuna con centos de presos políticos do franquismo, puxo branco sobre negro como eles ven que se debe financiar a saída da crise: menos “ociosidade” e que os impostos o paguen os de sempre, os traballadores e as traballadoras.


viernes, 19 de junio de 2020

A COMISIÓN PARA A RECONSTRUCIÓN DA ECONOMÍA, PARA QUEN?


Roberto Laxe
O pasado mes de maio cando as consecuencias da pandemia do Covid 19 xa demostraran a súa profundidade en todo o mundo, coa caída xeral do PIB e o desemprego masivo, o goberno impulso a constitución dunha “comisión para a reconstrucción” que recuperase o espírito de consenso dos Pactos da Moncloa.
O contido deses pactos xa está clarificado noutro artigo, “Que significaron os Pactos da Moncloa”. Sintetizando, foron “un pacto social e político entre as forzas obreiras, a patronal e o partido do réxime, para canalizar unha situación que ameazaba con saírse de nai”. Tiveron principalmente un sentido político, santificar a paz social como mecanismo de saída da crise.

jueves, 11 de junio de 2020

BOICOTE ÁS ELECCIÓNS DO DÍA 12 DE XULLO?. UNHA POSIBILIDADE QUE SE DEBE ESTUDAR.


 Carlos Dafonte.

            Feijóo convocou eleccións para elixir un novo Parlamento. Era a súa idea, facelo cando nos atopamos en plena crise do Covid-19, entretidos cas medidas que permiten as diferentes fases polas que fomos pasando segundo evolucionaban os contaxios, mortes etc. Cos partidos e organizacións políticas “confinados”, agás o Pp que utilizou a RTVG a tope. Agora nos precipita nunha campaña electoral da que xa ten feita unha parte moi importante.
            As formacións progresistas que se presentan, todas teñen un nexo común, todas din que hai que bota-lo Pp do control das institucións galegas e deixalo no papel de oposición. Que Galicia non aguanta catro anos máis dun novo goberno dos conservadores, co que significaría para a maioría dos galeg@s de calquera condición e xeito de pensar, pola súa incapacidade de xestión en moitos aspectos, desindustrialización, medio ambiente, favorecer que caixas e banca Pastor se poñan ó servizo de intereses non galegos, política gandeira e os seus derivados, defensa do sector da pesca, etc, ou por levar unha política destrutora respecto por exemplo ós servizos públicos, como sanidade e a súa teima da privatización, ensino e os cativos orzamentos destinados, investigación, dependencia, necesidade de estruturar Galicia por medio do camiño de ferro, non loitar por novas transferencias o que indica que o seu proxecto está ligado a un proceso de recentralización,  etc.
           

sábado, 6 de junio de 2020

A XENREIRA DE CLASE NO PANORAMA POLÍTICO



Carlos Dafonte.

            A xenreira sempre estivo presente nas nosas vidas, ata nas épocas da inocencia, nun maior ou menor grao; ó rapaz que me gañaba todas as bolas, pois iso, ou o que me daba o golpe máis forte no cu, cando xogábamos as apandas, ou ó simpático e agraciado que tiña éxito ca rapaza que te gustaba.
            Pero hoxe quero falar doutra xenreira que vexo moi presente e que ten moito que ver cas clase na que se divide a sociedade actual. É a que manifesta a clase explotadora, as veces non todas as súas fraccións, cando sospeitan que os de abaixo, cuxa misión segundo a visión da clase hexemónica é ser explotados no seu beneficio, nun momento determinado pensan que poden estar a perde-lo control de determinadas institución que sempre tiveron o obxectivo de protexelos a eles, e  consideran, que aínda que sexan esmolas, se levan a cabo determinadas reformas a favor dos de abaixo, e polo tanto xa non teñen tan claro estas institución o papel que deben xogar; están a perder de vista que nunha democracia burguesa é á burguesía a quen deben axudar, e hai indicios e acordos que levan a pensar, a dreterminados sectores da oligarquía, que o actual goberno perdeu esa perspectiva.