A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 22 de marzo de 2015

EN DEFENSA DO PROCESO BOLIVARIANO




Carlos Dafonte

O acto levado a cabo polo presidente Obama o día 8 de marzo asinando a Orde Executiva na que cualifica a Venezuela como “ameaza para a seguridade” do seu país, é un  máis da agresión prolongada que se inicia ca vitoria de Chávez en 1998 e que non cesou nin un instante. Tamén  por parte do home en quen tanta xente de dentro e de fora do país depositou esperanzas sen fundamento, chegando inclusive a concederlle o desvalorizado e tamén inmerecido, premio “Nobel da Paz”.

miércoles, 18 de marzo de 2015

O CAMAROTE DOS IRMÁNS MARX




Roberto Laxe

A realidade política española, senón fose polos caracteres tráxicos cos que se está escribindo en forma de desafiuzamentos, taxas de paro, suicidios e emigración, podería visualizarse coa imaxe cómica do camarote dos Irmáns Marx.

Hai pouco tempo, nese camarote estaban o Chico, Harpo e Groucho en forma de PP, PSOE e EU -non necesariamente por esta orde-. Pero tras ese iceberg que foi o 15M contra a liña de flotación do buque que leva o camarote, este encheuse de novos personaxes. Agora camareiros e pedicuras, viaxeiros e achegados, apíñanse no seu interior, sen que se saiba moi ben onde empeza un e termina outro.


miércoles, 11 de marzo de 2015

A TEORÍA NA RECONSTRUCIÓN DO MARXISMO



 Roberto Laxe

A acomodación intelectual, acrítica, é o oposto ao que debe ser un marxista revolucionario, faino incapaz de expresar as súas dúbidas, os seus desacordos, preparando o camiño a unha crise de “unanimidade”, á “búlgara”, onde se secan as ferramentas teóricas e políticas necesarias para expresar as súas posicións, máis aló da repetición de consígnalas.
Perri Anderson, en tras As Pegadas do Materialismo Histórico di que a partir dos anos 30 o marxismo coñece unha bifurcación, entre os "prácticos", a burocracia soviética, que se constrúe a partir dun desprezo absoluto cara á teoría, visto como unha deformación pequeno burguesa; e os "teóricos", críticos co stalinismo, que se van refuxiando no academicismo e as universidades. Pola contra, os marxistas previos á dexeneración burocrática da URSS, se caracterizaban non só por ser uns revolucionarios "prácticos"; senón uns teóricos interesados polo coñecemento humano na súa máis ampla concepción.
Por non referirnos a Marx ou Engels, senón vindo a máis próximos. Lenin ademais de construír o Partido Bolxevique escribiu obras filosóficas como Materialismo e Empirocriticismo, económicas como O Imperialismo Fase Superior de Capitalismo; Rosa Luxemburgo impartía cursos de economía marxista no Partido Socialdemócrata alemán. Trotski non só dirixiu o Exercito Vermello, senón que elaborou sobre economía, política, moral e filosofía. Os “Cadernos da Cárcere de Gramsci” son unha achega extraordinaria ao marxismo. Os "vellos" marxistas ligaban as tarefas prácticas da loita de clases (mobilizacións, loitas e organización) cos seus  aspectos aparentemente máis abstractos, a loita teórica, seguindo a afirmación de Engels que a loita de clases ten tres frontes, o económico, o político e o teórico.


martes, 3 de marzo de 2015

AS DÉBEDAS ILEXÍTIMAS UN DOS PRINCIPAIS INIMIGOS DOS POBOS




 Carlos Dafonte

Desde os anos setenta do século XX as débedas de determinados estados, convertéronse nun dos problemas centrais da situación económica do planeta; a década dos anos oitenta se lle coñece entre outras cuestións, por ser a da “crise da débeda” cando numerosos países dependentes, non puideron facer fronte ás débedas contraídas cas potencias do centro do sistema, mellor dito cos seus bancos, débedas moitas veces resultado da aplicación de políticas que nada tiñan que ver cas necesidades populares levadas adiante por ditaduras militares, que pediron préstamos en grandes cantidades que serviron para enriquece-los e a construción de infraestruturas que beneficiaban ás grandes empresas transnacionais e a pequenos sectores da burguesía con elas aliada; América Latina pode ser tomada como un exemplo do acontecido e o resultado das imposicións levadas a cabo polo Fondo Monetario Internacional, encargado de intervir para salva-los bancos que prestaran grandes cantidades de diñeiro asumindo enormes índices de risco, tivo como resultado unha tremenda depresión económica que sufriron fundamentalmente as clases explotadas da sociedade, considerando algúns analistas que os anos posteriores á toma das medidas de austeridade para que os estados fixesen fronte ós seus compromisos, se considere unha “década perdida”.