A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 19 de septiembre de 2012

SOBRE ELECCIÓNS, LOITA DE CLASE E PROGRAMAS EN GALICIA


Carlos Dafonte.

As eleccións galegas se van celebrar nun estadio da loita de clases moi favorable para os intereses da oligarquía, o sector hexemónico da burguesía. Todas as medidas económicas que se foron aprobando nos últimos 25 anos, pero sobre todo desde que a crise amosou todo o seu potencial, son favorables para este grupo reducido que monopoliza, cada vez máis, ca axuda dos gobernos da quenda, a riqueza producida pol@s asalariad@s.
O especulador e multimillonario norteamericano Bufet, dixo hai uns anos, e repítese a súa afirmación decote, que a loita de clase gañaríana os ricos e de seguir por este camiño, alguén pode pensar que así vai ser. Pero non debemos esquecer que no capitalismo sempre van existir clases sociais e a tendencia, con cada crise, é de fortalecemento do proletariado, cada vez máis sectores sociais se proletarizan, e polo tanto máis tarde ou antes, a oligarquía e a propia burguesía teñen asegurada a derrota. Todo depende, entre outros vectores, da “conciencia para si” que acaden os explotados, que sexan capaces ou non de desprenderse da ideoloxía dominante, que sempre é a da clase ou fracción de clase que domina, a que ten os resortes económicos e políticos da sociedade, e dar pasos adiante na súa liberación; cuestión complicada, pois moitas veces aceptando os explotados as propostas dos sectores máis avanzados da sociedade, de mobilizarse contra determinadas medidas que toman os gobernos do capital, continúan considerando que a modificación das súas condicións de vida atópase no voto, nas institucións, o que é certo para empeoralas, pero non para melloralas, e por enriba disto modifican a súa actitude de mobilizarse contra dos gobernos, pola de votar maioritariamente a aqueles contra os que se mobilizan na rúa, no centro de traballo, no barrio, etc, en suma, a quen fai posible a súa explotación. Quería clarificar o concepto de “clase para si”. Na literatura marxista distínguese entre “clase en si” e “clase para si”; o primeiro e a consciencia que un grupo de individuos teñen de pertencer a unha clase social determinada o segundo é un estadio superior, cando os que pertencen a unha clase determinada teñen a consciencia de que é necesario organiza-la totalidade da sociedade, de acordo cos seus intereses de clase.
En Galicia e no propio estado español, esta situación é moi complexa, pois á falla de conciencia para si, leva a falla dunha forza de esquerdas anticapitalista poderosa, capaz de orientar, de ser vangarda da loita contra a crise, que non acepte xogar un papel dependente nin de sindicatos reformistas, nin de partidos que, pode que na memoria colectiva se lles considere de esquerdas, pero hai moitos anos que deixaron de se-lo, abandonaron o campo do anticapitalismo para ser un elemento importante na defensa do mesmo.
A pesares deste dominio ideolóxico da oligarquía, hai aspectos políticos que son necesarios subliñar; en primeiro lugar, aínda que só sexa nas enquisas, o día 21 de outubro veremos se tamén na práctica, os dous partidos maioritarios perden apoios; nas enquisas a nivel de estado indican que o PP perde moitos e o PSOE non só non recupera, senón que tamén perde algúns dos que tiña; atopámonos nas portas de rachar co bipartidismo imposto no proceso da transición?. En segundo que mentres os nacionalistas de Cataluña e Euskadi, en conxunto parecen avanzar, en Galicia é posible que retrocedan no eido electoral despois da rotura producida no BNG, que axuda a aumenta-lo seu fraccionamento.
É difícil, a pesares de todo, que se produza un cambio importante, o electorado é bastante estable pero a crise pode dar lugar a situacións imprevistas. Non esquezamos que crise na estrutura económica leva aparellada crise na superestrutura política, aínda que as veces, estas dúas crises, non vaian acompasadas.
Polo tanto un primeiro aspecto onde se materializa a loita de clases, na loita ideolóxica, é favorable ós intereses burgueses, que nestes anos, sobre todo desde o derrube dos chamados “países de socialismo real”, foi capaz de impoñer o denominado “pensamento único”, que non é outra cousa que o pensamento neoliberal, propio e favorable ós intereses da burguesía, tanto no análise dos problemas como nas solucións ós mesmos. E neste senso de derrota ideolóxica, hai que convir que os partidos chamados socialistas, o PSOE no estado español, xogaron un importante papel na desideoloxización e captación para este xeito de pensar, de importantes sectores do movemento obreiro e as clase populares.
No aspecto político da loita de clase, xa sinalei máis arriba algúns elementos; pero vou facer algunha outra consideración que indican tamén a derrota dos asalariados neste campo. Por unha banda o que chamo “fetichismo institucional” moi ligado a idea de que cos nosos votos podemos resolve-la situación, modificala. Todos estes anos de crise moi claramente amosan de que esas afirmacións non son certas. Quen non se presenta ás eleccións, ós que eufemisticamente se lles chama “mercados”, gobernan por medio dunha grande parte dos partidos a quen eles financian, apoian nos seus medios de información, etc. E como teñen maiorías amplas, deturpan a cotío o sistema democrático poñéndoo ó servizo exclusivo dos seus intereses, sen importarlles o sentido do voto da xente, os seus devezos e os programas que se votaron; eles impoñen a súa vontade por enriba destas cuestións e os partidos maioritarios préganse as súas esixencias: quen paga manda.


Pero isto é consecuencia tamén de que os asalariados ca súa falla de consciencia de “clase para si”, non foron capaces nestes anos desde a desaparición da ditadura, de levantar unha forte organización política propia, que tivera o obxectivo claro e rotundo de organiza-la sociedade consonte ós intereses da clase. Cantos asalariados votan ó PP ou PSOE, partidos burgueses defensores do capitalismo e en tempos de crise adicados a salvar os intereses da oligarquía? Millóns de traballadores emiten neste senso o seu voto; e moitas veces en tempos como os de agora, cando se derruban paradigmas, cando hai importantes transformacións, algúns sectores están dispostos a escoitar e votar a calquera charlatán, cando non fascista, disposto a propoñer solucións que non conducen a solucionar problema algún. En Galicia podemos vivir unha experiencia deste tipo.
Situación de desorientación á que tamén contribúe a burguesía, cousa lóxica, cando desde os seus “medios de desinformación”, lle dan categoría de esquerda a quen non o é, e potencian “unións de esquerda” para neutralizar posibles avances no camiño da transformación social e a superación do capitalismo. Tampouco ten aparecido o programa alternativo, capaz de aglutinar a millóns de persoas que teña como obxectivo a superación do sistema capitalista. @s asalariad@s hoxe non se plantean a loita polo poder político, atópanse á defensiva, nin a loita contra as leis que permiten a súa explotación.
E o terceiro aspecto da loita de clases, a loita económica; Lenin definiu a loita económica na súa obra ¿Que facer? do seguinte modo, “...a loita colectiva dos obreiros contra dos patróns, por conseguir condicións vantaxosas de venta da súa forza de traballo, por mellora-las condicións de vida e de traballo dos obreiros”; tamén neste eido a burguesía e a súa fracción de clase dominante, a oligarquía, manteñen á ofensiva e os traballadores atópanse loitando, posiblemente haxa máis mobilizacións e folgas que nunca, pero cun carácter defensivo, para que non se lle siga degradando o seu xeito de vida; dirixidos por sindicatos con direccións burocratizadas, que non dan continuidade ás loitas, que perderon o seu carácter de sociopolíticos para converterse en sindicatos de servizos.
Nestas circunstancias vai ser moi difícil que se produzan cambios salientables a partires do próximo proceso electoral e débese combater e denunciar a quen afirme a posibilidade dun cambio cualitativo con só facelo de goberno, por medio dunha nova maioría parlamentar en Galicia, e a quen desde o poder, nos diga que “xa pasou o peor grazas as medidas por nós tomadas, a nosa prudencia, etc e agora estamos, se nos votades, en condicións de comezar a senda do crecemento e da creación de emprego”. Ámbolos dous menten.
A crise estase a agudizar e hoxe son numerosos os países da zona euro, que se atopan en recesión e con graves dificultades; podemos falar dun novo ciclo recesivo sen temor a trabucarnos. Os sacrificios que lle esperan ós asalariados, de non variar a correlación de forzas, cousa difícil, van ser moi duros. A queda da economía no estado español é indiscutible; os peores tempos están por vir.
Tampouco hai que darlles moito creto a quen augure modificacións importantes no panorama social se conseguen algúns asentos no parlamento. O primeiro que debían contestar nesta campaña é a unha pregunta sinxela: no caso de que o PP perda a maioría que faredes cos vosos votos? E que pensen ben a resposta, pois non todas teñen o mesmo valor.
En canto ós programas electorais, non se pode aceptar que nos presenten un que non van levar adiante unha vez pasado o día 21 de outubro. Hai que esixir coherencia; sobre todo hai que esixirlla ó PP; ten a obriga de presentar un programa de acordo ca situación actual de reforma laboral, recortes en servizos, etc e as que vai xerar o segundo rescate da economía e as medidas previsibles que van tomar sobre pensións, seguro de paro, etc. E digo ó PP, pois as medidas xa as coñecen, só esperan para aplicalas que finalicen os dous procesos electorais; Rajoi e Feijoo non poden dicir que teñen que pensar sobre estas cuestións; esta decidido o rescate e as medidas e o seu programa debe recollelas, por moi antipopulares que sexan. Non me canso de repetilo, o programa presentado e levado a cabo é o que da lexitimidade a un partido; presentar un programa e tiralo ó lixo ó día seguinte das eleccións, quítalle toda a lexitimidade a un partido gañador e iso é o que vai facer Feijoo se gaña, que é o que fixo Rajoy e con anterioridade Rodríguez. Por iso hai que esixirlle ós que se presenten, que na campaña se comprometan, aínda que pareza papel mollado, a convocar un referendo de carácter vinculante cando se aproben medidas que non figuraban no programa electoral.
E a mesma esixencia co PSOE e o BNG, cuxa permanencia no goberno galego durante catro anos foi decepcionante. Como escribín no anterior artigo do blog, que non nos veñan agora cun programa de defensa do estado de benestar, propostas que non defenderon nin cando estiveron no Goberno Autonómico, nin desde os Concellos e Deputacións.
E a mesma esixencia para os que se presentan como “anticapitalistas”; hai que esixirlles que o sexan, que presenten un programa onde atopemos elementos que permitan inicia-la marcha cara a outro sistema. Pero que non tenten enganar, o socialismo non é o que chaman “capitalismo de faciana humana”; ese conto morreu, deben enfrontarse á realidade.
O mesmo que se debe enfrontar o PP e Feijoo, pois o balanzo destes anos non permite falar dunha Galicia idílica; a que nos quere amosar Feijoo esta fora da realidade; esta pola contra, é moi difícil para @s asalariad@s galeg@s, a grande maioría da sociedade. A pesares de todas as mentiras do PP a realidade é testana e amósase todos os días ca súa crueza: Cun paro no 20 %, moi preto de 300.000 traballador@s, con provincias que o superan e máis do dobre entre @s moz@s, obrigando a cerca de 20.000 a marchar cada ano á emigración; 100.000 familias sen recibir salario algún; cun sector agrario con graves dificultades, o mesmo que o pesqueiro; cos estaleiros sen carga de traballo; cunha empresa como Alcoa ameazando con marcharse, e un sector financeiro ou na quebra ou en mans alleas a Galicia; con miles de pequenos comercios pechados nestes anos e tamén outros miles de aforradores afectados polas “accións preferentes”; cunha deterioración moi profunda de servizos fundamentais para a sociedade, como sanidade e educación, grazas ó interese do PP polo déficit presupostario e as privatizacións, partido que non tivo inconveniente no seu día en aprobar obras faraónicas como a chamada cidade da cultura”, os dous superportos, separados por unha distancia moi cativa, de Ferrol e Coruña, ou o AVE, panacea de todos os nosos males, enorme gasto superfluo, cando non temos nin dobre vía electrificada, un tren de vía estreita polo norte en estado terminal e sen completar as necesarias conexións interiores e co norte de Portugal. Así, como no século XIX, cando o estado era centralista e todo “solucionábase” en Madrid, o deseño do AVE segue a se-lo. E ademais competirá cos tres aeroportos galegos, hoxe con enormes dificultades de subsistencia. Todo un exemplo de planificación!!. Sen esquecer os centos de “asesores” que os partidos que gobernan as institución contratan, creando unha especie de “administración paralela”, custosa e ineficaz.
Así pois estas eleccións autonómicas se van levar a cabo nunhas condicións de ofensiva do capital, de retroceso e recorte nos dereitos e liberdades da grande maioría da sociedade, polo que con seguridade as políticas neoliberais seguirán a ser as maioritarias no novo parlamento galego, con independencia das siglas que o dominen, o que nos permite pensar que desde Galicia non se vai facer moita oposición ás decisións que se aproben nas institucións da administración central do estado español, na UE e o FMI.
Pero tod@s aquel@s que non xogamos un papel partidista nestas eleccións, e sendo conscientes de que a veciñanza estará máis pendente das mensaxes, de todo canto se diga, tamén temos un papel: combater ideoloxicamente ós defensores do capitalismo, defender a reconstrución da esquerda, marcando algúns fitos dese difícil camiño, e orienta-lo voto, que o meu entender debe ser ou branco ou nulo, mellor o primeiro como xa expliquei en repetidas ocasións. E temos poucos instrumentos para traballar, pero algúns hai, para levar adiante estes obxectivos; sabendo que os resultados van ser moi modestos, pero hoxe ninguén que se considere de esquerdas, pódese dar un descanso.

En Galicia no mes de setembro de 2012

martes, 11 de septiembre de 2012

EFEMÉRIDES MES DE SETEMBRO


Carlos Dafonte

Día 2.

1867. Comeza en Lausana o II º Congreso da Asociación Internacional de Traballadores. Contou ca presencia de 72 delegados, maioritariamente seguidores de Proudhom, 37 suízos e 20 franceses. Entre outros acordos aprobouse abroga-lo exército para liberarse do poder e da influenza do capital; que a emancipación dos traballadores é inseparable da súa emancipación política e que o establecemento de liberdades políticas era unha medida parcial de absoluta necesidade. Tamén se falou de establecer un idioma universal.

1872. Comeza en La Haya o V º Congreso da AIT, que ten como aspecto máis salientable a expulsión do anarquismo, seguidores de Bakunin, por parte dos socialistas científicos, de influenza marxista. Despois da súa expulsión os anarquistas, ou socialistas libertarios, xúntanse no Congreso de Saint Imier, Suíza, a partires do 15 de setembro de 1872 e unha vez disolta a AIT no Congreso de Filadelfia, continuaron cos seus congresos considerándose lexitimados para continuar cas siglas.

1945. Proclámase a República Democrática de Vietnam. Unha vez que os xaponeses, que expulsaran os antigos colonizadores franceses, son derrotados polo Viet Minh, o pobo vietnamita proclama a súa independencia na praza Ba Dinh de Hanoi. Ho chi Minh, fundador do Partido Comunista de Indochina en 1930, é proclamado presidente e le a declaración de independencia que non é aceptada polos franceses. Estes ca axuda doutros países imperialistas, instauran de novo o réxime colonial en todo o territorio ata que son derrotados na famosa batalla de Diem Bien Phu en 1954. Os acordos de Xenebra dividen o territorio vietnamita en dous estados, o norte socialista e o sur capitalista e acordase facer un referendo de unificación, que as potencias imperialistas impediron. No territorio do sur constitúese a Fronte de Liberación Nacional, Vietcong, que agrupa a diferentes forzas políticas e sociais que loitan pola unificación de todo o territorio baixo un único estado. Os EEUU se involucrarán con centenares de miles de soldados e a utilización de todo tipo de armamento agás o atómico, nunha guerra da que sairán derrotados en 1975, véndose obrigados a abandona-lo territorio vietnamita, unificándose o pais.

1960. Primeira declaración da Habana. A política dos EEUU respecto á revolución vitoriosa en Cuba, foi de tentar seguir intervindo activamente na política, a economía, etc, como acontecera desde a independencia en 1898. Despois da Lei de Reforma Agraria, que expropiou propiedades de máis de 400 has, unha das primeiras a da familia de Fidel Castro, as tensións con EEUU se fan máis patentes e a finais de outubro o presidente Eisenhower aproba diversas medidas propostas polo Departamento de Estado e a CIA, operacións encubertas, ataques aéreos e navais, apoio a grupos contrarrevolucionarios do interior e a eliminación física de Fidel.
A asinatura dun tratado ca URSS, que compra azucre e vende petróleo e a explosión dun barco francés que transportaba armas para o exército cubano, tensan as relacións cos EEUU que se negan a refina-lo petróleo soviético o que leva ó goberno cubano o 29 de xuño de 1960 a requisa-las refinerías da Texas Oil Company, Shell e Esson, que ten resposta no goberno dos EEUU ca rebaixa da cota de azucre que mercaba ós cubanos e facultase ó presidente para suspender todo tipo de axuda a países que confisquen propiedades de empresas norteamericanas. A resposta cubana foi confiscar gran número de empresas norteamericanas, desde refinerías a eléctricas, gas e telefonía e varias decenas de centrais azucreiras. A volta as relación diplomáticas ca URSS e condenada pola asemblea da Organización de Estados Americanos, dirixida con “man de ferro” polos EEUU, que illan diplomaticamente a Cuba ca excepción de México.
A resposta a esa condena é a I ª Declaración da Habana aprobada pola Asemblea Xeral Nacional do Pobo de Cuba e ratificada nun acto multitudinario celebrado o 2 de setembro na Praza da Revolución. Na declaración condenábase o documento aprobado pola OEA así como a “intervención aberta e criminal que por máis dun século exerceu o imperialismo norteamericano sobre os pobos de América Latina”. Rexeitaba o intento de continuar ca doutrina do presidente Monroe; consideraba que non era unha intromisión a axuda ofrecida pola URSS; afirmaba que a axuda de China e a URSS nunca se debía entender como un intento de rachar ca unidade continental e ratificaba a política exterior de Cuba de amizade con todos os pobos do mundo e o propósito de manter relacións diplomáticas con todos os países socialistas; declaraba que a democracia era incompatible ca oligarquía financeira e que non consistía só na emisión dun voto e afirmaba “que a democracia só existirá en América cando os pobos sexan ceibes para escoller, cando os de abaixo non estean reducidos pola fame, a desigualdade social, o analfabetismo e os sistemas xurídicos, á existencia máis ominosa”; denunciaba os latifundios, os salarios de fame, a explotación do traballo humano, condenaba o analfabetismo, a ausencia de mestres, de escolas, de médicos e de hospitais; a falla de protección á vellez; condenaba a discriminación do negro e do indio e a desigualdade e a explotación da muller; condenaba así mesmo ás oligarquías, a súa venda ás políticas imperialistas e o roubo e saqueo dos recursos naturais e acababa facendo un chamado ó deber de loitar contra esta situación.

Día 3.

1866. Celébrase en Xenebra o I º Congreso da A.I.T. Neste Congreso como noutros da Internacional, tratábanse temas moi diversos, aínda que os centrais foron a definición do socialismo e a caracterización do propio movemento como obreirista e sindical. A necesidade de socializa-los medios de produción foi unha conquista moi importante fronte a primeira concepción socialista de só crítica-los excesos do liberalismo de raíz burguesa. A partires deste congreso, definirse como socialista era querer que os medios de produción fosen sociais, vencendo as presións dos proudhonianos moi apegados ó mutualismo.
Recomendouse ós internacionalistas a procura de asociacións xerais de ameto estatal, a partires das sociedades de resistencia existentes.


1969. Morre Ho Chi Minh, alcume que significa “o que ilumina” de Nguyen Ai Quoc, lider revolucionario vietnamita e presidente do seu país. Fundador do Partido Comunista e do Viet Minh “Liga para a independencia de Vietnam” que consegue derrotar a xaponeses e franceses e acada-la independencia. A hora da súa morte o pobo vietnamita enfrontábase a agresión xenocida do imperialismo dos EEUU, que causou, ata a súa derrota, máis de dous millóns e medio de mortos vietnamitas.

Día 4.

1889. Se constitúe na Habana a Liga Central de Traballadores, posiblemente a primeira organización da clase obreira fundada en Cuba

1970. Trunfo nas eleccións chilenas á presidencia, do candidato da Unidade Popular o doutor Salvador Allende. A UP formárase en decembro de 1969 e representou un avance respecto a existente Fronte de Acción Popular. Estaba formado polas seguintes organizacións: Partido Radical, Partido Socialista, Partido Comunista, Movemento de Acción Popular Unitario, partido de Esquerda Radical e a Acción Popular Independente; xa no goberno incorpóranse a Esquerda Cristiá e o MAPU Obreiro e Campesiño. Contaba co apoio da Central Única de Traballadores.
A UP postulaba o tránsito dun país capitalista subdesenvolvido ó socialismo dun xeito democrático e pacífico.

Día 5.

1915. Comeza en Zimmerwald, Suíza, a I ª Conferencia Socialista Internacional. Segundo pasaban os meses do conflicto armado, dentro da socialdemocracia, que votara os cretos de guerra non cumplindo os acordos da II ª Internacional, comezan a levantarse voces pola paz. A principios de 1915 celébranse dúas conferencias de socialdemócratas, a de mulleres e da mocidade; en ámbalas dúas os bolxeviques quedaron en minoría pero apareceron ademais deles, outras voces moi críticas o que leva os dirixentes, Kautski, Berstein e Haas, dun xeito oportunista, sentindo que o voto cambiaba de orientación, a publicar un manifesto a favor da paz e contra as anexións territoriais.
En Italia, o deputado socialdemócrata Morgari inicia os contactos para celebrar unha conferencia de socialistas de todos os países para discutir como poñer fin á guerra. Entrevístase en París con Trotski e con deputados socialistas franceses; en Suíza con Robert Grimm, que se fai cargo da organización da conferencia. De falar cos alemás encargase o periodista alemán Karl Radek, que vivía en Suíza e militaba na á esquerda da socialdemocracia. O 11 de xullo celebrouse unha xuntanza preparatoria en Berna; polos bolxeviques participou Zinoviev.
Ata a celebración da conferencia, Lenin adicouse a agrupar militantes da esquerda ata conseguir un grupo cos alemás Radek e Bouchardt, o suízo Platten o letón Berzin, Hogleind, sueco e Nerman, noruego, que xunto con el e Zinoviev formaron a partir dese momento a coñecida como “esquerda zimmerwaldiana”.
Na conferencia participaron 38 delegados de 11 países. A principal batalla orixinouse polo proxecto de resolución presentada por Radek, que contaba con enmendas de Lenin. Dicía entre outras afirmacións: “A guerra mundial que asola Europa desde hai máis dun ano, é unha guerra imperialista que persegue a explotación política e económica do mundo...A burguesía e os gobernos que tentan disimular ese carácter da guerra afirmando que se trata dunha loita imposta para salvagardar a independencia nacional, enganan ó proletariado...O aniquilamento do imperialismo só é posible mediante a organización socialista dos países capitalistas avanzados...A maioría dos xefes dos partidos obreiros entregaron ó proletariados ás mans do imperialismo...Os socialpatriotas e os socialimperialistas son inimigos máis perigosos do proletariado que os pregoeiros burgueses do imperialismo...Unha loita sen cuartel contra o socialimperialismo é a condición previa da acción proletaria para reface-la Internacional...O deber dos partidos socialistas e dos elementos opositores nos partidos socialimperialistas é chama-las masas obreira á loita contra os gobernos capitalistas para a conquista do poder político, para chegar á organización socialista da sociedade...”
Por 19 votos contra 12 despois dunha violenta discusión non se tomou en consideración.
A discusión continuou sobre o Manifesto que se ía dirixi-lo proletariado. Houbo tres proxectos e creouse unha comisión formada por sete membros para redacta-lo definitivo; tres eran da dereita, Ledebour, Merrheim e Modigliani, Trotoski e dous dos seus seguidores, Grimm e Rakovski e Lenin que se bateu contra todos, pero ó final asinaron os seus partidarios o manifesto a pesares de estar cheo de “timidez e de inconsecuencias”, pero a pesares de todo “é un paso adiante no camiño da loita contra o oportunismo e da rotura con este”. No periódico bolxevique publicáronse as posicións defendidas na conferencia.
O finalizar creouse a chamada Unión Zimmerwaldiana e os seguidores de Lenin dentro da mesma, a “Esquerda zimmerwaldiana” que pronto comezou a medrar sobre todo en Francia grazas o traballo de Inés Armand.

Día 7.

1871. Conferencia en Londres da AIT. Non se celebrou o Congreso correspondente a causa da guerra franco-prusiana e a Comuna de París. Aprobouse a idea dunha organización centralizada e dunha acción política revolucionaria. Pero polo que será máis recordada é polo enfrontamento teórico e persoal entre Marx e Bakunin, representantes do socialismo e do anarquismo.

Día 8.

1943. Os nazis asasinan ó comunista e periodista checoeslovaco Julius Fucick. Nacera en 1903 e en 1921 afiliouse ó Partido Comunista. Participou na resistencia guerrilleira contra as tropas alemás e foi detido en 1942, circunstancias que relata nun libro, “Reportaxe ó pe da forca”, cuxo orixinal conseguiu sacar, folla a folla, grazas a un carcereiro membro da resistencia; publicouse despois da súa morte. Na súa memoria, desde 1968, celébrase o Día Internacional do Periodista

Día 9.

1928. Nace o escritor e político Manuel Scorza en Lima, Perú, fillo dun mecánico e dunha enfermeira Pasou algúns anos en Huancavellica; de regreso a Lima o seu pai montou un quiosco de periódicos e revistas o que estimulou o seu gusto pola lectura e a literatura e estudou no colexio Militar Leoncio Prado, o mesmo onde estudio Vargas Llosa, e na súa estancia integrouse no APRA, organización naquel momento clandestina. En 1945 entra na Universidade e inicia a actividade política que lle leva ó exilio, ca instauración da ditadura do xeral Odria e o fracaso dunha sublevación popular. En 1954 racha a súa relación co APRA e comeza a militar no Movemento Comunal do Perú que dirixe as loitas campesiñas da década dos 60, o que lle leva de novo ó exilio en 1968. Na súa obra literaria reflicte os problemas sociais do seu país e nas primeiras, a loita campesiña pola recuperación das terras roubadas polos terratenentes e a compañía norteamericana Cerro Pasco Corporation. Grazas a publicidade das súas novelas que relatan estas loitas o goberno de Velasco Alvarado permitiu o abandono da prisión de Héctor Chacón, o protagonista de“Redoble por Rancas”. Esta, “Garabombo o Invisible”, “O xinete insomne”, “O Cantar de Agapito Robles” e “A Danza inmovil” atópanse entre as súas obras máis importantes. Cando en 1980 rematou o período de poder militar, Scorza participou na Fronte Obreira Campesiña Estudantil e Popular, onde tiñan grande influenza os trotskistas; un dos seus líderes, Xenaro Ledesma, é o protagonista da súa novela “La Tumba del Relámpago”. Morreu nun accidente aéreo ocorrido no aeroporto de Madrid o 27 de novembro de 1983.

1969. Morre en combate na Paz, Bolivia, Guido Alvaro Peredo Leigue“Inti”. Foi detectado polas forzas represoras bolivianas no número 584 da rúa Santa Cruz; resistiu por máis dunha hora contra os máis de cen efectivos que rodeaban a casa. O 19 de xullo daquel ano, fiel o xuramento feito na Figueira, de manter vivos os ideais do Che Guevara, dera a coñece-la mensaxe “Volveremos a las Montañas”, onde anunciaba o reinicio da loita armada. Fora membro do Comité Central do Partido Comunista e se integrara na guerrilla dirixida polo Che.

1976. Morre Mao Zedong. Nacera na provincia china de Hunan en 1893 no seo dunha familia de campesiños, onde non se valoraba o estudo polo que a partires dos 13 anos adicouse o traballo na granxa familiar. Abandonou a casa familiar e comezou maxisterio na Escola de Gangsha. Pasou un tempo no exército e máis tarde foi nomeado mestre nunha escola. Despois bibliotecario en Pekin, na universidade, onde entrou en contacto con textos revolucionarios e cos homes clave da revolución chinesa, os fundadores do Partido Comunista de China. En 1919 participou na revolta estudantil contra dos xaponeses e en 1921 na creación do Partido Comunista.
Pronto empezou a teorizar sobre a importancia do campesiñado na futura revolución e unha vez roto o pacto cos nacionalistas, retirouse á provincia de Jiangxhi, onde se organizaron guerrillas e proclamou a República Soviética de China, entrando en debate co seu partido ó que criticou o seu burocratismo e esquece-los campesiños como suxeito revolucionario. Cercado polas tropas nacionalistas burguesas, iniciou a “longa marcha” cara as zonas do noroeste. Unha vez derrotados os xaponeses, que invadiran o país, reiníciase a guerra civil que conclúe ca vitoria comunista e a proclamación da República Popular de China en 1949. Foi o seu presidente ata 1959 e presidente do Partido Comunista ata a súa morte. Pulou dous grandes mobilizacións de masas, a partires de 1957 a que se coñeceu como “grande salto adiante”, que estableceu diferencias importantes coa URSS e a partires de 1966 ata 1969 a que se coñece como “revolución cultural”, co obxectivo de afondar no socialismo e oporse á volta ó capitalismo.

Día 11.

1973. Golpe de estado dos militares chilenos contra o goberno da Unidade Popular, presidido por Salvador Allende, co patrocinio e o apoio incondicional dos EEUU. Este ataque contra a democracia e a instauración de ditaduras xenocidas, hai que inscribilo dentro da chamada “Operación Condor”, deseñada nos EEUU. Henry Kissinguer Secretario de Estado norteamericano foi o seu mentor, e tiña como obxectivo o exterminio da esquerda en América Latina. Participaron sectores da intelixencia de Chile, Arxentina, Paraguai, Brasil, Bolivia, Uruguai, Francia, a contrarrevolución cubana e os EEUU.
O golpe fascista deste día, foi a culminación da estratexia de provocación, boicot e violencia desatada desde o primeiro día contra do goberno da UP, por parte da clase dominante chilena que se viu desprazada das institucións, despois do trunfo da UP. Contra o goberno democrático de Allende serviu todo, asasinatos, terrorismo, folgas salvaxes pagadas e dirixidas pola patronal e a participación da xerarquía da Igrexa Católica.
O Presidente Allende, que se atopaba no palacio presidencial da Moeda cando é asaltada e bombardeada, suicídase despois de lanzar toda unha serie de proclamas, por radio Magallanes, dirixidas a todos os chilenos. A última, iniciada ás 9'10 A.M. Finaliza: “Traballadores da miña patria, teño fe en Chile e no seu destino. Superarán outros homes este momento gris e amargo no que a traizón tenta impoñerse. Sigan vostedes sabendo que, moito máis cedo que tarde, de novo se abrirán as grandes alamedas por onde pase o home ceibo, para facer unha sociedade mellor. ¡Viva Chile! ¡Viva o pobo! ¡Vivan os traballadores!. Estas son as miñas derradeiras verbas e teño a certeza de que o meu sacrificio non será en vano, teño a certeza de que, polo menos será unha lección moral que castigará a felonía, a covardía e a traizón.

Día 16.

1969. Importante mobilización de masas na cidade de Rosario, Arxentina, coñecida como o “rosariazo proletario” ou “segundo rosariazo”. É a época da ditadura do xeral Onganía; desde o mes de maio se van producir tanto en Rosario como en Córdoba importantes mobilizacións de estudantes e obreiros, contra a ditadura militar, que van desembocar na “xornada dos mártires” convocada polos estudantes en Rosario o día 7 de setembro, en lembranza dos estudantes mortos uns meses antes, e a folga ferroviaria do día seguinte a causa da intervención da ditadura na “A Unión Ferroviaria”, anulando convenios e conquistas, rebaixando soldos e categorías, á que se suman outros colectivos. Esta folga se convirte en indefinida e se estende por todo o país. A “CGT unificada de Rosario” convoca folga xeral para o día 16; ás marchas iniciadas desde os arrabaldes, os centros de traballo e os sindicatos, para ocupa-lo centro responde a policía cun forte dispositivo represivo producíndose enfrontamentos por toda a cidade obrigando á policía a repregarse. En numerosos arrabaldes as forzas proletarias se farán fortes. O 17 intervén o exército, comezando a actuar tribunais militares. Durante varios días máis, en numerosas zonas da periferia, os traballadores terán o control ata que o exército se fai ca situación. Un coronel, Galtieri, que xogará un papel moi importante, co grado de xeral, como torturador e xenocida na futura Xunta Militar, participará no operativo represivo. Cerca de 250.000 habitantes da cidade participaron nas manifestacións e as protestas e Rosario deixaron clara a vontade de loita e organización do proletariado e a cidadanía arxentina, a pesares da férrea ditadura existente.

1972. Comezo da folga xeral no sector industrial de Vigo e a súa bisbarra. Os resultados das eleccións de enlaces sindicais do ano 1971, reforzaron ás Comisións Obreiras, o que permitiu iniciar un proceso de reivindicacións e mobilizacións en Vigo e a súa bisbarra que culminou ca folga xeral iniciada o dia 16 de setembro.
Os estaleiros, Barreras e Vulcano iniciaron as mobilizacións por unha mellora nas condicións de traballo e contra a paralización da discusión do convenio colectivo; as direccións sancionaron esta actitude desprazando traballadores e tomando medidas contra cargos sindicais. En Censa tamén houbo problemas que produciron paros, que coincidiron cas mobilizacións obreiras de Ferrol e a tremenda represión de marzo; despedíronse a 75 traballadores e pechouse a empresa. As Comisións Obreiras conseguiron levar a cabo un paro xeral que obrigou á dirección de Censa a abri-la fábrica e readmiti-los traballadores despedidos e a dar u aumento de soldo. O conflito de Censa coincidiu co da empresa Citroen onde non había acordo sobre o convenio. Os traballadores por maioría aprobaron unha plataforma reivindicativa elaborada por Comisións Obreiras. En apoio da mesma houbo un paro parcial na quenda da tarde, do día 9. A resposta da empresa, como sempre, foi a represión, 9 traballadores expulsados entre eles tres enlaces sindicais. Os piquetes solicitándo a solidariedade con Citroen estendéronse por toda a cidade e bisbarra e o día 11 para setores de Barreras, Vulcano e Santo Domingo e con posterioridade Reymar, Artiscar, Forjas do Miñor, Yarza, Censa, Álvarez e moitas empresas do sector da construción. Péchanse Barreras, Vulcano, Santo Domingo, Freire e Refrey. O 16 a folga xeral e total no sector industrial de Vigo e a súa bisbarra así como en algunhas empresas da construción. A pesares da represión, dos despedimentos, das brutais cargas policiais, mentres se puideron facer asembleas, a folga mantívose activa e cunha actitude moi combativa

Día 17.

1960. O goberno revolucionario cubano nacionaliza unha serie de bancos norteamericanos que controlaban importantes recursos financeiros do pais. Este feito levouse a cabo ó amparo da Lei 851 de xullo, coñecida tamén como “lei escudo”, que decretaba a nacionalización de todas as empresas e intereses norteamericanos na illa. A lei fíxose efectiva entre agosto e novembro. Entre outros foron nacionalizados o The First National City Bank of New York, The First National City Bank of Boston e o Cheasse Manhattan Bank. No mes de outubro nacionalizouse a banca da burguesía cubana.

Día 18.

1911. Folga xeral no estado español convocada pola Confederación Nacional do Traballo (CNT) contra da guerra de Marrocos e en solidariedade cos mineiros de Biscaia e os do téxtil de Terrassa e Sabadell. A CNT fundouse nun congreso de Solidariedade Obreira en 1910. No seu primeiro congreso, celebrado en 1911, acordouse convocar a folga xeral polos motivos expostos, que se levou a cabo entre o 18 e o 23 do mes de setembro, causando numerosos incidentes por todo o estado, sobre todo en Valencia, Xátiva e Cullera. A folga fracasou pola pequena organización do sindicato anarquista e a falta de apoio por parte da UXT e o PSOE. Despois da folga o goberno de José Canalejas decretou a súa ilegalización.

Día 23.

1923. Sublevación antifascista en Bulgaria. Despois do golpe fascista do mes de xuño, que permite a Alexandre Tsankov facerse co poder, desátase unha forte represión contra o Partido Comunista e as forzas populares. A pesares da mesma, se prepara unha sublevación popular, a primeira contra un poder fascista, que se leva a cabo a partires do día 23, sendo esmagada violentamente polo exército e Dimitrov, máximo dirixente comunista, é condenado a morte. Estas xornadas de setembro foron cantadas polo poeta Gueo Mílev no seu poema “Setembro”, que lle custou o fusilamento en 1925 cando contaba 30 anos de idade. Pablo Neruda fixo unha tradución do poema.

1973. Morre o poeta comunista chileno Pablo Neruda, de enfermidade e da tristura polo golpe dos militares que puxeron fin a experiencia democrática da Unidade Popular. A súa casa de Illa Negra, foi asaltada polas hordas fascistas. O seu enterro a pesares da represión converteuse nunha importante manifestación popular e contra a ditadura recen instaurada.

Día 25.

1963. O Presidente da República Dominicana Juan Bosch, é derrocado por un golpe militar. Despois de decenas de anos de exilio, unha vez desaparecido o ditador Leónidas Trujillo, venceu nas eleccións e acadou a presidencia do país en febreiro de 1963. Conseguiu aprobar unha constitución que concedía todo tipo de dereitos e liberdades @s dominican@s; establecía dereitos laborais, apoiaba a creación de sindicatos, dereitos das mulleres embarazadas, das persoas sen fogar, os dereitos dos nenos e mozos, dos agricultores, dos fillos ilexítimos, etc. Bosch enfrentouse a poderosos opositores, os terratenentes, que temían que os campesiños se beneficiaran da lei de reforma agraria, os militares, amos e señores do país durante a sanguenta ditadura de Trjillo, apoiada polos EEUU, a Igrexa, que acusou a Bosch de facer desaparecer a deus da vida pública e política, os empresarios e sobre todo os EEUU que, tiñan bastante con Cuba para aceptar outro goberno que tendía cara a esquerda no Caribe. Foi derrocado polo coronel Elías Wessin e formouse unha xunta militar de tres membros.

Día 27.

1927. O Presidium do Comité Executivo da Internacional Comunista, expulsa da mesma a Trotski.

Día 28.

1864. Constitúese no St. Martin's Hall de Londres a Asociación Internacional de Traballadores, tamén coñecida como Primeira Internacional. Participan un grupo de traballadores franceses, moitos exiliados do ano 1848 residentes en Londres e sindicalistas británicos.
Os antecedentes hai que buscalos na xuntanza entre sindicalistas ingleses e franceses celebrada en Londres con motivo da exposición de 1862 e o mitin internacional pola independencia de Polonia, tamén celebrado na capital británica o 22 de xullo de 1863.
No St. Martin's Hall elixiuse un comité internacional no que figuraban 21 ingleses, 10 alemás, 9 franceses, 6 italianos, 2 polacos e 2 suízos. Karl Marx encargouse da redacción do Manifesto Inaugural e do Proxecto de Estatutos da nova organización, aprobados o 1 de novembro de 1864.

Día 29.

1933. Nace en Xilembena, provincia de Gaza, Mozambique, Samora Machel, o primeiro presidente do país despois da independencia de Portugal, a potencia colonizadora. Fixo os estudos primarios nunha escola de misioneiros e foi enfermeiro mentres cursaba a secundaria nocturna. Desde moi novo participou en actividades clandestina a favor da independencia de Portugal.
En 1962 exiliouse, afiliándose ó FRELIMO (Fronte de Liberación de Mozambique), movemento de maioría marxista. Recibiu entrenamento militar en Arxelia e máis tarde foi comandante das frontes guerrilleiras de Niassa e Cabo Delgado.
En 1968, no II º Congreso da Fronte foi elixido membro do seu comité central e despois do asasinato de Eduardo Mondlane, polos servizos secretos surafricanos, que era o presidente do movemento, Samora Machel foi elixido para este cargo en maio de 1970.
Nos cinco anos seguintes fíxose máis intensa a loita guerrilleira contra o colonizador portugués e ca declaración da independencia o 25 de xuño de 1975, Samora Machel foi nomeado presidente do novo estado. Desenvolveu unha liña comunista próxima ó maoísmo, iniciando unha política de nacionalizacións o que lle leva a enfrontarse o imperialismo e o seu pión na zona, a Suráfrica branca do aparheid. Mozambique apoiará a loita clandestina da organización surafricana ANC (Congreso Nacional Africano) e será promotor da Fronte Antiaparheid, xunto con Angola, Zimbawe, Zambia e Namibia. Estas decisións teñen como consecuencia que o imperialismo financie a guerrilla do RENAMO (Resistencia Nacional de Mozambique), dentro da estratexia deseñada nos EEUU de “guerras de baixa intensidade”, que como en Nicaragua, Angola e outros países, obriga a enormes gastos militares e a mingua-los sociais. En 1984 asina a paz con Suráfrica e morre nun atentado cando viaxaba en avión o 19 de outubro de 1986; atentado que sempre se considerou levado a cabo polo goberno racista de Saráfrica.

1906. Segunda intervención dos EEUU en Cuba en aplicación da chamada “enmenda Platt”, que no seu artigo 3º establecía: “O Goberno de Cuba acepta en que o dos EEUU poda exercer o dereito de intervir para a preservación da independencia cubana, o mantemento dun goberno adecuado para a protección da vida, a propiedade e a liberdade individual...”
O 14 de novembro de 1905, os máis de 300 norteamericanos propietarios de terras e plantacións na illa dos Pinos, se declararon “separados de Cuba” e proclamaron a súa adhesión á Unión Norteamericana. O ministro norteamericano na Habana, Squiers, pediulles ás autoridades cubanas que abandonaran a illa e solicitou o seu goberno o envío de barcos de guerra.
A sublevación liberal de agosto de 1906 contra o goberno corrupto de Estrada Palma, que anulou dun xeito fraudulento a súa candidatura á presidencia, foi aproveitada polo goberno dos EEUU para nomear a William Taft gobernador xeral da República de Cuba, baixo a autoridade do presidente dos EEUU. Posteriormente sería nomeado gobernador Charles Magoon que malgastaría os fondos da facenda cubana. Esta segunda ocupación finalizou en 1909.

miércoles, 5 de septiembre de 2012

5 ANOS DA QUEDA. POR QUE O SISTEMA NON SAE DA CRISE?



Roberto Laxe

Levamos xa 5 anos de crise econômica, desde aquel agosto de 2007 que semella moi lonxano, e os gobernantes de todas as cores tentaronno de todo, desde deixar cair bancos como Lehmann Brothers ate resgates billonarios. “Nacionalizaron” grandes multinacionais como General Motors, e deixaron cair outras.
Aumentaron a débeda ate limites incalculables para os mortais, recortaron servizos públicos a esgallo, baixaron pensións - agora sae que no gran milagre alemá, resulta que os sus xubilados teñen que traballar para manter un nível digno de vida-, venderon chan e térreos. Especularon co petróleo, cós bio combustibles, cós productos de primeira necesidade, coa débeda soberana, e fixeron grandes fortunas... Fixeron de todo, e o mundo asomase de novo a un proceso de recesión, non só na “periferia do centro” da UE, mas nas três grandes economias imperialistas, EE UU, Alemaña e Xapon. Ate China comeza a dar signos de que o seu milagre tem data de caducidade.
Os economistas e representantes da ideoloxia neoliberal nunca van recoñecer que desde o seu triunfo, nos anos 80 com Thatcher e Reagan, non fixeron mais que fuxir cara diante da crise que o capitalismo levaba trás de si, e que explodira na dos anos 70 despois dos 30 gloriosos posteriores a II Guerra. O seu fracaso é un fracaso de proporciones bíblicas, fracasaron em sacar o sistema da decadência, mas isso si com desregulamento e privatizacións conseguiron que sectores do capital, os mais parasitos – os grandes bancos, os hedge founds, os especuladores, o capital risco, etc.- fixeran grandes fortunas.
A tendência natural do sistema capitalista, a acumulación de capital na sua forma monetária, foi convertida nun fin em si mesmo. Marx estableceu que a formula do capital é D-M-D´, o que significa, que o capitalista que inviste 100, quere, a través da producción de mercadorias, recoller unha rendabilidade de 130. Se isso non se da, e na especulación ofrecenlle 140, ele vai á especulación, e a producción de mercadorias pasa un segundo plano (a formula simplificariase em D-D´).
Mas, os 140 da especulación sae dun feito da economia real, dun contrato de compraventa dunha mercadoria (sexa física ou a prestación dun servizo). A especulación é, sempre, sobre feitos da producción, sobre o que se fan apostas de rendabilidade. Se há a menor sospeita de que nin na especulación vaise ter esse resultado, todo o edifício cai, como caeu a especulacion inmobiliaria trás as subprime.
A especulación inmobiliaria caeu trás a queda dos benefícios que o sector da construcción viña xerando desde os anos oitenta, cando se introduciu na producción de vivendas e infraestructuras vários cambios cualitativos, nomeadamente a sustitución dos encourados de madeira pólos encourados metálicos. De tal xeito reduciu-se o seu valor real, o tempo de traballo socialmente necesario para a construccion da vivenda ou da infraestructura. Isto xerou uns benefícios que fixeron atrativos os investimentos na construcción, e o longo destos anos foi onde se dirixiron os capitais. A burbulla inmobiliaria comezou póla alta rendabilidade do sector.
Isto no sería excesivamente grave, é dicer, so seria unha crise sectorial como foi a das .com a comezos do século XXI, se non se xuntara cunha queda xeralizada da tasa de lucro dos sectores industriais centrais da modelo econômico post guerra mundial, com especial incidencia no petróleo e o automóvil; enfrentados a mundanzas estructurais polo esgotamento da matéria prima, a aparición e desenvolvimento de novas forzas enerxéticas e de novas tecnoloxias no automóvil (a electricidade, os híbridos, o biocombustible, etc.).
Este é un dos motivos principais para que o sistema, faga o faga, non teña saída á crise. Mentras non recuperen a taxa de lucro, o sistema vai estar em crise. Como a superación da crise supón un troco do paradigma na producción de bens e servizos - dos que os elementos obxectivos e técnicos xa existen-, esto bate de frente côas actuas relacións sociais de producción.
A burguesia das potencias imperialistas, impresionada e presionada pólos êxitos econômicos dos chamados “emerxentes” baseados na superexplotación da clase traballadora, procuran recuperar a taxa de lucro seguindo o seu “exemplo”, pola via do incremento da mais valia absoluta, é dicer, o aumento da xornada laboral e a reducción pura e simple dos salários.
A mais valia relativa é dicer, a reducción do tempo de traballo necesario para a reproducción da mán de obra, significa xusto o que non podem facer, aumentar a productividade do traballo mudando o paradigma de producción. De feito, neste sentido, nos anos 80 tentaron sustituir o fordismo polo toiotismo na organización do traballo, o tempo que avasallaban co neoliberalismo e as privatizacións. Mas o estancamento da economia nipona –berce do toiotismo- desde comezos dos 90 demonstrou que o fordismo, o traballo em cadea, é insustituible na gran producción de mercadorias a baixo prezo.
O fordismo vai ligado intimamente á gran fábrica, ás grandes cadeas de distribucion - deslocalizada ou non, terceirizada ou non, pois em todos os casos serven á producción dumha mercadoria propiedade da matriz-, á producción masiva de bens de consumo, e porén ao imperialismo como forma actual do capitalismo; so as corporacións multinacionais (ou o estado) podem soster os investimentos precisos para desenvolver esse xeito de producir. A decadência do imperialismo é a decadência do fordismo como forma de organización do traballo.
Por estes motivos o sistema non sae da crise, teria que facer umha revolución no seu aparello productivo, na sua organización do traballo, renunciar ao que ate o de agora lles dera resultado, ... e isso seria como crer que o capitalismo ainda é capaz de facer revolucions, cando nin para salvarse é capaz.
Há sectores da sociedade, ligados a elementos do próprio sistema, que influen a través de profesores de universidades, prêmios nobeles, médios de comunicación, etc., que queren desactivar o caráter revolucionário desta crise, e afirman a cotio que com aumentar o I+D+i, com investir em outro modelo produtivo, com poñer “a economia o servizo da cidadania”, basta para sair da crise.
E teñen parte de razón. Se o mundo investira en combatir a fame ou as enfermidades o que destina a armamento estas desaparecian, mas que farían co aparello militar-industrial. Se investiran em protección do médio natural, o cambio climático de seguro seria reversible, mas as grandes petroleiras viran baixar os seus lucros. Se nacionalizaran a banca, e destinaran os capitais ali escondidos a infraestructuras sociais, haberia hospitais, educación, etc. para todos, mas que farian cós sistemas privados de pensións, cós hospitais privados, coa Igrexa, coa própria banca. Se investiran em novas tecnoloxias como a nanotecnoloxia ou fontes de enerxia limpas, a nosa dependência do contaminante numero un do mundo, o petróleo, desaparecia; e a Exxon Valdez, a Repsol, a Elf Aquitaine, a Royal Ducht,... onde irian?.
Porén, falar diso e non falar de quen pode facelo é simplemente escriber de novo umha Utopia como a de Tomas Moro, onde se describia umha sociedade imaxinaria igualitária. E a realidade é que nin a burguesia coa sua revolucion foi capaz de levar adiante a sociedade imaxinada por Tomas Moro. Porque cando falamos de economia, non falamos de economia a secas, senon de economia politica.
O capital em abstracto si tem saída da crise. Que ideólogo da burguesia “progresista”, ex neoliberal ou non, non imaxinou unha saída da crise sobre esa base? Todos. Embora, a ningun deles se lles ocorreu pensar que o freo á saída da crise non esta na tecnoloxia nin na técnica, senon na economia política, nas relacións sociais de producción capitalistas - a propriedade privada dos médios financeiros, de producción e distribucion-, que impiden que esa tecnoloxia e esa técnica se desenvolva.
Por todo isso, o capital non sae da crise; e mentras non xurda unha alternativa política que levante un verdadeiro programa socialista de transformación da sociedade, rompendo todas as trabas politicas e sociais que frean o desenvolvimento social, o sistema capitalista seguira profundizando na sua crise, transformando a sua crise econômica numha crise social dun calibre monumental.

Galiza, a 4 de setembro do 2012