A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 30 de diciembre de 2009

TRAS A CIMEIRA DO CLIMA EN DINAMARCA: POR UMHA SAÍDA SOCIALISTA

Roberto Laxe
1.- A cimeira do Clima en Dinamarca, coa presenza de miles de manifestantes, coas detencios masivas nun dos estados supostamente mais democráticos do mundo, remarca un feito: a tendencia ao desgoberno e o desorde mundial.



2.- A crise economica ten contra as cordas a todas as potencias mundias, que non ven a saída do túnel, mais alo de recupercions parciais. Mas ista cimeira o que vem a remarcar é o valeiro na direccion política do imperialismo. O plante do G77, é dicer, os mais pobres com China á cabeza, diante da negativa das potencias imperialistas a sufragar os custes das medidas contra o cambio climático, demonstran que as tendências marcadas xá hai dez anos, na cimeira de Seattle, non fixeron mais que afondarse.



3.- No fondo de todo achamos a crise, e a incapacidade do sistema de atopar umha saída á queda da taxa de lucro. Non teñen o novo modelo de acumulacion que sustitúa ao neoliberalismo, baseado na especulacion financeira e a privatizacion de todos servizos públicos.



4.- A pelexa tem vários frentes de loita; um, entre os sectores da burguesia imperialista que seguen na inércia do modelo pasado (a direita mundial, cós republicanos ianquis nas súas campañas contra Obama á cabeza), dous, os sectores productivos e financeiros das potencias imperialistas ligados ao que se lle chama “capitalismo verde” (produccion de enerxias renovabéis, de bio combustibles, etc., que no Estado Español teñen nome e apelido, Iberdrola, Jove, Sacyr,...), três, as potencias do BRIC (Brasil, Rusia, Índia e China) que queren a sua parte na torta, e catro, os países pobres, semicoloniais, moeda de troco entre todos eles e ao tempo, queren aproveitar para sacar mais tallada –daí o seu plante-.



5.- Pólo que fai ó movimento de masas, temos que reafirmar que segue côa mesmas características da ultima discusion: mobilizacions “hailas”, com zonas ou paises donde o enfrentamento é mais duro, como Grécia; más o retraso dumha resposta conscente á crise, á dureza das políticas que comezan a desenvolver as burguesias e os seus gobernos, fai que moitos caian na desesperacion (a agresion a Berlusconi non é mais que umha expresion).

Temos que recuperar a vella frase de Trotski do Programa de Transicion: “a crise da humanidade reducese, em ultima instancia, á crise da direccion revolucionaria”.



6.- Por isto, o discurso de Morales e Chavez em Dinamarca, ao afirmar que a culpa do cambio climático é do capitalismo e que se impon a loita pólo socialismo, tem um calado moi fondo; pois, mais alo do que hoxe fagan dentro dos seus países –que é capitalismo nacional-, estan decindolle ao mundo o que hai que decirlle; contra os desastres sociais e ecoloxicos, só colle umha alternativa, o socialismo.

E isto inflúe sobre o ativismo.



7.- Neste cadro, na Union Europa a contradiccion entre os países que comezan a sair da crise, os centrais como Alemaña ou Franza, e os demais profundizase. Grécia esta em crise aberta, tanto social como política ou econômica. Itália tem umha fonda crise social, Gran Bretaña xá non conta nin como grande potencia, e asi para baixo.



8.- Mas, a Union Europea segue a ser a reaseguro de todos eles. As políticas antiobreiras son cuestion dos estados (a frase de Ângela Merkel de que cada quen se salve como poda), mas a rede é o euro (a mesma Merkel dixo que non deixarian caer a ningun país).

E para elo os Estados teñen xá toda umha bateria de medidas legais para levar adiante esas políticas, as directivas Bolkestein, á dos servizos, o Plan Bolonia e a lexislacion contra os imigrantes.



9.- Neste cadro atopamos a situacion do Estado Español, cun goberno em crise, sustentado pólas burocracias sindicais, que fan umha manifestacion para apoialo.

Um goberno em crise co seu mellor sócio no sur, Marruecos, póla política do imperialismo español respecto o Sahara, um goberno em crise porque sabe que modelo da especulacion e o turismo, remataram, mas é incapaz de dar umha proposta estatrexica á situacion da economia española (o Plan de Economia Sustentable é a máxima expresion dese “quero e non podo”).



10.- Um goberno em crise nun rexime em crise: o retraso na sentencia do Estatut é o maior sintoma, pois véu acompañado dos “referendos” independentistas em Catalunya, que por moito que digan que a particacion foi escasa, é para consumo interno. Que num referendo “para legal” póla independencia, participe o 30% do censo, é cualitativo. Tivo mais participacion, se cadra, que algumhas eleccions europeas, e non por isso, descualificanse estas eleccions.

O rexime e as suas institucions fundamentais, a xudicatura, os partidos estatais (PSOE e PP, xunto com EU), os sindicatos oficiais (CCOO e UXT), estan hoxe cuestionados póla sociedade. Mas estan cuestinados póla pasiva, sem que haxa um proxecto alternativo claro, e por isso sobreviven.



11.- O movimento de masas do Estado Español é a retaguardia do movimento de masas europeo. Hoxe Grécia ou Portugal marcan o camiño das loitas, e isso, como xá dixemos, expresouse nas eleccions europeas.

Non quer dicer que o movimento de masas non loite, e mais na Galiza, onde as mobilizacions obreiras e sociais son constantes, mas loita sem proxeto e isoladas umha de outra, sem um obxectivo estratexico.



12.- O goberno da Xunta é um goberno que so tem um obxectivo: desmontar o pouco feito pólo bipartido e enfrentar a crise côas receitas do neoliberalismo, privatizar todos os servizos; non deixar ningun. Alen diso, o sector da burguesia que ista Xunta expresa é a burguesia “rentista”, a que historicamente viviu da dependência da Galiza, cobrando o cupon que lle dera a burguesia española.

A recente venda da fabrica de Pascual a La Arzuana, umha cooperativa em crise aberta, e rompendo o acordo prévio com Feiraco despois dumha reunion co Conselleiro, non é mais que um paso para a sua venda ao capital español.

As manobras dilatórias no plan eólico, desmontado a lei do bipartido, sen facer unha nova. Alem mais, a nova non conta co apoio da patronal eólica galega (a que lle dera o apoio a Feijoo para desbancar o bipartido), expresa cal é o obxectivo real, provocar um retraso no desenvolvimento da enerxia eólica na Galiza, beneficiando aos seus competidores castelans e demais.

A proposta de Feijoo de fusion das Caixas de aforro é um agasallo envelenado. O que esconde Feijoo é o proxecto de Caja Madrid, umha vez resoltas a súas liortas entre Espe Aguirre e Gallardon, co nomeamento de Rato. A final, a idea do PP de Feijoo é que a nova Caixa caia nas mans de Caja Madrid.

Estes son alguns dos exemplos do papel da Xunta atual: vender Galiza ao mellor postor, e privatizar todo o privatizable.

Deixar morrer os gandeiros, impedir a constitucion do Grupo Lácteo Galego, e demais, son parte desta política neoliberal e antigalega: que se salve o mais forte, para logo vendelo ao capital español.

Esta é a esencia econômica do ataque centralista do PP e da Xunta, côa colaboura necesaria do PSOE.



13.- Mas Feijoo esta atopando resposta, ainda que isolada, de certos sectores da sociedade. Dos asalariados nas carnes dos atacados pólas privatizacions, e as loitas do metal e o comercio de Coruña e Pontevedra; dos gandeiros; dos taxistas, etc.

Mas son respostas, como dixemos sempre, sem direccion. Non van ao fondo do problema, a política da Xunta e do goberno central, que amparados nas directivas da Union Europea, atentan contra as conquistas sociais.

Por isso, como alicerce da nosa política é avanzar na UNIDADE DA RESPOSTA SOCIAL E OBREIRA ás políticas gubernamentais.



14.- Neste cadro, o papel das organizacions chamadas de esquerda (nomeadamente o BNG) é deplorabel. Non tem a menor intencion de pórse a cabeza desta conflictividade, salvo naqueles sectores onde a súa base social presione (Consorcio de Igualdade).

O BNG e as organizacions que dirixe, a CIG, teñen como obxectivo facer de “leal oposicion parlamentaria”, côa súa axenda política marcada pólas datas electorais (as municipais son as que temos mais perto), e non pólas necesidades da mobilizacion das masas.

Para elo, van derivar todo ou o pântano da via xudicial (escolas de idiomas), ou de preguntas parlamentarias (Consorcio), sem darlle a menor perspectiva de loita ás masas.

Mas, a Xunta do PP apunta duro, apunta á privatizacion de todo, com dous puntos fortes, o Sergas (côa aplicacion da directiva dos servizos, que permite a entrada das ETTs no servizo de saúde) e a entrada das empresas na Universidade, co Plan Bolonia e a LOU, baixo o argumento da crise e a queda dos orzamentos para eles.



15.- A partir das actuais e futuras mobilizacions obreiras e populares contra as políticas dos gobernos que descarregan as consecuencias da crise nas suas costas, é preciso explicar o seu profundo contido político; que non abondan as respostas sindicais, de reivindicaciones parciais, senon que son parte dumha politica global do sistema para sair da crise recuperando a taxa de lucro, incrementando a explotacion dos traballadores e traballadoras e o saqueo dos pobos, e para isso tem que derrotar á clase obreira



16.- É preciso espallar que a única saída, o único proxecto social alternativo ao capitalismo, causante dos desastres sociais e ecoloxicos, é o socialismo.

Mas iste camiño non se vai percorrer de um xeito espontâneo, senon construindo umha organizacion que, conscentemente, teña como centro o desenvolvimento da atividade política das masas. Que transforme o movimento social em movimento político.



28 de decembro do 2009