Carlos Dafonte
Un contexto internacional
desfavorable para as políticas progresistas
O proceso electoral no estado español, cuxos resultados tentaremos
analizar, deuse nun contexto internacional dominado, en primeiro lugar, por non
haber unha saída clara da crise e polo tanto unha realidade que degrada cada
vez máis a situación de moit@s traballador@s, que se traduce na conformación
do voto nun senso conservador; todas as noticias producidas a nivel económico
foron nestes meses anunciadoras de novos recortes e exixencias da UE para unha
vez pasadas as eleccións; situación que creo se aguzou cos resultados do
referendo en Gran Bretaña e as incertezas e as catástrofes que a grande maioría
dos medios de comunicación hexemónicos, anunciaban, tentando esconde-la
realidade das verdadeiras razóns do voto. En calquera caso o descrito leva ó
inmobilismo e a non cambiar.
