Roberto Laxe
Mentres un xuíz conte co aval dos seus superiores para instruír unha causa incumprindo toda a xurisprudencia sobre o tema, estamos a falar de "guerra xudicial", cunha mentalidade da Inquisición, onde unha denuncia dun particular podía levarche ao cadalso.
Que boas faragullas faría este xuíz con Torquemada! Porque unha investigación xudicial "prospectiva" sobre a base de noticias de medios de comunicación non é máis que unha "investigación" inquisitorial. Menos mal que a estes niveis xa non se estila a tortura. Aclaro, a estes niveis, porque a outros a tortura segue moi vixente.