A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 26 de julio de 2024

O XUÍZ PEINADO E A INQUISICIÓN

Roberto Laxe

Mentres un xuíz conte co aval dos seus superiores para instruír unha causa incumprindo toda a xurisprudencia sobre o tema, estamos a falar de "guerra xudicial", cunha mentalidade da Inquisición, onde unha denuncia dun particular podía levarche ao cadalso.

Que boas faragullas faría este xuíz con Torquemada! Porque unha investigación xudicial "prospectiva" sobre a base de noticias de medios de comunicación non é máis que unha "investigación" inquisitorial. Menos mal que a estes niveis xa non se estila a tortura. Aclaro, a estes niveis, porque a outros a tortura segue moi vixente.

O Xuíz Peinado (o dos dous DNIs) emite un auto no que di que investigará "todos os actos, condutas e comportamentos" levados a cabo por Begoña Gómez "desde que o seu esposo é o presidente do Goberno que se conteñen na denuncia inicial"; é dicir, non sabe o que busca e está a tirar a rede a ver se pesca algo.

Isto é o que a Inquisición facía, aceptar unha denuncia dun "cristián vello" contra unha persoa acusado de hereje, xudeu, musulmán ou o que for, detelo, torturarlo ata que se acusaba de algo; entón ou a fogueira, o cárcere, ... fóra ou non real.

Esta é a lóxica inquisitorial do xuíz Peinado, axitar a árbore a ver se cae algo. Pero, e os principios esenciais da democracia burguesa, o dereito a unha defensa, o de todo o mundo é inocente ata que se demostre o contrario, etc.?

Mentres, o PP e Vox teñen ferramentas e supostos argumentos legais (a investigación xudicial) para atacar ao goberno de Sanchez e ocultar que os seus motivos son ben espurios.

O PP non disiente do goberno no fundamental, na pertenza ao OTAN e derívaa militarista que anuncia unha guerra de gran calibre, no apoio irrestricto a Israel no seu xenocidio do pobo palestino, na necesidade de aumentar os recortes nos servizos públicos, na pertenza á UE (a directiva da rexeneración democrática votárona xuntos en Europa).

O drama do PP é que por culpa de Vox, non xestiona os fondos do estado, non volve controlar os Orzamentos Xerais do Estado e os fondos europeos para darllo aos seus amigos, aos Florentino Pérez e o capital "castizo", "amigos e residentes en Madrid". E está loquitos por recuperar o mango deses Orzamentos,.

Por iso o seu "ideólogo" Aznar (o do Trio dos Azores) xa dixo aquilo de que "faga quen pode facer", e o sr Peinado co aval dos tribunais superiores, dedícase a facer xusto o que estes tribunais prohiben, unha investigación prospectiva e aceptar denuncias baseadas en noticias de medios xornalísticos.

É "guerra xudicial" porque ningún deses tribunais, o Supremo á cabeza, paroulle os pés. É o aparello xudicial é o que está a permitir que un xuíz se salte as súas prohibicións diante de todo o mundo. Mutatis mutandi, é como a vulneración do dereito internacional que Israel está a cometer diante de todos, e retransmitido, e as potencias occidentais apóiano e avalan.

E xa se sabe, cando a "xustiza falla", faise necesaria a revolución.


GaliZa no mes de xullo 2024

No hay comentarios:

Publicar un comentario