A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 20 de agosto de 2024

UNA NOVA VOLTA DE PARAFUSA: A OTAN INVADE RUSIA.

Carlos Dafonte.

    Aínda que agora os USA digan por activa e por pasiva, que nada tiveron que ver coa invasión da zona de Kursk por parte de torpas de Ucraína e mercenarios da organización, contaban para realizala con “intelixencia”, novo armamento, drons, foguetería, planificación e todo o que necesítase para levar adiante un tipo de invasión como a que levaron adiante, e tamén co permiso da OTAN que é quen dirixe a guerra, ninguén lles vai facer caso. 

É posible que a Federación Rusa non fora collida por sorpresa por esta nova aventura que pode poñer fin á guerra antes do esperado, unha mobilización de homes e material tan importante non pode pasar desapercibida pola Federación que conta coa capacidade electrónica para detectar os movementos precisos de tropas e armamento para levala adiante; por outra banda, a resposta simultánea do exército ruso no resto das frontes de combate onde avanzan e de onde os ucraínos sacaron numerosas reservas, así o pode estar indicando; a pregunta é, que obxectivos tentaban acadar os invasores con este movemento?.

Hai uns días, nun dos múltiples comentarios que sobre a guerra hai en numerosos canais de carácter informal, falaban de que na resolución da mal chamada “conferencia de paz” de Suíza un dos puntos era a devolución da central nuclear de Zaporiya a mans dos ucrainos, polo que a toma da central nuclear de Kursk por parte dos invasores, podía converterse nun elemento moi importante para unha negociación nunha guerra na que a OTAN está sendo derrotada.

Tamén a invasión debía xogar un papel de cara ás próximas eleccións presindenciais que van celebrar os USA e onde Trump parece, a pesar de toda as noticias nos medios europeos de como Kamala Harris está a remontar, de non cometer erros moi importantes os republicanos, a administración demócrata ten perdidas as eleccións; cecais por ise motivo o antigo contralmirante da Mariña dos USA, John Francis Kirby, que dende o 19 de maio de 2022 forma parte do “Consello de Seguridade Nacional” como “Coordinador de Comuniciacións Estratéxicas” saiu aos medios e antes de ter a “pel do oso” xa quixo vendela, falando de que as tropas da OTAN abandonarían os territorios da Federación Rusa conquistados, a cambio da retirada completa dos rusos de Ucraína.

Se non teñen nada que ver os USA nesa invasión, que razóns hai para que un contralmirante  tente establecer a negociación sobre os territorios supostamente conquistados, conquista que ao día de hoxe 16 de agosto non está en absoluto consolidada; é máis as noticias da fronte indican todo o contrario, que as forzas invasoras están en perigo de ter entrado pero non poder saír o que como afirmou o profesor titular de Política Internacional na Universidade Bundeswehr de Munich e comentarista nun xornal alemán, Carlo Masala, a “derrota en Kursk levará á capitulación de Ucraína”. Diante do curso desfavorable da guerra, a OTAN xogou un cartucho, dos últimos  que lle fican para evitala; outra perspectiva pode ser, meternos a todos nun conflicto de carácter nuclear táctico e polo tanto dar pe á suspensión das eleccións de novembro nos USA.


A derrota da OTAN en Ucraína abrirá unha nova perspectiva mundial para os traballadores.

Eso non quere dicir que a clase obreira deba estar apoiando o bando ruso, en Rusia non hai un réxime que podamos dicir defende os intereses dos traballadores e traballadoras, pero todo o que sexa enfeblecer a un organismo de carácter militar que atópase e é manexado polo país que ocupa coas súas bases militares unha grande parte do planeta, non para impor a democracia da que eles non gozan, e tentar que a maioría da ciudadanía viva mellor, senón para que as regras do xogo ao servizo das grandes empresas transnacionais sexan as que dominen o mundo sen importarlle, como fixo dende os seus primeiros pasos como potencia primeiro rexional e despois planetaria, impor sanguentas ditaduras en todos cantos lugares considerou necesario; que ten creadas organizacións terroristas como Al Qaeda e o ISIS capaces dos maiores crimes contra a humanidade e que non ten reparo algún en dar un golpe de estado en Ucraína, pular a limpeza étnica da sociedade culturalmente rusa do país e involucrar a Europa nun conflito con tal de que os vasalos europeos non teñan acercamento algún a Rusia e China, pois o mesmo faríalle perder o paso no dominio xeopolítico de Eurasia. Un país como os USA non pode nin debe ser o máximo dirixente planetario.

E a OTAN non é outra cousa  que “xendarme do capital” no planeta, e polo tanto as masas de traballadores e traballadoras deben ver como unha liberación que esta organización sexa máis feble, pois canto máis este proceso avance, máis posibilidades hai de loitar pola súa liberación e avanzar país a país e tamén a nivel planetario por sociedades máis xustas.

O golpe anticonstitucional en Ucraína, a guerra civil, a limpeza étnica contra os de cultura rusa, a resposta deste colectivo votando contra os decretos que lles restaban dereitos e a intervención rusa na súa defensa, defensa que debeu facer a UE, puxo de manifesto toda unha serie de contradiccións dentro da OTAN que a derrota na guerra e a posible vitoria de Trump en USA, pode potencialas  e permitir que se manifesten outras que aínda non se manifestaron.


En Galicia no mes de agosto de 2022.

2 comentarios:

  1. Un bó artigo, mas haberia que desenvolver a idea de que non se pode apoiar a Rusia porque non representa para nada os interese da clase traballadora (eu engadiría nin rusa nin a mundial) no seguinte sentido: Que o debilitamento da OTAN mellora a situación na loita da clase obreira e os pobos, está claro; mas "o inimigo do meu inimigo" non ten por que ser o meu amigo. A nova burguesía rusa non é amiga de ningún pobo nin, menos que menos, da clase traballadora. Poren, para min, a pregunta é de caixón: qué politica teñen que levantar os traballadores e traballadoras para avanzar na loita contra o capital, fale o idioma que fale?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hai uns anos defendo que atopámonos con dúas cadeas imperialistas en conflicto. Unha, a hexemónica dende finais da segunda guerra mundial, que construiu por parte da nación hexemónica na mesma, os USA, todo un entramado de institucións que lle permitiran unha vez gañada a guerra, dominar o planeta e que impón os seus criterios en base á violencia e ter exércitos de ocupación na maioría dos países, que pulou numerosas ditaduras durante os últimos 80 anos e outra cadea, que sendo imperialista tamén, cuestión que non debemos esquecer, eu denominaba de "baixa intensidade" e encabezan China e Rusia e conta co grupo de países que denomínanse BRICS, que nos últimos tempos tivo un proceso moi importante de adhesións, e a última e a solicitude de entrada de Turquía, que pertence á OTAN. Nestas circunstancias, a disputa da hexemonía e o retroceso neste proceso dos USA e a UE está claro e polo que se ve non vai aceptar sen violencia, pasar dun planeta unipolar a outro multipolar onde os USA xoguen o seu papel aceptando non ser a potencia hexemónica. Para oporse a este proceso e en base a un principio de xeopolítica de "quen domine Eurasia domina o planeta", fixo todo o posible para que as boas relacións entre Rusia e a UE racharan, cousa que conseguiu co golpe en Ucraina, o comezo da limpeza étnica no Donbass coñecendo que Rusia non o permitiría o que precipituo a creba entre a UE e Rusia. O Donbass é a zona máis indiustrial de Ucraína e creo que ata non ver que medidas toma Rusia unha vez derrotada a OTAN, se o consigue, sobre estos territorios que posiblemente incorpórense á Federación, os traballadores do Donbass deben agradecer a Rusia a súa intervención. E por parte dos traballadores do resto do planeta, é posible, coñecendo que Putin e a oligarquía que representa roubaron, as fábricas e todo o resultado do traballo do povo soviético, quedáronse coa riqueza producida durante moitos anos, no paso que deu na defensa do Donbass e a creba que se está a producir con certos sectores da oligarquía, é normal que se vexa con certa simpatía. Pero iso non debe confundir aos traballadores do planeta e facerlles crer que a creba da hexemonía dos USA, a derrota da OTAN e un planeta multipolar, de lograrse, debe inclinalos cara a apoiar as novas estruturas que se forman. A clase obreira debe ter unha política autónoma e o máis importante é que debe loitar, polo acercamento entre as diferentes posicións ideolóxicas que hoxe atópanse como voceiros da clase traballadora en numerosos lugares e manteñen unha creba entre elas . Sen unidade política das forzas dos traballadores as dificultades son enormes para dar a batalla ao capital.

      Eliminar