A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 15 de septiembre de 2024

O CAPITALISMO HEXEMONISTA ATÓPASE NUN BO EMBROLLO.


Carlos Dafonte Díez.


En agosto, o día 5, foi un “lus negro”, as bolsas en Xapón caeron un 12 % e este dato repercutiu na economía de todo o planeta; o día 5 de setembro, as “7 magníficas” dos USA, NVDA, que perdeu nun só día 270.000 millóns de $ ao perder o 10 %, Googel, Amazón, Apel, MSFT, Mete e Tesla, fabricantes de semiconductores, pèganse tamén un bo porrazo e os datos coñecidos a principios de setembro, do paro, do consumo, da contracción industrial, do record no impago nas tarxetas de crédito e na queda dos beneficios empresariais, fan especular sobre se os USA entrarán en recesión a finais de ano ou principios do seguinte; dende Bloomberg a outros analistas, consideran vai ser a única saída da crítica situación.

Por outra banda o informe de Mario Draghi coñecido estes días, establece unha situación para Europa de alarma e seria preocupación; visto o informe, a primeira conclusión á que podemos chegar é que a xestión dos que foron elixidos pero non nos representan nestes últimos anos, foi un desastre, comezando pola presidenta Úrsula van der Leyden, que se tivera mínima capacidade autocrítica e dignidade, debía renunciar ao novo mandato o que unido aos datos que coñecemos da Unión Europea, coa formación bruta de capital nun -2,7 % no último ano, indice que si o trasladamos a Alemaña ascende ao -5,3% e si falamos da automoción, pais que foi o primeiro productor mundial elévase ata o -8,1 % e Volswagen pechando fábricas. 

Que razóns aducense para a situación europea e a súa primeira potencia, a locomotora do resto da UE, que leva trimestres en recesión?. Maior custo da enerxía, a ruptura con Rusia promovida polos Usa ten estes resultados, problemas de emprego e de crecemento, intereses moi altos para atallar a inflación...

Creo que a UE debía considerarr o momento de facer balanzo de ser vasalo dos USA, de seguilo sen plantear ningunha obxección na súa aventura en Ucraína, que lle está a sair moi ben, pagándolle o gas e o petróleo un 45 % máis que o prezo que cobraba Rusia polos mesmos produtos e ademáis obrigándonos a venderlles armas ao réxime de Zelensky, descoñécese se algún día cobraremos, e o que lle entregamos a Ucranína será substituído polo novo armamento que nos venderán os USA, necesitémolo ou non; pero para dicir que si, e convencernos de que así debe ser contamos con toda unha serie de dirixentes afíns aos USA, dende Pedro Sánchez ata o canciller Scholz 

O profesor de Columbia Jeffrey Sachs afirma que o principal problema da UE é estar convertido nun apéndice da OTAN e que dende hai un tempo só fala da guerra, despreocupándose dos problemas para a que foi creada. 

Polo tanto o balanzo de aceptar as políticas dos USA, de ser vasalos da grande potencia, é moi negativo. Trouxo problemas económicos, políticos, cada vez máis illados do resto do planeta e sociais, pois si a economía non vai ben os traballadores son os que van a sufrir nas súas carnes e familias o desaguisado. Todo o debemos apuntar no debe ao que nos teñen levado os dirixentes da UE. 


Os resultados electorais en Alemaña e Francia.

De moitas cuestións non falamos na UE, a censura que impoñen os medios é brutal aparecendo como voceiros do poder e non como instrumentos de información, sen información non hai democracia, hai poliarquía, e nestes momentos só aparece o “discurso único” imposto dende o poder; non din por exemplo o que pensa o partido de Le Pen en Francia sobre a guerra en Ucraína nin o que tamén pensan os partidos da extrema dereita en Alemaña. En ambolos dous casos están a favor de poñer fin á guerra, que é o que a cidadanía quere, e cando como no caso de Francia os votos din que ese conglomerado de esquerda e progresista vence, os traballadores e a cidadanía en xeral quere cambios, Macrón non acepta o voto democrático e nomea para a presidencia do goberno a quen vai nomear un goberno que non vai cambiar nada. Polo tanto se os partidos do réximen non son capaces de interpretar o que está a pasar, é normal que a xente vote a aqueles que teñen postura de extrema dereita, pero que en algúns aspectos, como no caso da guerra en Ucraína, que para moitas sociedades é prioritario poñerlle fin, coincide con eles. 

Se os datos económicos son reais nos USA, pode que complique a elección dos demócratas que presentan a Biden como o mellor presidente en relación a este tema dos últimos anos; é unha realidade que numerosas empresas están a reducir as ofertas de traballo pois as perspectivas de acadar beneficios son cativas. E todos miran cara a Reserva Federal como si unha situación moi difícil poidérase solucionar cunha baixada drástica de tipos. Que si é drástica, pode crear pánico nos investidores e nos mercados; o capitalismo preso das súas contradiccións.

Outro debate aberto na sociedade “ianqui” é a oferta que Nippon Steel fixo para comprar a maior acería de Pensilvania que atópase nunha precaria situación, estado dos USA do que se está a falar moito, os analistas políticos consideran é unha das claves nas próximas eleccións presidenciais, polo que tanto demócratas como republicáns néganse a venda, ainda que US Steel estea de acordo.

O debate entre os candidatos ás presidenciais dos USA, foi estrafalario, incapaces de presentar un programa político, social e económico. Produce medo pensar que un deles vai rexir a maior potencia militar do planeta, incapaz de aceptar a súa perda de hexemonía pero si de facernos entrar nun longo proceso de guerras e instabilidade.


En Galicia no mes de setembro de 2024

No hay comentarios:

Publicar un comentario