A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 29 de agosto de 2012

A PROXIMIDADE DO PROCESO ELECTORAL E A CREACIÓN DA SIRYZA GALEGA"


Carlos Dafonte

O Partido Popular anunciou o adianto das eleccións ó Parlamento galego para o día 21 de outubro, coincidindo coas eleccións no País Vasco. Dixeron que o fan así, só pensando en Galicia e nos galegos e galegas, pero todos pensamos que hai outras razóns para aprobar esta medida. En primeiro lugar o deterioro social e económico producido polos acordos tomados polo goberno central, que contaron co apoio incondicional da organización de Galicia; temen que canto máis tempo pase e as repercusións das políticas do PP, deterioren aínda máis a situación d@s asalariad@s, máis custoso lles vai ser obte-la maioría absoluta. Non teñen confianza en que as medidas que aproba o seu partido desde o goberno central, melloren a situación; teñen a certeza de que vai se-lo contrario, e adianta-las eleccións, pensan, é un mal menor.
En segundo, para aproveitar os problemas serios que están a pasar as dúas principais forzas da oposición.
protesta en el parlamento gallego
Un PSOE despois do trompazo electoral nas eleccións xerais, sen proxecto e sen liderado en Galicia, sen candidat@ á presidencia e ca maioría das organizacións en plena controversia por acada-lo poder por parte de diferentes sectores.
E o BNG tentando recuperarse despois das disensións da última Asemblea Nacional, que finalizou coa marcha de colectivos e personalidades moi importantes para numeros@s elector@s da formación nacionalista.
Estas son entre outras, razóns polas que o PP convoca anticipadamente as eleccións, deixando sen resolver temas como o da banca galega, Alcoa, a redución do número de parlamentarios, que hai pouco tempo parecíalles moi importante, a situación do campo, as listas de espera na sanidade, etc.
A proximidade de procesos electorais, produce sempre unha reacción en numerosos militantes e organizacións que Lenin cualificou de estupidez; na acepción de confusión, que non ven nada moi claro. O dirixente bolxevique, sabemos, era moi contundente nas súas afirmacións, eu que son menos, direi que a proximidade a procesos electorais produce en numerosos dirixentes e organizacións políticas reaccións curiosas, cando non, fora de lugar.
yolanda coordinadora de IUTraio todo isto a colación pola proposta de hai uns días de Esquerda Unida-IU, que tivo maior repercusión nos círculos políticos que na sociedade e nos medios informativos, de formar "unha Siryza galega" de cara o próximo proceso electoral autonómico; non me parece unha proposta moi pensada vindo de quen ven; paréceme froito da improvisación, diante dun proceso político, no que están abocados a presentarse cun pequeno bagaxe de traballo na sociedade, cando as circunstancias, moi penosas para quen é o principal grupo de onde debe saca-los votos EU-IU, esixía despregar unha grande iniciativa na sociedade, nas institucións nas que se ten presencia e unha forte política de oposición a todas as medidas que se están a tomar contra os asalariados, contra a democracia, que aínda que deturpada permite un certo grado de actuación, e contra o que podemos chamar xenericamente, a cultura galega.
Como nestes catro anos se fixo un traballo moi cativo na sociedade, parece que un xeito de esconder uns resultados presumiblemente  malos, vai ser dar un salto ó baleiro, facendo un chamamento á creación dunha nova organización, pero no fondo o que se esta a propor é formar unha alianza electoral, pois non vai ser máis que iso, no caso de que se chegue a algo concreto, o que verdadeiramente propón EU-IU.
Esta organización debía ter unha certa experiencia das alianzas cos nacionalistas; pactou hai anos con Esquerda Galega e hai poucos coa FPG, proceso que culminou con grande rebumbio nun teatro de Compostela, que deu como froito algunha candidatura municipal, e despois cada organización seguiu o seu camiño, como se nada tivera pasado.
A proposta de pacto electoral volve a ser cos nacionalistas, "non hai dúas sen tres", con preferencia con algúns dos que se separan do BNG despois da última Asemblea Nacional, e marcharon facéndolle, ata o que eu sei, unha crítica, á organización que abandonaban, no senso de xirar cara a esquerda, cara a unhas posicións alicerzadas no pasado e fora da realidade, cando a percepción que moitos temos é que o BNG se xirou, o fixo cara a dereita o que se plasmou nestes anos no apoio nas Cortes ás políticas antisociais de PSOE a cambio de "conseguir para Galicia" cousas que nunca se concretaron; no "goberno bipartito de Galicia", que foi como un "electrochoc" para moita xente que confiaba no BNG, e que veu defraudada esa confianza e confirmaba o xiro a dereita que xa se perfilaba nas políticas municipais destes últimos anos: Pero tamén hai xiro á dereita por parte do BNG no abandono da rúa, da mobilización social, para pecharse nas institucións, como se desde as mesmas se puideran solucionar todos os problemas que hoxe teñen @s galeg@s, esquecendo unha premisa que debe diferenciar a unha organización de esquerdas de unha que non o é, a certeza de que o estado burgués, e os Concellos, Deputacións e institucións autonómicas son parte do mesmo, están deseñadas en función do interese da clase dominante e moi pouco, non digo que nada, se pode conseguir desde o mesmo en beneficio d@s traballador@s asalariad@s.
Pois ben con tod@s @s que saen "pola dereita" do BNG, aí se sitúan el@s, é con quen EU-IU tenta pactar, e van ser os que terán maior peso nesa futura alianza electoral, aspecto que non me parece pouco relevante e que significaría, aínda que o podan  negar, un paso atrás moi importante na necesaria reconstrución da esquerda en Galicia.
polos servizos publicos
Unha forza de esquerdas nos momentos actuais, onde o capitalismo amósase realmente como o que é, un sistema de explotación desapiadado, que malgasta a inmensa riqueza xerada polos traballadores, que a privatiza e cando hai perdas, as socializa, que cas reformas que esta a tomar na maioría dos países do centro do sistema, nós sitúa nos finais do século XIX; unha forza de esquerdas repito, non se pode agochar, camuflar, ten que dar pasos adiante, ten que orientar tamén a aquel@s que non lles voten, ca elaboración dun proxecto alternativo de creba co capitalismo, cas súas políticas e cas súas estruturas institucionais, cun programa onde xunto cos obxectivos estratéxicos a longo prazo, aparezan elementos tácticos e cun discurso adecuado, para así conseguir que os votos que acade EU-IU, non sexan só de castigo, de cabreo, froito do fraude que outras forzas cometen co seu electorado, votos que chegan e marchan con moita facilidade, son moi volátiles, senón que sexan votos froito do convencemento, da aceptación dun proxecto distinto. Do que se trata é ser a vangarda das loitas, e para iso non fai falla ter moitos militantes, só ter un proxecto, un programa e un discurso adecuados, e levar a cabo un traballo constante na sociedade.
Sería máis rendible para EU-IU e a esquerda, facer unha análise sobre os resultados da organización grega; de como unha forza que naceu como unha copia de IU, iso afirmaron no seu momento moitos dos seus dirixentes, cun programa moi parecido e con posicións seguidistas co PASOK, o partido que se denomina en Grecia, como o PSOE, socialista, aínda que como aquí non o sexa. A partires dos inicios da crise soubo evolucionar e presentar un programa de rotura en moitos aspectos, a Unión Europea, por exemplo, co PASOK, etc, e face-lo posible para diferencia-lo campo do neoliberalismo do campo da esquerda; o que en tempos chamábamos en IU, "as dúas orelas". No estado español escolleuse outro camiño, que non conduce a ningures, o de "facer xira-lo PSOE á esquerda", o que non é unha utopía, que sempre se teñen acadado,  senón unha quimera, algo imposible de conseguir. As posicións de IU con respecto ó PSOE, durante estes anos e a formulación dos pactos IU-PSOE como “pactos de esquerda”, por exemplo en Andalucía, fan moi pouco a favor da necesaria reconstrución da esquerda no estado español; tamén a incapacidade de IU para dirixir nas actuais circunstancias, a loita contra as políticas neoliberais, presa das súas posicións respecto ó PSOE e as burocracias sindicais. Con moita benevolencia, pero sen chamarlle as cousas polo seu nome, Julio Anguita dixo que IU estaba “desbordada” e patrocina a creación dunha “fronte cívica”.
Pero volvendo a proposta feita en Galicia, penso que é contraditoria, pois EU-IU debíase considerar a Siryza galega; e se non é así, explica-las razóns e cales son os elementos a engadir, e non siglas, senón programáticos e de acción, que lles aproximen á forza grega.
O que favorecería esta construción sería entre outros aspectos, en primeiro lugar, abrir un debate na sociedade galega sobre que significa hoxe a loita polo poder, como conseguilo, como levantar un dobre poder, con quen; o papel das institucións no mesmo. En segundo debía de estar aberto, desde hai tempo, un debate sobre que modelo alternativo ó capitalismo; a formulación dun programa de esquerdas, e non me veñan co modelo socialdemócrata, de capitalismo de faciana humana e algunhas outras cousas polo estilo, pois iso, por moita xente de prestixio que o defenda, xa non vai ser posible, entre outras razóns, por vivir nun mundo globalizado onde a libre circulación de empresas e capitais é un feito, con toda a serie de privatizacións que PSOE e PP levaron adiante, en plena derrota das forzas políticas de esquerda, cunha construción europea imperialista, coa desaparición dos países que servían de contrapeso ó capitalismo e cunha crise xerada pola caída da taxa de ganancia, froito das contradicións do capitalismo. Hai que aceptar que non hai “saída de esquerdas” a actual situación dentro do sistema capitalista e a partires desta premisa, aborda-las solucións.

En Galicia no mes de Agosto de 2012

martes, 21 de agosto de 2012

O RESCATE DA BANCA: CRÓNICA DO ATAQUE Á POBOACIÓN



Grupo de traballo do 15 M da ria (Cambre, Culleredo e Oleiros)



Retomando ós inicios: A orixe da Débeda pública en Europa
contra maastricht
Como primeiro punto deste breve análise do rescate á banca, debemos falar de xeito resumido sobre cómo se chegou a esta situación: cal é a orixe da débeda pública, e cómo esta se converteu nun problema tan grande para nós.
Se queremos porlle unha data á orixe da especulación coa débeda pública ou soberana, que hoxe está na boca de todos para avalar as políticas de recortes sociais, temos que retroceder ao Tratado de Maastricht, en 1992. Nel, por influencia da lexislación de Estados coma o francés, onde este sistema téñeno dende 1973, prohibeselle expresamente ó Banco Central Europeo darlle diñeiro directamente ós Estados nin á mesma Unión Europea.
Antes desa data, o mecanismo fundamental de financiamento estatal era directo: o Estado, ou Tesouro Público, establecía as prioridades de investimento, e pedía ós Bancos Centrais correspondentes, que fabricasen o diñeiro que precisaban. Deste xeito directo non había débeda pública importante, pois o Estado non se prestaba a si mesmo con xuros de usura.
Mais coa aprobación do Tratado de Maastricht, este xeito de se financiar desaparece, e imponse a prohibición de facelo dun xeito directo. Agora, e a partir do Tratado, os Estados teñen que pedir os cartos que precisen aos bancos privados -ou sacar á venda nos mercados financeiros- os títulos de débeda pública, os bonos do tesouro. Son logo estes bancos privados os que lle piden o diñeiro ao Banco Central Europeo. Créase aquí un negocio perfecto para os “donos do capital”:
O Banco Central Europeo fixa os tipos de xuro dos cartos que entrega á banca privada a través do Euribor, que hoxe está nos mínimos (o 0,75%). Estes cartos, que non podemos olvidar que son PÚBLICOS, son utilizados en parte polos bancos para comprar débeda pública dos Estados, a un tipo de xuro que ven determinado polos mercados, polas axencias de calificación (que son parte dos propios mercados e polo tanto beneficiarios), e polas condicións políticas e sociais en cuestión. Estes cartos públicos son prestados nalgúns países a intereses moitísimo maiores. No caso de España, actualmente en torno a un 7%. En Grecia, xa por riba do 18%. Un interese que ademáis sube continuamente, de xeito forzado, polos propios mercados. É polo tanto un negocio perfecto, os bancos privados fináncianse con cartos públicos, para obter suculentos beneficios de cartos tamén públicos. Se os sumamos ós rescates aos bancos, temos que nós pagamos os beneficios da banca, e tamén pagamos as súas perdas. É unha máxima capitalista, privatizar os beneficios e socializar as perdas.
A isto chámaselle usura, e deste xeito, o endebademento convírtese nunha soga no pescozo dos Estados, e por extensión das clases traballadoras deses Estados afectados, que ven todas as súas conquistas sociais desmanteladas para pagar os xuros usurarios da banca e os grandes investidores.
Tamén destacar que nesta Europa, non existe unidade nin igualdade, xa que hai un claro beneficiario de momento cos problemas dos países do sur de Europa principalmente, e é Alemaña. A prima de risco, que levamos tempo vendo como non para de subir polos ataques especultativos, é un parámetro que mide a diferencia entre un bono, e bono de referencia, que é o alemán. Polo tanto, Alemaña estase actualmente financiando case gratis, á costa de que os países do sur cada día o fagan a un maior interese. De ahí que non teña de momento moita iniciativa por mudar a situación, na que ademáis os bancos do seu país están a facer un grande negocio no resto de países.

Da débeda privada á debeda pública: a socialización das perdas
Falemos agora de cómo con estas condicións se chegou a trasladar unha débeda que era na súa maioría privada, ás contas dos Estados, e polo tanto a repercutila na súa poboación.
Destacar aínda así, que cando no verán do 2007 prodúcese o comezo da crise actual, a débeda pública do Estado español non pasaba do 54% do PIB, mentres que a débeda privada, dos bancos, das empresas e das familias, multiplicaba por tres o PIB, nunha situación non moi diferente de outros estados similares ó español. E tamén que aínda hoxe, a débeda pública de España é moito máis baixa que a de outros países que non están pasando polos mesmos apuros. Dous exemplos, o Reino Unido, e EEUU, que é o país coa débeda pública máis alta do mundo (falando non en termos globais, senón en relación ó PIB).
Ó longo do 2008 e 2009, os gobernantes do mundo, salvo contadas excepcións, das que falaremos despois, saíron ó rescate dos bancos e grandes empresas. Mentras falaban de “refundar o capitalismo”, adicaron cifras de diñeiro mareantes para sacalos da crise que eles mesmos, coa súa cobiza, crearan. De onde saiu ese diñeiro para tapar os buratos de bancos e grandes empresas?
No 2008, cando entidades como Lehman Brothers, Merril Lynch, Goldman Sachs, nos EE UU, o Nothern Bank, en Gran Bretaña, o franco holandés Fortes, as inmobiliarias españolas como Fadesa ou Colonial, etc., é dicir, todos os que ó longo dos anos estiveron vivindo sobre a base de productos financieros, hipotecas, e préstamos non cobrables sumaban, segundo o propio FMI, un burato de 1,3 BILLÓNS de euros.
A verdade é que ninguen coñece, nin coñecía o verdadeiro alcance desta “estafa” a nivel mundial, Por iso, aínda que o goberno norteamericano aprobou daquela un rescate á banca, aseguradoras e grandes empresas, de 1,5 BILLÓNS de dólares, a crise non se freou. Era coma un campo minado, onde se tapaba unha mina e saltaba outra, ameazando o conxunto do sistema, de tal xeito que pouco despois, tiveron que emitir 900.000 millóns de dólares máis.
En Europa o BCE, e bancos centrais como o xaponés ou australiano, seguiron o mesmo camiño. A finais do 2010 levaban investidos en rescates ás entidades privadas unha cifra entre 13 e 15 BILLÓNS (12 ceros!!) de euros, o que significa entre o 21 e 25% do PIB mundial. Nesta cifra o Estado Español puxo a súa parte alícuota para salvar ós bancos e ás caixas de aforros, afundidas pola xestión irresponsable de xestores políticos e dos empresarios que estaban á súa fronte. Axudas que tamén chegaron a grandes empresas como as do automovil.
Deste xeito, o que ate o de agora era un burato nas contas de entidades privadas, salvo no caso das Caixas de Aforro, transformouse nun problema de todos. Roubaron o que quixeron, e agora témolo que pagar todos e todas. Esto é o que significa socializar as perdas, pasar a débeda privada a pública, e así xustificar todos os recortes nas conquistas sociais que en toda Europa veñen facéndose dende hai décadas.
A trampa neoliberal: Cómo chegaron aquí
A partir dun feito da chamada economía real, é dicir, a compraventa dun producto, sexa unha vivenda, un terreo, ou un investimento a través da bolsa nunha empresa supostamente rendible (moi coñecidas hoxe polas “preferentes” que teñen arruinado a miles de pequenos investidores), a combinación letal entre a banca, aseguradoras e axencias de calificación, dependentes daqueles, permitiu a construcción dunha pirámide investida.
Sobre ese feito económico construíron unha morea de productos financeiros, a cada cal máis enganoso e tóxico, avalado sempre polas siniestras axencias de calificación. Estas deron o visto e prace por exemplo ás subprime (chamadas tamén hipotecas basura) nos EE UU, cando era evidente que eran préstamos incobrables. Avalaron a Lehmann Brothers días antes da súa creba. Anos antes tiñan apoiado á Enron norteamericana, a maior eléctrica do mundo, dándolle a máxima calificación pouco antes da súa supensión de pagamentos. Actuaban e actúan ó servizo desa estafa masiva.
A simple dúbida de que os investimentos feitos na bolsa non ían dar a rendabilidade que se esperaba, ou que, como aconteceu coas subprime, o préstamo non sería cobrable, desmoronou todo o edificio construido. Cando a simple dúbida sobre a queda dos beneficios empresariais non é “dubida”, senón certeza, de que a industria non xera os beneficios que ten que xerar para xustificar os investimentos, a crise é sistémica.
Segue o efecto dominó: O rescate da banca española
E xa, falando do caso actual de España, como o burato dos nosos bancos (e antiguas caixas, coa complicidade ou ineptitude do Banco de España e dos Órganos de Administración nos que estaban tamén partidos políticos de distintas cores e incluso cúpulas dalgúns sindicatos), é moi grande, e xa o Estado nas súas condicións actuais non é quén de cubrir todas as súas perdas, optouse por recurrir ó Fondo de Rescate europeo, que aínda que se dicía que ía ser só á banca, a realidade é que pasa a engrosar as contas do déficit do Estado, e polo tanto seremos nós os que suframos as consecuencias, como comentaremos de seguido.

As consecuencias do rescate: a onda expansiva que destrúe o modelo social
Unha vez analizado de xeito máis ou menos sinxelo qué é a débeda, as causas, e cómo se transformou de privada a pública, ata chegar ó rescate, toca baixar o concepto á terra e ás nosas vidas, e analizar as consecuencias que ten para nós este rescate.
Hai un problema fundamental, e é o feito de que o verán pasado o PSOE e o PP pactaron unha reforma da Constitución, en tan só uns días e a espaldas do pobo. Con esta reforma, puxéronse os cimentos da nosa ruina, xa que se recolleu nela explícitamente que “o pago da débeda terá prioridade absoluta sobre calquera gasto”. Só por iso, os responsables deberían ser xulgados por alta traición.
Por iso agora, co rescate xa acordado, vémonos na obriga de aforrar moito máis aínda do que nos esixía Alemaña, xa que cada vez temos que pagar máis intereses, como consecuencia dos ataques continuos dos mercados, que buscan lóxicamente cantos máis beneficios mellor.
Todos sabemos cómo aforrar. Ou ben aumentas os ingresos, ou ben reduces os gastos. E aquí entramos nós. Para aumentar os ingresos, xa coñecemos as medidas que se foron tomando, e seguirán en adiante: aumento da idade de xubilación, subida do IRPF, subida do IVE, supresión do IVE reducido en moitos productos, Repagos en sanidade e no ámbito xudicial, privatizacións de organismos públicos que podan xerar beneficios a empresas privadas, subidas de impostos especiais, ... E logo, pola outra banda temos o de reducir os gastos. Aquí chegamos ós tristemente famosos recortes: eliminación da lei de dependencia, despido de funcionarios, reducción de salarios, recortes nas pensións, diminución drástica dos orzamentos destinados ó modelo social, con especial incidencia en educación e sanidade, reducción das prestacións por desemprego, expulsión do sistema sanitario de parte da poboación...
Pero temos un serio problema con todas estas medidas. Non funcionan. Por unha parte, porque tanto recorte deprime a economía, e recórtanse os gastos, pero caen máis os ingresos, polo que non se consegue aforrar. E por outro que os mercados, independentemente dos recortes que se fagan, seguen a súa estratexia, e forzan a suba da prima de risco. Polo tanto, suben os intereses para financiarse, e os cartos que hai que destinar para pagar a débeda son cada vez maiores. Entón, a débeda é ese monstro que se alimenta a sí mesmo: os recortes alimentan a débeda, e a débeda alimenta os recortes. Por iso este non é o primeiro paquete de reformas, como lles gusta máis chamarlle. E tampouco será o último deste ano, iso seguro. Será o pesadelo interminable.
Pero entrando máis en detalle nalgunha das medidas, temos unha que nos quita o sono estes días, e é a tan temida subida do IVE. Un imposto que ataca especialmente á clase traballadora. E que como todos xa sabemos, non vai facer senón empeorar as cousas. Pero é que ademáis de machacarnos, ríense directamente de nós. O señor Montoro, para explicar a necesidade de subilo IVE, dixo que é porque en España é máis baixo que noutros países. Casi mellor non entrar en comparacións, señor ministro! E que tamén se debía a que moita xente non o paga. Que quere dicir, que como moita xente non o paga, os que sí o fan, teñen que pagar polo resto tamén. Pero é que ademáis hai un detalle que o señor Montoro non quere contar. E é precisamente quén non o paga, e por qué non se persegue máis. Ademáis de ser algo “cultural” en España o de defraudar a Facenda, non o podemos negar, resulta que o mesmo Sindicato de Técnicos de Facenda estima que a fraude fiscal neste país cada ano ronda os 88.000 millóns de euros. Casi o rescate á banca completo. Pois resulta que sobre o 80 % desa fraude fiscal cométena os bancos, as grandes empresas, e as rentas superiores.
Temos entón que os que máis gañan, e ademáis menos impostos pagan, aínda por riba son os que máis defraudan ó fisco. E como non hai que ser rencorosos, o Goberno vai e lles ofrece fai pouco unha amnistía fiscal. Eso sí, subvencionada por nós, polo que vemos hoxe. A verdade é que a desfachatez dos nosos políticos parece que xa non ten límites.
Pero xa que falamos de medidas para reducir o déficit, vemos que todas elas van na mesma dirección, coma se tivésemos unha diana pintada na fronte. Pero existen moitas outras sobre as que se segue sen querer oír unha soa palabra: a eliminación das SICAV, instrumentos fiscais españois polos que os realmente ricos tributan sobre os seus beneficios un mísero 1 % (cando unha pequena empresa por exemplo paga o 30 % no imposto de sociedades). Perseguir e eliminar dunha vez os paraísos fiscais, onde según foi publicado recentemente, os ricos desviaron entre 17 e 26 BILLÓNS de euros en só cinco anos. Nacionalizar e poñer baixo o control ciudadano todo banco ou caixa que recibira cartos públicos e non os poda devolver de inmediato. Introducir impostos ás transaccións financieiras, que ata o de agora non pagan un só euro a pesares dos grandes beneficios que obteñen con elas. Eliminar o Senado, os privilexios da clase política, como as súas pensións vitalicias, e moitas outras que se poderían mencionar. Estas medidas, xunto cunha maior persecución da fraude fiscal, pero comenzando polos máis poderosos para que se poda falar de xustiza, terían un potencial de recaudación tremendamente superior a tódolos recortes que nos levan aplicado e que se lles irán ocurrindo en adiante. Pero obviamente esto non interesa.
Dúas parecen ser as consecuencias finais de todas estas medidas: o empobrecemento da poboación, a través dunha fuga continua de cartos dende toda a clase traballadora, ata uns poucos elexidos do poder financieiro. E as privatizacións, onde os mercados conseguirían por fin, e moi especialmente, meterlle o dente a eses “nichos de negocio”, como eles dirían, tan suculentos, como son a educación, e sobre todo as pensións e a sanidade.
Lembrar tamén que todo isto non é algo de agora, nin de Europa. Algo semellante se viviu en Arxentina por exemplo, onde estas medidas as impulsaba o FMI. E todos coñecemos unha das gravísimas consecuencias que tivo alí levar adiante estas políticas. Que foi o famoso “corralito”. Pois ben, aquí xa estamos comenzando a vivir tamén “corralitos”. O caso das participacións preferentes tócanos moi de cerca. E esta misma semana acábase de liquidar a CAM, e acaban de dicir, que as participacións que quedaban da mesma, xa non valen absolutamente nada. Os cartos directamente esfumáronse.
Alternativas: nin aceptamos a situación nin nos rendemos
A Unión Europea, os gobernos estatais e o FMI veñen afirmando que, diante desta situación de endebamento publico, non colle outra solución que aplicar duros recortes sociais, e que isto permitirá a estabilidade orzamentaria que sentará as bases para a saída da crise.
Nada mais lonxe da realidade, como acabamos de dicir. Estas politicas só teñen un obxectivo, e é procurar novos ou maiores “nichos de negocio”.
Por iso, rexeitamos a afirmación de que somos culpables por vivir por riba das nosas posibilidades (xa vimos de explicar cómo chegamos ata aquí e quén se beneficia, e quén sufre, as consecuencias), e sobre todo de que non hai alternativa posible. Teremos por tanto que falar dalgunhas, que existen e xa son visibles, ademáis das que podamos ir creando entre todo o pobo organizado.
A primeira delas acabamos de comentala. e é precisamente combater o déficit utilizando algo tan simple como a xustiza económica e fiscal.
A segunda delas, que non nos cansamos de lembrar, é o caso de Islandia. Sabemos que a comparación é compricada, xa que Islandia é un país diminuto en comparación con España. Pero amosou que hai outro xeito de facer as cousas. Por se alguén non o sabe todavía (xa que non lles interesa publicitalo moito), en Islandia ante unha situación semellante, deixouse caer á banca. O pobo islandés mobilizado, cando viu que os seus tres bancos principais tiñan xerado unha débeda privada que provocaba a creba de todo o Estado islandés, rexeitou salvalos: rexeitou o traslado da débeda dos bancos ás contas públicas, e suspenderon o pagamento da débeda. E mediante a presión popular conseguiron forzar a dimisión do Goberno en bloque. Hoxe, os responsables da crise e a súa xestión, tanto políticos coma económicos, están sendo xulgados por elo. Incluso o pobo elexiu libremente a un grupo de persoas que se encargarían de redactar unha nova Constitución. Dende organismos como o FMI ou o BCE pronosticaron unha catástrofe económica ós seus habitantes. Sen embargo, actualmente Islandia non só está crecendo, senón que se estima que o próximo ano crecerá o triple do promedio da UE. Para qué dicir máis.
http://95.142.175.118/15mria/content/public/upload/islandia.jpg
Un último punto que queremos introducir hoxe, é o da auditoría ciudadana da débeda. Seguindo un pouco o exemplo islandés, en diversos estados europeos como Grecia, Italia, Francia e España, teñen xurdido movementos dentro da sociedade para esixir unha auditoría da débeda pública. Partimos dunha base, e é que vivimos nun oscurantismo total. Ocúltansenos as contas, os gastos, míntese, despilfárrase, encúbrese, estáfase. E logo pagamos nós as consecuencias. Parece isto a Idade Media, na que nós matámonos a traballar (se podemos) para recaudar cartos para pagarlle impostos ós “señores feudais”. Por exemplo, cando se comezou a falar do burato de Bankia houbo un baile de cifras diario coma se contásemos céntimos, e non millóns de euros. E incluso tiveron que vir auditores de fora que cobraron moitos cartos por aclarar as perdas que tiña. Esto non se pode permitir. Hai que esixir unha apertura total das contas públicas. Se son os nosos cartos, e eles din ser os nosos representantes, temos que coñecer a onde vai parar cada euro. E a partir de alí, dispoñer de mecanismos onde decidir e controlar en qué se invirte e en qué non.
Esto sería para un contexto normal. Pero nun contexto como o de agora, hai que falar doutro concepto, que é o da débeda ilexítima. Unha débeda pode considerarse ilexítima, cando se contrae en contra dos intereses do pobo, e que polo tanto lle perxudica. E ante esa débeda ilexítima podería rexeitarse o seu pago. Entón, o levar a cabo co tempo unha auditoría ciudadana das contas, podería permitir aclarar cánto se debe, a quén se lle debe, e por qué se lle debe. E logo distinguir entre a débeda que sexa lexítima, e que haberá que pagar, e a débeda ilexítima, que sería rexeitada.
Esto sería para nós, unha auditoría ciudadana da débeda:
Unha auditoria non é que as empresas auditoras como Arthur Andersen controlen as contas do Estado, (sería como poñer “a raposa gardando o galiñeiro”), senón que ten que ter un obxectivo ben claro: que a sociedade coñeza as contas do Estado, que se acaben cos acordos comerciais e financeiros segredos, coas partidas orzamentarias opacas, coas subvencións a bancos e empresas a costa do erario publico, etc...
En segundo lugar, esta auditoria pública ten que servir para determinar qué parte da débeda ten que ver cos gastos sociais necesarios, e vixiar que non estean inflados, e o que é debeda imposta polo rescate á banca, ás empresas, macroconstruccións sen unha finalidade, etc. É dicir, o que si sería pagable, e o que non se pagaría de ningunha das maneiras.
Neste sentido, a auditoria tería como obxetivo, tamén, delimitar as responsabilidades políticas e penais dos xerentes públicos e privados das institucións, caixas de aforro, bancos, grandes empresas, e as dos políticos que permitiron, avalaron e xustificaron por activa ou por pasiva o desastre.
En cuarto lugar, esta auditoria non é unha auditoría ó uso, non se encargaría a unha empresa a súa realización. Tampouco consideramos que teña que ser unha auditoría consultiva, como fixeron no caso portugués ou irlandés, onde grupos de intelectuais independentes fixeron un estudo do desastre.
Para nós, esta auditoría ten que ter consecuencias prácticas, ten que ser parte dunha loita pola mundanza de fondo das estructuras das sociedade que nos levou a esta situación, ao borde do precipicio, e que está empobrecendo á maioría da sociedade, mentres algúns poucos enriquécense coma tolos.
Por iso, a auditoría ten que ser feita pola poboación traballadora autoorganizada, a través das asembleas populares, das súas organizacións sindicais, sociais e políticas, apoiados en técnicos e intelectuais independentes.
Entón, a súa conquista ten que ser resultado da mobilización social contra a Unión Europea e os Gobernos que xustifican unhas políticas de axuste e recortes, para unha débeda que foi creada polo sistema capitalista.
Este parécenos un punto importante no que traballar de aquí en adiante.
Agosto 2012

miércoles, 8 de agosto de 2012

EFEMÉRIDES MES DE AGOSTO



Carlos Dafonte

Día 1.

proclamación de la República de los Consejos obreors en Hungría1919. Finaliza a experiencia da República dos Consellos Obreiros en Hungría presidida por Bela Kun, un dos dirixentes da futura Internacional Comunista, afogada pola intervención dos exércitos checo e rumano e os erros tácticos e estratéxicos dos grupos de obreiros revolucionarios e do Partido Comunista de Hungria fundado o ano anterior. Un dos erros máis importantes, foi a fusión ca socialdemocracia que xogaba un papel contrarrevolucionario e non tiña interese algún en que trunfara a revolución. Esta experiencia iniciárase o 21 de marzo.





Ejército rojo chino
1927. Créase o “exército vermello” chinés. Sublévanse os comunistas do exército do Kuomitang na cidade de Nanchang; estas forzas eran comandadas por He Long e Zhou Enlai e foi un intento de facerse co control da cidade unha vez que se rompeu o pacto entre o partido nacionalista burgués e o Partido Comunista. O 5 do mesmo mes, retíranse da cidade cara as montañas de Jing Gang en Jiang Xi, onde máis tarde se establecería un soviet, baixo a dirección de Mao Zedong. O exército vermello ó mando de Zhu De, converteuse nunha importante forza guerrilleira en loita contra o Kuomitang e os xaponeses.

Día 2.

semana trágica barcelona
1909. Finaliza a insurrección da cidade de Barcelona e provincia, que se coñece como “Semana Tráxica”, cun saldo de numerosos mortos, feridos e detidos. As causas atópanse nunha confluencia de procesos, por unha banda o acrecentamento da influenza de Solidariedade Obreira entre os traballadores da industria téxtil e o peche de empresas, por parte de numerosos empresarios, deixando a miles de traballadores na rúa; por outra a chamada ós reservistas do exército para envialos a Marrocos, despois da derrota do “barranco do lobo”, decretada polo goberno Maura o 10 de xullo, con Barcelona como punto de embarque. Esta medida é respondida en Madrid tentando o bloqueo dos convois cargados de soldados, onde se producen numerosos feridos e manifestacións contra da guerra en Barcelona, por parte de mozos e familiares dos chamados a filas. O problemas das “quintas” era moi sentido pola maioría da poboación, posto que os fillos dos ricos eludían ir ás guerras coloniais.
O 24 de xullo fórmase un comité de folga, constituído só por diferentes sectores anarquistas de Solidariedade Obreira e a federación socialista catalá, diante da negativa dos radicais, republicanos e os catalanistas de esquerda a participar. Na madrugada do 26 convócase a folga que é total ó día seguinte e declárase o estado de guerra. Na provincia de Barcelona, en numerosas vilas a folga toma un carácter insurreccional. Pero se a dirección do Partido Radical é contraria á mobilización non sucede o mesmo entre os sectores da súa esquerda, que clausurado o seu local, comezan a incendiar centros relixiosos, o primeiro en Poble Nou. En Barcelona levántanse barricadas para defenderse da acción do exército, e nas vilas da provincia os comités obreiros administran as cidades.
A falla de dirección política e polo tanto de obxectivos claros a conseguir, permite a elementos demagogos e incontrolados, convertelo nun movemento anticlerical, que produce o incendio de máis de 80 establecementos relixiosos.
solidaridad con ferrer i guardia
A represión posterior foi moi dura, máis de 200 consellos de guerra e cerca de 2000 encartados; ditáronse 17 condenas de morte e executáronse 5, entre elas a de Francisco Ferrer i Guardia, famoso pedagogo anarquista, creador da Escola Nova, na que a Igrexa veía unha competencia para o seu monopolio na ensinanza, considerado como “autor e xefe da rebelión”, inspirador ideolóxico, polas ensinanzas impartidas nos seus establecementos. Maura, que era o presidente do goberno, negouse a que o rei lle concedese o indulto. A campaña contra Antonio Maura, dentro e fora do estado, foi moi importante e Maura e o seu goberno dimiten os poucos días do fusilamento de Ferrer.
Entre as consecuencias destes feitos, destacan a formación da Conxunción republicano-socialista, que se establece o 7 novembro no frntón Jai-Alai, que lles vai permitir a estes últimos sacar o primeiro deputado en 1910; o nacemento da CNT e dun movemento catalanista republicano de esquerdas, tamén en 1910, o descabezamento do partido conservador cuxo máximo dirixente era Maura e a formación en 1912 do Partido Reformista de Melquiades Álvarez; sinais todas elas da crise na que se precipitaba o coñecido como “sistema da restauración”, instaurado por Cánovas a partires de 1876.

Día 4.

pierre mulele1964. Pierre Mulele, antigo Ministro de Educación no goberno de Patrice Lumumba, forma na cidade de Kisangani un goberno revolucionario e proclama a República Popular do Congo. Despois do asasinato de Lumumba marchara a China e de volta en 1963, inicia o que chamaba a “segunda independencia”, a loita polo socialismo, ca formación do Consello Nacional de Liberación, xunto con Soumialot e Gebenyé e dun exército que lles permite o dominio sobre un amplo territorio. A intervención masiva de mercenarios europeos, surafricanos, israelitas, británicos, franceses, o exército belga, etc asesorados polos EEUU, na chamada Operación Dragón Vermello, leva a caída do goberno revolucionario en novembro dese mesmo ano e o inicio da guerra de guerrillas xunto con Laurent Kabila, que controlaba un amplo territorio no norte de Katanga. Che Guevara pasará cerca dun ano nas selvas do Congo tentando consolida-lo movemento guerrilleiro. En setembro de 1968, diante do estancamento da loita guerrilleira se acolle a unha amnistía decretada por Mobutu. O 2 de outubro de 1968 é detido, cóntase que descuartizado en vida e os seus restos tirados no rio Congo. Tiña 49 anos o día da súa morte. A súa nai foi aforcada en 1978, polo exército.

Día 5.

1895. Falece en Londres Federico Engels, teórico, revolucionario e comunista; o fiel compañeiro de Marx desde o momento que se coñeceron en París, en agosto de 1844. Despois da morte de Marx, converteuse na figura máis salientable do proxecto revolucionario. Polo seu desexo, o enterro foi moi sinxelo, pouca xente, camaradas e amigos íntimos; Liebknechet, Babel, Lafargue e algún outro dixeron algunhas verbas. As súas cinzas foron deixadas no mar preto de Eastbourne, o seu lugar favorito para descansar.

1919. Turquía. Prodúcese a sublevación de Kemal Attaturk contra o sultán, acontecemento que se considera o inicio da modernización do país, pero tamén do férreo control do exército sobre o mesmo.

1951. O político cubano Eduardo Chibás, líder do Partido do Pobo Cubano (Ortodoxo), por non poder presentar probas da súa inocencia despois de ser acusado falsamente de corrupción, se suicida dun disparo mentres falaba na radio CMQ, nunha intervención contra a política corrupta do presidente Prio Socarrás. As súas últimas verbas foron, ¡Pobo de Cuba, levántate e anda! ¡Pobo cubano desperta! ¡Este é o meu último aldabonazo!. Fidel Castro e unha parte importante da mocidade revolucionaria cubana, pertencían ó partido de Chibás.

Día 7.

1920. Finaliza o IIº Congreso da Internacional Comunista.(ver efemérides mes de xullo).

Día 11.

1923. Folga xeral en Berlín en solidariedade cos tipógrafos. As condicións de suba dos prezos e de aumento acelerado do paro e degradación nas condicións de vida dos traballadores alemás, situación que se acrecentou despois da ocupación do Ruhr polas tropas franco-belgas en febreiro e a folga xeral decretada polos traballadores nesa zona industrial, é o inicio dun novo movemento de folgas como a de Berlín que foi un éxito, e levan á IC e o KPD, a facer a valoración de que as condicións están maduras para un novo proceso revolucionario, que estalará poucos meses máis tarde.

1936. É asasinado en Carmona, polos falanxistas, o notario e político pequenoburgués “andalucista”, Blás Infante Pérez, chamado o “pai da patria andaluza”. O seu pensamento é unha mistura de republicanismo e federalismo considerando a necesidade de que Andalucía fose unha rexión diferenciada do resto do estado. As súas ideas foron expostas na súa obra de 1915 “Ideal Andaluz” e en toda outra serie de escritos, moitos publicados en vida e outros dun xeito póstumo.

lucha contra el racismo en USA
1965. En Watts, un dos arrabaldes de Los Angeles, EEUU, onde se lles permitía vivir ós negros, prodúcese unha sublevación popular a causa da discriminación racial, a alta taxa de desemprego, a carencia de hospitais e escolas públicas e o trato brutal da policía, maioritariamente branca. Despois dunha semana de disturbios e tiroteos, o balanzo oficial foi de 34 mortos, 1032 feridos atendidos en centros sanitarios, máis de 10.000 detidos e de 600 edificios estragados. Ningunha democracia esixiu investigación algunha, nin se defenderon diante de organismos internacionais, os dereitos das minorías raciais nos EEUU, seriamente conculcados.


Día 12.

1888. Nace en Barcelona a Unión Xeral de Traballadores (UXT). 26 delegados que representaban a 44 sociedades de oficio; xúntanse no local do Circulo Socialista na rúa Talleres número 29 de Barcelona e crean, a proposta do tipógrafo Pablo Iglesias o sindicato Unión Xeral de Traballadores de España, sendo elixido como secretario xeral, Antonio García Quejido, secretario da Federación Socialista Madrileña. Organizouse a base de Sindicatos de Oficio a nivel local e en Federacións a nivel estatal.
No congreso do PSOE celebrado poucos días despois, aprobouse como requisito para a militancia no partido, a afiliación ó sindicato.

mario roberto santucho en congreso
1936. Nace Mario Roberto Santucho, en “Santiago do Esteiro”, Arxentina. Era fillo dun procurador xudicial e dunha mestra, nunha familia de dez irmáns. Desde moi novo gustáballe discutir de política e formou parte do Centro de Estudos e Investigacións de Santiago do Esteiro, participando na revista “Dimensión”, que dirixía o seu irmán Francisco René, secuestrado e desaparecido no ano 1974, na época do goberno de Isabel Perón. Estudou Ciencias Económicas en Tucumán e militou no Movemento Independente de Estudantes sendo elixido representante ó Consello Académico. Graduouse de Contador Público e exerceu como asesor de sindicatos pertencentes á FOTIA . A comezos de 1961 inicia unha viaxe por diferentes países de América, incluídos os EEUU, onde imparte varias charlas en universidades, finalizando o percorrido en Cuba nos momentos da IIª Declaración da Havana, pola que se converte nunha república socialista, o que lle leva ó marxismo e o leninismo. A volta a Arxentina afiliouse á Fronte Revolucionaria Indoamericano e Popular (FRIP), defensor dos asalariados e as etnias oprimidas. Cando a Fronte se estendeu por Tucumán, Santucho traballou entre os obreiros da azucre na defensa dos seus postos de traballo e das melloras salariais. Nesta época escrebe o ensaio “Catro teses sobre o norte arxentino”, onde establece a necesidade da alianza do proletariado da azucre cos campesiños pobres e medios e a importancia de neutralizar a outros sectores da pequena e media burguesía, para illa-la grande burguesía da azucre.
En 1963 a FRIP e a agrupación Palabra Obreira constitúen o Partido Unificado da Revolución, que o 25 de Maio de 1965, en Avellaneda, adopta o nome de Partido Revolucionario dos Traballadores(PRT), un partido da clase obreira para loitar polo socialismo.
En 1966 instaurase a ditadura do xeral Onganía, sendo despedidos miles de traballadores das explotacións agrícolas ós que Santucho axuda a organizar e levar adiante, toda unha serie de loitas reivindicativas e cortes de estradas.
Xunto con outros compañeir@s analizan a situación nacional e internacional no documento “O único camiño cara o poder obreiro e o socialismo” ; faise nel, unha reflexión histórica sobre o marxismo e a cuestión do poder; revalorízase o papel de Trotski como dirixente revolucionario, incorpóranse aspectos do pensamento de Mao Zedong e asúmese como perspectiva estratéxica o documento de Che Guevara “Crear dous, tres, moitos Vietnam”; caracterízase a situación arxentina como pre-revolucionaria, e ponse o énfase na construción do partido revolucionario e a formación dos primeiros destacamentos insurxentes. Este documento será debatido e aprobado no IVº Congreso do PRT celebrado en 1968.
En 1969 prodúcense en Arxentina dous grandes mobilizacións de masas, o chamado “cordobazo” en maio, e o “rosariazo” en setembro, que confirman dúas das apreciacións do PRT, a aparición dun sindicalismo de clase, non burocratizado, ó marxe das mafias e a resposta armada, fronte a represión e a falla de democracia. En outubro é detido en Tucumán e desde a cárcere teoriza sobre a nova situación, critica as desviacións economicistas e reformistas e se reafirma na loita polo poder e a formación dun goberno revolucionario, obreiro e popular. Estes documentos serán a base das discusións do Vº Congreso do PRT do mes de xullo de 1970, que crea o Exército Revolucionario do Pobo, e cuxo Comité Central o elixe, en outubro, como Secretario Xeral. O PRT inicia a explicación en fábricas mediante boletíns, das súas posicións conseguindo aumenta-la súa afiliación entre os obreiros.
O 15 de marzo de 1971 participa activamente no segundo “cordobazo” e se opón a idea do xeral Lanusse do Acordo Nacional, propoñendo unha “Fronte Electoral Obreira e Popular”, remarcando a necesidade de combinar diferentes formas de loita. Dirixe o operativo para liberar presas da cárcere de Córdoba e nese mesmo ano publica o folleto “O Peronismo” severa crítica o movemento encabezado por Perón que remata facendo un chamamento a unidade cas forzas armadas peronistas, FAP, Montoneros e FAR. Nese mesmo ano é detido e torturado en Córdoba xunto con numerosos compañeiros o que non permite a plasmación do proxecto electoral. O 15 de agosto de 1972 nunha operación conxunta con Montoneros e FAP, escapa da cárcere de Rawson; o día 22 son asasinados na base de Trelew 19 militantes revolucionarios entre eles a súa compañeira, Ana María Villarreal.
Santucho denuncia a volta de Perón á Arxentina como un intento de frear a confluencia do movemento obreiro cas organizacións revolucionarias. O 19 de febreiro de 1973 o ERP toma o cuartel do batallón 141 de Córdoba apropiándose de todo o armamento. A Triple A organización terrorista formada por elementos militares e da policía, comeza a actuar contra militantes de esquerda, levando a cabo a matanza do aeroporto de Eceiza, o día que regresaba Perón.
Santucho plantea unha nova estratexia internacionalista, abandonando a IVª Internacional e é un dos fundadores, en febreiro de 1974, da Xunta de Coordinación Revolucionaria, co Movemento de Esquerda Revolucionaria de Chile, o Movemento de Liberación Nacional -Tupamaros de Uruguai e o Exército de Liberación Nacional de Bolivia; e a primeira experiencia dunha Internacional a nivel rexional, seguindo as propostas do Che Guevara.
guerrilleros erp argentina
No 1974 o ERP ocupa o cuartel de Azul e un golpe fascista derroca ó goberno de Córdoba; en maio o ERP ocupa a cidade de Acheral en Tucumán. As loitas sociais son violentamente reprimidas e á morte de Perón o 1 de xullo de 1974, Santucho propón unha tregua militar que as autoridades non aceptan. A partires dese momento a Triple A asasina a decenas de dirixentes sindicais, deputados e xentes da esquerda revolucionaria. Nestes meses de 1974, escrebe “Poder burgués e poder proletario”. O 20 de agosto de 1975 o ERP, ocupa o centro da cidade de Córdoba e propón a creación dunha fronte antifascista con todas as forzas de oposición á ditadura civil, que é rexeitada.
O 23 de decembro ocupan o cuartel Monte Chingolo en Lanús.
O 24 de febreiro de 1976 os militares toman o poder. O 19 de xullo son sorprendidos en Villa Marteli, caendo feridos Santucho e Benito Urteaga e son detidos catro compañeir@s máis. Tod@s son asasinados con posterioridade e os seus cadáveres desaparecidos. Santucho marchaba o día seguinte para Cuba, Benito Urteaga sería o titular interino no organismo de dirección, durante a súa ausencia.

Día 13.

huelga 1917
1917. Folga xeral revolucionaria no estado español. A maioría dos traballadores asalariados, en maior numero os do campo que os da cidade, viron baixa-lo seu nivel de vida, desde primeiros de ano, pola enorme suba dos prezos dos produtos de primeira necesidade, mentres os empresarios agrícolas sobre todo, pero tamén os industriais beneficiábanse do desenvolvemento da Iª Guerra Mundial, pois convertéronse en subministradores de numerosos produtos alimenticios, industriais e minerais. Como sempre, os salarios non subiron, polo que ó longo do ano as mobilizacións foron constantes por toda a xeografía do estado; desde primeiros de xuño estalan folgas de albaneis en Bilbao e San Sebastián, de metalúrxicos en Beasaín, dos obreiros do arsenal de Cartaxena e dos agrícolas de Huelva, na construción de Zaragoza, dos mineiros de Penarroia e os panadeiros de San Sebastián, movementos que axudan á dimisión do goberno do liberal García Prieto, enfrontado á presión que representan as Xuntas Militares formadas en diversas gornicións. Ca formación do goberno conservador de Eduardo Dato, a Lliga catalá lanza a campaña pola autonomía e a convocatoria dunha asemblea de parlamentarios para protestar polo peche das Cortes. As folgas continuaron no mes de xullo e agosto, cos metalurxicos de Biscaia e os tranviarios e ferroviarios de Valencia, que se transforma en xeral o 20 do mes.
Diante da situación a UXT convoca unha folga xeral revolucionaria, con apoio da CNT, formándose un comité de folga formado só por uxetistas, Largo Caballero, Saborit, Anguiano e Besteiro. O manifesto era moi pouco revolucionario, contentábase con solicitar un goberno provisorio que asumise os “poderes executivo e moderador” e convocase eleccións libres a Cortes Constituíntes. Este acordo tamén era apoiado polo PSOE e partidos republicanos e, segundo Tuñón, o proxecto era unha “sorte de revolución burguesa e democrática” ca finalidade de acabar co “sistema canovista” instaurado a partires de 1876, que só permitía a alternancia no poder de dous partidos, o conservador e o liberal.
barcelona paralizada huelga 1917
O día 13 a actividade estaba completamente paralizada en Madrid, Biskaia, Asturias, Barcelona, Sabadell, Terrasa, Valencia, Zaragoza, A Coruña, concas mineiras de León, Huelva, Cartaxena...
En Barcelona había un comité de folga dirixido por Pestaña, no que participaban os membros da CNT, Salvador Seguí e Vidiella entre outros.
Pola tarde declárase o estado de guerra e o 14 e 15, prodúcense choques moi violentos entre os folguistas e o exército e a policía; foi perdendo forza durante os días 16, 17 e 18 e o 20 finalizou en todas partes menos en Asturias que seguiu na conca mineira ata o 31.
A lista oficial da represión establecía 71 mortos, 37 en Barcelona e provincia, 150 feridos e máis de 2000 detidos, aínda que as fontes non oficiais, falaban de cifras moito máis elevadas. Pero esta “crise do 17” como se lle coñece na historiografía española, abriu un período de “gobernos de concentración”, pola imposibilidade de gobernos de partido, no que por primeira vez entraron os catalanistas da Lliga.
Esta crise foi un cravo máis no ataúde do sistema canovista, que seguirá funcionando, con grandes dificultades ata a implantación da ditadura do xeral Primo de Rivera

Mella y baliños fundadores partido comunista cuba1925. Fundación do Partido Comunista de Cuba. Diversas agrupacións comunistas cubanas xúntanse nunha casa da rúa Calzada no Vedado, e fundan o partido, que se adhire á III ª Internacional. Únense na nova organización, dúas xeracións de revolucionarios, a de Juan Antonio Mella, a dos estudantes e dos sectores máis revolucionarios da mocidade e a de Carlos Baliño, a xeración dos vellos loitadores da clase obreira e o independentismo, que participaran na fundación do Partido Revolucionario Cubano por José Martí.
O primeiro secretario xeral foi José Miguel Pérez, quen anos máis tarde fundará o Partido Comunista de Canarias e será asasinado en Tenerife en 1936.

Día 19.

lorca vestido con mono de trabajo1936. Asasinato de Federico García Lorca. Non se coñece con certeza se foi na noite do 18 ou na madrugada do 19 cando o mataron xunto ó mestre Dióscoro Galindo e os banderilleiros Francisco Galadí e Joaquín Arcollas, na estrada que une Viznar e Alfacar. Foi un dos máis de cinco mil asasinados pola vesanía fascista na provincia; O xeral Queipo de Llano, xefe Capitanía de Sevilla, impuxo unha tremenda violencia sobre os territorios andaluces onde trunfou a sublevación contra a democracia republicana; en Granada foi fusilado o xeral Campins xefe da Comandancia, por non ser felón, así como o alcalde, o presidente da Deputación, numerosos concellais, o rector da universidade, deputados, sindicalistas e moit@s polo sinxelo feito de ser simpatizantes da república.
O día 9 Lorca, que estaba na casa de verán da súa familia, a Horta de San Vicente, foi golpeado e humillado cando unha banda de fascistas foi buscar ós irmáns do caseiro; refuxiouse na casa dos Rosales, amigos pero falanxistas, onde o detivo o día 16 o antigo deputado da CEDA, Ruiz Alonso. Nos tres días que pasou detido, nada se fixo por parte das súas amizades que apoiaban a sublevación, para salvarlle a vida.

Día 20.

trotski sentado
1940. León Davidovich Bronstein, máis coñecido polo alcume de Trotski, revolucionario bolxevique, creador do Exército Vermello e un dos teóricos marxistas máis importante, é ferido gravemente cun piolet de alpinismo, por Ramón Mercader, comunista catalán, personaxe ó servizo das ideas de Stalin, que lograra introducirse no seu círculo íntimo en Coyoacán, México. Morrerá ó día seguinte.



Día 23.

obreros de turin en huelga
1917. Sublevación obreira en Turín, Italia; as noticias que chegaban de Rusia, tiveron un grande impacto nos milleiros de obreiros turineses, vangarda do proletariado italiano; durante cinco días os traballadores loitaron cas armas na man contra o imperialismo e o militarismo italiano; chegaron a apoderarse de varios arrabaldes da cidade e tentaron, sen éxito ocupa-lo centro onde se atopaban as institucións de goberno e a comandancia militar. O pobo levantou barricadas, cavou trincheiras, rodeou algúns arrabaldes de aramados electrificados e rexeitou durante cinco días todos os ataques do exército e da policía. Morreron máis de 500 obreiros, máis de 20.000 quedaron feridos e moitos dos dirixentes arrestados e afastados da cidade

Sacco y Vanzetti
1927. Despois dun xuízo amañado, prodúcese o “asasinato legal”, en Denham, Massachusetts, na cadeira eléctrica, dos traballadores revolucionarios anarquistas Nícola Sacco, zapateiro, e Bartolomeo Vanzetti, vendedor de peixe; ámbolos dous emigrantes italianos, acusados de roubo a man armada e asasinato de dúas persoas. Posiblemente foran seguidores do anarquista italiano Luigi Galleani, que era partidario da acción violenta contra o estado e as súas institucións, pero nunca se chegou a demostrar.
A súa condena levantou unha enorme onda de solidariedade e protestas dos traballadores asalariados en todo o mundo e a súa morte, producíronse importantes disturbios desde os EEUU ata Xapón pasando por América Latina e Europa.
En 1977 o Estado da Unión onde foron xulgados e asasinados, proclamou a súa total inocencia e pediu desculpas por como se levou a cabo o proceso.
No xuízo Nícola Sacco afirmou: “Non hai xustiza para os pobres en América!
...¡Oh, compañeiros meus, continuade vosa gran batalla! Loitade pola gran causa da liberdade e da xustiza para todos! Este horror debe rematar! A miña morte axudará á gran causa da humanidade. Morro como morren todos os anarquistas, altivamente, protestando ata o último contra a inxustiza...Por iso morro e estou fachendoso diso! Non palidezo nin me avergoño de nada; o meu espírito é aínda forte. Vou á morte cunha canción nos beizos e unha esperanza no meu corazón, que non será destruída... “
Entierro de Sacco y Vanzetti
As súas figuras, durante moitos anos foron un símbolo da loita de clases e do que é a democracia burguesa, unha ditadura que utiliza todos os medios, case sempre ilegais, para eliminar os seus adversarios.

Día 25

1935. Finaliza o VII º Congreso da Internacional Comunista. Foi o último congreso celebrado pola IC. Estiveron presente 65 países das 76 seccións cas que contaba a internacional. Celebrouse nun contexto moi difícil para os traballadores, en plena crise económica cas súas secuelas de paro e miseria, o ascenso e consolidación do fascismo en Alemaña e derrota dos traballadores onde tentaban opoñerse ó seu avance, febreiro de 1934 en Viena e outubro do mesmo ano en Asturias, cando entra no goberno a CEDA, co seu programa de reforma da Constitución de 1931, que pon en perigo todas as conquistas sociais e democráticas acadadas.
O Congreso aprobou o informe elaborado por Jorge Dimitrov, onde se plasmaba a idea da unidade d@s traballador@s e a creación de Frontes Populares Antifascistas. No informe afirmábase “o fascismo non é un mero cambio de goberno, senón a substitución oficial dunha forma da soberanía da clase burguesa -a democracia burguesa- por outra forma desta soberanía: a ditadura terrorista declarada” e tamén “a grande burguesía necesita o fascismo para poder descargar a crise económica sobre os traballadores, buscar un novo reparto do mundo por medio da guerra e ataca-la URSS”.

Día 28.

Gramsci
1920. Comeza a ocupación de fábricas en Turín, movemento que se vai estender por toda Italia, iniciando o que se coñece como “Biennio rosso”. O motor deste movemento é a creación dos “consellos de fábrica”, organismos sobre o que non vamos debater quen os pulou e teorizou; para moitos historiadores son de carácter anarquistas para outros moitos, ten bastante que ver ca á esquerdista do PSI, futuros dirixentes do Partido Comunista, na que se atopaban Antonio Gramsci, Palmiro Togliatti, Ángelo Tasca e Terracini, que fundan o periódico “L'Ordine Novo” en Turín é, despois da experiencia dos soviets na revolución rusa, inician a discusión sobre a tradición “soviética” na clase obreira italiana e chegan a conclusión que as “comisións técnicas” existentes podían se-lo xermolo do órgano de poder proletario. A idea de Gramsci era que, ó contrario desta comisión, todos os obreiros, todos os técnicos, todos os empregados, todos os campesiños e en curto tempo, todos os elementos activos da sociedade, tanto estiveran sindicados como non, pertenceran ou non a un partido, só polo feito de ser obreiro, campesiño, etc, tiñan que converterse de sinxelos executores, en dirixentes do proceso produtivo. Ó contrario que a “comisión técnica”, que era elixida polos traballadores afiliados a un sindicato, para discutir co empresario, os consellos, elixidos desde abaixo nas fábricas, nos talleres, nos barrios, etc, non tiña que discutir co capitalista, senón substituílo para regular de arriba a baixo a vida da fábrica, taller, etc e substituír tamén a quen o capitalista poñía nas institucións.
Esta discusión non foi “académica”, levárona ás fábricas, a maioría das veces a petición dos propios traballadores e tivo unha ampla repercusión na cidade de Turin e concretouse no artigo de “L'Ordine Novo” do 21 de xuño de 1919, titulado Democracia Operaia; desde o mes de maio do ano 1919, iníciase a eleccións de consellos que se consolidan en setembro, co da Fiat- Brevetti; os da Fiat-Centro os imitaron despois dunha grande campaña publicitaria. Seguíronse formando nas fábricas da Fiat, da Lancia, etc, a pesares da indiferenza do congreso do PSI que non lle adicou o movemento ningunha sesión. A primeira acción coordinada dos Consellos lévase a cabo o 3 de decembro de 1919, cando en menos dunha hora mobilizan a máis de 120.000 traballadores en Turin. Pero un movemento tan importante tiña que chocar cos industriais e se vai producir a finais de marzo de 1920 a causa da introdución en Italia da “hora legal”. Moitos traballadores solicitaron que o horario laboral fora pola hora solar; o non ser aceptado estalou a folga e os empresarios responderon co peche das fábricas e a toma das mesmas polo exército. A partires dese momento se van producir en Italia folgas constantes e mobilizacións, posto que os empresarios, na negociación manteñen unha postura moi dura e introducen o tema dos consellos, esixindo poñer fin ó proceso; no mes de agosto néganse a discuti-la suba salarial. En todo o país iníciase unha etapa de mobilizacións proletarias que consistía en entrar nas fábricas e non traballar ou facelo a un ritmo baixo, para que se producira o arbitraxe do goberno; pero esta acción puramente demostrativa, enmarcada dentro do que pode ser unha política sindical reformista, se convirte en revolucionaria, sobre todo en Turín, cando os obreiros entran nas fábricas e os consellos asumen todos os poderes, iniciándose a ocupación das mesmas.
A creación dos consellos de fábrica, vai aguza-las contradicións no seo do PSI e tamén no grupo de L'Ordine Novo, que se dividirá pola cuestión das relacións consellos-sindicatos.