A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.
G. Lukács
Mostrando entradas con la etiqueta ESTADO ESPAÑOL-ECONOMÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESTADO ESPAÑOL-ECONOMÍA. Mostrar todas las entradas
lunes, 4 de agosto de 2025
viernes, 12 de enero de 2018
AS ELUCUBRACIÓNS INCONSISTENTES DA "MENSAXE DE ANO NOVO" DE "M.RAJOY
Carlos Dafonte
Estamos dominados polo
“pensamento único”; o discurso alternativo ó oficial é moi
dificil que apareza na sociedade ca insistencia necesaria para que
cre unha tendencia asentada; o debate ideolóxico está moi limitado
e non se permite que as alternativas, por outro lado desorganizadas,
cheguen amplos sectores sociais. Ven esto a conto pola razón de que
hai poucos días o Presidente convocou unha rolda de prensa para
destaca-los enormes logros do seu goberno no ano 2017 en
materia económica e social. Unha grande cantidade de postos de
traballo creados, nunca tantos afiliados á Seguridade Social, un
crecemento económico adecuado para proseguir por esa senda trunfal e
un só atranco para continuala: os problemas de Cataluña.
domingo, 20 de marzo de 2016
VAN RESOLVE-LOS PACTOS COS PARTIDOS DO RÉXIME A SITUACIÓN D@S TRABALLADOR@S?
Carlos Dafonte
Iníciase o ano 2016 co
deterioro da situación económica.
Pechamos a nivel económico o ano 2015, no medio dos debates e da
aparición de diferentes estudos que a nivel internacional falaban de atoparnos
no que Alvin Hansen chamou hai moitos anos, o “estancamento secular”. As
medidas económicas que sempre deran resultado en tempo de crise, agora non o producen, diante da incredulidade
de moitos economistas; e as perspectivas do ano recen iniciado non son boas; só
dous datos para “abrir boca”: nos 10 primeiros días do mes de xaneiro as bolsas
mundiais perderon 4 billóns de dólares e a mediados de febreiro, as perdas
elevábanse a 16 billóns.
No meu anterior artigo sobre o tema, “De novo o debate sobre o
“estancamento secular” da economía capitalista”, publicado o 4 de decembro,
citaba a algúns dirixentes económicos mundiais, mellor dito, a algúns
persoeiros que ocupan cargos en organismos económicos, amosa-la súa
incapacidade para explicar o que está a acontecer; supoño que a evolución da
economía nestes meses transcorridos dende aquela data, aínda os debe mergullar
máis no desacougo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

