A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 
Mostrando entradas con la etiqueta CAPITALISMO-RENDA BASICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CAPITALISMO-RENDA BASICA. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de abril de 2017

RENDA BÁSICA, SEMENTEIRO DE SUBVERSIÓN?




Roberto Laxe
É un feito indiscutible que o desenvolvemento do capitalismo xerou un nivel tecnolóxico e capacidade produtiva que pon en perigo, non só à natureza, senón à base de sustentación do ser humano, o posto de traballo; afectando a todo tipo de nivel de cualificación profesional. As dúas forzas produtivas fundamentais que Marx sinalaba, “a terra e o ser humano”, están en perigo pola supervivencia das relacións sociais de produción capitalistas.
Ante esta ameaza máis que real, coas consecuencias de aumento das desigualdades sociais, distúrbios e crises sociais, púxose na axenda política o debate sobre a necesidade de estabelecer unha Renda Básica, presentada, por certo, polos seus sectores máis progresivos, como “sementeiro de subversión” e que xera ilusións en sectores sociais de que é posible unha saída “pacifica”á crise do sistema.

Dúas visións da Renda Básica
Neste cadro xurdiron voces expondo que a sociedade xera riqueza suficiente como para que exista unha “renda básica”, igualitaria e incondicional para todos os cidadáns /as, independentemente dos seus ingresos ou de se teñen traballo ou non. Neste camiño, países como Finlandia cun goberno de centro dereita, xa comezaron a experimentar cunha renda básica, universal, de 560 euros, para pasar nun segundo momento, aos 800; independentemente da situación laboral do cidadán / a.
Pola súa banda, grandes empresas do Silicon Valley e sectores do capital, están a estudar introducir propostas semellantes e introducen unha variante, que modifica o carácter “incondicional” da proposta, transformándoa nun Ingreso Mínimo, condicionado ao cumprimento duns requisitos, a que se cumpran unhas condicións de pobreza, traballo,... , como fan agora as Rendas de Inserción.
Esta concepción non deixa de ser a caridade cristiá elevada á categoría de política de estado. Os pobres, os ameazados de “exclusión social” como se di agora, non terían que mendigar unha esmola na porta dunha igrexa, fariam na porta dunha institución do estado (ou dunha ONG subvencionada para tal fin) para recibir esa esmola. O drama social é que a “exclusión social”, a pobreza, este camiño de deixar de converter-se nun feito marxinal e ser a forma de vida de máis da metade da clase obreira. Hoxe, “ter traballo xa non é garantía de non ser pobre”.