A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 20 de julio de 2024

A CRISE DO IMPERIALISMO UNIPOLAR E O AVANCE DE FORZAS DE ULTRADEREITA E FASCISTAS EN EUROPA.

Carlos Dafonte.


Caracterización da situación mundial na primavera- verán 2024

En primeiro lugar temos que facer referencia ao intento da OTAN no seu enfrontamento con Rusia sobre territorio ucraino, de alongar ao máximo o conflito coas repercusións que a todos os niveis ten esta circunstancia. Os otanistas crearon as condicións para o conflito, golpe de estado, guerra civil, posibilidade de que Ucraína entrara na OTAN, para que Rusia iniciara a “operación militar especial” e así crebar os lazos que naceran dos intercambios comerciais entre Rusia e a Unión Europea.

Pois hai un feito de fácil constatación, se as relacións con Rusia cada vez facíanse mellores, máis pacíficas, que razóns podían aducir os USA para manter as tropas de ocupación e as numerosas bases militares que manteñen en Europa?. 

Desaparecido o “enimigo do comunismo”, e coa restauración do capitalismo na Federación Rusa, todo o argumentario político-ideolóxico froito da dinámica de bloques, da “guerra fría”, veuse abaixo, por iso tiveron que reconstruir a idea de “Rusia como enimigo” e Putin como o “grande ditador” e levar á Fedración Rusa a unha situación que considerase que a súa existencia atopábase en perigo, e lográronno coa posibilidade da renuclearización e a inminente entrada de Ucraína na OTAN.

Podía a Federación Rusa aceptar a ampliación da OTAN ata a fronteira ruso-ucraina? Coñecían de antemán que non e menos co inicio da guerra civil do estado oligárquico ucraíno contra a minoría de cultura rusa concentrada no Donbass, inicio do que podemos considerar un proceso de limpeza étnica onde os nazis ucraínos xogaron un importante papel, co silenzo cómplice da Unión Europea.

Tampouco debemos esquecer que entre a Federación Rusa e Ucraína, houbo acordos para evitar a guerra; un no 2014, outro ao ano seguinte e unha vez comezada a “operación militar especial”, o de Estambul de abril de 2022, todos boicoteados pola OTAN, o que amosou que non queren a paz e que Ucraína non é soberana.

Despois de varios anos de guerra, na propia UE comezan a aparecer disidentes como o presidente húngaro Orban, que marcha a Kiev, a Moscova a Beijín e segundo parece tamén falou con Trump, buscando coñecer, coa autoridade que lle da a presidencia da UE durante seis meses, as posicións dalgúns dos contendentes que permita un acordo de paz. Calquera que loite pola paz en Ucraína debía ser benvido, pero non é o caso e sobre o intento de Orban formúlanse consideracións insultantes pola súa iniciativa. Tamén atópase Turquía que mantén unha política internacional con certa autonomía e pertence á OTAN e entra, por exemplo na “Organización de Cooperación de Sanhai”

Pero do esperpento da fracasada iniciativa de paz celebrada en Suiza, sen invitar a un dos suxeitos, a Federación Rusa, estou esperando algún análise dos que hoxe tanto batallan contra o presidente Orban.

Nun segundo plano atópase a situación da grande potencia militar mundial, os USA, que foi a hexemónica a todos os niveis dende o final da II Guerra Mundial, e que hoxe  ve esta hexemonía discutida, no medio da crise política, económica e social que é un feito constatado de cara ás proximas eleccións presidenciais que celébranse no mes de novembro deste ano; non hai máis  que considerar os problemas que teñen os dous grandes partidos na “ditadura perfecta” de máis aló do Atlántico, para elixir un candidato adecuado. Por unha banda Trump, que nin pertence ao Partido Republicano, sentenciado en varios xuízos e pendente doutros, e pola outra Biden, que despois do debate entre ambos de hai uns días, segundo enquisas, o 70 % dos que o votaron hai catro anos consideran que debe buscarse un candidato alternativo, pois non se atopa en condicións de exercer a presidencia, nin de participar na campaña electoral. 

Posiblemente este debate celebrado tan anticipadamente, quería amosar o que amosou, que non esta en condicións de competir nunhas eleccións e menos para ser presidente dun país cheo de problemas e nun planeta en plena reestruturación.  Quen vai mandar substituíndo a un presidente incapaz?. Os seus vasalos da UE non teñen nada que dicir?

A oligarquía norteamericana, a que dominou o planeta, a que exerceu a súa hexemonía e durante 80 anos impuxo os seus criterios e controlaba as institucións que creou para exercer ese dominio, Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial, etc, é hoxe incapaz de presentar  candidatos para competir dentro de poucos meses pola presidencia do país, que creen confianza non só dentro do mesmo, senón na propia cadea imperialista que lideran dende hai moitos anos. 

País que cada vez máis atópase a nivel político fondamente dividido; algúns intelectuais orgánicos, despois do asalto ao Capitolio por parte dos partidarios de Trump cando non aceptaron os resultados electorais, consideraron a posibilidade dunha guerra civil dado o nivel de armamento que teñen as familias norteamericanas, cuestión que volve a situarse nun primeiro plano diante da reiterada negativa de Trump a dicir se vai aceptar unha nova derrota no caso de producirse a partir do mes de novembro. Aceptarán os demócratas a súa?

Parece que Trump vai ser o candidato republicano e despois do atentado con máis forza que antes do intento de magnicidio; outra cuestión é a quen se vai a enfrontar. A crise política da grande potencia é considerada como tal na maioría dos países, e hai dúas posicións ao respecto, os que seguén apoiando ao “hexemón”, os que están dispostos a correr a súa sorte, pois teñen a esperanza de que consiga coa axuda dos seus vasalos, remontar o vó e derrotar aos que tentan impor un mundo multipolar, e os que comezan a voar con as propias, casos de Arabia Saudita, Emiratos Árabes, Pakistán, Hungría, Eslovaquia, Brasil, Sudafrica, India, Irán, numerosos países africanos, Colombia, Cuba e algúns outros, que se encadran ou non nos BRICS, e teñen boas relacións con China e Rusia que son os que manteñen o pulso cos USA e os seus cada vez máis cativos e febles aliados.

E si a crise política e evidente a crise económica dos USA e moi importante. Fálase moi pouco dun tema que a “Corporación Federal de Seguros de Depósitos”, organismo dos USA, informou a principios de ano: a posible creba de 63 bancos de diferentes estados que non poden facer fronte ás perdas de 517.000 millóns de dólares. Polo de agora, que eu saiba, no ano 2024 quebro un banco moi cativo, o Republic First Bank que foi vendido ao Fulton Financial

Hai ano e meses a creba foi de varios bancos entre os que atopábanse o Silvergate Bank, o Silicon Valley Bank e o Signature Bank, segundo parece pola suba dos tipos de interese para combater a inflación; o último trimestre do ano 2023 eran 52 os bancos en serias dificultades, no primeiro trimestre do presente xa son 63; cantos son no segundo? Ou prefiren non dar información a espera das eleccións?. Van discutir os candidatos sobre estes temas? No anticipo da campaña celebrada estes días, non. E a Unión Europea, preocúpalles a crise bancaria dos USA? Ou pensan que non vai repercutir na vella e en crise Europa?.


Se apoias a OTAN deixas de ser ultradereita e fascista.

Un terceiro aspecto importante da situación é o de avance do fascismo, e a ultradereita en Europa despois das eleccións ao Parlamento Europeo e en numerosos países. Non sei moi ben como denominar a algunhas das forzas vencedoras a causa do “branqueo” que se está a facer con aquelas forzas que opinando o mesmo sobre as mesmas cuestións, con programas case idénticos, nembargantes o tratamento nos medios é completamente distinto. A primeira ministra de Italia, Meloni, fascista declarada, admiradora de Mussolini, polo seu apoio á guerra en Ucraína e a OTAN, deixou de ser considerada como tal. 

O programa do Partido Conservador na Gran Bretaña, no referente a levar aos inmigrantes ilegais a Uganda, nunca foi considerado como un partido da ultradereita, racista e xenófobo. Quen se vai a atrever a denominalo polo seu verdadeiro nome sendo o aliado máis fiel dos USA?

O contrario acontece co Reagrupamento Nacional o partido de Le Pen en Francia, que segue a ser o “partido da ultradereita”, fascista, e acusado de racista e xenófobo tendo un programa menos radical cos emigrantes que o Partido Conservador británico, pero a súa posición sobre a OTAN e a guerra en Ucraína é diferente.

E no caso de Francia, en todos os medios europeos, ao día seguinte de coñecerse os resultados electorais, comezou a campaña de desprestixio contra Jean-Luc Mélenchon, non só na Francia, en toda a UE incluido o noso país, o que máis votos sacou dentro da Fronte Popular de “esquerdas”, aínda que nese agrupamento haxa poucas esquerdas. 

Chámanlle de todo, “antisemita”, por apoiar aos palestinos que son semitas fronte a maioría dos sionistas israelitas que non o son; “putinista” por querer a paz entre a OTAN e a Federación Rusa e algúns xornais e emisoras tamén o cualificaron como “tóxico”, esixindo a súa desaparición do taboleiro político, por oporse a cambalaches coa dereita do sionista Macrón e esixir que sea nomeado presidente de Francia, un membro da “Francia Insumisa”, o seu partido maioritario na Fronte Popular.

A OTAN xuntouse estes últimos días.

E confirmou o desbaraxuste da “coferencia de paz” celebrada en Suiza. Non queren a paz; despois de dous anos de guerra coa Federación Rusa non foron capaces de establecer unhas condicións para a paz e coñecendo como coñecen que de gañar Trump poden varias as condicións internas, non esquezamos aquelo que dixo o candidato republicano “de gañar acabo coa guerra en dous días”, amplían as súas ameazas a China por unha suposta axuda que presta a Rusia. Hai que ser cínicos, eles que dende o momento do golpe anticonstitucional en Ucraína están involucrados no conflito e que levan moitos anos armando, dirixindo as operacións militares e impedindo os acordos de paz.

Esa é a estratexia do Partido Demócrata, enfrontarse con China que despraza aos USA do primeiro posto como potencia económica e foi tecendo todos estes anos unha serie de relacións de todo tipo con numerosos países que permite que todos se beneficien destas relacións, sen situar bases militares, e cando o fan, en moi poucos lugares. Ao contrario do que levan facendo nos últimos 80 anos os USA e os seus aliados que impoñen relacións de tipo colonial, baseadas na ocupación e a forza. 

A situación é perigosa, o vello mundo que naceu coa II G.M desplómase, descoñecemos si se vai aceptar este proceso que debe levar á desaparición dunha soa potencia que domine o planeta e os organismos por ela creada para garantir este dominio, en paz. Do que hai que ser conscentes e que o mundo unipolar terminou, o que descoñecemos é se o proceso vai chegar a concretarse no medio de constantes conflitos armados, ou o paso a un planeta terra dominado por unhas relacións distintas, multipolar, pódese facer en paz. Os USA e os seus aliados teñen a palabra. Eles, polo que coñecemos queren a guerra, empezando polo “goberno máis progresista” que aquí temos.

Por iso é tan importante a mobilización en Europa contra a OTAN a existencia de bases militares e por unha política de paz. Se os USA queren a guerra que teñan poucos aliados en Europa.


En Galicia no mes de xullo 2024.

No hay comentarios:

Publicar un comentario