A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 18 de marzo de 2015

O CAMAROTE DOS IRMÁNS MARX




Roberto Laxe

A realidade política española, senón fose polos caracteres tráxicos cos que se está escribindo en forma de desafiuzamentos, taxas de paro, suicidios e emigración, podería visualizarse coa imaxe cómica do camarote dos Irmáns Marx.

Hai pouco tempo, nese camarote estaban o Chico, Harpo e Groucho en forma de PP, PSOE e EU -non necesariamente por esta orde-. Pero tras ese iceberg que foi o 15M contra a liña de flotación do buque que leva o camarote, este encheuse de novos personaxes. Agora camareiros e pedicuras, viaxeiros e achegados, apíñanse no seu interior, sen que se saiba moi ben onde empeza un e termina outro.


A que vén todo isto. Pois moi sinxelo, ese iceberg, e outros máis pequenos que golpearon o casco do vello buque, abriron vías de auga e todos os presentes se aprestan a tapar esas vías, a pór parches para que a sangría non afunda o buque, todos coa filosofía marxista (de Groucho), do "aquí teñen os meus principios, se non lles gustan, temos outros". Todo para salvar o vello buque.

A sangría esta provocada por eses caracteres tráxicos cos que se está escribindo a realidade, caracteres aos que non lles chegan as solucións ofrecidas até agora polo capitán do buque. Para tentar evitar males maiores, cambiaron de capitán, e ademais incorporaron a novos actores, todos coa mesma idea, tapar a vía de auga aberta. O final é o camarote dos irmáns Marx.

Pero a vía de auga segue aberta, o barco xa é tan vello que nin un novo capitán nin os seus novos axudantes poden facer outra cousa que alargar a súa agonía. Hai que levalo ao despezamento, e comezar a construción doutro novo, moderno. Para iso hai que evacuar ese camarote cheo de "marxistas" pensamento Groucho, e recuperar o marxismo pensamento Carlos.

En Galiza no mes de marzo de 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario