A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 9 de junio de 2015

(G)ALICIA NO PAÍS DOS EUFEMISMOS




Roberto Laxe
Como pode ser que neste pais ninguén fale claro. Un amigo hai uns días dixo, como non vamos falar con eufemismos se no 36/39 a clase traballadora e os pobos recibiron umha malleira brutal, malleira que foi "ratificada" numha Transición que garantiu o Punto Final aos responsabéis do golpe e a ditadura.
A dereita neofranquista, que non vota nin tola umha condena expresa do réxime que lle deu vida, só pode falar con eufemismos: "son de centro", son "democratas", etc.... mas a súa ideoloxía neofranquista xurde a cada paso de dan: desde as homenaxes á División Azul, que actuou como un corpo de Exercito dos nazis (esos non se andaban con eufemismos), ate leis mordazas que os medios internacionais non precisamente de extrema esquerda, cualifican de "franquistas" e a ONU pide a súa retirada.

O nacionalcatolicismo que constantemente transmiten, co apoio aberto e sen trampas á Igrexa católica, que vive num paraíso fiscal no Estado Español, e que introducen na educación, vía LOMCE.
Son "neofranquistas" declarados, mas non poden recoñecelo; e por iso fan xogos de palabras, eufemismos, para non recoñecer a súa verdadeira ideoloxía.
O caso paradigmático desta tendencia o eufemismo foron as declaración de A. Rivera tras as eleccións andaluzas: a contradición entre "rojos y azules" está superada.
Mas na esquerda prodúcese un fenómeno semellante. A derrota do 39, guste ou non, segue pesando nas conciencias -a linguaxe guerracivilista de medios da dereita, non deixan de lembrar a malleira que deron no 39-; e sobre todo, a frustración da Transición, que foi o remate.
A incapacidade da esquerda española de xerar un corpo teórico propio, non dependente de intelectuais das burguesía e a dereita, Unamuno, Ortega y Gasset, D'ors, etc. etc., unido á derrota política pola política de "reconciliación nacional" do PCE, que chega ate o recoñecemento como galeguista a un franquista declarado como Filgueira Valverde por parte da Real Academia Galega da Lingoa, baixo o comando de Alonso Montero, fai que todas as teorías post (modernas, marxistas), teñan campo abonado no Estado Español e na Galiza.
E se por algo se caracterizan estas teorías "post..." é pola utilización sistemática dos eufemismos para definir relacions sociais concretas.
Traizoando a Gramsci, utilizan termos como "clase subalternas" ou "hexemonia" ao servizo dunhas propostas políticas social liberais, cun verniz "moderno" froito da utilización de esos eufemismos.
Gramsci utilizou os eufemismos para evitar a censura das prisións fascistas, onde no se podía falar de "clase obreira", "marxismo" ou dos conceitos desenvolvidos polo marxismo. Utilizar os eufemismos de Gramsci para xustificar a suposta "modernidade" (ou mellor dito, post modernidade) é um deturpamento da idea de Gramsci, que nunca renunciou á revolución socialista, á clase obreira e á ditadura do proletariado; nin, moito menos, á construción dun partido revolucionario.
Os eufemismos na política so esconden as verdadeiras posicións políticas de cada un, e isto si e ir contra Gramsci que afirmaba que a verdade é revolucionaria.
A verdade na Galiza, por exemplo, é que o PP é o noso problema, non que sexa corrupto ou porque é de dereitas, que o é, como moitos mais (o PSOE, por exemplo); senón porque fai umhas políticas respecto á Galiza que son a expresión concreta dun sistema, o capitalista en crise, e da nosa opresión nacional. O PP non fai gratuitamente iso, fainno porque é parte do Estado Español, dun réxime concreto, o do 78, e da UE. Non decirllo desta maneira, é facer electoralismo, nada mais.
Os eufemismos na política tentan simplificar o que é complexo; non é igual a sencillez que a simplificación. A arte da política transformadora é explicar con sencillez o que é unha realidade complexa, mas confundir sencillez con simplismo non conduce a outra cousa que a manter o “status quo”, e non favorecer a politización das poboación.
Esta claro que anos de neoliberalismo / postmodernismo no ideolóxico teñen a súa peaxe, e hoxe é difícil falar claro; dicir as cousas como son, sen recorrer a eufemismos. Mas, se non queremos caer no oportunismo, é preciso ser claros nas mensaxes, non utilizar os eufemismos para esconder as nosas propostas, malia isto, a curto prazo, sitúennos a contracorrente.
En Galiza no mes de xuño de 2015





No hay comentarios:

Publicar un comentario