A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 6 de marzo de 2017

A VITORIA DE TRUMP E A DIALÉCTICA.

Roberto Laxe
A vitoria de Trump, e o que significa de cambio de marcha na política do imperialismo ianqui puxo sobre a mesa a incapacidade de sectores da esquerda para entender as leis da dialéctica, a que di que unha acumulación cuantitativa de fenómenos e elementos da realidade, provocan nun momento preciso (momento nodal), un cambio cualitativo no analizado.

Tampouco comprenderon iso da interrelación universal, que todo o que existe está interrelacionado, e que desentrañar as relacións esixe un esforzo previo de diferenciar o que é diferente; descompor a realidade para aprehenderla no seu conxunto.
Non entenden que para comprender a realidade hai que levar ata o final a unidade dos contrarios, segundo a cal todo o existente contén no seu interior unha loita entre forzas contraditorias que é a que a move, o sentido do movemento vén determinado pola loita interna que se produce entre as forzas en conflito.
E o que menos comprenderon é a contradición, base de todo movemento; sen ela, a realidade é estática, todo é igual a se mesmo permanentemente, virando como sobre se mesma; e que para entender esa realidade, primeiro hai que descompola nas súas contradicións, diferenciando o que é diferente, e igualando o que é igual; para chegar a conclusións na praxe. Pero a praxe non como a conciben eses sectores da esquerda, que é a mera práctica, senón como a concibía Marx, a praxe é a combinación dialéctica, superadora, da actividade a través da práctica revolucionaria. É a superación da separación burguesa da teoria e a práctica.
Traduzamos esta disgresión filosofica: Trump e a súa base política é o resultado da acumulación cuantitativa de multiples factores determinantes;
un, a crise e decadencia do imperialismo norteamericano como potencia hexemonica, que xa non pode exportar as súas crises ao resto do mundo, e agora, como un boomerang, golpéalle internamente,
dous, do ascenso das loitas que puxeron a Obama no poder, cando ninguén daba un duro por que houbese un primeiro presidente negro na EE UU; foi a mobilización de masas quen puxo a Obama, non o capital financeiro.
tres, a decepción xerada polas politicas de Obama, contrarias polo vértice aos intereses da poblacion traballadora que a puxese, é dicir a traizón ao que prometeu;
catro, a demonstración práctica de algo moi vello, de que Obama, como calquera outro dirixente "progresista" é tolerado polo capital cun só obxectivo, non tanto aplicar os seus políticas -para iso xa ten os seus propios politicos- senón desmovilizar á sociedade, a través da integración electoralista, concesión calculada e represión (politica de reacción democrática, fronte á abertamente contrarrevolucionaria pola que optan noutras ocasións),
cinco, baixo Obama comezaron xa as mobilizacións sociais, desde a ocupación durante 15 días do Parlamento de Wisconsin por miles de traballadores e estudantes ata o Occupy Wall Street, pasando polas folgas polos 15 dólares en Wal Mart ou comida rapida, o renascer do 1º de Maio ou, sobre todo, as revoltas contra o asasinato da poboación afroamericana.
Todos estes elementos xa estaban acumulandose antes da chegada de Trump ao goberno; o salto cualitativo (o momento nodal) que modifica cualitativamente a relación entre a poboación traballadora e o presidente dos EEUU é cando se quitan a careta do "sorriso" de Obama, e sae a cara agreada de Trump.
O imperialismo norteamericano, en decadencia e crise, ten que cambiar de marcha, para se manter nas súas contradicións mundiais cos novos e vellos competidores (lei da interrelacion universal) ten que modificar a correlación de forzas interna no sistema (unidade dos contrarios), dentro do seu país (loita de clases, máxima expresión desa unidade dos contrarios) e fora (competencia interimperialista).
A combinación de todos estes factores fan de Trump e os seus politicas un salto cualitativo na guerra que o imperialismo norteamericano que como potencia hexemonica mantiña. Como todo salto cualitativo, isto non se fai de maneira "harmónica" e "pacífica", senón que entre eles mesmos xorden contradicións (unidade dos contrarios), porque supoñen diferenzas e diverxencias en como aplicar as politicas favorables ao sistema; entendido este, non como unha suma de empresas e multinacionais, como fan materialistas vulgares escondidos baixo o nome de "marxistas", senón un "todo" dunhas relacións sociais de produción ao servizo da acumulación e reprodución de capital, desde a máis pequena empresa ate a máis grande das multinacionais. O "todo" como superior á suma das partes, como unha realidade que intégra-as e unifica, é un dos conceptos básicos da dialéctica.
A unidade dos contrarios entre Clinton-Obama e Trump é que expresan a dous sectores enfrontados da mesma clase social. Por exemplo, o rexeitamento radical da politica inmigratoria, totalmente indiscriminada, de Trump que mantén a industria de Sillicon Valley, as grandes tecnolóxicas, débese a un motivo ben prosaico: o 30% da súa forza de traballo é "inmigrante", é talento de todo o mundo. A estes grandes burgueses non lles preocupaba a politica inmigratoria de Obama, era moi selectiva, non tocaba aos que íban a Sillicon Valley, só aos máis pobres. Pero Trump non fai distingos, contra todos e todas...
Pois ben, que os Apple, Facebook, Google, rexeiten a politica de Trump invalida o apoio ás manifestacións en contra de Trump? Esta é a cuestión.
Que os Clinton /Obama apoien as loitas democráticas polos dereitos das mulleres, gais, traballadores / as (aqui xa veremos ata onde o fai, porque tocamos o tema de clase, é dicir, a base do sistema), invalida o apoio que hai que darlles?
Ou baixo o "inimigo do meu inimigo é o meu amigo", resulta que ese sector da esquerda cala ante o inimigo concreto que é hoxe quen dirixe os destinos da EE UU, o presidente Trump, que desde o poder político, a presidencia dos EEUU, está a adoptar unhas politicas.
O xeral, o imperialismo, non pode disolver o particular, os estados nacionais; e o universal, o sistema capitalista, non pode disolver o concreto, os gobernos capitalistas. O método da dialéctica materialista é o único que pode permitir evitar actitudes no fondo reaccionarias de, ou ben, aos que tras o xeral e universal, silencian o particular e concreto, os estados e gobernos actuais, claudicándolles; ou ben, o particularismo do sindicalismo que é incapaz de elevarse do particular ao xeral e universal, caendo no peor dos oportunismos.
Só entendendo o momento nodales nos que unha situación dá un salto cualitativo, unha politica pódese adecuar ao momento presente e non é enviada ao vertedoiro da historia.

En Galiza no mes de marzo de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario