A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 30 de septiembre de 2020

CONSIDERACIÓNS ANTE A NOVA LEI DA MEMÓRIA HISTÓRICA


Eusebio López

A nova lei da memoria histórica que o goberno quere aprobar, suporá que todas as institucións do estado, desde o Xefe do Estado até o último concello van votar unha condena expresa da ditadura franquista?. Suporá que con ela, o rei perderá o seu titulo, como tantos outros titulos nobiliarios que outorgou o franquismo?

Anulase-se a lei de amnistía pola que, non só os responsables dos crimenes do franquismo libráronse e líbranse de pasar polos xulgados, senón que se perdoaron os saqueos, roubos, expropiacións de propiedades republicanas, privadas e coletivas como o patrimonio de partidos e sindicatos, e que en moitas ocasións serviron para enriquecer ás xerarcas do franquismo?

Pero non só iso, investigara-se a utilización de presos politicos como escravos por moitas grandes empresas, cuxos herdeiros sentan hoxe en consellos de administración do IBEX 35, expropriando-lles os bens conseguidos grazas á lexislación franquista?. Segundo datos, o 60% dos conselleiros desas grandes empresas son herdeiros de empresarios que fixeron a súa fortuna baixo o franquismo.

Denunciara-se e romperá o Concordato co Vaticano?, que mantén a dependencia do estado español da Igrexa Catolica, á que se lle pagan miles de millóns dos impostos de todos e todas, directa e indirecamente, a través da exención de pago de impostos.

Disolvera-se a Audiencia Nacional?, herdeira directa do franquista Tribunal de Orde Publico; que foi constituída ao dia seguinte da disolución deste, e cos mesmos compoñentes.

Depurara-se o aparello xudicial?, cheo até a bandeira de xuíces herdeiros do franquismo, como os da Audiencia Nacional, e membros dunha da de ordénes relixiosas que tiveron máis poder na ditadura, o OPUS DEI.

O goberno ten previsto que dentro do Estado, como consecuencia da Transición, perviven todas estas institucións franquistas e que sen a súa desaparición a lei só é un saúdo á bandeira?, porque supondria, de ser coherentes, a desaparición da monarquía, que é a principal institución derivada do regimen franquista.

É consciente que esta lei abre o melón que o capital español e europeo quere manter pechado, o da estabilidade do regimen do 78?; que o rexeitamento a abrilo non só vai ser parlamentario?, senón que desde VOX e o PP, ademais das institucións afetadas asi sexa sen nomeá-las, van convocar a todas as forzas humanas e divinas para evitar a súa aprobación.

A Lei que quere aprobar o goberno é para desviar a loita por un referendo Monarquia ou Republica, limitando a xustiza e reparación dos crimenes do franquismo a unhas declaracións formais, sen consecuencias prácticas, salvo para algún individuo que perda o seu “titulo nobiliario”, ou para as familias que por fin! recuperen aos seus desaparecidos; pero os crimes do franquismo foron tan duros e perviven aínda na irresponsabilidade dos responsables, asi como nas institucións que el mesmo creo.

Isto é o que a Lei non quere tocar, a derrogación da Lei de Amnistia, a disolución de todas as institucións herdadas do franquismo, a monarquía á fronte, a depuración de responsabilidades politicas e económicas.

Quere facer como se fai todo no Estado Español, sen romper realmente co pasado, só superpoñer unha lei de “punto final” (a de amnistia) a unha lei da memoria historica, sen dicir que unha e outra son incompatibles. Queren pechar o mito das “dous españas”, mantendo as leis das “dous españas” en paralelo.

Un xefe do estado herdeiro da institución que criou o franquismo no 69, xunto cun parlamento democrático (máis ou menos); un aparello xudicial con dous tribunais politicos, o T Constitucional e o herdeiro do TOP, a antedita Audiencia Nacional; unha distribución provincial baseada na estrutura centralista do estado que o franquismo mantivo a canonazos, as Deputacións e os Municipios, ...

De novo, o PSOE, cunha terminoloxia un pouco máis radical -aínda que xa veremos como acaba-, quere vender gato por lebre, para non encarar a única discusión posible, como avanzamos na apertura dun proceso constituínte, incluíndo o dereito das nacións a decidir a súa relación cos demais, que rompa con todos os elementos herdados do franquismo.

É, en fin, o uso das “vitorias simbólicas” moi do gusto de reformistas e neoreformistas pos marxistas, para lexitimar a estrutura montada e desmobilizar á poboación na súa loita pola ruptura definiva co franquismo e o referendo Monarquia Republica.

En Galiza no mes de setembro 2020


No hay comentarios:

Publicar un comentario