A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 30 de agosto de 2020

"QUEN DOMINA O MEDO DAS PERSOAS, CONTROLA AS SÚAS ALMAS" (MAQUIAVELO).


Roberto Laxe
Que demos fixeron os gobernos, o central e os autonômicos, desde que o 14 de marzo declarase-se o Estado de Alarma, para preparar o que todo o mundo sabia, que a partir de setembro había que preparar o ensino fronte á pandemia?
Nada! De feito, a reunión entre o goberno central e a CCAA vaise a producir a escasos días do comezo do curso. E que non veñan con que é competencia das CCAA, porque se estas son unhas inútiles ben que se tomo o mando único en marzo, ben que aplicaron o 155 aos cataláns, e só querían votar, non pór en risco a saúde da poboación.

Pero, é máis, o que fixeron respecto das residencias de maiores, menos que nada; porque os fondos de investimento seguen rexendo os destinos dun dos sectores con máis risco dun contaxio grave, non se interviron nin medicalizado, só restrixen-se as visitas: a palabra máxica contra a pandemia, "restrinxir" o que sexa, antes de facer algo activo.
E que fixeron cos sanitarios e sanitarias; ABSOLUTAMENTE NADA... Non fortaleceron a sanidade publica, e sen unha sanidade publica forte é unha mentira como un templo afirmar que o que se fai é en defensa da saúde publica.
Desde Marzo até hoxe só adoptáronse medidas que fan recair a responsabilidade de frear a pandemia nas persoas, obrigando-as a levar máscaras, proibindo fumar, restrinxindo a mobilidade e a reunión.
Non adoptaron NIN UNHA SOA MEDIDA ACTIVA, esperando que as medidas restritivas sobre a poboación consigan algo. E logo estráñan-se que crezan os "negacionistas".
Como non van crecer, se a poboación ve que o goberno sobreactua, asustando a través dos medios da gravidade da pandemia e despois non facendo absolutamente nada. Se os feitos do goberno non se corresponden coas descricións que se dan desde os medios, cal é a mensaxe que se transmite, máis aló das palabras de medo? Xa Maquiavelo afirmou que “o que domina o medo das persoas, controla as súas almas”.
Pois moi sinxelo, como a xente esta afeita a que os gobernos e os medios mintan, e estes con os feitos só obrigan que nos poñamos máscaras; a conclusión é que a pandemia non debe ser tan grave cando, por exemplo, a reunión para ver da volta ao cole é esta semana, a menos de 10 ou 15 dias do curso.
Que esperan facer nestes 15 dias, pois nada, porque xa non hai tempo? É a "cronica dun desastre anunciado" a que están a preparar desde o goberno central e as CCAA
Menos mal que esta pandemia non é como a da SIDA que comezou nos 80, e continua hoxe, que metia medo ao máis pintado, porque mataba e moito; de feito, segue matando, 25 millóns de mortos por SIDA estes anos pasados, ... só en Africa. Pero bo, son africanos, non europeos, chineses ou norteamericanos, e para as xentes de occidente son "carne de patera".
Certo é que esta pandemia non é especialmente letal; segundo datos do mesmo goberno, o 80% dos contaxiados son leves, o 15% precisan hospitalización, e o 5% son verdadeiramente graves. Deste 5%, o 60% deles déronse nas residencias de maiores, convertidas en verdadeiros campos de exterminio, co que nos queda un 2% de casos verdadeiramente graves.
Pero é unha enfermidade da que se está descubrindo de que vai, e que tratamentos pode haber (en marzo non había nin idea de como enfrontala), e o máis probable é que suceda o que a patronal teme, que as baixas laborais pola gripe xúntense ás baixas por Covid, co que os cadros de persoal poden quedar decimadas, por 8 días no caso da gripe, por 15 no do Covid.
É certo que é unha pandemia altamente contaxiosa, e poñamo-la nos seus xustos termos, as medidas individuais poden paliar o problema; pero o que non poden facer as restricións sobre as persoas é ocultar a ABSOLUTA INCAPACIDADE DOS GOBERNOS PARA ADOPTAR POLITICAS ACTIVAS, porque á patronal das residencias de maiores, aseguradoras e hospitais privados, e demais non lles convén.
A defensa da saude pública só pode levar até o final cunha robusta sanidade publica, só contratando persoal sanitario e non sanitario, asi como medios suficientes, pódese levantar un verdadeiro muro contra ela.
Non valen argumentos como a da Conselleira de Educación de Galiza, quen dixo que é "inviable" fixar cocientes de 15 nenos por aula porque non hai "espazos suficientes". Tiveron seis meses para crear eses "espazos suficientes". Asi que se deixen de "esparcir medo" para tapar as suas vergonhas; mentres, os nenos e as nenas seguen sen poder socializar con persoas da súa mesma idade.
As residencias de maiores deben ser intervidas e medicalizadas Xa, sen máis dilación; senón queren atoparse cun panorama, non igual que en marzo, porque as condicións son distintas, pero semellantes. E sobre todo, porque xa está ben de que a única medida que se lles ocorre é "restrinxir" as visitas a unhas persoas ás que a soidade mata-lles, literalmente.
Os gobernos poden aparentar que están moi preocupados pola saúde publica, propagandizar todas as restricións que queiran, pero sen a adopción de medidas ACTIVAS en defensa desa saúde publica, planificadas e sen medo a tocar fibras sensibles como a propiedade privada da educación, da sanidade e demais servizos publicos, vai ser imposible que a xente crea que as restricións son efectivas.
Esta contradición entre o "esparcir medo" dos gobernos e os seus medios de propaganda, e a falta de politicas activas fronte á pandemia é a que dá ás aos "negacionistas". Tanto uns como outros traballan contra a saúde publica como freo á pandemia, uns por que a negan a berros, os outros, porque nos feitos negan a súa gravidade, dando-lle a razón aos "negacionistas": "non será tan grave cando non fan nada serio".
Prever é unha maneira de dirixir, dixo Trotski nalgún momento; e estes gobernos non son capaces de prever nin o que vai pasar mañá, confundindo estatísticas con medidas cientificas. Como se dixo ao principio, tiveron 6 meses para prever o que vai pasar en setembro e outubro (non fai falta ser un lince), coa volta ao cole e a gripe estacional, e non fixeron nada para evitalo; só gritar contra os "negacionistas", "esparcir medo" e "tomar medidas restritivas".
É obvio que tras seis meses de pandemia, esta segue viva e coleando; non tem chegado o momento de superar a tolemia de repetir un mesmo acto (restrinxir, limitar, obrigar) esperando un resultado distinto, e comezar a tomar medidas serias e rigorosas que a palien e freen?
Esta claro que estes gobernos, a cada día que pasa, se desligitiman cada vez máis ante a poboación que ve como a súa imprevisión e ligazón aos intereses do capital, en concreto o dependente do turismo, os incapacita para un verdadeiro cambio de rumbo na politica contra a pandemia.
Abriron as fronteiras a toda velocidade, deixaron entrar aos turistas alemáns sen control previo, aos turistas ingleses sen ningún tipo de control; levantouse o Estado de Alarma para favorecer a mobilidade interna, porque os chiringuitos e os hoteis de praia necesitaban turistas,... pois a economía española depende de "facer o agosto".
Vive todo o ano de tres meses de traballo, esta é a logica que lles moveu todo o tempo, e non a da saúde publica. O caso máis estupido é o de Feijoo, cando dixo a primeiros de verán que coas viaxes aumentarían os casos, e "que esperaba que viñesen miles a Galiza", nunha economía como a galega que depende máis da industria que do turismo (o 20% do PIB fronte ao 12%, respectivamente). Bravo sr Feijoo, xa ten aos seus miles de viaxeiros, e o 80% dos casos de Covid en Galiza son importados.
Se prever é, dalgunha maneira, dirixir; é evidente onde quéren-nos dirixir estes gobernantes.... á "cronica dun desastre anunciado".
A partir de setembro o ensino en Madrid vai á folga, en Galiza CIG anuncia folgas no ensino, ... este é o camiño que se debe adoptar a partir deste momento para deixar de estar en mans duns gobernos que non é certo que miren pola saúde publica.
"Polos seus feitos os reconocereis", e pola súa pasividade tamén.
En Galiza no mes de agosto de 2020

No hay comentarios:

Publicar un comentario