A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 13 de agosto de 2020

NA GALICIA POLÍTICA NON SE QUERE FALAR DA UNIÓN EUROPEA E O EURO.



Carlos Dafonte.

Coñecemos que o PP e quen o preside en Galicia, nada ten que dicir sobre a estrutura europea e a moeda única que funciona para dezanove países, o euro. O que aproben na rúa Génova ou na Fundación FAES que preside Aznar, será aceptado pola Xunta; aínda que a súa obriga era manter unha política respecto a Europa de defensa dos intereses d@s traballador@s galeg@s e facerlla saber constantemente o goberno central para que eses intereses non se esquezan; o mesmo acontece cos resultados da saída do Reino Unido da Unión Europea, o chamado “brexit”; as institucións galegas e os partidos políticos, sexan sucursais dos do centro, autónomos respecto ó mesmo ou só con estrutura na nación galega, nin nas eleccións pasadas nin nos días das negociacións producidas para o reparto dos 750.000 millóns de euros para paliar a crise económica, pouco ou nada falaron en Galicia sobre estes temas; uns tentaban curar as súas feridas outros andaban de celebración.

Teño a impresión que existe sobre todo no campo do progresismo, medo a facer afirmacións que poidan levar a ser acusados de antieuropeista; a dereita, como no caso das políticas neoliberais, ten gañado o debate e ninguén é capaz de presentar un programa alternativo, sinxelo, que o entenda a maioría d@s traballador@s capaz de amosar que o imperialismo e incapaz de facer a máis mínima concesión para levar adiante un proxecto de Unión Europea, que non acrecente, segundo pasan os anos, as distancias entre os países do norte e os do sur, concretamente con España, Portugal, Italia e Grecia. E sobre todo amosar que non hai un único proxecto de Unión Europea, que o que se está a levar adiante e o da oligarquía, co apoio non se sabe moi ben as razóns, de sectores da pequena burguesía e do que Lenin chamaba a “aristocracia do proletariado”.
Esa é a realidade e Galicia se atopa no estado español, e non se avanza no chamado “proxecto de converxencia”; como xa sinalei, a distancia entre determinadas economías dentro do campo do euro, e os catro estados mencionados, cada día se fai maior.
Penso que en Galicia pola razón de pertencer a un estado determinado, debíamos ter o devezo de investigar, discutir e coñecer as razóns deste proceso que queiramos ou non, cada ano que pasa nos fai máis pobres respecto dos “países do norte”.
A realidade é que o nó central do norte, Alemaña, Austria, Países Baixos, Luxemburgo, Suecia, Dinamarca e pode que Finlandia, se quedan, a traveso do intercambio comercial, cunha parte importante do valor que nos producimos, entendendo este como a cantidade de traballo que se necesita para fabricar unha mercadoría o que ten moito que ver ca “diferente composición orgánica do capital” entre norte e sur; economías máis tecnificadas as primeiras e en menor medida as segundas, maís orientadas á exportación as primeiras, ó consumo as segundas, e polo tanto a fenda entre as primeiras e as segundas se vai a ir facendo máis grande a non ser que fagamos algo imposible de facer, ser como China que produce a unha escala enorme e é capaz deste xeito competir e ter superavits cas economías máis poderosas do planeta; o estado español non ten capacidade nin a propia Italia tampouco; outro xeito sería ter soberanía, ter moeda propia e devalar

Tod@s content@s, a UE veu a salvarnos cunha cantidade substancial de cartos, 140.000 millón de euros.
Que representa ó 11 % do PIB de 2019 e dez veces máis que os chamados “fondos de cohesión”, o que indica que a situación económica do estado español non é moi boa (onte dan a cifra dunha queda do PIB do 18 % a maior de toda a Unión Europea, resultado dunha economía feble, onde o turismo, a construción e o consumo interno eran os elementos básicos, hoxe paralizados pola pandemia. Pero tamén indica o carácter subsidiario da nosa economía no reparto mundial do traballo, que se decidiu en determinadas institucións e tratados que foron aceptadas por políticos pertencentes ós dous partidos que gobernaron dende 1982.
A realidade é que a nosa débeda superaba o 100 % do noso PIB, nos bos tempos, cando nos dicían que a economía, “superada” a crise iniciada no 2006-2007, medraba e o facía máis que a media da UE; e agora que?. Como imos enfrontala? Que sacrificios, ademais dos que xa están a pasar, se lle van a exixir @s traballador@s?. A realidade é que dos 140.000 de euros, 72.700 parece que serán transferencias e 67.300 en préstamos e non nos esquezamos dun “pequeno problema”, que para ter acceso a eses cartos, “os gobernos elaborarán planos de reformas en base ás recomendacións do semestre europeo“ e senón me trabuco, Alemaña preside este semestre. Haberá que aceptar recomendacións económicas, reformas en materia de creación de emprego e de transición ecolóxica e dixital. Existirá o que se denomina “freo de emerxencia”, se as condicións non se cumpren. Neste senso debemos exixirlle o goberno transparencia sobre esta situación, que de “sorrisos se poden transformar axiña en bágoas”, cando as condicións exixidas pola UE, “polos do norte”, os que unha parte da súa economía se basea en quedarse cunha parte do valor producido “polos do sur”, se teñan que concretar en cada estado e en cada Comunidade Autónoma.
Por iso entendo que pertenzas a un grupo que queira seguir na senda do autonomismo, ou a outro que propuña a creación dun estado federal e incluso ó sector partidario da independencia, a situación da UE e a pertenza ó euro, deben ser temas fundamentais, sobre os que se adique moito tempo e esforzos intelectuais e considero que non está a ser así. E como nos atopamos agora non se pode seguir, cada ano que pasa somos máis pobres con respecto ós países máis ricos, aínda que nos custe recoñecelo e recupera-la soberanía terá problemas importantes que afrontar, estudar e explicar.
Macron presidente do país veciño do norte, formulou a necesidade dun novo “Plano Marshall” para tentar darlle pulo a esa converxencia que após moitos anos de austeridade no sur, non se acada. Pois ben a UE nestes acordos que se teñen tomados estes días pasados, amplía o seu orzamento do 1% ó 1,5% do PIB, cantidades ridículas para as necesidades, si verdadeiramente se quere unha UE máis homoxénea. Necesítase, se verdadeiramente se quere converxer, non só orzamentos próximos ó 20 % senón reformas estruturais moi importantes que parece que os do norte non están dispostos a levar adiante. En Galicia cunha economía dependente e gobernando o PP durante catro anos máis, algo debemos opinar sobre estes temas que non sexan declaracións sen moito contido, para saír do paso.

En Galicia no mes de agosto de 2020.


No hay comentarios:

Publicar un comentario