A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 14 de octubre de 2018

CANDO A XUSTIZA DESAPARECE, FAISE NECESARIA A REVOLUCIÓN.


Eusebio López
O xuízo contra Willy Toledo, os presos cataláns, o 155 e as bandas quitalazos, Valtonic, as declaracións de Toni Cantou sobre a desaparición do castelán en Galiza (este tío non pisou Ferrol, Coruña ou Vigo, onde facer vida normal en galego é imposible, somos “imigrantes na nosa propia terra”), Casado e a sua “pistola sobre a mesa”, a provocación da subida do 1.5% á casa Real “coma se fosen funcionários”..., (pero que oposición aprobaron?) e a inviolabilidade do anterior rei... O verdadeiro carácter da xustiza, ademais de burguesa (“está feita para os robagaliñas”) é neofranquista (a maioría dos altos cargos son do OPUS DEI), e máis que quedan no tinteiro, non son actitudes da caspa, de “indivíduos” ignorantes,...

Non é un problema de maior ou menor cultura, como ás veces podería parecelo; é un problema político de primeira orde. Son as institucións dun réxime en decadencia, que se defenden como gato bandullo arriba. O 69% da poboación, segundo o CIS, quere unha reforma da Constitución… Case dous de cada tres dos enquisados e enquisadas por un organismo oficial di se á “reforma”.
Xa coñecemos como se cociñan estas enquisas; así que a esquerda, se quere realmente exercer de tal debe enfrontar, non a reforma dunha constitución irreformable, posto que os mecanismos parlamentarios establecidos fano imposible sen contar co “búnker”; senón a ruptura con ela, pondo sobre a mesa a necesidade de abrir un verdadeiro proceso constituínte, que encare de maneira democrática os principais problemas sociais e políticos dos pobos do estado e a clase obreira.
O contrario da súa actual actitude de converterse no que está a ser, a muleta “social” do réxime apoiando ao goberno, que é a “muleta política” do réxime; que xunto á “muleta xudicial” neofranquista e á “institucional” (Casa Real e exército), dan estabilidade a unha forma de estado que todo o mundo considera esgotada. Ser esa “muleta social” convérteos en parte do problema, e non da solución.
A ruptura co réxime e a apertura dun proceso constituínte, non caerá do ceo como froita madura, senón só como consecuencia da mobilización social que poña no centro a resolución das necesidades sociais e políticas da poboación traballadora; non só de salario vive o ser humano, vive da cultura, das liberdades, das relacións libres e iguais entre as persoas. É máis, o recorte das liberdades e a represión élles imprescindible para impor os recortes sociais e laborais: “o poder está na punta do fusil”,... ou da porra e o cárcere.
Todos os ataques aos dereitos laborais, sociais e políticos desde o búnker do réxime, dinnos que este non vai ceder os seus privilexios porque se lles convenza nun debate dialéctico nin a través dunha mera votación parlamentaria. Só a mobilización unitaria, sostida no tempo, con obxectivos claros e precisos, sen claudicaciones aos cantos de sirena dos que se din de “esquerdas” e fan políticas de “dereita” en defensa dese réxime, poderase conquistar a ruptura co réxime e a apertura dese proceso constituínte.
En Galiza no mes de outubro de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario