A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 1 de septiembre de 2013

NON ME GUSTA QUE AOS TOUROS PÓNASCHE MINISAIA?


Xulia Mirón
Así soaba o refrán da canción “A Minisaia”, que era famosa no estado español, cantada por Manolo Escobar. Moitas mozas non a coñecerán, pero as máis "veteranas" seguro que máis dunha vez cantárona no franquismo e de feito até experimentaron o que nesa canción dicíase, sobre todo porque os seus noivos, maridos, pais, irmáns....así llo facían saber ás mulleres desa época.

O noso refraneiro está cheo de frases así de machistas, de posesión e de acoso ás mulleres. Un refraneiro que lembraba a idea de que iso da liberación, de ser máis independentes non estaba permitido desde as máis altas esferas do estado e a Igrexa; e que como toda ideoloxía tamén era transmitida tanto nas escolas, na rúa, como en casa.
Coas medidas que está a tomar este goberno estamos a achegarnos a unha sociedade que ideológicamente vaise parecendo máis á época de Franco que aos anos de liberdade, de igualdade, polos que tantas mulleres e homes loitamos.
Non pasou o tempo
A educación é unha parte importante da nosa vida. Edúcasenos a ser civilizados/as para ter unha convivencia pacífica, cos valores éticos da igualdade entre seres humanos, entre ricos e pobres, entre irmáns/as, etc,...Cantas veces ouvimos "están sen civilizar" cando algunha perso fai algo que non está dentro do socialmente "normal". O goberno lexisla para que estas normas de comportamento sexan o máis axustadas posibles á realidade na que han de aplicarse, pero de que realidade podemos falar.
Esta suposta “igualdade” queda fóra cando se trata de igualdade para as mulleres. Desde que xurdiu a propiedade privada as mulleres pasaron de desenvolver un labor social, onde todas traballaban para o conxunto da sociedade, a ser escravas do marido e dos fillos, a súa contorna pasou a ser a "casa". Isto foi así durante séculos sen que a nosa vida cambiase moito. No franquismo as mulleres non dispuñan de ningún tipo de independencia, comezando porque non podían traballar, e se o facían, o marido podía cobrar o seu salario; que a muller debía ir a misa a confesión, que a muller non podía saír aos bares, que a muller se era maltratada debía de calar porque "era o marido que lle tocou",...isto era “normal". O que non era normal, era ver a mulleres universitarias, mulleres que non abandonasen o seu posto de traballo cando casaban, non era normal ver ás mulleres nos bares, non era normal que a muller estivese nos ámbitos da política, non era normal que a muller quixese ser un ser humano con igualdade e dereitos.
O cambio dos costumes, da política, os dereitos que as mulleres fomos conquistando coa loita na época da transición e durante todos estes anos, estes dereitos están a ser varridos do mapa dunha plumada. Aínda que hai que lembrar que moitas mulleres aínda seguen sen ter moitos destes dereitos, pois unha cousa son as leis establecidas no marco de gobernos “socialdemócratas” que se rexen polos postulados dun réxime e un sistema determinado, e outra ben distinta a aplicación das mesmas.
Durante moitos anos fomos conquistando leis que recoñecesen esa secuela social que é a violencia, non só física senón tamén psicolóxica, que os homes cometen contra as mulleres. E tamén moitos anos custou que moitas destas mulleres atrevésense a dicilo en público. Eses pasos que fomos dando na loita tivo os seus froitos, aínda que non todos os que nós quixésemos, pero polo menos aprobáronse leis que melloraron este problema, aínda que siga habendo mortas a mans dos seus noivos, maridos, etc... As leis aprobadas polo goberno do PSOE contra a violencia de xénero, a de igualdade entre homes e mulleres, a lei de aborto, foron leis que abarcaban varios ámbitos, pero non se desenvolveron en todos eles, por falta de orzamento, pero tamén por falta de vontade de atallar estes problemas.
Leis, reformas e decretos que promoven o machismo
O goberno do PP bota por terra todo o minimamente conseguido até agora. Refórmase o Código Penal, que deixa impune os delitos machistas, elimina as faltas por lesións leves e vexacións ás mulleres, deixando a maior parte dos delitos de violencia como "leves", aínda que as agresións causasen lesións e danos anímicos e psicolóxicos. A ministra Ana Mato, en boa sintonía co seu colega, aproba, acorde con esta reforma a forma de "medir" que son malos tratos. O ministro Wert aproba unha lei de educación reaccionaria e franquista, e igualmente o ministro Montoro presenta a reforma da lei de réximen local onde as competencias de servizos sociais deixarán de estar nos municipios perdendo así a proximidade ao cidadán/a. Unha decisión que trae graves consecuencias para as mulleres traballadoras, que son a maioría na utilización destes servizos, non só na axuda para vítimas de malos tratos, tamén para o resto de servizos sociais, como a dependencia, etc.
Con todas estas reformas quedan sen efecto a lei contra a violencia, a lei do aborto, a utilizacion de métodos anticonceptivos, a lei de igualdade entre homes e mulleres, e outras leis que apuntan no mesmo sentido. O PP está a lexislar a golpe de "decreto" da maneira máis absolutista que coñecemos nos últimos anos.
Segundo a súa propia argumentación, os recortes son para aforrar en gasto de persoal, vixilancia a mulleres que teñen ameazas, xulgados de violencia, persoal dos servizos sociais,...é dicir, a perda de moitos postos de traballo. Pero ademais, todos estes servizos serán privatizados a cargo de compañías aseguradoras con menos persoal e peor calidade no servizo, polo que as mulleres terán que seguir aguantando a violencia machista veña de onde veña, cargar cos dependentes, maiores, enfermos, etc.
A outra consecuencia destas políticas son ben claras, a volta ao fogar de moitas mulleres, embarazadas cada nove meses, traballar na casa e fóra dela, coidar dos nosos maiores e dependentes.
De novo imponse o machismo nas aulas, nas rúas e na casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario