A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 24 de septiembre de 2013

CRISE NA MONARQUÍA. CANDO A INSTITUCIÓN É A PERSOA


Roberto Laxe

A enfermidade do monarca pon sobre a mesa xusto todas as mentiras coa que rodearon a súa figura, nomeadamente esa de que non manda nada, que tanto ten te-lo como non, e abre unha crise política de incalculables consecuencias.
Se non manda nada, porque agora teñen un problema aparentemente técnico, que en realidade é de lexitimidade: o rei sanciona todas as leis, sen a súa sinatura son nulas e non serven para nada. Por iso o goberno, na ultima rolda de prensa falou de que faio por “sinatura electrónica”.
Se non manda nada, o que pasaría se se dera un referendo en Catalunya e un sector do exercito lanzara a idea de suprimilo pola forza, como xa falou algún militar retirado. O único que pode “unificar” a resposta do exercito –e como marxistas sabemos que esta é a verdadeira ferramenta de poder do capital- e o seu Xefe do Estado Maior, o rei.

Se non manda nada, porque todas as forzas políticas institucionais defenden o seu papel, e esperan a súa mediación. Ten un poder de mediación entre as burguesías e as capas superiores da clase traballadora que non esta escrito en ningures, mas é decisivo para a estabilidade e a resolución das contradicións sociais.
Se non manda nada, porque a súa continuidade na xefatura do estado esta só nas súas mans. A estabilidade dun réxime democrático burgués “normal” non reside na saúde dunha persoa, senón nas súas institucións que permanecen, por riba das persoas; a lexitimidade das persoas que ocupan esas institucións renovase cada vez que ha umhas eleccións, é o voto quen lexitima os gobernantes. Mas que pasa, cando a lexitimación de Xefe do Estado depende da sangue?

As burguesías do estado español, xunto coas forzas da esquerda que apoiaron, demostraron a súa improvisación cando fixeron a constitución do 78, na que “lexitimábase” o que agora chamase Réxime do 78: os mecanismos concretos de abdicación, é dicir, de continuidade no réxime, non se desenvolveron desde aquela. En 35 anos non foron capaces de facer umha lei orgánica que garantira umha “sucesión” suave do xefe do estado, e agora teñen un verdadeiro problema, o monarca negase a abdicar, e a súa enfermidade fai que unha persoa que, segundo todos e todas non ten ningún poder, non poda sancionar leis, exercer o seu papel de representante do estado, asistir a Xunta de Xefes do Estado Maior (da que é xefe supremo), nin facer o que para todos os burgueses é central, o papel de arbitro agora que os conflitos nacionais rexorden con forza no Estado Español.
A burguesía ten un problema que resolver e que no marxismo chamase bonapartismo, onde a institución central dun réxime confúndese coa persoa que a detenta. A burguesía precisa dun réxime tan personalista como é o bonapartismo cando pola debilidade fronte os seus inimigos de clase e as súas contradicións internas, delega o seu poder nunha persoa, nun “cesar”, nun “bonaparte”.
No 78, para garantir a estabilidade na transición da ditadura á “democracia”, precisaban dunha persoa que chegando das entrañas do franquismo, dos seus aparellos militares e institucionais, fose capaz de dirixirse ás burguesías nacionalistas bascas e catalás, e ás cúpulas do movemento obreiro, tolas por evitar unha deriva revolucionaria da crise do franquismo. O longo dos anos 70 a burguesía española foi barallando diferentes nomes, foi Carrero Blanco, mas o atentando de ETA deu o traste cumha transición dura como a que representaba; despois foi o “espírito do 12 de febreiro” de Carlos Arias Navarro, frustrado desde dentro do mesmo réxime, dos seus sectores máis fanáticos.
Tras a morte do ditador asumiu a xefatura do estado a persoa que xa fora posta para iso en 1969, e que tras a abdicación do seu pai Juan de Borbón uns anos antes, garantíase o apoio dos monárquicos non franquistas. O seren "rei" era un titulo honorífico, a institución non tiña importancia, poderíase chamar “rei”, “presidente” ou o que fose, o importante era a persoa, Juan Carlos, herdeiro dos Borbóns o que incluía aos carlistas, educado desde os anos 50 no Estado Español tras o acordo cos monárquicos, e poren, parte activa das institucións da ditadura.
A “idea” inicial da ditadura era un Xefe do Estado na persoa de Juan Carlos e un presidente duro, claramente franquista, como Carrero Blanco, que como almirante que era representara ao exercito. ETA deu o traste con este proxecto. Mas a loita de masas foi mais aló, abriu as portas á democracia, ás liberdades, forzando desde a morte de Franco sucesivos gobernos que van desde o sector duro de Arias Navarro ate o sector negociante de Suárez. Porque non o esquezamos, Suárez é a resposta do réxime ao aumento das mobilizacións de masas.
Arias Navarro e Fraga fracasan tras a folga xeral de Vitoria e a ditadura, para evitar males maiores (a veciña revolución Portuguesa esta demasiado presente)  a través de Juan Carlos –e aquí aparece a sua figura- nomea a Suárez, ultimo representante do Movemento Nacional, partido único na ditadura, como presidente do goberno cumha tarefa, integrar ás cúpulas do movemento obreiro, especialmente o PSOE e o PCE, na Transición. Despois de moitas negociacións, publicas e segredas, chegase a un acordo, as liberdades democráticas no Estado Español teñen un prezo, garantir a estabilidade do capitalismo español non cuestionando os seus negocios. Para elo aprobase umha Lei de Amnistía, verdadeiramente de Punto Final, e a figura do Xefe do Estado, na persoa de Juan Carlos, é inviolable.
Como bo réxime bonapartista, a institución monárquica confúndese coa persoa,  é ela a que resume esa garantía de continuidade. Por iso, a pesar de levar un ano de baixa, e o que lle queda (se lle aplicaran a reforma laboral que ele sancionou tería que ser despedido) non pode abdicar, porque se o fai perdería a inviolabilidade que lle garantiron todos, desde o núcleo duro do réxime ate as forzas da clase obreira como o PCE, e abriría un debate profundo de que réxime precisamos, se monarquía ou república.


Galiza, 22 de setembro do 2013



No hay comentarios:

Publicar un comentario