A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 5 de octubre de 2013

A AVE E A APOSTA SOBERANISTA DO BNG

Roberto Laxe

Se ha un proxecto central para o capital español ese é a construción das liñas da AVE. Central desde un punto de vista económico, pois supón o saqueo puro e simple das contas do estado por parte das grandes construtoras, OHL, ACS, FCC, etc., etc. É un saqueo porque levan gastado nel máis de 50 mil millóns de euros, so na Galiza 6 mil millóns, tendo en conta que as obras publicas no Estado Español páganse mais que na Alemaña, con salarios mais baixos.

Mas tamén é central nun aspecto mais sutil, pero que a medio e longo prazo é fundamental para ese capitalismo, o ideolóxico. A AVE estase a construír o marxe das necesidades sociais concretas de cada zona co único obxectivo –recoñecido expresamente por ZP- de unir todas as capitais de provincia e cidades importantes con Madrid, “a suma de todos”, din a súa campaña institucional; gústenos ou non, Madrid asociase co Estado, como foi demostrado tras o recente fracaso da candidatura olímpica da cidade.
Se isto é valido para calquera parte do Estado Español, que non será na Galiza onde as carencias en infraestruturas ferroviarias ponnos a un nivel “semicolonial”. Tras a construción da AVE real –non o que hoxe fan, que é unha burla e unha chapuza, como se demostrou traxicamente o 24 de xullo- poderemos ir de Coruña a Madrid en 3 h, a prezos razoables; mas tardaremos o mesmo en caso de que se manteña o servizo a Ferrol, ou viaxar a Vigo sairá tan caro como ir a Madrid.
O gasto en infraestruturas, e nomeadamente as ferroviarias, é central para umha integración social dun país. Non é posible falar de apostas soberanistas e apoiar un plan tan centralista siquer pola pasiva, como hoxe -o problema non é a AVE, senón que pode quedar "sen executar"-, ou como no pasado pola activa, cando o BNG no Bipartito competía co PP e o PSOE para esixir a AVE, e concentrábase para acurtar os prazos en Zamora, mentres pechaban estacións do Eixo Atlantico en Portas.
Mentres na Galiza non exista un servizo de proximidades digno de tal nome, que evite, por exemplo que os rexionais actuais sexan utilizados como proximidades só que a prezo de rexional, mentres na Galiza non exista un servizo publico ferroviario que estruture socialmente, que facilite a mobilidade na procura de traballo, estudo ou lecer, falar de “aposta soberanista” é un engano a poboación traballadora.
Hoxe un traballador/a ou un estudante galega ten que pagar un sobre soldo por ir o traballo ou centro de estudo, xa sexa porque ten que coller o seu coche particular, ben porque o servizo de transporte colectivo é caro ou ben porque o non existir, tense que trasladar a vivir á cidade onde traballa ou estuda. Cos 6000 millóns que levan gastados ben poderían ter construído unha rede de proximidades, ligado ao transporte colectivo por estrada, existindo como existen unha rede básica que esta a ser pechada no nome da AVE.
Mentres, todas as forzas políticas, agás AGE, apoian un consenso o redor da AVE. Por todo elo a “aposta soberanista” do BNG demostra no concreto os seus limites, e a súa incapacidade para romper co esquema centralista do estado español. Do que falamos, de resolver os problemas sociais Galegos ou de integrar á burguesía galega no Estado Español?
Para enfrontar o saqueo das arcas publicas polas grandes construtoras é preciso rexeitar o plan do PP, o de infraestruturas do Estado expresado nos actuais orzamentos (e en todos os pasados), e levantar un plan ben diferente o servizo de resolver as necesidades da clase traballadora e os pobos do estado, opoñéndose á privatización e desmantelamento de ADIF RENFE, esixindo a nacionalización e recuperación polo estado e a Xunta dos servizos públicos privatizados, etc., etc. Neste cadro estatal é onde collen  as apostas autodeterministas necesarias para levalas adiante.
A loita polas reivindicacións do pobo traballador galego supón a ruptura de calquera pacto institucional, escrito ou non, coas forzas que son inimigas, do PPSOE como representantes do réxime do 78 e a implicación aberta, franca e sen sectarismos cara a mobilización social unitaria na defensa dos interese da clase traballadora e o pobo.
Todo o demais son saúdos á bandeira.


Galiza, 2 de outubro de 2013



No hay comentarios:

Publicar un comentario