A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 24 de abril de 2019

POR UN NOVO MUNICIPALISMO SAÍDO DUN PROCESO CONSTITUÍNTE



Carlos Dafonte

A estrutura política nada ca Constitución de 1978, que lle imprime carácter ó réxime actual, atopase hoxe en momentos de grande debilidade. Moitas das formulacións políticas herdadas da ditadura que contén o documento, se poñen en cuestión por unha parte importante da sociedade.
Nos momentos da súa elaboración e aprobación, valorouse como aceptable por parte do sector da esquerda maioritario que ó non se ter dadas as condicións para pula-la creba democrática, como consecuencia da existencia ca súa capacidade intacta do estado fascista o constante “ruído de sables” procedentes dos cuarteis, e que a clase obreira escolleu o 15 de xuño de 1977, ó PSOE para representala nas institucións, que era mellor ceder e aceptar unha Constitución chea de eivas, que se consideraba como un punto de partida, que era certo, ía determinar o contido posterior de todas as leis que se tiñan que aprobar, e comezar a loitar polo inicio dun proceso que conducira cara a un marco democrático máis avanzado que o que a Constitución representaba. A derrota electoral definitiva da esquerda no ano 82, permitiu a construción institucional do réxime actual a traveso da quenda de dous partidos neoliberais, ó servizo da mesma oligarquía que como sector da clase hexemónica, tamén no franquismo exerceu o seu poder. Tamén representou a perda de identidade da esquerda e acepta-la loita institucional como a única posible para transforma-lo capitalismo.

Tampouco debemos esquecer que o proceso que coñecemos como “transición”, non foi ese período idílico que moit@s queren facer crer a quen non o viviu. As forzas represivas asasinaron a máis de trescentas persoas na rúa e feriron a máis de dous mil, por manifestarse a prol da liberdades democráticas, a amnistía para os presos políticos ou polo dereito de autodeterminación. A iste número de vítimas hai que engadirlle as dos grupos que empregaban a violencia, considerando que así “avanzaría máis rápido” o proceso de poñer fin ó franquismo.
Todo elo contribuíu á que teñamos hoxe o marco político que temos, cuxo deterioro se debe a diferentes causas:
En primeiro lugar xa dixemos que importantes sectores da sociedade poñen en cuestión unha parte dos contidos da Constitución, como se puxo de manifesto co movemento que encheu numerosas prazas de cidades do estado e coñecemos xenericamente como o 15-M. Movemento que conseguiu xunto ca loita d@s traballador@s contra as políticas de austeridade puladas pola UE, FMI e Banco Central Europeo, facer naufragar un dos alicerces fundamentais do actual réxime, o bipartidismo, e dicir a alternancia no poder entre o PSOE e PP, os principais defensores do réxime e construtores do sistema político actual; eles foron os que desenvolveron mediante eis a actual cConstitución. Este movemento tivo unha consecuencia inmediata nas primeiras eleccións despois da súa aparición, unhas Cortes moi fragmentadas, sen maiorías consolidadas, incapaces de facer fronte ós problemas reais dos cidadáns, cunha enorme maioría a favor de seguir aplicando políticas económicas neoliberais, de austeridade, máis interesadas en preservar os intereses da oligarquía.
En segundo, é a perda de apoios sociais do cordón umbilical que une o actual réxime co anterior, a Xefatura do Estado na figura dun rei, pola súa actitude insensible diante da situación que unha parte da sociedade vive e a participación de determinados membros da familia real en negocios e aptitudes corruptas o que levou á abdicación do monarca e a substitución polo seu fillo.
En terceiro, sectores de traballador@s e outros sectores populares sofren nas súas economías a crise económica, enorme cantidade de parados, salarios máis baixos, desafiunzamentos, precariedade no traballo, modificación da Constitución no seu artigo 135 que prioriza o pago da débeda sobre a prestación de servizos a quen paga impostos, etc, en definitiva, un estado actuando ó servizo dos máis poderosos e que carga sobre as costas dos máis febles, a recuperación da crise económica. Este aspecto central nas vidas da maioría da sociedade, minguou dun xeito importante os apoios sociais ó réxime.
Tamén a incapacidade dos diferentes gobernos para dar resposta o coñecido como problema territorial; a existencia dentro do territorio do Estado de nacións, Cataluña, Euskadi e Galicia e rexións, o resto do territorio do Estado que se pode articular como se queira, pero constitúe algo ó marxe da nacións e o non recoñecemento do dereito de autodeterminación para as tres primeiras no texto constitucional, pola forza que o franquismo político e sociolóxico exerceu para impor o seu concepto da sacrosanta unidade da patria: unha, grande e libre.
Por último aínda que se poden seguir a citar outros aspectos acontecidos no Estado Español, o tema da corrupción que non é puntual, senón que se ten convertido en estrutural, e aínda que noutros partidos tamén teñen casos, foi e é moi relevante no PP e no PSOE, que ademais manobran, partindo de que foron eles os que se reparten os membros do Consello de Poder Xudicial, Tribunal Supremo, Audiencia Nacional e Tribunal Constitucional e fixeron a maioría das leis e reformas dos Códigos para que os seus cargos públicos, saian ben librados cando se sentan diante dos tribunais acusados de ter cometido determinados delitos.
Polo tanto é necesario abrir un proceso convocando a Cortes Constituíntes, as que a elaboraron no ano 78 non foron convocadas como tales, para modificar aspectos substanciais da constitución vixente, e no pulo dese proceso, deben xogar un importante papel os Concellos é onde a traveso do mesmo, se convertan en órganos que afonden na democratización e xoguen un papel distinto ó que hoxe o bipartidismo os ten convertido.
Para pular ese proceso necesario, as propostas de Concellos que se van renovar en maio deste ano deben ser distintas das que se albisca se van facer; dende os Concellos renovados que se constituirán nos próximos meses, se as direccións políticas das forzas progresistas e de esquerdas, non tiveran caído no institucionalismo máis pedestre e burdo, se podería seguir traballando para un cambio do réxime actual, para a súa modernización e adecualos ás necesidades d@s traballador@s
É nos Concellos, onde se teñen cometido unha parte moi importante dos casos de corrupción. Pola razón de que a Constitución non garante nin a transparencia, nin a participación veciñal nin a información. E as leis vixentes reforzan a figura do Alcalde en detrimento do Pleno, e a favor do partido maioritario que na maioría dos casos converteu á Comisión de Goberno, nun campo exclusivo do partidismo.
Por outra banda as leis e regulamentos aprobados relaxaron moito o control dos funcionarios, Secretaría e Intervención, así como o xeito de seren elixidos para desempeña-lo cargo; que se atopa en función das preferencias dos partidos con maioría, que ademais cas leis vixentes recortan as súas funcións de control.
Esta situación pódese ver agravada polo intento reiterados dos partidos maioritarios de que o partido que acade a Alcaldía debe se-lo máis votado aínda que os números non permitan unha acción de goberno, o que con toda seguridade vai desembocar no reforzamento aínda maior da figura do Alcalde en detrimento dos órganos colectivos.
Participación, control dos elixidos, capacidade para revoga-los por parte do vecindário, elección democrática dos pedáneos onde sigan a existir, Orzamentos Participatívos, referendos municipais, e toda outra serie de medidas deben ser aprobadas para acercar máis a institución municipal @s traballador@s.
O réxime, segundo se agrava a súa crise, tanto política, económica ou institucional, o que indica perda de consenso na sociedade, non recibe por parte das organizacións que din manter posicións críticas e de transformación do mesmo, unha resposta política contundente dende as candidaturas municipais, cando se repite constantemente que son as institucións máis próximas @s traballador@s e polo tanto as máis capaces para facer pedagoxía, por isa mesma proximidade co votante e co veciño.
Todas as organizacións que din amosar discrepancias co réxime, e incluso as que formulan a súa substitución, son incapaces de presentar un programa político que vaia neste senso, ademais de presentar o seu “modelo de cidade” ou de Concello, algo moi manido e repetido ata a saciedade.
Si o réxime actual ca monarquía a fronte, recorta liberdade e levaron os Concellos ó que hoxe son, debían presentar como alternativa para conseguir maiores cotas de liberdade, a república, como xeito de supera-la actual situación; non nos enganemos, é moi difícil afondar na democracia, co réxime actual, que non vai desanda-lo camiño recorrido ata o de agora, de recortes de todo tipo. As perspectivas a nivel mundial así o indican e en todo caso as medidas contra @s traballador@s cada vez van ser maiores.
Pero tamén me pregunto, como aqueles partidos que se consideran nacionalistas e partidarios da autodeterminación, non formulas estas ideas nas próximas municipais?
Estaría ben, que as candidaturas presentadas non só en Galicia, no resto do estado, se distinguiran as que teñen un carácter republicano das que non o teñen. Sería un avance moi importante e iniciador dun longo camiño que vai ser necesario percorrer.

En Galicia no mes de abril de 2019.




No hay comentarios:

Publicar un comentario