A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 30 de abril de 2019

CAL É A FORZA DA DEREITA, NAS SÚAS DÚAS VERSIÓNS, A CASPOSA OU A PROGRESISTA, FRONTE ÁS ESQUERDAS?


Roberto Laxe
Eles falan en nome dun proxeto social, ese proxecto é o capitalismo, as súas regras, os seus valores, os seus mecanismos de funcionamento, ... que conforman o chamado "sentido común". Eles non teñen que argumentar nada, posto que a sociedade burguesa desde a infancia, vaino construindo nas nosas mentes, e só teñen que dar coa tecla que determina o presente. Por iso levan sempre as de gañar, xogan coas súas cartas.

Vox marca a tecla que hoxe manda, a da polarización social, a da ruptura definitiva do pacto social entre a clase obreira e a burguesía, que ao longo destes anos sostivera a ficción interclasista do Estado do Benestar. A dereita progresista, adornándose co progresismo de certas medidas sociais, son parte desta ruptura; por iso o goberno máis previsible é o da esa dereita progresista, PSOE, coa liberal, Cs, baixo a presión constante da dereita casposa (PP VOX).
Fronte a eles, que temos? Unha esquerda débil, incapaz de presentar un proxecto social alternativo... Limítase a recitar as dereitas "pantasmas" que recolle a constitución do 78, aceptada como os limites do térreo de xogo, como fixe-se Anguita nos 90 (daquela podería entenderse porque a crise non era tan aguda). A súa incapacidade para levantar un verdadeiro proxecto alternativo a un réxime decrépito, que só sabe xerar vermes -"cando o novo non acaba de nacer e o vello está a morrerse, neste interregno xorden os monstros", Gramsci dixit-, é o que os pon fóra de xogo, converténdoos nos bufóns dun xogo moito máis profundo: nisto tempos non nos xogamos só a chamada "axenda social", coma se esta fose allea ás condicións políticas, sociais e constitucionais nas que se desenvolve.
Nestes tempos xogámonos as regras o xogo, os proxectos sociais; os que sosteñen o réxime actual, marco do sistema capitalista español, e con el as medidas que están a destruír todas as conquistas sociais e políticas (dereitos civís) de todos estes anos, ou os que servirían de marco para a loita por outro sistema e outro réxime. É, en fin, unha loita polo poder na sociedade.
À esquerda ante a sociedade ten que investir o mecanismo do debate, porque o fin determina os medios cos que un se propón lograr os obxectivos. Hoxe levantar a constitución, a súa aplicación, convértea na á esquerda dun réxime descomposto, que pola súa procedencia só pode xerar caspa e reacción; é a "leal oposición".
A fortaleza da proposta da esquerda está no que dixese Ellen Meiksins Wood: "O que anuncia ser un proxecto máis inclusivo que o socialismo tradicional en realidade éo menos. No canto das aspiracións universalistas do socialismo e a política integradora da loita contra a explotación de clases, temos unha pluralidade de loitas particulares desconectadas que conclúe cunha submisión ao capitalismo. O proxecto socialista debe enriquecerse cos recursos e os coñecementos dos "novos movementos sociais" (agora non tan novos), non para empobrecerse recorrendo a eles como unha escusa para desintegrar a resistencia ao capitalismo".
A gran tarefa da esquerda non é a de buscar atallos para converterse no "lobby de presión" sobre a dereita progresista, senón a de reconstruír o proxecto social que de respostas globais a un mundo que vive nun interregno, ao que se lle caeu o seu "muro de Berlin" (crise económica do 2007 e quebra de Lehmann Brothers); a de presentar un programa pola transformación socialista da sociedade que de coherencia á loita da clase obreiras e os pobos.
Con este fin socialista atopan lóxica os medios que no presente pódense defender; desde a mal chamada "axenda social", que son as reivindicacións económicas e sociais da clase traballadora e a poboación (salario, xornada, vivenda, emprego, ...), até as directamente políticas, como a defensa das liberdades políticas, individuais ou colectivas (lei mordaza, dereito á autodeterminación), pasando polas medidas concretas para defender unhas e outras, como a nacionalización da industria e dos servizos privatizados ou á derrogación de medidas concretas (articulo 135 da Constitución).
Porque é obvio para calquera que a aplicación de todas estas medidas non caben dentro dos estreitos marcos dos réximes actuais... mesmo os máis democráticos, como demostra a resposta ultrarepresiva de Macron aos chalecos amarelos. Máis que máis nun réxime herdeiro dunha ditadura como o español. Fronte á fortaleza do "sentido común" burgués, maniféstese como se manifeste (casposo ou progresista), só podemos opor a fortaleza do programa da transformación socialista da sociedade.
Galiza, abril do 2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario