A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 13 de julio de 2019

NEGOCIACIÓNS PSOE E UNIDAS PODEMOS, O FACTOR MEDO

Eusebio López
O próximo goberno que entre xa ten a axenda marcada, o que se discute é o que UP está disposto a tragar para garantir a estabilidade do réxime. Isto é o que está no fondo da cuestión, porque a existencia de VOX rompeu todos os diques na posible regresión ao réxime do post franquismo; "a dictablanda" que viviu-se na transición, entre a morte de Franco e o golpe do 23 F.

A política cara a Catalunya xa se despexou, asinarían un documento apoiando o que Sanchez diga. Agora falta encaixar a "marca da casa", a chamada "axenda social" da que din, son os seus defensores. Segundo din, entrarían no goberno para garantir a súa aplicación. Pero A Unión Europea ha optado por unha Comisión na que hai tres nomes claves, un, a presidencia para a neoliberal alemá, do PP E, Ursula Von der Leyen, dous, á fronte do BCE estará Christine Lagarde, a ex dirixente do FMI, e en asuntos exteriores vai Josep Borrel. Que cada quen saque as súas conclusións das políticas que van vir desde a UE.
Pola súa banda, o goberno en funcións de Sanchez xa presentou un Plan de Estabilidade á Unión Europea onde se fai unha valoración positiva do período de Rajoy na economía española, que" reforzaron o seu potencial de crecemento a medio prazo ao establecer un patrón de crecemento máis equilibrado e sustentable". Comparte UP está valoración? E, sobre todo, como se conxuga valorar positivamente as políticas do goberno que destruíu as relacións laborais, arruinado o sistema público de pensións, privatizado todos os servizos públicos en camiño de convertelos nun mero sistema asistencial,... que supuxo un retroceso histórico para a clase obreira do Estado Español; como se come todo isto, e pódese dicir que van defender a "axenda social".
A axenda social tería que nacer derrogando todo o que o PP e antes o PSOE con ZP fixeron, reformas laborais, de pensións, privatizacións, etc. Está claro que non está na ?axenda? do PSOE estes obxectivos, senón ao contrario, pola activa e a pasiva xa dixeron que de derrogar, nada de nada; que como moito van negociar un novo Estatuto dos Traballadores, para cristalizar as políticas de reformas laborais que valoran positivamente.
Entón, porqué UP se empecina en negociar algo que é público e notorio que non ha de suceder, que o PSOE asuma o seu “axenda social”?
Vendo a historia de UP e os seus aliados de EU, está claro que o obxectivo é ben político, estabilizar un réxime, o do 78, desestabilizado desde o 15M e tras a dimisión do vello rei no 2014. Podemos sacou a loita da rúa, institucionalizouna e laminó calquera opción que soase rupturista co réxime, que tivo como consecuencia o tiro no pé que se deu, e ao debilitar aos movementos sociais permitiron a reaparición / saída do armario do neo franquismo de VOX.
VOX moveu todas as fronteiras, e abertamente loita polo que Aznar dixo nos 2000, “agora imos recuperar o que tivemos que ceder na Transición”. O réxime da Transición non é o da Constitución, iso foi un pequeno remodele do que a burguesía quería, a Reforma Política aprobada en decembro do 76.
Unha Reforma Política que pola esquerda non legalizaba máis que ao PSOE, o PCE debería seguir sendo ilegal, e xa non digamos a esquerda revolucionaria; unha Reforma Política que non recoñecía nin de lonxe as nacións, nin baixo o rotulo de Comunidades Autónomas; unha Reforma Política onde as institucións fundamentais do franquismo seguían vivas... salvo o Sindicato Vertical e o TOP.
A forza social impuxo algúns cambios no plan, como a legalización do PCE e despois do resto da esquerda, que houbese unha descentralización maior do estado nas CCAA, e pouco máis. O TOP transformouse na Audiencia Nacional, e o Vertical desapareceu, dando lugar a unha atomización sindical brutal. Esta Reforma Política é o soño de VOX, e de todo un sector do PP con Aznar á fronte; por iso trastornaron todas as fronteiras do réxime.
Iglesias e UP, asustados pola presión e a violencia verbal (e en ocasións física) de VOX e do bunker do aparello do estado, o poder xudicial, como o demostran as sucesivas farsas xudiciais contra os cataláns e contra todo o que se move, así sexa cun chiste, non só non confían a forza social para enfrontar a VOX, senón que buscan como desesperados un acordo coa “burguesía progressista” do PSOE, que free a VOX.
Por iso non falan de programa nas negociacións co PSOE, saben (porque o saben, non son estúpidos) que as cartas xa están marcadas pola Unión Europea e o mesmo PSOE; só queren facer unha Fronte Común contra VOX.
De caste vénlle ao galgo; UP construíuse sobre a base das teorías de Ernesto Laclau que rexeitaba a existencia de raíces sociais nas loitas políticas; que o discurso político é unha suma de “significantes flotantes”, concetos abstractos (liberdade, pobo, nación, etc.) que non teñen relación coa loita de clases. Cando esta agudízase, os réximes entran en crises e a estabilidade burguesa ráchase, a estes representantes da pequena burguesía intelectual cáeselles a realidade sobre a cabeza, e só saben responder os acontecementos dunha maneira que Lenin describiu á perfección hai máis de 100 anos.
"(...) As tendencias que expresan unicamente a volubilidad tradicional das opinións sustentadas polos sectores intelectuais intermedios e indefinidos tratan de substituír o achegamento a determinadas clases con declaracións tanto máis ruidosas canto maior é o estrondo dos acontecementos. "Alborotamos, amigo, alborotamos"; tal é consígna de moitas persoas de espírito revolucionario, arrastradas polo bulebule dos acontecementos e carentes de bases teóricas e sociais". Lenin, sobre o Aventurerismo Revolucionario.
Este “alborotamos” inicial de UP no 2015 até hai pouco, foi desbordado pola dereita, primeiro Cs e a súa “alborotadora” profesional, Inés Arrimadas, e agora por VOX. A UP, froito da súa carencia de bases teóricas e sociais, trémenlle as pernas e busca o refuxio do seu irmán maior. De aí a súa desesperación de pactar co PSOE como sexa, baixo a axenda que sexa.
Cando o goberno do PSOE entre, con UP ou non, e comece a aplicar as directivas europeas e o seu propio Plan de Estabilización, a poboación traballadora que será a directamente golpeada, terá dúas opcións, ou ben entrar en retroceso sentíndose derrotada por confiar na “volubilidade” dos sectores dirixentes de UP, ou ben, reorganizarse, retomar o camiño da loita e construír novas organizacións politicas e sindicais que poñan no centro a tarefa pendente de todos estes anos de crises, a ruptura co regimen e a Unión Europea.

En Galiza no mes de xullo de 2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario