A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 17 de enero de 2011

TUNEZ: A INSURRECCIÓN POPULAR DERRUBA AO DITADOR

Roberto Laxe
O que comeza como unha protesta social polo suicidio dun mozo licenciado que vivía de vendedor ambulante, reprimido pola policía, convirtiuse nun levantamento popular que derrota ao ditador Ben Ali.

As condicións sociais para o estalido social estaban máis que dadas. Tunez é un pais absolutamente colonizado polas potencias imperialistas, moi en particular pola Union Europea. Francia, en concreto, ten instaladas no pais 1200 empresas, ás que se unen sociedades britanicas, belgas ou españolas.


Desde fai anos, mentres o PIB crecía oficialmente un 5% até o comezo da crise, aplicando as receitas do FMI de privatizacións e axuste, só enriquecia á familia do ditador Ben Ali e a corrupcion se adueñaba de todo.

A morte de Mohamed Bouazizi desnuda a verdadeira situacion das clases populares e da mocidade tunisiana en concreto. Mentres o goberno afirmaba que a taxa de desemprego  situa se no 13%, é dicir, medio millon nun pais de 10 millóns de habitantes, a oposicion elévaa ao 40% entre os xóvenes con título universitario.

A revolta social, que comenza en Sidi Bouzid, foise estendendo a outras cidades. As taxas de desemprego e as subas dos produtos básicos alimentaron as mobilizacións, pondo no punto de mira ao goberno de Ben Ali.

Este reacciona ao principio insultando aos xóvenes parados, chamandolles "vándalos" e "terroristas". Despois, impotente, cambia ao ministro de Interior, logo ao goberno, ofrecendo reformas democráticas, rebaixa de prezos, a criacion de 300.000 postos de traballo e a promesa de non presentarse á reelección en 2014. Ás poucas horas foxe do país.

A mobilización chegou ate un punto crítico a pesar da represion e os mortos, e as manifestacións ían a más, xa ninguén confiaba nas promesas e a UXT-T convoca á Folga Xeral. Mentres, en Alxeria comezaban loitas contra a suba dos prezos, en Xordania sucedia tres cuartos do mesmo, en Marrocos o goberno prohibe as manifestacións. O incendio social ameazaba con estenderse ao Magreb e ao mundo Ãrabe.

Nestas condicións, o ditador decide escapar, primeiro á súa aliada Francia, mas "Roma non paga a traidores", e Sarkozi, con centos de miles de tunisianos no seu territorio, non se atreve a admitilo. Ao final atopa refuxio en Arabia Saudi.

Tras a fuxida do ditador, asume "temporalmente" o goberno o Primeiro Ministro. O ditador fuxiu, pero o aparello da ditadura aínda pervive, en plena crise, e propón un goberno de unidade nacional.

Ás 20 horas, por presións da oposicion, el Ganuchi deixa a presidencia do goberno en mans do presidente do Parlamento para encabezar o goberno de unidade nacional.

As forzas da oposicion entran en xogo para estabilizar a situacion, coas propostas de "goberno de coalicion" dos islamitas, ou de "garantias" de que se cumpra o derradeiro discurso de Ben Ali, como esixe a direccion da UXT-T

As potencias imperialistas, a UE e EE UU, declaraban que "seguí­an" a situacion. Todos se moven para evitar que o camiño iniciado coa caída do ditador chegue ao seu final, acabando cos restos da ditadura, a expropiación das riquezas da familia de Ben Ali e a loita pola segunda Independencia, que rompa co imperialismo, abra a via ao socialismo e unha aos pobos do Magreb.

Desde CV declaramos o noso apoio ás mobilizacións dos traballadores e traballadoras, da mocidade tunisiana e do resto do Magreb contra os reximenes ditatoriais, e chamamos á población traballadora do Estado Español a solidarizarse.

Se algo demostra o exemplo tunisiano é que coa mobilización xeral, sostida e consecuente, pódese derrotar aos gobernos dos planos de axuste e austeridade.
 En Galiza no mes de xaneiro de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario