A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 21 de diciembre de 2020

O VOTO E A DEFENSA DAS LIBERDADES DEMOCRÁTICAS

Roberto Laxe

“Non se valora unha cousa ata que se perde” (do refraneiro popular)

As cartas dirixidas por decenas de militares retirados ao rei e á UE, xunto coa ameaza dalgúns de que hai que fusilar a “26 millóns de persoas”, para “salvar España”, debería provocar un verdadeiro terremoto social. Porque non son unha saída de ton as ideas de ex altos cargos do exército que non fai moito tiñan mando sobre unidades militares, xunto co silencio do que é o seu Xefe, o rei; son unha ameaza en toda regra ás liberdades democráticas que contan con portavoces políticos (Vox).

Pois ben, ese terremoto social non se produciu; as organizacións que son parte deses “26 millóns”, é dicir, as da clase obreira e os pobos do estado, salvo excepcións, miraron para outro lado coma se non fóra con eles. E nada máis lonxe da realidade; a universalización das liberdades democráticas son unha conquista dos pobos que lle arrincou á burguesía, tras moitos anos de loita e sufrimento.

A conquista das liberdades

Non pensemos que caeron dun golpe, o 14 de xullo de 1789. Falso. O principal dereito, o voto, nin tan sequera na revolución francesa foi universal. Era unha democracia moi limitada; o que a burguesía conquistou foi o seu dereito ao voto; o non propietarios, as mulleres e por suposto os escravos, non podían facelo.

A loita contra o voto censitario, polo sufraxio universal, foi un longo proceso de máis de 150 anos, que tivo todos os vaivéns propios da loita de clases. Foi a loita polo voto dos obreiros, despois o das mulleres; os escravos foron liberados, pero non por iso adquiriron automaticamente o seu dereito ao sufraxio, deberon loitar e moito por el, e polos dereitos que iso leva (reunión, expresión, ...). A burguesía sabia que o dereito ao voto significaba unhas liberdades democráticas que axudarían aos oprimidos a organizarse para enfrontala, por iso non o concedía se non era baixo a presión da loita social.

En xeral, desde os anos 70 do século XX, o voto universal é unha conquista en todo o mundo, só rota por momentos de ditadura, unha forma de “guerra civil interna” que anula eses dereitos políticos. A burguesía pode vivir sen eles; non os necesita máis que para dirimir as súas diferenzas internas, mentres a clase obreira e os pobos, pola contra, necesitan este “ecossistema” de liberdades para desenvolver a súa organización e loita polo socialismo en mellores condicións; por iso, cada certo tempo a burguesía a través das súas institucións represivas, tenden a recortar o seu alcance, pois con iso recortan a capacidade de resposta aos seus plans de explotación e opresión.

A conquista das liberdades, como demostraron os franceses estes días atrás cando saíron masivamente contra os intentos do goberno de Macron de recortalas, axuda á loita social; son o “ecossistema” máis favorable para o desenvolvemento desa loita.

Economía e liberdades

Desde o século XVIII até comezos do século XX a burguesía estende todo a súa poder polo planeta desde as súas orixes en Europa; xunto á economía capitalista vai a “democracia” e as liberdades como marco político e legal de organizar a sociedade que inflúe en todo o mundo. Así, a revolución negra haitiana de finais do século XVIII, froito da crise da Francia feudal, faise a imaxe da que os brancos da metrópole están a levar a cabo. A forza da democracia é que supón a ruptura total e absoluta non só co réxime feudal, senón tamén co esclavismo, como se comprobará na década de 1860 nos EE.UU..

A poboación negra haitiana segue o exemplo que lle dan os brancos da metrópole, porque a democracia, mesmo na súa forma burguesa, é unha maneira de organizar a sociedade cualitativamente superior ás xerarquías feudais e esclavistas. O mesmo pasará nos EE.UU. cando a burguesía nordista, impulsada polo seu desenvolvemento industrial rompe as estruturas esclavistas do sur, liberando aos escravos. Non é un criterio moral o que move a Lincoln a liberar aos escravos, senón ben económico, o obreiro “libre” dá unha rendibilidade económica superior que calquera outra relación social anterior pois implica-o no desenvolvemento social; se para consegui-lo hai que ir á guerra á burguesía non lle treme a man. Sobre esa liberdade económica constrói-se todo discurso democrático da burguesía.

Esta é a superioridade, o seu carácter revolucionario, do capitalismo sobre calquera outro modo de produción; o obreiro “libre” asocia a súa calidade de vida a esa palabra, “libre”. Non é vendido como unha persoa, senón a súa capacidade de producir que ao tempo converte-lle en consumidor. E se es libre para venderche como asalariado/a, es libre para organizar como mellor vender esa mercadoría (os sindicatos); ... de aí aos dereitos políticos só hai un salto na conciencia deses obreiros e obreiras.

Cando a burguesía recorta dereitos políticos, o que está a limitar é a capacidade dos asalariados e asalariadas para organizarse para mellor vender a súa mercadoría, a forza de traballo. Isto é o que liga materialmente os dereitos sociais e os dereitos políticos da clase obreira e os oprimidos. É unha relación direta, a maiores dereitos políticos máis dereitos sociais e a menores dereitos políticos, retroceso nos sociais. Por iso a clase obreira debe ser a primeira interesada en defender os dereitos políticos; só con eles estará en mellores condicións para defenderse dos apetitos explotadores da burguesía.

Nun proceso dialéctico, a burguesía ao buscar obreiros “libres” que explotar atopouse coa loita por todas liberdades do conxunto da sociedade. Mentres o desenvolvemento económico do capital baseábase no “laisser faire”, foi facendo concesións ás loitas obreiras e sociais polo sufraxio universal, as organizacións obreiras, etc.; todo isto veu abaixo cando o imperialismo capitalista, a comezos do século XX deu os seus primeiros síntomas de decrepitude e estalou a I guerra mundial.

A crise da economía capitalista entre 1914 e 1945 supuxo a desaparición das liberdades en todo o continente europeo; alí onde xurdisen facia dous séculos. As ditaduras fascistas que o atravesaron foron a resposta do capitalismo á auxe da revolución socialista, que para freá-la houberon de destruír as liberdades até as raíces. En países centrais como Alemaña, Xapón ou Italia, o capital renunciou ás liberdades democráticas porque viu perigar o principal dereito que como burgués ten, o dereito de propiedade.

Tras a II Guerra Mundial, e co crecemento económico que significaron os “30 gloriosos”, as liberdades democráticas burguesas impuxéronse nos principais estados imperialistas: a derrota dos estados fascistas do Eixo, Alemaña, Xapón e Italia, e a constatación da barbarie que significaron, criou unha conciencia “antifascista” con sólidas raíces en case todo Europa. Os golpes militares, as ditaduras e a represión de masas, como a revolución, cinguir aos países semicoloniales, onde os imperialismos, comezando polo ianqui, facían e desfacían ao seu antollo en defensa dos seus intereses.

A Transición Española foi durante anos un “exemplo” de “reconciliación nacional” entre as clases enfrontadas desde o 36; o fascismo / franquismo, co aval da esquerda e dos partidos da clase obreira, disfrazáronse de “demócratas” e con iso a conciencia antifascista desapareceu: as liberdades non aparecen como unha conquista senón unha concesión do rexime franquista e os seus herdeiros, que vixían.

A reacción ou contrarrevolución democrática: o voto

A revolución portuguesa significou a volta da “revolución” á Europa imperialista. A clase obreira e o pobo portugués, entre abril do 74 e novembro do 75 reintegro a “pantasma do comunismo” nos estados centrais, nun momento histórico de ascenso revolucionario en toda Europa, que comezara no maio do 68.

A burguesía non podía abrir o melón dos golpes de estado para freá-la, en plena Europa e coa caída 

Non é unha reacción burguesa que inclúa unha represión masiva, aínda que non exclúa golpes da represión, senón que apoiándose nas organizacións maioritarias da clase obreira, busca lexitimar un novo réxime pola vía parlamentaria. Combina, e debe combinar para que funcione, a “cenoria” de certas concesións en dereitos democráticos con “o pau”.

En Portugal o “pau” foi a ameaza constante da OTAN ante a revolución; no estado español, na transición, foi o que se deu en chamar o “ruído de sabres”; a ameaza constante dunha volta ao pasado (tal e como agora están a facer os militares na reserva). Desta maneira, unha crise política de gran calibre termina sendo reabsorvida polo sistema a través do voto.

O dereito ao voto, que nas súas orixes foi motivo de grandes loitas sociais, é hoxe “o mito” ao redor do que constroen-se as políticas burguesas para lexitimar réximes reaccionarios. Case sempre que teñen un problema social en nivel crítico, prodúcese un chamamento a unhas eleccións; os partidos de esquerda disciplinan-se a ese chamamento, deixando as mobilizacións nun segundo plano. Ao final, o voto popular lexitima a nova situación.

Este “cretinismo parlamentário” foi a gran ferramenta para derrotar aos pobos que se levantaron contra a restauración do capitalismo na URSS e outros estados obreiros. Tras a promesa dunha democracia á “occidental”, co voto como gran conquista democrática, meteron a privatización e desmantelamento das relacións sociais de produción non capitalistas que se mantiñan neses estados.

As lexítimas aspiracións ás liberdades democráticas deses pobos foron transformadas na loita por unha democracia “de tipo capitalista”, a falta dun partido de “tipo bolchevique” que coma se dun cirurxián tratásese, fixese unha diferenciación entre liberdades e relacións sociais de produción capitalista. Dito doutra forma, a única maneira de defender as liberdades para o pobo era loitar contra a democracia capitalista que a modo de “espellismo” vendían os medios de comunicación e os burócratas reconvertidos en capitalistas. Un espellismo que tapaba a realidade do que sucedeu: a volta ao capitalismo.

Desde a revolución portuguesa, pasando pola transición española, a revolución nicaraguana, até as revolucións árabes, os procesos de loita en Latinoamérica ou a mencionada restauración do capitalismo, as burguesías utilizaron até a saciedade e con bos resultados a chamada “contrarrevolución democrática” como ferramenta para desactivar, desviar e derrotar os procesos revolucionarios.

Se no século XIX a loita polas liberdades democráticas respondía as necesidades de amplos sectores sociais, da clase obreira, das mulleres, dos escravos; hoxe, na decadencia do capitalismo, a democracia capitalista reduciu-se a unha palabra: votar. A democracia non son as liberdades de expresión, manifestación ou reunión, estas poden ser recortadas sen maior custo político; a democracia reducírona ao dereito a votar quen vai lexislar contra a clase obreira e os pobos durante catro anos.

Por iso esta política precisa do acordo e a complicidade das organizacións obreiras, progresistas e de esquerdas; sen elas facendo eixo nesa confusión da democracia coas eleccións e o voto, os traballadores e traballadoras, os oprimidos non acreditarían na democracia capitalista. Son elas as que coa súa cretinismo parlamentario alimentan a súa indefensión ante as políticas do capital e os seus gobernos.

As liberdades democráticas e a loita polo socialismo hoxe

Antes da restauración capitalista até o reformista máis recalcitrante (E Berstein, Kautski, Allende, 

Todos facían alarde da “vía nacional (aquí póñase o país ou estado correspondente) ao socialismo”, para xjustificar eses acordos coa burguesía ou sectores dela, quen impuña o seu programa de democracia burguesa. O final era a derrota da revolución, xa fóra por vía ditatorial ou pola vía da reacción democrática.

A caída do Muro e a consecuente campaña do imperialismo sobre a “morte do socialismo” acabou por desligar a loita pola defensa das liberdades democráticas da revolución socialista, de tal forma que “liberadas” do seu carácter de ferramenta na loita revolucionaria, quedan como entelequias que a burguesía interpreta como lle dá a gana. A democracia xa non é o “poder do pobo”, senón a obediencia á lei; coma se nas sociedades non capitalistas non houbese leis. A diferenza entre unha democracia e un réxime autoritario (sexa capitalista, feudal, escravista, etc.) non é a existencia de leis, que existen por escrito desde o Código de Hamurabi en Asiria; senón como se elaboran e onde reside a soberanía política.

O capitalismo na súa decadencia só precisa do voto cada catro anos que lexitime o réxime de quenda, todas as demais (expresión e reunión) sobran-lles, posto que os ataques que ten que levar adiante para recuperar a taxa de ganancia, é dicir, para aumentar a explotación esixen a pasividade e a desorganización / atomización da clase obreira.

Neste sentido, o neoliberalismo enxalzou as liberdades individuais, que a esquerda incorporou como “empoderamiento”, cando en realidade resumian-se no “emprendimiento” para que cada quen se buscase a vida como puidese, e votase cada catro anos. Asi, as liberdades que teñen implicacións colectivas, tanto desde o punto de vista burgués como o dereito de reunión ou expresión, como da clase obreira, o de folga ou manifestación, son prescindibles; e desde hai décadas agarrar unha verdadeira orxía de recortes nestes dereitos colectivos. Desde a Acta Patriótica tras o 11 S até o intento de Macron dunha “lei mordaza” á francesa, todos os gobernos aproveitan calquera oportunidade, sexa un atentado terrorista sexa unha pandemia, para cravar un cravo máis na tumba das liberdades democráticas.

As liberdades democráticas, co dereito ao voto á cabeza, só adquiren todo o seu sentido liberador como ferramentas da clase obreira na súa loita polo socialismo; en mans da burguesía son só medios para lexitimar o seu opresión e explotación. O “cretinismo parlamentário” da inmensa maioría das organizacións chamadas de esquerda convértelles en parte activa do problema, posto que son elas as que vehiculizan a confianza dos pobos nos mecanismos da democracia capitalista. Hai que reintegrar a sua defensa no programa de transición á revolución socialista, como unha ferramenta fundamental nesa loita.

Galiza, no mes de decembro de 2020


No hay comentarios:

Publicar un comentario