A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 25 de junio de 2009

ELECCIÓNS EUROPEAS: A CLASE OBREIRA TEN QUE CONSTRUIR O SEU PROXECTO

Roberto Laxe


Máis alo da alternancia e a vitoria da direita burguesa fronte a social democracia burguesa, o que fica bem claro nos resultados das eleccions europeas é que non existe unha alternativa social ao proxecto social burguês, de unidade europea no eido econômico, e baixo o mando da burguesia imperialista franco alemã.


 


A abstencion, o consuelo dos parvos


 


Din um refran que “mal de moitos, consuelo de parvos”. Por elo, non podemos escudarnos na abstencion fronte ás eleccions, para afirmar que demostra que a xente, que a clase obreira, “pasa” da Unión Europea, como se isto, a despolitizacion, fose um feito progresivo.


Resulta inaudito que aqueles que tiñan que forzar a maquina da critica da Union Burguesa que é a UE, que tiñan que forzar a maquina contra esse proxecto imperialista que é a Union Europea, fomentan xusto o contrario, e vem como progresivo o que é so a expresion da ideoloxia nacionalista pequeno burguesa nas masas obreiras. Cando o seu obxectivo tiña que ser o de desnudar o verdadeiro caracter a UE, e os estados que a compoñen.


Neste sentido Iniciativa Internacionalista cumpriu perfeitamente este papel, deixou ao goberno español e o rexime autoritario como o que son, inimigos das liberdades democráticas, que só entenden de represion fronte a unha proposta democrática e de clase.


Mas, os obreiros e as obreiras, porque é a clase traballadora a que abstense nestas eleccions, non vem á UE como o que é..., o acordo central, estratexico, das burguesias europeas para aumentar a súa explotacion, contra o que teñen que opor non unha suma de proxectos nacionais, senon um alternativa social, verdadeiramente internacionalista e de clase, baixo o “manto” dos Estados Unidos Socialistas de Europa. E nisto, mais alo das frases rituais sobre a UE, ninguém profundizou na súa denuncia e na explicacion do seu caracter burgués e imperialista.


 


A UE é um proxecto burguês que non fracassou


 


A burguesia imperialista europea, cando constituiu a Confederacion do Aceiro e o Carbon, cando o Tratado de Roma e cando o Tratado de Maastricht, non tiña outra intencion que a de coordinar as políticas econômicas e monetárias. Non entraba no seu proxecto a unidade política e social de Europa, pois era evidente que a gran tarefa da constitucion dun Estado nacional europeo chegaba tarde á súa cita côa historia.


E isso é o que é Europa, um acordo para centralizar a economia - coa conseguinte renuncia a elementos centrais das políticas dos estados no eido monetário e econômico, deixandoos como o dicia Engels, num aparello represivo-, a traves do control da política monteria e a liberalizacion dos movimentos de capitais.


Esto é Europa, e isto EXISTE e toma decisions. O 60% da lexislacion dos estados vem marcada pólas directivas europeas, em todos os temas, desde a xornada laboral, ou non recordamos às 65 horas, os servizos e nas relacions laborais, a directiva Bolkestein, que esta a xerar moitos problemas ao impor o principio do lugar de orixe das relacions nas empresas, as cotas de pesca, que levan ao desguace a centos de barcos, côa conseguiente deslocalizacion, e as cotas do leite, que xeran o peche de moitas explotacions gandeiras.


Tudo isto é decidido em Bruxelas, non em Madrid nin nas capitais europeas. E a esquerda, sobre todo a chamada “extrema”, sigue ollando para outro lado, como se isso non fora côas clases obreiras “nacionais”.


A burguésia avanza nas eleccions europeas porque si tem um proxecto europeo, expresado nunha políticas comuns e nun partido o PPE, fronte a clase obreira que esta absolutamente desarmada. O proxecto da burguesia imperialista europea non fracassou, ao contrario, vai de triunfo em triunfo... co aval de umha esquerda que non vê mais alo das súas fronteiras nacionais.


 


A tarefa, construir esse referente


 


A esquerda obreira, comunista, perdeu o referente internacional cando foi disolta a III Internacional, e os PCs ficaron atados á política de pactos sociais, de compromiso histórico, de esquerda plural côas respectivas burguesias nacionais. Mentras a burguesia desenvolviase cunha “conciencia” internacional, e um centro de poder claro, os USA, o proletariado, as súas organizacions maioritarias andaban o camiño contrario.


A queda do Muro de Berlin e a restauracion do capitalismo nos estados obreiros, ainda que significou o derrube do estalinismo, responsabel da disolucion da III e da deriva nacional dos PCs, non favoreceu o desenvolvimento da loita internacional da clase obreira. O stalinismo asociabase a “internacionalista proletário”, que foi a palabra de orde para manter na URSS unha cárcere de pobos, e para disciplinar a todos os partidos comunistas aos interesses da “patria socialista”, é dicer, da burocracia da URSS.


Obviamente a reaccion, a lei do pendulo, foi o incremento do nacionalismo, também nas fileiras do proletariado, ou no mellor dos casos o refuxio en alternativas “antiglobalizacion” ou as loitas das nazons oprimidas nos estados plurinacionais.


A reconstruccion do referente internacional de clase obreira ten que partir, inexorablemente, desta realidade. E candidaturas como Iniciativa Internacionalista-A Solidariedade entre os Pobos son parte importante do proceso, pois reagrupan a sectores do activismo, nunha mistura variopinta de militantes obreiros, ecoloxistas, independentistas, feministas, etc., mas sen unha vertebracion clara de clase.


A tarefa é darlle un contido internacionalista de clase, que supere a mera suma de nazions oprimidas. E para iso é imprescindible fortalecimento das correntes marxistas, pois no proximo periodo, as presions da unidade pola unidade, do eclecticismo no teorico e no programático, van ser moi fortes, e isso desvia o camiño da construccion do referente político da clase obreira, cara a estruturas interclasistas.


 


Galiza, 22 de xuño de 2009


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 



No hay comentarios:

Publicar un comentario