A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 3 de abril de 2024

QUEN QUERE A GUERRA?

Carlos Dafonte

    Os políticos situados no cumio da organización Unión Europea seguen manifestando un día si e outro tamén, comezando pola señora von der Layden, que a guerra con Rusia vai ser imposible de parar se derrota a Ucraína, porque despois de ocupar todo o seu territorio as tropas rusas seguirán co seu avance ata someter a toda Europa. O que discuten é o prazo do seu comezo; algúns políticos locais como a ministra de defensa Margarita Robles, consideran que a guerra é inmediata, outros consideran que temos un prazo de oito anos, no que Europa débese a armar dun xeito conveniente e despois supoño eu, atacará a Rusia.

Esta xente debía estar un pouco mellor coordinada, pois Margarita Robles fixo as súas declaracións o mesmo día no que Borrell, xefe supremo das relacións internacionais da Unión Europea, facía unhas declaracións sensatas, as primeiras que considero como tales dende que comezaron as hostilidades en Ucraína, afirmando que “a guerra non é inminente e que non debemos aterrorizar á poboación”.  Moitas radios onde hai parladoiros pola mañá, seguen fomentando a histeria e coa mesma leria que denunciaba Borrell.

Das verbas de Borrell pódese sacar unha conclusión, se a UE pode afirmar que “a guerra non é inminente”, quere dicir que eles coñecen perfectamente cando vai ser inminente, o que significa que non depende de Rusia, que depende si á UE interésalle ou non, se acadan nos próximos anos o armamento necesario para poder enfrontarse a ese inimigo potencial que USA na súa decadencia obríganos a considerar como tal,  e sobre todo se conseguimos desestabilizalo a todos os niveis. 

Para iso necesitan, en primeiro lugar, aumentar os orzamentos militares, para iso xuntouse Pedro Sánchez cos fabricantes de armas españois, para comezar a planificar a guerra futura, sempre nos dirán que de defensa fronte a un ataque ruso, do mesmo xeito que programaron os USA a guerra en Ucraína, e non me canso de repetilo, para conseguir que as boas relacións comerciais e o inicio de mellores relacións políticas entre Rusia e a UE, fóranse ao traste. Pois xa se sabe quen domine eurasia dominará o planeta. 

E cando falamos da UE estou a falar de Alemaña que é, ou era, quen ditaba, como locomotora económica desta organización, as regras sobre as que a UE debe actuar; parece ser que Alemaña hoxe ten esquecido aquelo do que hai moitos anos falou o chanceler Bismarck, e que o resto dos europeos debe coñecer; afirmou, que rusos e alemás deben sempre recordar, que a paz europea está a salvo cando ambos países actúan de acordo.

Quen era a potencia económica dentro da Unión?, Alemaña contestará calquera, pois ben hoxe atópase en recesión, non conta con armamento nuclear e en tempos de exaltación da guerra, Macrón aparece como quen vai xunto a Grande Bretaña, tamén con este tipo de armamento e sipaio fiel dos USA, os dous países que buscan o liderado da “Europa acosada polas hordas rusas”. Ese parece ser o papel que Francia quere xogar. Xa non descarto que a estratexia dos USA coa provocación en Ucraína, tivera dous obxectivos, a creba das relacións con Rusia e o segundo, golpear na economía de Alemaña e no seu liderado europeo.

Polo tanto @s traballador@s europeos atopámonos nunha difícil circunstancia, a de conseguir frear a escalada guerrista  que tentan impor os sectores burgueses que nos gobernan, pero nunhas condicions moi difíciles, sen organización de clase e cuns sindicatos que só entenden a súa actividade como pacto coa patronal, cando o recurso a unha carreira de armamentos, vai caer fundamentalmente sobre as costas d@s traballador@s, a burguesía non vai pactar, pois a carreira de armamentos vaille deixar grandes beneficios e é o último recurso, pensan, para tentar saír da crise permanente do capitalismo ao que nos teñen levado a incapacidade duns dirixentes, tanto os de dentro, como os de fora do país.

A situación actual está perfectamente programada

É unha estratexía que os USA levan cavilando dende hai moitos anos e que a partir de 2019 concretouse con claridade no informe que o tink-tank Coorporación RAND, que conta con máis de 1000 traballadores-ideólogos, repartidos por numerosos países, elaborou sobre cal era o xeito de desestabilizar a Rusia. Atópase en internet e calquera pode ter acceso ao mesmo. 

Sigo a tradución e o que publicou sobre ese informe no seu blog Jorge Cachinero. O informe leva un título moi suxerente, traducindo do inglés: “Estresar e desestabilizar a Rusia: avaliación do impacto das opcións que lle impoñerían custos”, título dunha obra perfectamente montada, cuxo primeiro acto foi o golpe de estado en Ucraína a chamada “revolución democrática”, pulada polos grupos de extrema dereita e neonazis iniciada na praza Maidan; o segundo privar de todo tipo de dereitos aos ucraínos de cultura rusa, para que reaccionaran como o fixeron, levantándose contra os seus opresores e proclamando unha ampla autonomía; o terceiro a cumbre da OTAN de Rumanía onde aceptouse de feito a entrada de Ucraína e participou na mesma; o cuarto iniciar un ataque contra os territorios do Donbas utilizando todo tipo de armamento subministrado pola OTAN durante moitos anos e o tránsito constante de “asesores” para entrenar ao exército ucraíno, e aos elementos terroristas que actuaban no Donbas, co obxectivo de crear o terror na poboación para que marchara cara a Rusia; e algo conseguiron, máis de 1.500.000 cruzaron a fronteira. 

Actividades como foi volar con coches bomba escolas cos nenos dentro, hospitais, centros urbános, etc e lanzar sobre eses territorios aos grupos neonazis como o célebre “Batallón Azov” e outros polo estilo “Dnipro” 1 e 2, etc. En certa medida tiveron éxito pois provocaron o que querían, que Rusia dixera ¡basta! e iniciou a que chamaron “operación especial”.

O informe secreto,“filtrado”, da Corporación RAND.

  Este informe foi presentado na Cámara de Representantes do Congreso dos Estados Unidos o 5 de setembro de 2019. Consta de diferentes apartados, un primeiro sobre as Medidas Económicas que deberíanse tomar e que afectarían a Rusia: ampliar a produción enerxética dos EEUU, ampliando a oferta mundial de petróleo que faría baixar os prezos do mesmo e limitaría os orzamentos militares de Rusia. Imporll sancións comerciais e financeiras. Aumentar a capacidade de Europa para importar gas de subministradores distintos de Rusia. Fomentar a saída de Rusia de man de obra cualificada e de mozos e mozas ben formado.

Entre as Medidas Xeopolíticas, proporcionar axuda militar a Ucraína; aumentar o apoio aos rebeldes sirios; promover o cambio de réxime en Bielorrusia; ampliar a influencia no sur do Caúcaso; minguar a influenza rusa en Asia central; voltear Transnistria e expulsar ás tropas rusas da rexión, cuestión que estes días atópase no centro do debate coa intención de abrirlle outra fronte militar a Rusia.

Tamén había no informe de 2019, Medidas de propaganda e ideolóxicas, que tiñan como obxectivo minguar a credibilidade no sistema electoral ruso, moi vixentes estes días na que Rusia celebrou eleccións á presidencia; cuestionar a lexitimidade do estado ruso; xerar atención sobre a corrupción; crear a percepción de que o réxime ruso non persigue o interese público; fomentar protestas internas e outros xeitos de resistencia, posiblemente a morte de Navaldi entre dentro deste apartado; debilitar a imaxe de Rusia no exterior.

Por último aparecían Medidas de carácter militar, e dentro das mesmas distinguíanse as do Exército do Aire das da Armada das do Exército de Terra e medidas multidominio. En conxunto era producir máis armamento, situar en Europa e Asia aquel que máis dano lle poda facer a Rusia, como o despliegue de armas nucleares tácticas, o aumento da armada dos EEUU e Europa na zona de operacións de Rusia, aumento das forzas USA en Europa, e outras moitas que indican que a guerra, de producirse, non depende de Rusia senón da OTAN.

En 1962 estivemos a punto de padecer a IIIª Guerra Mundial cando a URSS tentou establecer unha base en Cuba e os USA opuxéronse para garantir a súa seguridade. Anos despois cando na illa de Granada no Caribe, construíase un aeroporto, os USA a invadiron afirmando que atentaba contra a súa seguridade. Que acontecería se México aceptara que Rusia ou China construíran bases militares no seu territorio?. Debe aceptar Rusia que a OTAN instálese en Ucraína? Calquera persoa con “dous dedos de frente” dirá que non, que Rusia defende a súa seguridade.

Ben, despois de todo o que temos lido e escoitado estes anos, parece que o único país do mundo que non ten dereito a defenderse, a ter garantida a súa seguridade é Rusia. O único xeito de rachar co perigo de guerra é pararlle os pes aos USA e aos seu sipaios da UE; ou que estes últimos sexan capaces de modificar as súas posicións e pensen máis nos intereses d@s traballador@s que habitan este espazo e desvincúlense dos intereses dos USA, tomándose o tempo que necesiten, pero que o leven a cabo, que non coinciden en absoluto cos intereses da grande maioría dos que vivimos na UE.

Que poden facer @s traballador@s europe@s, diante desta difícil perspectiva de unha nova guerra aniquiladora para un prazo medio e posibles recortes nos orzamentos nos servizos fundamentais para investir en armamento, a curto prazo?. Rachar co papel que dende hai uns anos xogan determinados sindicatos e partidos, que autodenomínanse como progresistas ou de esquerdas, pero non compren o seu papel como tais, e mediante a autoorganización mobilizarse, pois é moito o que nos estamos a xogar.

A loita contra a OTAN e a guerra,  débese converter nun clamor en todos os recunchos de Europa. De non ser así, a oligarquía que domina na esfera política, sacará adiante os seus planos que nunca van favorecer @s traballador@s e polo que estamos a analizar pode levarnos cara a unha nova guerra mundial.

En Galicia no mes de abril de 2024



2 comentarios:

  1. Desde luego el desvarío mental de los próceres del mundo sean quien sean y signifique lo que signifique prócer, empeñados en su relato belicista y tremendista y difusores del miedo y el odio todo ello para forzar la venta de armas, cada mas capacitadas para matar mucho y muy bien matado, representa un retroceso moral y ético de las sociedades WASP y las WASC ya saben blancos anglosajones y protestantes (para las WASC sustituir protestante por Católico). Ya se ha dicho que en el mundo hay disponibles mas de ocho mil millones de armas unipersonales así que ante esta situación voy a comprar la mía y disparar a ver si tengo la suerte de acertar con el novio de la Ayuso y sí me da tiempo luego al MAR vaya pareja de acólitos tiene la señorita del pan pringado.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Coñézote Ramón e sei que eres incapaz de levar a cabo esa ameaza. Pero si, os dirixentes da UE atópanse un pouco "descentrados" diante da posición actual dos USA de querer poñer fin á guerra o máis axiña posible e por iso seguen apoiando a Zelensky nos seus desvaríos. E os USA queren poñer fin á guerra antes de que Rusia ocupe Odessa e peche o mar a Ucraína e contacte con Transnistria. Ademais, segundo algunhas fontes, moitas das armas máis avanzadas que lles subministraron os USA, no campo e nun conflicto armado, non funcionan como pensaban.

      Eliminar