A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 13 de junio de 2024

AS ELECCIÓNS EUROPEAS 2024

Carlos Dafonte.

 Un contexto moi desfavorable para o pobo traballador.

As eleccións para elixir o Parlamento Europeo, déronse nun contexto moi afectado pola geuerra entre Ucraína e Rusia con fortes implicacións na mesma de países que pertencen á UE, e que apoian con diñeiro, material militar e político ao primeiro; cun xenocidio que levan a cabo os sionistas en Palestina e en medio de toda unha serie de sancións de tipo económico a Rusia que volvéronse en contra da Unión Europea que a están a levar a un panorama recesivo. Panorama que so beneficia aos USA e impide que a UE poda ter unha importante relación co grupo de países que configuran os chamados BRICS.

Por outra banda a UE comeza a sentir na súa economía e nos seus servizos, o incremento do 2% do PIB no gasto militar que os USA esíxenos.

Neste panorama, se hai algo a destacar dos resultados da xornada electoral do 9 de xuño, faríao de dúas cuestións, unha non moi boa, a suba e posible consolidadción da dereita máis extrema en numerosos paises da UE, que van ter maiores posibilidades de impor a súa axenda de recortes de dereitos sociais naqueles lugares onde se tiñan acadado, aborto, eutanasia, todo o relacionado cos colectivos LGTBI, os relacionados co mundo do traballo, etc ao tempo que van tentar impulsar políticas de carácter xenófobo e racistas. 

Por outra banda o trunfo do partido de Le Pen en Francia e o segundo posto dos neonazis de Alternativa por Alemaña, quizais desinfle un tanto o ambiente de guerra que impulsaban Macrón o grande derrotado nesta xornada, e o primeiro ministro alemán e o seu ministro de defensa, que no seu afan “guerrerista” levou ao seu partido ao cuarto posto nos comicios do día 9.

Esto unido as posicións de Orban en Hungría, as de Salvini en Italia que lle recomendaba a Macrón poñerse o casco e o chaleco antibalas e marchar cara á fronte de guerra en vez de lanzar constantes soflamas guerreristas, parece ábrese un resquicio para a paz en Ucraína e afástase, veremos se esta tendencia consolídase, o avanzar cara a unha conflagración maior. Podémonos preguntar, sae máis feble a OTAN despois do día 9?. 

O mesmo día das votacións, coñecidos os resultados, fixéronse enquisas, en Alemaña seguro, e creo que noutros países sobre o que votara a xente; tantos por cento moi importante da xente máis nova votara pola extrema dereita. Pregúntome, ten esto que ver coa súa posición contra a guerra, o servizo militar obrigatorio, e entrar por parte dos partidos tradicionais nunha dinámica de economía de guerra, que vai deixar nun lado as economías favorecedoras da xustiza social, o reforzamento dos servizos públicos, etc?. 

Ou pola contra amosan estar fartos de partidos que levan anos e anos de goberno e cada vez a situación é peor, para beneficio das oligarquías e as empresas multinacionais; a rebeldía que en tempos traducíase nun voto cara a esquerda, chamémoslle “irredenta”, desaparecida esta do taboleiro político, votan a quen lles parece que vai contra o “statu quou”?. Creo que enquisas posteriores establecerán luz sobre o asunto.

Lembrome, e pódelles parecer a algúns as batallitas do “abuelo cebolleta” célebre persoaxe dun dos contos que leíamos cando eramos máis novos, que na organización onde militaba, con motivo da aprobación ou non do tratado de Maaestricht por parte da mesma, entablouse unha dura discusión entre os partidarios de aprobar o tratado e os que estaban en contra.  O que é importante neste momento destacar é que os que lles parecía inaceptable o tratado, entre todos os males que traería, consolidacion do neoliberalismo máis desregulador de todas as facetas da vida económica e outras moitas consecuencias, había unha que destacábase por enriba de todo, que si a esquerda marxista aceptaba ese tratado, sería a extrema dereita que capitanearía a oposición ao mesmo.

Trunfaron naquel debate os opostos a aprobación do tratado, pero a organización saiu con feridas moi fondas, que os medios de comunicación encargáronse de facer aínda máis insoportables, terxiversándoo todo en relación á postura trunfante, e facendonos aparecer como antieuropeistas e todo aquelo que ás plumas e poseedores das verbas das máis “lúcidas” dos medios de comunicación ao servizo do imperialismo, se lles ocorreu. 

O economista Costas Lapavitsas, hai poucos anos afondaba na mesma tese; derrotada a esquerda europea, as razóns podémolas discutir noutro momento, é a extrema dereita o principal opositor ás políticas oficiais tanto na UE como nos países que aplican as que emanan da mesma, co perigo que ese feito representa para a boa saúde democrática da U.E. Agora, diante dos resultados do día 9 de xuño que non eran moi difícil de predicir, buscan a responsabilidade donde non a poden atopar; incapaces da mínima autocrítica e polos resultados, e a configuración dos bloques políticos que saíron elixidos, trunfo do Partido Popular Europeo, segunda forza para “seudo socialistas” que xunto aos liberais de “Renew Europe”, configuran os tres pes do banco que lles garantiza  poder seguir gobernando.


O fraude das eleccións no territorio do Estado Español.

Por moito que digan que gañan as eleccións, o resultado do PP, que planteounas como diría un francés como un “tour de force” entre Núñez Feijoo e Pedro Sánchez, non foron moi bos; gañaron pero non convenceron e o PSOE aguantou a costa de quitarlle votos a SUMAR e seguro que tamén algúns aos nacionalistas de Cataluña. Baleirar de votos o celeiro dos aliados non é unha boa alternativa e parece que non son capaces os socialistas, de conseguir votos que hoxe atópanse no celeiro do PP, que fixo o fácil, só conseguir os que perdeu Ciudadanos, a pesar das “conspiracións” mediática e xudicial que lle prestaron unha grande axuda.

Hai que recoñecer que o PSOE no contexto no que desenvolvéronse as eleccións actuaou con habilidade; diante dos dous conflictos máis importantes nos que nos atopamos mergullados, Ucraína e Palestina, conseguiu que non lle restasen votos, sendo firme partidario de continuar a guerra na primeira e contrarrestando esta posición que podía ter repercusións no electorado, co recoñecemento do Estado Palestino que seguramente lle deu votos.

E creo que os resultados son tamén consecuencia do fraude de non falar de Europa, nunhas eleccións nas que estabamos obrigados a falar da UE; da situación económica moi difícil e como remontala, da guerra en Ucraína e como poñerlle fin, aceptando unha vez máis ser vasalos dos USA, situación que nos leva á ruina e parece que todos contentos, e polos resultados, con ganas de seguir polo mesmo camiño.

E case todos entraron nese fraude por unha razón, non ter nada que dicir sobre a situación na UE e que políticas económicas e sociais alternativas son necesarias, cando a locomotora europea, Alemaña, atópase en recesión e como esta situación repercute noutros países, por exemplo na Lombardía italiana onde centos de medianas industrias, traballan para o sector do automibil da primeira que atópase nunha situación moi difícil. 

E de botar unha ollada á economía de Francia, despois dalgúns informes sobre a mesma do Banco Central Europeo, ou FMI, comézase a considerar como o “novo enfermo de Europa”. O impulso do seu PIB, apágase, o gasto público sobre o PIB atópase  no 5'5% e supera en moito os ingresos xerando u  importante déficit, o maior en termos relativos da UE o que sitúa a débeda  no 111 % sobre o PIB. É o terceiro país máis endebedado da zona euro por detrás de Grecia e Italia. Nesta situación, S&P no mes de maio rebaixa o rating do país a “AA-”

Nestas circunstancias xorden importantes contradiccións na UE, os automóbiles eléctricos chinos inundan a bo prezo o mercado europeo e a burocracia de Bruxelas vai poñer aranceis ata dun 40 % sobre os mesmos e China ameaza con facer o mesmo cos procedentes de Alemaña, dándolle un golpe moi importante a ese sector, polo que veremos cal é a reacción dos alemanes.

En Alemaña discútese, e debíamolo de facer tamén no resto da UE, sobre o proceso aberto de desindustrialización como consecuencia de non ter o gas ruso e ter que pagalo agora catro ou cinco veces a un prezo superior. Os procesos de peche nas acerías son moi importantes o mesmo que no sector do vidro que necesitan enormes cantidades de gas a bo prezo.

E fago unha pregunta, se o sector do aceiro está a desaparecer da UE, a quen o compraremos para esa política armamentista que Borrell e Úrsula von der Leyden queren impoñer?. A China o primeiro produtor de aceiro do mundo, barato, ou aos USA moi caro. Supoño que de querer potenciar a industria de armamento teremos que falar destes “pequenos” problemas.

Ou falar do problema do campo e da axenda 2030 que tanto combate a extrema dereita e os neofranquistas; ou do proceso de reacción contra o multiglobalismo e a aparición de novos nacionalismos que queren pechar fronteiras.

No meu maxín non estaba antes da campaña pensar que podían falar sobre outra construcción europea que non sexa a actual, que é a da oligarquía, as grandes empresas multinacionais e os lobbys. Sei que hoxe, desaparecida unha determinada esquerda eso xa non é posible. Pero hai uns anos si que falábamos destas cuestións.

Ou sobre si é necesario, tema polo que sinto predilección, sair do euro e que necesitamos para que estar no mesmo non faga tanto dano as nosas economías, por no ter o recurso a devalación da moeda.

O contributo dos políticos nesta campaña ao esclarecemento dos traballadores sobre o que significa a Unión Europea, agás algún partido, foi moi importante. Que instructivo para todas e todos foi falar nesta campaña de Begoña, de Koldo, do irmán do presidente Sánchez, da lei de amnistía, do barro, da lama!!! Problemas todos eles que afectan á grande maioría da “familia” da Unión Europea.


En Galicia no mes de xuño de 2024.


No hay comentarios:

Publicar un comentario