A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 26 de octubre de 2025

O "LAWFARE", A NOVA POLÍTICA DO IMPERIALISMO EURO AMERICANO?

Eusebio López

O proceso a Lula e a Dilma en Brasil foron a punta do iceberg dunha política que se está estendendo como un regueiro de pólvora en moitos países, a partir do control dun dos poderes fundamentais dun estado, o poder xudicial.

Este mecanismo de “controlar” a xudicatura definiuna moi ben o portavoz do PP no Senado, no 2018, cando dixo que "Controlaremos a Sala Segunda desde detrás", é a sala que instrúe os casos contra os políticos que teñan inmunidade parlamentaria, e engadía, "foi unha xogada estupenda que vivín desde a primeira liña. Xogabámosnos as renovacións futuras de 2/3 do TS e centenares de nomeamentos no Poder Xudicial, vitais para o PP e para o futuro de España".

sábado, 18 de octubre de 2025

SOBRE A POSIBLE CONFRONTACIÓN CHINA-USA (y II)

Carlos Dafonte.

A perda da hexemonía dos USA e os seus intentos para manter a hexemonía unipolar.

Os USA teñen moi claro que o inimigo fundamental, quen compite con eles en todos os campos, político, económico, militar, tecnolóxico, etc é a República Popular de China, a quen din algúns analistas como John Mearsheimer,  os USA axudaron no seu desenvolvemento para que así chegara a aceptar os beneficios da democracia liberal, e visto o fracaso do intento, entraron na etapa de “contención” na primeira administración de Trump e atopámonos na etapa actual que esperemos non sexa de claro enfrontamento, que pódenos levar á terceira guerra mundial.

Para entender o que acontece é necesario destacar que a maioría dos políticos do G-7, formado polos USA e algúns dos seus vasalos europeos, británicos, franceses, alemás, italianos, canadianos e xaponeses, que cada vez teñen menos peso na política, a economía e a demografía planetaria, formáronse na etapa posterior á guerra fría, á dinámica de bloques, o mundo bipolar, é dicir, na etapa unipolar onde os USA era a potencia hexemónica. E parece que lles é moi difícil aceptar que hoxe hai tres grandes potencia USA, China e a Federación Rusa, cousa xa aceptada por Trump na súa anterior etapa na presidencia, e outras potencias menores pero tamén moi importantes, como India, Brasil, Irán e Turquía, que a pesares de estar na OTAN, actúa como un “verso ceibo”. Non son capaces de recoñecer que todo cambiou e pasamos da unipolaridade á multipolaridade.

viernes, 10 de octubre de 2025

SOBRE UNHA POSIBLE CONFRONTACIÓN CHINA-USA (I)

Carlos Dafonte.

Cando Trump chegou á presidencia e falou de conseguir axiña unha paz en Ucraína, en 24 horas, pensei que quería ter as mans ceibes para permitir que a súa administración e as posteriores, puideran seguir traballando en establecer unha nova estratexia para o enfrontamento verdadeiramente importante a nivel planetario, que é o que enfronta aos USA con China. Non só pola súa capacidade económica, tecnolóxica e sobre todo a de aglutinar ao seu redor a toda unha serie de nacións, en Asia, Latinoamérica e África que non están moi dispostas a seguir sendo explotadas polos EEUU e os seus vasalos europeos. Pero non teño nada claro que os chinos queiran enfrontamento MILITAR algún cos estadounidenses. Sen ser moi intelixente, calquera pode ver que a guerra da OTAN contra Rusia en Ucrania, para os USA estratexicamente é un desastre, pois afianza o pato ruso-chinés que nunca pensaron que podería ser tan forte.