A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 27 de agosto de 2011

MOBILIZARSE CONTRA O ATAQUE Ó ESTADO SOCIAL E DE DEREITO


Carlos Dafonte

O título pode parecer un pouco “rimbombante”, pero no fondo os cambios que a dereita estatal española, PSOE e PP, queren introducir na Constitución vixente, poñendo límite o déficit público teñen, na miña opinión, ese obxectivo: proseguir no camiño de debilitar o xa cativo estado social e dar unha nova “volta de torca”, na rebaixa dos dereitos democráticos.
PSOE e PP e supoño que nesta aventura contarán con algún grupo parlamentar máis como compañeiro de viaxe, queren levar a cabo, por medio dunhas Cortes que chegaron ó final do seu mandato, sen debate social e sen participación cidadá, modificacións constitucionais que van ter unha forte repercusión en aspectos que afectan a vida da maioría dos habitantes do estado, como son o ensino e a sanidade.
Pois de aprobarse a modificación anunciada, eses dous servizos básicos da sociedade son os que se verán máis afectados; servizos imprescindibles para os sectores sociais máis febles.
E cando PSOE e PP aceptaban despois do 15-M, que temos chatas na nosa democracia que hai que solucionar, e que é necesario un marco de maior participación, o xeito como queren levar adiante esta modificación constitucional pon ben as claras que as verbas do recoñecemento de problemas no sistema, non eran máis que verbas sen contido para contentar a algúns dos descontentos; o xeito como queren tramitar agora a reforma constitucional é un retroceso democrático sen precedentes que ademais vulnera o que establece a propia constitución para a súa modificación.
Cando as modificacións afecten ó Título Preliminar, onde se establece o Estado Social e de Dereito, e que ninguén dubide que se vai ver afectado, ó trámite debe ser, aprobación polas Cortes ca maioría establecida para o caso, disolución das mesmas, eleccións, aprobación ca mesma maioría polas novas Cortes e despois Referendo, consulta a cidadanía.
De obstinarse en levar a cabo esa reforma, da que non explicaron as razóns que lles leva a facela, a que esixencias responde, de quen, dos mercados?, da Merkel?, do Banco Central Europeo?, cos trámites que anunciaron, creo se pode considerar como un golpe, civil, pero un golpe, contra os dereitos de todos os habitantes do estado.
Aínda que a época e o tempo para dar unha resposta sexa moi limitado, hai que organizar a resposta unitaria. Pasadas as vacacións este é o primeiro chanzo de toda unha serie de novas reformas que os capitalistas esixen, para seguir garantindo os seus beneficios; detrás do deterioro que van sufrir determinados servizos coa limitación do déficit, viran as privatizacións dos mesmos, e os beneficios para unha minoría e o deterioro na prestación, para a maioría.
O estado social esta en perigo, o desenvolvemento da loita de clases inexorablemente indica que o capital leva vantaxe; pero os traballador@s asalariad@s somos máis e garantimos o funcionamento da sociedade, sen nós todo se paralizaría, nin os capitalistas poderían revaloriza-las súas inversións, sen eles monopolizando os medios de produción, os beneficios e malgastando a riqueza que producimos tod@s, viviríamos mellor. O problema esta en tomar conciencia diso.

En Galicia no mes de agosto de 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario