A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 4 de septiembre de 2011

DA INDIGNACIÓN Á REVOLUCIÓN (I). RECONSTRUINDO O PROXETO SOCIALISTA.


Roberto Laxe 
 
O 15 M expresou o desacougo da maioria da poboacion coa situación económica e política do Estado Español, como parte dun proceso moito máis amplo, internacional, de rexeitamento de que a crise paguen os pobres, os traballadores e traballadoras, a xuventude. Foron, e son parte das revolucions árabes, das folgas xerais gregas, das loitas nos EE UU, e, á sua maneira, da expresion de ódio das xornadas de agosto em Grande Bretaña.
Tuda esta reaccion social á crise, e á xestion que todos os gobernos estan facendo dela, sintetizouse nunha palabra: indignacion, como primeiro paso de oposicion a umha realidade cada vez mais dura. 
Como todo primeiro paso de algo que esta a nascer é titubeante, dubidoso, mesmo confuso, que incorpora a todos os elementos golpeados pola crise. Mas á hora de comezar a avanzar máis alo da primiera “indignacion”, do “non” a que a crise a paguen os pobres, é preciso comezar a clarificar o que significa isso, que supoen as alternativas que se estan propoñendo.
Desde os marxenes do sistema, a través dos seus médios, e desde os movimentos sociais que incorporan o movimento de indignacion contra o sistema, estanse a levantar alternativas sociais presentadas como novidosas, e cada umha dela respostan ás necesidades particulares dos sectores que o defenden; desde o consumo xusto ate as loitas contra os transxenicos, desde a reivindicacion de alternativas culturais ate a soberania alimentar. Todos os sectores golpeados pola crise presentan as suas elaboracions e proxectos sociais, que desde fai anos veñen discutindose nos círculos mais pechados.
O movimento internacional de “indignacion” pon sobre a mesa, saca á luz a existência de todos estos proxectos. Mas, por expresar sectores particulares com xustas reivindicaciones, non apuntan o corazon de quen xerou a crise, senon ás expresions mais evidentes do sistema capitalista.
Por isso, para reconstruir un proxecto social alternativo ó capitalismo, o primeiro que há que clarexar entre todos é que demo significa isso de “capitalismo”, porque, teño para min, que existen tantas concepcions de capitalismo como alternativas sociais existen. Alem mais, nun alarde de ahistoricidade, alguns misturan o capitalismo com outros modos de produccion, como se todos foran iguais. Como veremos nada mais lonxe da realidade.
Que é o capital?
Na fala normal, capital asociase ó diñeiro. Ista é umha Idea falsa que se transmite conscientemente desde os médios, como un xeito de despersonalizar o sistema capitalista, persoalizando o capital. Deste xeito, o responsable da crise non é o sistema, senon as persoas, os capitalistas, facendo umha subliminal distinción entre capitalistas “bos” e capitalistas “malos”, como se non existiran condicions obxectivas que obrigaran a facer o que se fai. Asi, as alternativas que admiten esta distincion, sempre estan á procura do capitalista “bo”, “productivo”, frente ao mal capitalista, o especulador na actualidade.
Em realidade o Capital é umha relacion social que se expresa nas ligazons entre os capitalistas e os asalariados/as. O capital é a relacion de explotacion do traballo asalariado, e non se concibe capitalistas sem explotacion, mais alo das suas conviccions persoais e morais. Capitalista é un Sr que tem diñeiro, empresas, bancos ou comércios, no que emprega traballadores e traballadoras. É dicer é umha relacion entre persoas, ainda que para o capitalista o asalariado/a apareza como um factor de produccion mais.
A reconstruccion dun proxecto social alternativo o capitalismo, exixe esta perspectiva xeral, totalizadora das relacions sociais. A sociedade capitalista non é umha suma aritmética de relacions sociais, todas em termos de igualdade; o invés, o capitalismo tem umha columna vertebral que o define, o traballo asalariado, sin él non séria capitalismo.
Diferenzas com outros modos de produccion
Para non cair no que moitos críticos do capitalismo caen, que é na consideracion de que “calquer tempo pasado foi mellor” e as suas alternativas fican nunha visaxen nostalxica dun pasado de Autoconsumo e pequena propriedade, é preciso diferencialos do capitalismo.
As crises econômicas dos modos de produccion anteriores o capitalismo resumianse nunha palabra: sub produccion. Ainda tendo umha base no autoconsumo do campesino libre, tiñan como relacion de produccion dominante o escravismo ou o servo da gleba, e os limites que xeraban a subproducion eran pola sua incapacidade para controlar as leis da natureza e o caracter brutal da dominacion.
A crise da idade media, a queda o Imperio Romano, producironse pola queda brutal da producitividade do traballo. O escravo ou o servo da gleba, pola sua situacion de dominacion “total” polo amo ou señor feudal, non tiña o menor interesse por aumentar a produccion, mesmo no caso do escravismo, a expresion do ódio ao amo e á sua brutalidade expresabase na destruccion de médios de produccion (Kautski, O Cristianismo). Por outra banda, a acumulacion de riqueza non viña das leis da economia, senon do saqueo, do expansionismo militar, dos tributos.
O capitalismo expresa as suas crise em todo o contrario, na sobre produccion. É un sistema de produccion de mercadorias para a venda, e cada capitalista individual esta na obriga do “camiña ou estoupa”. O caracter “libre” da relacion asalariada na que se basea, admite a superacion na formacion do traballador e a traballadora, alen mais, a competência inter capitalista no mercado impon essa formacion que favoreza a producción de mercadorias. De feito, esta competência é a que xera a tendência decrescente da taxa de lucro, motor da atual crise.
A acumulacion de capital que vai xerar as crises veñen do aumento da explotacion directa da clase traballadora, do aumento constante da sua productividade. Tanto este aumento, como a queda da taxa de lucro son os que provocan a aparicion das burbullas especulativas, primeiro porque os sectores mais productivos xeran mais plus valia, e provocan un efecto “chamada” desde os sectores menos productivos na procura dumha boa remuneracion dos seus investimentos, e cando a taxa cai, os capitais buscan refuxio na especulacion pura e dura (desde obxectos de arte ate a debeda dos estados, pasando pólas matérias primas ou todo o que sexa carne de “xogo” monetário).
Obviamente, se as condicions sociais que xeran umhas e outras crises son distintas, as alternativas son diferentes. Da quebra do escravismo, xunto côas invasions xermanicas, apareceu o feudalismo. Nos marxenes do feudalismo apareceu umha clase, a burguesia, que xerou a alternativa social o feudalismo, o sistema capitalista.
O proxecto socialista, a “administracion das cousas”
Há tempo xá que o capitalismo demonstrou os seus limites para favorecer o desenvolvimento social. O control sobre a natureza e o desenvolvimento da capacidade productiva do traballo asalariado, desde anos, estanse transformando non so num freo obxectivo á mellora das condicions de vida da sociedade, senon numha verdadeira ameaza para a supervivência como espécie.
Ninguen dubida que a maioria dos inventos e dos descubrimentos científicos dos dous últimos séculos (que superan por moito, os de toda a Humanidade desde os seus orixes), poen á sociedade nas condicions materiais para que se libere da inmensa maioria das lacras que hoxe a golpean. Enfermidades, fame, pobreza e miséria resolverianse co que os EE UU gastan em aramamento e guerras. Mas a sua forza vem da debilidade e crise do proxecto social global alternativo ao que é un proxecto social global, o capitalismo.
A victoria politica e ideoloxica da restauracion do capitalismo nos chamados estados “do socialismo real” foi precisamente esa, que  co stalinismo desprestixouse a alternativa social revolucionaria, o socialismo e o comunismo, e ficaron vivas as solucions particulares dos sectores urbanos e rurais, golpeados pola decrepitude do capitalismo. Socialismo igual á dexeneracion burocrática da URSS, dictadura dunha casta social frente á maioira da poboacion; esta é a conclusion de miles de persoas que se incluen nesse movimento de “indignacion” contra o sistema capitalista.
Reconstruir o termo “socialismo” comeza pola retomada do seu concepto orixinal: o socialismo, e na sua fase superior, o comunismo, é a sustitucion da “goberno das persoas, pola administracion” das cousas.
O capitalismo, como sociedade de clases que é, é a máxima expresion de esse “goberno das persoas”. Desde a empresa ate os gobernos, pasando pólos organismo internacionais como a ONU ou o FMI, “gobernan” a vida das persoas, deciden desde lonxe quen traballa e quen non, quen vive e quen no, que nacion é atacable cal non.
O socialismo, como sociedade sem clases, disolve este goberno das persoas, e grazas a inmensa capacidade productiva do ser humano - este é un dos logros do capitalismo-, abre as portas a umha “administracion das cousas”, que deixan de seren mercadorias para a venda, para se converter em obxectos para resolver as necesidades sociais, das persoas.
Esto é socialismo, a sociedade no seu conxunto, “administra” as cousas, os obxectos e é ela quen decide como e canto se fai algo, non forzas obscuras, como os chamados “mercados”, que ninguen semella coñecer, mas todo o mundo sabe quen son.
Quen pode avanzar neste camiño
A recuperacion dun proxecto social totalizador (que non totalitário, non confundamos) frente a un sistema global como é o capitalismo fai imprescindible a delimitacion dos suxetos sociais em conflito; a forza de calquer proxecto esta em que exprese as necesidades e os anceios dun sector da sociedade. Sem el, calquer alternativa social non deixa de ser umha declaracion de boas intencions (“os filósofos, ate o de agora, adicarónse a interpreta-lo mundo, a tarefa é mudalo”, Tesis sobre Feuerbach, Marx).
O capitalismo como relacion social basease na dominacion da sociedade por un sector dela, a burguesia, os capitalistas; é dicer, os proprietários directos e indirectos dos médios de produccion e distribucion, dos aparellos financeiros e os seus axentes (altos executivos, políticos burgueses, altos militares, etc). Frente a eles ubicanse, como vimos o comezo, a clase asalariada/traballadora, aqueles que como din o seu nome, venden a sua forza de traballo por un salário e constituen a maioria da poboacion mundial (o 70% da poboacion urbana e o 50% da rural).
Xunto a eles existen toda umha morea de sectores sociais heteroxeneos, desde o pequeno productor rural ate o autonomo (pequeno productor urbano), pasando pólos expulsos do mercado laboral dun xeito permanente, que atingen a cada vez mais sectores da sociedade, ou os que pola idade xá saíron dese mercado.  Sectores todos eles que se moven nas fronteiras do asalariado e da marxinalidade, mas todos teñen um elemento comum, viven, ou viviron, do seu traballo non do traballo dos demais.
Dentro deles, os pequenos productores, teñen unha diferenza obxectiva cós asalariados/as, desempregados ou non; estos venden a sua forza de traballo a un proprietário, que em moitas ocasions é un pequeno empresário, e os pequenos productores venden por definicion o producto do seu traballo. Isto condiciona os diferentes xeitos de enfrentar a crise capitalista. Asi, mentras un asalariado/a loita, para mellorar as suas condicions de vida, por un aumento de salários, pola reduccion da xornada, o pequeno productor exixe un aumento dos precios das matérias primas, a rebaixa dos costos de produccion (incluídos os salários dos seus asalariados), dos impostos, etc. etc.
Obviamente, o capitalismo, as grandes corporacions, atacan a todos, e isso une no “non” a este capitalismo. Mas, a perspectiva para uns é o de acabar co capitalismo, fonte da sua explotacion, e para outros chega com melloralo.
Poren, a clase traballadora é a única interesada em ir ate o final contra o capital, acabar coa relacion social que a explota e comezar a construir umha nova sociedade baixo outros parâmetros sociais, o socialismo. Neste camiño precisa de toda a claridade posible no obxectivo; mas tamen debe gañar para esse proxecto a todos eses sectores que chegarialles com mellorar o capitalismo; pois calquer mellora no capitalismo é transitória. É un sistema que nasceu destruindo ate as raices todos os modos de produccion prévios, e agora ameaza com destruir a humanidade.
Galiza, agosto de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario