A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 22 de agosto de 2011

CATRO ANOS DESPOIS.UMHA CRISE SEM FONDO?

Roberto Laxe

Despois de que trás as hipotecas subprime, a economia capitalista descubrira que o fin da historia, e das crises, estaba lonxe, o mundo volve á montaña rusa da especulacion, agora a conta das “apostas” sobre a debeda e o déficit dos estados, que alcanzou o seu momento mais rechamante côa rebaixa, histórica, da cualifiacion dos EEUU. Para evitalo, xurden todo tipo de propostas de control dos supostos responsebéis, os “especuladores”, os “mercados”, como se istos fosen entes “imaxinarios” sem nengunha conexion côas persoas e a vida.
Se non queremos ficar atrapados nas saídas socialdemocratas á crise (ou nin tan siquer iso, keinesianas), temos que retomar cal é o motor da crise, que non é a debeda nin o deficit, é a queda da taxa de lucro e a crise do modelo de acumulacion, o que está a xerar conflitos interburgueses brutais (ha umha viaxe "segreda" de H Clinton á China e Extremo Oriente, pois China ven de constituir um mercado libre por fora do ASEAN, e sen control ianqui), verdadeiras guerras financieras onde xogase  o futuro da moeda que vai ser o referente (dolar, euro, yuan, ou a moeda que propon o goberno chines), e poren a que permitirá absover o capital mundial á sua burguesia, como aconteceu coa libra no seu momento ou co dolar ate o de agora.
A debeda e o deficit son a propaganda para impor algo pior. Son as palabras de orde actuais como foron as hipotecas subprime no seu momento . Mas son conceptos contabéis modificables por lei, como no debate ianqui sobre o "limite" da debeda e o deficit, non realidades economicas
Por exemplo, no Estado Español. Se realmente fose um problema o deficit e a debeda, con sacar á luz a economia sumerxida, que constitue o 24% da economia, o PIB español estaría fora da recesion. ¡FORA DA RECESION!. Mas, no E Español iso supon tomar umha medida anticapitalista, pois 24% da economia supon tocar, con ollos e cara, aos empresarios que manteñen a economia sumerxida, que beneficia non só o pequeno ou o autonomo, senon aos grandes, comezando polos que controlan a 2 de cada 5 obras publicas mundiais (si, mundiais), as grandes constructoras (FCC, ACCIONA, Ferrovial).
Se o problema fose a debeda ou o deficit, chega con subir os ingresos; a isto chamase keynesianismo. Mas... o problema é mais de fondo, porque na situacion actual de caida da taxa de lucro e a crisis do modelo de acumulacion (petroleo, etc.), a unica maneira que os capitalistas coñecen para subir os ingresos, da produccion de bens non pode facelo (este é o significado da queda da tasa de ganancia), é incrementando a explotacion dos traballadores e especulando.
O capitalismo esta atrapado na vella  contradiccion entre os capitalistas e politicos atados aos "vellos" modelos de acumulacion de capital, que concretase nun sistema de produccion de mercancias obsoletas, e a incapacidade para que un novo modelo de acumulacion de capital alumbre, e xenere umha nova onda expansiva da economia: é a concretizacion da contradiccion da Critica da Economia Politica de Marx, cando din que do choque entre o desenvolvimento das forzas productivas que baten coas relacions sociais de produccion, xurde umha "era de revolucion social". Esta contradiccion é irresoluble... salvo un retroceso salvaxe nas condiciones de vida da poblacion en xeral, e no concreto da clase obrera.
Esto é o que significa a destruccion masiva de forzas productivas. Destruir para construir. O capitalismo ten saídas á crisis, e a debeda/deficit non é mais que unha xustificacion para facelo sin tocar aos propietarios dos medios de produccion.


Galiza, a 12 de agosto de 2011

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario