A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 10 de octubre de 2015

"PROBLEMA NACIONAL" OU PROBLEMA ESPAÑOL.



Roberto Laxe

Desde o progresismo centralista seguen erre que erre coa teima de que o proceso catalán é un problema catalán... A ver se o entendemos, o problema catalán, como o vasco ou o galego, é o problema da conformación dun estado plurinacional baixo mando do exercito español, "garante da unidade nacional"... española, como din a Constitución, texto que no seu artigo 135 impón o pago da débeda por cima de calquera outro gasto.

Por elo, a unidade "nacional" española, simplificando, é a unidade de mando do capital español que negocia ou impón, dependendo: no Pais Vasco negocia os concertos para non atizar o independentismo, en Catalunya mistura a negociación e a imposición, e en Galiza ten os seus sipaios para impoñer: prohibición de fabricar barco civís en Astano, desmantelamento sistemático de calquera presentemento de desenvolvemento autocentrado, etc.
O problema non é vasco, catalán ou galego, o problema é o réxime do estado español que nega, baixo mando do exercito, o dereito destes pobos a decidir cal é a relación que queren manter co resto.
Por outra banda, desde o progresismo español se ven separando a cuestión nacional da social, como se eles representaran esta última fronte os primeiros, burgueses eles que queren desviar a loita contra a austeridade e a troika.
Pois iso é un argumento falso: as CUP fixeron eixo no plan de choque contra a austeridade e a UE, e o tempo, situaron o problema na soberanía... Porque, quen impón as leis que obrigan a todos a aplicar a austeridade, novamente é o goberno e o réxime centralista.
Artur Mas e a burguesía catalá aplica sen problemas estas leis, pois son parte da burguesía, unha burguesía que choca co carácter ultracentralista do capital español. A crise, o minguamento da tarta da explotación dos traballadores / as, fai que as pelexas entre eles tomen tintes de loita nacional, máis non pensemos que a burguesía catalá, nin tan siquer a que se move tras Artur Mas, ten o menor interese de provocar unha ruptura revolucionaria co réxime do 78, o invés, o mais que chega é a premer para conseguir, e só a cerrazón do estado empurra-a á "secesión".
O réxime do 78, como parte desa alianza estratéxica que é a UE, é o problema coa súa estrutura centralista e as políticas austericidas, por iso, temos que romper con el, para frear esas políticas antisociais e centralistas que impiden un desenvolvemento autocentrado dos pobos, nunha perspectiva de clase e social da transformación da sociedade.

En Galiza no mes de outubro de 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario