A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 13 de marzo de 2016

SEÑOR BUITRÓN, É A POLÍTICA...!




 Roberto Laxe

O sr Buitron, un dos voceiros actuais de Podemos Galiza, na súa xestora,
dinnos despois do discurso de En Marea no Parlamento Español, que a
"autodeterminación" non é a prioridade.
A estas alturas, dicir que a emigración galega, a desindustrialización /
industrialización forzada, a precariedade inducida por unha estrutura
produtiva ao servizo do de sempre, a produción de materias primas para
a industria allea, cunha estrutura financeira pública, as caixas,
desmantelada e vendida ao capital, cunha "clase" política que é como din
Beiras, "unha brigada de demolición", ... Cun atraso brutal nas conexión
ferroviarias, postas ao servizo do capital Central, cun capitalismo
galego dependente do capital castizo -La Voz de Galicia é o seu
voceiro-... Coas pensións das mais baixas do estado froito desa
desindustrialización forzada, cun patrimonio arqueolóxico esnaquizado
porque Galiza non ten historia propio, é España e poren non precisa do
dereito á autodeterminación.

A estas alturas, pensar que todo isto non ten nada que ver co dereito á
autodeterminación, ou é ignorancia, o cal é perdoable, ou é mentalidade
de señorito coruñés, que pensa que Galiza é un sitio onde se come ben e
pouco máis.
Sr Buitrón, sabe que a propia Xunta do PP, que non é precisamente
independentista, recoñece que o estado débelle a Galiza 2.500 millóns de
euros: acaso iso non podería axudar a evitar o desmantelamento da sanidade.
Sr Buitrón, saque a cabeza do vazquismo máis rancio e pense: Galiza, o
seu pobo traballador, está como esta non porque era atrasado, da aldea,
pode que o "robertdeniro" "coruñés", Paco Vazquez, o pensara porque era
un reaccionario de “tomo e lomo”, españolista, antiabortista e do OPUS;
tampouco o seu atraso debese a que fose aventureiro, como xustificaba o
ditador Franco.
Non sr Buitrón, o atraso da Galiza ten que ver coa súa pertenza ao Estado
Español, o seu carácter periférico nun estado que é periférico na Unión
Capitalista Europea; á división do traballo imposta por multitude de
guerras europeas e españolas, a ultima no 36. Por acordos políticos nos
gobernos e na UE que resultan en peches de fábricas, ou mantemento das
que aumentan a nosa dependencia...
E iso concretase no odio ou o desprezo, no mellor dos casos, ás
reivindicacións nacionais galegas como é o seu caso.
Como non vai ser unha prioridade poñer no centro un dos problemas
políticos centrais que manteñen a opresión sobre Galiza; se non fai nin
dous días que Renfe pechou nos feitos a liña férrea Ferrol- Coruña.
Sr Buitrón, acontecería ese feito se Galiza tivera a oportunidade de
decidir sobre os seus sistemas ferroviarios?.
A autodeterminación, por si non o sabe, que cabe dentro de o probable, é
a capacidade dun pobo para lexislar sobre as súas necesidades, sen
esperar a que ninguén decida por el.
Mas a Autodeterminación ten outro aspecto, político e ideolóxico, que é
reconstruír a unidade da clase obreira do Estado Español, para enfrontar
as institucións que garanten a opresión da Galiza, o Réxime do 78.
A división da clase obreira do Estado Español non a introducen os
chamados nacionalistas periféricos, senón xente como ud, que pon á
poboación traballadora galega en función dos intereses do aparello central
do estado, ao negar o dereito á autodeterminación.
A poboación traballadora galega ten todo dereito a se autodeterminar, o
que inclúe o dereito á independencia; e non ten porque esperar que
ninguén lle de "permiso" para facelo.
Unha outra cousa distinta é ser conscientes de que só desde a unidade da
clase obreira, a do Estado Español como europea, é posible avanzar nunha
real independencia política.
Unha Galiza independente, nun marco Capitalista e unha Europa
imperialista, terminará sendo unha semicolonia, formalmente
independente, más realmente dependente... Como aconteceu con tantos
outros pobos do mundo.
Só unha Galiza independente nun cadro dunha Federación de Estados
Socialistas Europeos, pode ser realmente independente.
Mas isto, sr Buitrón, non está na súa perspectiva política; que limítase
a garantir, como dixo o seu xefe, Pablo Iglesias, a "unidade de España".
Por iso, para vostede a autodeterminación non é unha prioridade.
Mas, se queremos resolver os problemas sociais impostos á Galiza, ao seu pobo
traballador, teremos que admitir que, parafraseando a Bill Clinton, é a
política, Estúpidos"!
En Galiza no mes de marzo de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario