A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 10 de mayo de 2016

POR UN PARTIDO OBREIRO



Roberto Laxe
Trotski, nun debate nos anos 30 nos EE UU, á pregunta de se nos EE UU había que construír un partido obreiro, fíxoo cun rotundo, “si”; para, de seguido, dicir  “un partido obreiro reformista, non”.

Nun paradoxo da historia, no século XXI na Galiza temos unhas circunstancias políticas con moitas semellanzas á que provocou a resposta de Trotski; a clase obreira galega, e non só a galega, è hoxe un compoñente mais de forzas políticas que non teñen como eixo a loita da clase obreira, senón as esixencias doutros sectores e clases sociais, sen que as súas sinais de identidade teñen visibilidade.


A crise económica detonada no 2007 moveu todas as cadeiras nas que se asentaba a estabilidade dos partidos e as clases sociais. Todas elas na procura do seu reacomodo na nova situación; o capital busca un novo partido que substitúa os dous axentes metidos de cheo na crise, o PP e o PSOE, ben sexa Cs, a “gran coalición” ou como queira que se chame.

As chamadas “clases medias”, intelectuais, profesores, pequena burguesía, etc., reorganízanse ao redor do “soño” dunha volta á placidez do Estado do Benestar, sen se decatar que a crise actual do capitalismo ten un calado tan profundo que esta volta só é posible sobre a base do anticapitalismo e a loita consecuente pola transformación socialista da sociedade.

En todos os casos, a clase obreira, as súas reivindicacións proprias como clase quedan disoltas, invisíbeis, baixo o manto das aspiracións destas clases sociais. Son soños do pasado que tapan a realidade: a loita de clases como o motor da historia, a loita entre o capital e o traballo. Ou acaso o FMI, a UE e a Troika son parvos ao esixir novas reformas laborais. Acaso o capital é parvo cando a súa teima constante é rebaixa dos salarios dos asalariados / as e a perda de condicións de traballo.

Mentres a clase obreira sexa a á esquerda das organizacións das clases medias progresistas, da pequena burguesía liberal, non poderá avanzar na resolución das súas condicións de vida e traballo.  Por iso a tarefa actual é pular pola ruptura política e organizativa da clase obreira respecto as outras clases sociais.

Mas, recollendo a idea de Trotski, non é un partido reformista o que ha que construír. Este tipo de partido existiron o longo de moitos anos, a II Internacional ante de se pasar con armas e bagaxes o campo do capital; foron os Partidos Comunistas, sobre todo tras a disolución da III Internacional no anos 40 como “agasallo” de Stalin ás potencias imperialistas. Esta realidade demostra que só a toma do poder pola clase obreira a través dos seus organismos, os consellos obreiros, Xuntas ou asembleas, establecendo o seu control sobre o poder político, é posible “cristalizar” os avances sociais. Toda reforma que non toque o poder do estado capitalista esta condenada á súa desaparición, como demostra o desmantelamento calculado do Estado do Benestar destes anos.

Este é o que diferenza un partido obreiro reformista e un partido obreiro revolucionario, a actitude fronte o estado. Para un reformista a transformación social conseguirase a través da acumulación gradual de reformas, normalmente defendidas coa chegada de gobernos que non cuestionan o estado capitalista. Un partido revolucionario parte de que o estado é capitalista, desde a súa institución mais pequena ate o goberno ou o réxime, e so a partir da loita consciente da clase obreira polo socialismo é que poderá avanzar na superación das lacras do conxunto do capitalismo.

Esta diferenza cualitativa, programática, que basease na independencia política e organizativa da clase obreira no camiño da transformación socialista da sociedade, obriga a construír outro tipo de partido, oposto aos partidos progresistas e tamén oposto aos partidos obreiros reformistas que teñen como mero obxectivo o gañar unhas eleccións; obriga a construír un partido obreiro revolucionario.

Non é autocualificarse como o partido da clase obreira, senón ser humildes e recoñecer que o que hai é un xermolo dese partido que construirase cos sectores mais conscientes e activos da clase obreira, e ten como eixos da súa política a loita contra o réxime do 78 e a ruptura, pola república galega no cadro dunha libre unión de nacións ibéricas, e dos Estados Unidos Socialistas de Europa, a partir da loita independente e autoorganizada da clase obreira como clase internacional que é. 

En Galiza no mes de maio de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario