A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 19 de marzo de 2018

UNHA CAMPAÑA ELECTORAL PROLONGADA

Carlos Dafonte.

A mobilización popular fixo que se dese un envorco a unha situación bloqueada institucionalmente; con decenas de miles de pensionistas nas rúas e millóns de mulleres ameazando co que se convertiu nun feito o 8 de marzo, o Goberno que leva alardeando máis dun ano que a situación económica grazas as súas determinacións, superou a crise e entra de novo polo roteiro do crecemento, tivo que mover ficha e lanzouse a unha populista campaña de subas salariais, de funcionarios, policias e guardas civís para situalos ó nivel das polícias das autonomías, o tempo que fai promesas, a todos os colectivos que se atopan nas rúas amosando o deterioro da súa situación social e económica e desmentindo que a crise teña pasado.
Os pensionistas en primeiro lugar, o celeiro máis importante de votos do PP, ameazan con axudar a que o PP perda as próximas eleccións, acosado tamén pola suba en todas as enquisas, do número de votos de Ciudadanos, cuxo dirixente Albert Rivera, o “novo Lerroux” da política española, despois de controlar como o seu antecesor que unha parte do voto da clase traballadora non se instale no nacionalismo en Cataluña, está a dar con forza os pasos na política estatal, para sen ofrecer nada e tentar contentar a todos os sectores sociais en litixio, situarse nos primeiros postos nas preferencias do electorado. Só din ofrecer estabilidade, pero tanto ó PP como no momento de asina-lo pacto, ó Psoe, e estou convencido que de gañar Unidos Podemos, tamén lle ofrecerían estabilidade; tanto lles vale “un roto como un descosido”; o caso é estar en primeiro plano da política. A incapacidade deste partido, despois de gaña-las eleccións en Cataluña, para presentar unha alternativa ó nacionalismo aínda que non houbera votos para gañar no Parlamént, dí ben claro o que é; unha estrutura ben financiada pero sen programa, que actúa segundo o que digan as enquisas.

Tamén as mobilizacións do 8 de marzo, obrigaron a cambia-lo paso o PP e os seus dirixentes. De condenalas pasaron a non facelo, algunha dirixente apuntouse tamén a apoia-las, e ata M.Rajoy luciu o lazo morado na súa solapa; con estes indicios podemos afirmar que o Goberno e o partido que o apoia, están dispostos a mergullarse no populismo máis rastreiro e que pareza que abandoan o perfil fundamental da súa política, o apoio ós máis poderosos, ás fortunas máis elevadas, que foi o que fixeron ata o de agora, rebaixandolles os impostos e recordo aquí o que dicía Karl Marx, “A loita impositiva constitúe o xeito máis antigo da loita de clases”, permitindo todo tipo de exencións as grandes empresas, aprobando reformas laborais que permiten que a forza de traballo se atope sen recursos para enfrontarse ó capital, rescatando á banca e autopistas en máns privadas, aumentando os nosos gastos militares por enriba do que aparece nos Orzamentos Xerais do Estado, actuando en suma o Goberno como o que son os gobernos burgueses, “o comité central da burguesía”.
Polo tanto enfrontámonos a unha longa campaña electoral, o goberno cas enquisas favorables a Ciudadanos, non vai ir penso, a unha disolución das Cortes e a eleccións anticipadas. E si unha campaña de 15 días cos prolegómenos que todas teñen, son terribles polas estupideces, mentiras e promesas, que de principio se coñece non se van cumprir, o papel dos programas electorais todo o soporta, unha de máis dun ano e cun partido como o PP naufragando nas augas da corrupción, cunha debilidade política evidente, cunha tendencia cada vez maior a recorta-las liberdades, apoiándose na inexistencia da separación de poderes, pódese facer insoportable para a maioría d@s traballador@s do Estado Español.
Pero @s traballador@s, a clase traballadora asalariada, no seu conxunto, atópense parad@s, ou activ@s ou xubilad@s, tod@s somos a mesma clase, poden utilizar esta longa campaña para seguir deteriorando a situación do partido do Goberno e quen o apoia, Ciudadanos aínda que moitas veces pareza que non o fai, se son capaces de prosegui-la loita neste período, de unifica-las, as das mulleres traballadoras, as d@s xubilad@s, as das organizacións que defenden a sanidade pública fronte os intentos de Feijoo de deteriorala e permitir aínda máis, a entrada do privado para levarse unha parte importante en beneficios sen mellora-lo servizo; @s que loitan contra a venda de Galicia a empresas mineiras, @s que defenden o Ensino público de calidade,...
E sobre todo, non deixándonos enganar ca proposta do PP dende as Cortes de hai uns días, cando non lle quedou máis remedio a M. Rajoy que comparecer e ir ó Congreso dos Deputados por “propia iniciativa”, dixo e mentiu. Foi obrigado pola enorme trascendencia e o pulo que está a significar que millóns de persoas saían ás rúas porque xa non aguantan máis unha situación que mantén na discriminación e a pobreza á parte máis importante da sociedade, que nestes 40 últimos anos crearon a riqueza, para ver como se apropiaron da mesma, sectores moi minoritarios da mesma, grazas as medidas dos Gobernos centrais, ca complicidade das Comunidades Autónomas.
Dícia, non nos deixemos enganar polas verbas de M. Rajoy, no senso de que haberá suba das pensións si se lle aproban os Orzamentos Xerais do Estado. De acontecer así, a suba será mínima e non resolvera os problemas d@s máis afectad@s, polas pensións de miseria que determinados grupos cobran, pero neses Orzamentos, seguirán a recortar partidas básicas como Sanidade, Ensino e outros servizos que afectan @s traballador@s, co que a suba que ofrecerán por unha banda, quítannola por outra.
Non estamos en momentos de deixarnos enganar, nin polo Goberno e os seus aliados, nin por algunhas organizacións que din representarnos e levan anos plegándose ós intereses da banca e o empresariado máis poderosos; os coñecemos ben pois gobernaron moitos anos.
E debemos ter aprendida unha lección, que na democracia burguesa exclusivamente ca loita institucional, senón vai acompañada pola mobilización social, as propostas que podan beneficia-la clase traballadora@s sempre serán bloqueadas. E aínda ca mobilización é moi dificil sacalas adiante, pero non se van aprobar se non hai mobilización. E cando falo de mobilización non estou a pensar só na manifestación, ou na folga; penso en toda unha serie de actividades, informativas, de debate, xuntanzas de todo tipo que manteñen en tensión á clase e que unhas veces concluirá na rúa e outras veces non, pero que permiten que as reivindicacións non se esquezan.

En Galicia no mes de marzo de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario