Carlos Dafonte.
Unha vergoñenta campaña manipuladora
A histeria entre os dirixentes da oligarquía europea, tanto os agrupados na U.E como na OTAN, veñen ser os mesmos, é manifesta e ficticia e tenta enganar aos traballadores europeos. Por unha razón: USA dí non estar disposta a seguir gastando o que gasta na defensa europea e esixe aos seus socios que os orzamentos militares suban dun xeito importante. E os vasalos europeos lanzanse a unha carreira armamentista valorada en 800.000 millóns de euros para construír unha defensa conxunta; cos USA ou sen eles?. De aumentar os orzamentos de defensa, os USA seguirán con nós, e as súas bases non serán desmanteladas, polo tanto esa suposta ameaza rusa esváese. Ou é que despois de gastar os 800.000 millóns imos pedirlles que pechen as súas bases en Europa?
Ao servizo desa peregrina idea de que os rusos van a invadir e van destruír o “xardín borrelliano”, a enorme maioría de prensa e medios de comunicación de toda caste, levan tempo e así van seguir durante moito máis, con campañas manipuladoras da opinión pública para tentar convencernos de que o “oso ruso” ten esas intencións.
A oligarquía europea e otanista tenta producir unha situación de medo, desacougo, na maioría da poboación que non lle permita unha reflexión serena para así poder levar os seus planos cara a adiante.
E para elo vale calquera cousa, ata as enquisas manipuladas como a dun importante medio televisivo cuxa pregunta á xente na rúa era “en caso de necesidade estaría de acordo con que tropas españolas interviran en Ucraína?”. Esa “necesidade” significa que na pregunta xa está a resposta; a pregunta non manipuladora sería “cre débense enviar tropas a Ucraína?”. Con toda seguridade as respostas serían moi distintas entre unha e outra.
Necesítase recortar dereitos sociais para acadar os 800.000 millóns para armamento
O que se esta a acubillar con esta campaña é onde imos “rascar” para conseguir os cartos necesarios para a nosa defensa, curiosamente sen ter aprobado antes un plano coordinado sobre o papel que vai xogar cada país e o armamento específico que en ese plano se lle asigna; de non existir ese plano todos podemos mercar moitos tanques e poucos vehiculos acorazados doutra clase ou moitos avións e poucos tanques; tratándose da defensa común debe haber un Plano común e de non existir, do que se trata é de gastar para satisfacer as necesidades da industria armamentista, pero no por existir un perigo dun conflicto con Rusia; hai poucos anos a UE tiña boas relacións con ela e os USA non moi boas, curiosamente agora a primeira está enfrontada con ela e os USA comezan un novo período de boas relacións.
O importante é de onde van saír os cartos para o aumento dos orzamentos de defensa. A señora Úrsula von der Leyen deu algunhas pistas; dunha nova fiscalidade, por exemplo, permitindo que o teito de gasto, que non podía rebasarse para gastos sociais, agora si, para comprar armamento. 150.000 millóns será aportados pola banca mediante préstamos para mercar defensa aérea, misís, drons, satélites, etc a traveso do “Banco Europeo de Inversiónes” que dirixe a exministra de económía Nadia Calviño. Outra parte dos chamados Fondos de Cohexión Social que teñen o obxectivo de prestar a aqueles países que están retrasados respecto a outros en cuestións como infraestruturas, etc poden ser tamén utilizados para mercar armamento. Pedro Sánchez e o ministro Albares fixeron a proposta de utilizar para rearmarse, os “Fondos Next Generation EU” que serven para solucionar graves problemas provocados pola pandemia e que aínda non están resoltos e quedarán sen resolver.
Pero hai un titular dun artigo dun xornal de moito prestixio que para algúns é a “biblia económica”, Financial Times, que indicaba hai uns días dun xeito moi explícito: “Europa debe recortar o estado de benestar para construír un estado de guerra”. A QUE SE LLE VEN ENRIBA Á CLASE TRABALLADORA!!!!. E a esquerda e o progresismo que está nas institucións, fan algo para que os traballadores e o resto da cidadanía tomen conciencia do que se lles ven enriba, tome conciencia desta situación? En absoluto; todos convertidos en fieis “otanistas”.
Fronte a estes planos necesítase unha forte mobilización social, percorrer os barrios das cidades, as cabeceiras dos Concellos explicando esta campaña de desinformación, de manipulación e os seus obxectivos.
As razóns de Macrón para ser un firme partidario de continuar coa guerra.
Variadas son as razóns para que Macron, o presidente de Francia, tome posturas tan radicais a favor de Ucraína e de continuar a guerra. En primeiro lugar atópase unha circunstancia moitas veces non valorada, o actual presidente francés foi un “traballador” dun dos grupos económicos máis importantes do planeta, os Rothschild a quen se lles acusa xunto con outros multimillonarios de tentar impor un Novo Orde Mundial e non é difícil pensar que a súa influenza en todos os aspectos da vida política francesa é moi importante; polo tanto podémonos preguntar, é Macrón un monicreque desta familia e a súa política internacional segue os intereses da mesma?
Este grupo foi expulsado de Rusia pois non só facía negocios, senón que tentaba influír na vida política da Federación e ten importantes intereses inmobiliarios en Ucraína.
En segundo, que Francia perdeu influenza a nivel político e económico, dun xeito moi importante nunha das rexións de África sobre as que dominaba dende tempo inmemorial, o Sahel, e o seu exército de tipo colonial foi en grande parte substituido polo grupo ruso Wagner, por iniciativa dos dirixentes de varios países da rexión. Polo tanto é posible que Macrón lle quera facer pagar aos rusos as afrentas ao seu amo e ao seu país, dificultando ao máximo a solución do conflico entre a OTAN e a Federación Rusa, con Ucraína como factor interposto.
En terceiro lugar, nunha Unión Europea que actúa completamente ao marxe do que establecen os seus documentos, convertida nun apéndice da OTAN, Macrón tenta dada a situación na que se atopa Alemaña, configurar un novo liderado substituíndo o eixo Francia-Alemaña por outro Francia-Reino Unido, aínda que o Reino Unido non pertenza a UE pero si á OTAN, axudando cada vez máis a non establecer claramente os campos entre a OTAN e a UE. Que quere Macrón, liderar a UE ou a OTAN diante da posible saída dos USA da organización militar?
Por outra banda Ursula von der Layen moitas veces parece ser unha dirixente da OTAN e así lle vai á Unión Europea.
Fronte a esta complexa situación, os traballadores e traballadoras necesitaban o que hoxe non teñen, organizacións políticas e sindicais fortes na defensa dos seus intereses. Polo tanto non é dificil acertar si dicimos que todo indica que a clase traballadora vai sair derrotada da situación que hoxe analizamos e os seus dereitos recortados a non ser un proceso de autoorganización e construír unha fronte común contra o rearme e a guerra.
En Galicia non mes de marzo 2025.
No hay comentarios:
Publicar un comentario