A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 9 de mayo de 2011

A LEI DE FAMILIA DA XUNTA, UN PERIGO PARA AS MULLERES

 Xulia Mirón e Adela Valdovir

A 80 anos da proclamacion da II República, con umha morea de actos lembrando os direitos democráticos conquistados daquela, e no concreto os das mulleres, a Xunta do PP vem de enviar ao Parlamento, para o seu debate e aprobación, o Proxecto de Lei da Apoio á Familia e á Convivencia, cun contido que fai pensar o pior para os direitos da Muller.
Un mundo em profundo troco
O mundo vai cambiar de base, os nada de hoxe todo ham de ser...” din a letra do himno da clase traballadora, a Internacional, e a verdade é que mundo esta cambiando pólas consecuencias da crise econômica, e a orden social e política a corto prazo non vai que dar nada tal como hoxe coñecemos.
As revoltas do mundo árabe, onde miles de mulleres saíron á rua para loitar pólos seus direitos. As traballadoras e os traballadores europeos ou norteamericanos golpeados por umhas políticas a prol da gran banca, aumentando a débeda cós resgates ou aplicando plans de axustes e austeridade, côa privatizacion da maioria dos servizos públicos, etc. Mentras, os países chamados “emerxentes”, actuando como “banqueiros” do mundo, comprando débeda dos estados, empresas e bancos, etc. etc.
Este marco, que é histórico em todos os sentidos, rompe a “rutina”. Desde que estalou a crise do capitalismo, todos estan poñendose no seu lugar. A direita reforzando o seu discurso mais reaccionario e ultracatólico, e a “esquerda” cada vez mais débil polo seu discurso liberal.
Esta lei aprobase neste cadro, mas non colle por sorpresa. De há anos a direita vem facendo mobilizacións contra todo o que soe a “progresista” e democrático. Contra os matrimônios gais, contra a lei do aborto, na defensa da familia patriarcal e, em fin, contra os direitos das mulleres.
O obxectivo da lei do PP
Fai case umha década, cando se comezou a falar do “carto piar do bem estar, dos novos xacementos de emprego”, os empresários frotaronse as mans, pois isso suporia a privatizacion via “xestión privada” dos servizos públicos. Para elo, o goberno do PSOE aprobou a Lei de Dependencia.
Neste cadro de privatización gañou o PP as eleccións em Galiza, e comezou a sua ofensiva contra todos os servizos públicos, desde a saúde ate a educacion, desde os servizos de bombeiros ate os centros de maiores. Sergas e Consorcio de Igualdade, Universidade e xardíns de infância, todo o que poda dar benefícios á patronal, é privatizado, e o que non, directamente pechado.
Esto supon enviar ás suas casas a maiores e rapaces, dependentes ou non: se non teñen diñeiro para ir á privada, non pode acceder aos “servizos”. Por isso, como respaldo a este desmantelamento do chamado “estado do bem estar” tem que fortalecer a familia patriarcal, o que significa directamente que a Muller cumpla o papel de coidadora das persoas com discapacidade, de maiores. A Muller viria a sustituir, dun xeito gratuito, a un estado e Comunidades Autónomas cumha débeda e un déficit público alto.
Por outra banda, e apoiandose nas estadísticas da baixa natalidade, pretenden recuperar a poboacion sobre a base do papel da Muller na reproduccion, e para elo faran todas as campañas ideolóxicas e propagandísticas que sexan precisas contra o aborto, a antincepción e a prol da súa concepcion macabra do direito á vida.
Para que queren máis poboación, se os diferentes gobernos galegos xá expulsaron a 170.000 xóvenes da Galiza nos últimos anos. O problema da natalidade na Galiza debese a que a xente xoven non tem traballo, e a Xunta do PP non fai nada para evitalo.
Baixo o manto reaccionario da defensa da familia tradicional patriarcal, bem diferenciada na Exposicion de Motivos das que “pretenden” selo ou que teñen “certa” analoxia com ela, escondese un ataque ó carácter público dos servizos sociais e, poren, aos direitos democráticos das mulleres e o conxunto da poboación.
Asi, e como se fose un pantasma do franquismo onde se establecia o carácter da familia como “núcleo fundamental da sociedade”, a Lei reafirma-a como o “motor” da sociedade.
Os direitos das mulleres em perigro
Sen facer umha extensa relacion do articulado, os ataques aos direitos das mulleres podem sintetizarse em catro blocos.
1.- O direito ao aborto é, sem decilo claramente, um dos obxectivos desta Lei. Volve a aparecer no artigo 11 o concepto da Muller como portadora de direitos polo simple feito de estar embarazada, pois asimila para a concepcion para a obtencion deses direitos de familia numerosa.
Para mais, a Xunta promovera “campañas de sensibilizacion destinadas á concienciacion social da importância da maternidade, ao fomento da natalidade e a proteccion do direito á vida em formacion”.
Coñecendo quen compõe a Xunta do PP, a sua ligazon ao OPUS DEI e a Igrexa –financiando a viaxe do PaPa mais reaccionario da historia- e ás organizacións Provida, Red Madre e demáis organismos da direita, non é difícil sumar dous e dous, e onde conduce toda esta “fraseoloxia”, a coartar, impedir e dificultar o direito da Muller a dispor do seu corpo e a limitar o direito individual ao aborto.
2.- O direito da Muller a traballar fora da casa. Tanto no artigo 11 como no 26, a lei é clara, nos dous casos a Xunta procurará “a permanência das personas maiores no âmbito familiar e social” e como moito “potenciando a atencion socio-sanitaria no seu proprio domicilio”. Para evitar ter que pagar o “cheque” e abrir novas residencias. Os maiores xa están sendo preguntados sobre si eles están dacordo em estar nas residencias o non.
De todos é coñecido o papel secular da Muller nestos traballos no domicilio, por isso, que a Xunta diga que vai “procurar” o coidado nas casas como se fose algo progresivo, ou é un insulto á intelixencia ou algo pior, un ataque reaccionario aos direitos da Muller traballadora. É obvio que nestas condicións, poucos empresários estarán dispostos a contratar mulleres.
3.- O direito ao divorcio queren limitalo, introducindo umha figura que roza a anormalidade: a “mediacion familiar”.
Entenden por “mediacion familiar” o “procedemento de carácter voluntario dirixido a facilitar a comunicacion entre os membros da familia, co fin de que xestionen por si mesmos umha solucion” (art. 37).
Numha sociedade machista, onde o home segue a ser o “dominante” na relacion de parella, cun goberno reaccionario ate a medula - non é ningun descubrimento-, quén faria de mediador, un cura, un do Opus???.
A verdade que se non fose pola gravidade do que estan a asinar e votar, cun aumento da violência de xenero, esta figura da “mediacion” moveria á risa. Mas, nestas condicións so significa que calquer maltratador pode pedir a “mediación” e de seguro que moitos xuices considerarían un acto de boa vontade.
Se umha parella tem que se divorciar, non hai nin deus que o evite, salvo a violência machista e a complicidade do PP.
4.- O direito á educacion sexual veraz é sometido á ideoloxia das redes provida. Calquera campaña a prol da natalidade responsable que non parta  da explicacion dos direitos da Muller sobre o seu corpo, é umha campaña reaccionaria e falaz.
A criacion do Consello Galego da Familia ou o Observatorio Galega da Familia e a Infancia cós critérios desta lei, só podem ter un obxetivo, destruir ate a raiz o direito da sociedade, e da xuventude em concreto a umha educacion sexual veraz, dos médios de anticoncepcion, que non son citados nin umha vez, das diferentes opcións sexuais, etc.
Sabendo como é coñecido, que a Xunta do PP é parte do entramado de sociedades provida, anti abortistas e da igrexa, o certo é com esta lei vais entregar á istas asociacións os direitos para a educacion baixo o critério franquista de potenciar a familia patriarcal.
Como respostar
A lei de familia do PP so admite umha opcion: o seu rexeitamento global. Nin pola súa filosofia, nin pólos seus obxetivos manifestos nin moito menos nos encubertos –a privatizacion dos servizos públicos- é enmendable.
A sociedade galega no seu conxunto tem que se mobilizar e rexeitar a Lei. É umha obriga das organizacións políticas, sindicais e sociais democráticas levantar un potente movimento contra o que é, sem lugar a dubidas, umha volta ao pasado

En Galicia, no mes de maio de 2011 

No hay comentarios:

Publicar un comentario