A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 29 de enero de 2015

A IMPORTANTE VITORIA DE SYRIZA EN GRECIA




 Carlos Dafonte

Syriza a formación política grega que se pode considerar de esquerdas, acadou nas eleccións do domingo día 25, sen dúbida algunha un grande éxito, faltáronlle dous deputados para acada-la maioría absoluta. A pesares da fortaleza das forzas neoliberais, do apoio da “troika”, formada polo Unión Europea, o Fondo Monetario Internacional e o Banco Central Europeo, do recurso a xogar ca política do medo, augurando todo tipo de desastres que podían acontecer se os votantes se orientaban cara a esta formación, @s greg@s deberon pensar que maior que o desastre no que os sumiron Nova Democracia e o PASOK, actuando ó servizo da “troika”,  xa non era posible e que había que darlle un voto a esperanza. E puxeron fin a moitos anos dun bipartidismo ó servizo das grandes fortunas e os grandes especuladores radicados en Bruxelas. Algúns analistas políticos no estado español, atrevéronse a cualifica ós votantes de Syriza como os “electores analfabetos”, os que non souberon escolle-lo voto bo, que co seu voto se van meter en maiores problemas.

Hai que facer unha aseveración que creo vamos ter que facer moito ó longo desta prolongada campaña, quen xoga co medo para mediatiza-lo voto, non é un demócrata, a democracia necesita da liberdade da xente, non persoas aterrorizadas polo que podan facer cos seus votos e que voten distinto do que pensan. Os que mandan no mundo atópanse temerosos de que o exemplo grego se estenda por outros países da UE e que apareza unha fronte común que poña freo ás políticas de austeridade nun primeiro paso, e que aceptando a realidade de que da crise non se sae permanecendo dentro do sistema capitalista, esa fronte se converta nunha fronte por outro modelo distinto do actual que só xera crise, guerras, miseria e corrupción.
Syriza terá que comezar xa, se lle van esixir resultados axiña ata por parte de aqueles que nunca aceptarían o seu programa, a levar adiante a política que ofreceu @s greg@s a cambio do seu voto, que é pouco máis, pero é moito se o cumpre, paliar dalgún xeito os dramas creados na sociedade polas políticas de austeridade orientadas a paga-la  débeda cos bancos alemás e franceses obxectivo do primeiro rescate e dicir tentar eleva-lo nivel de vida dunha parte d@s asalariad@s que se atopan nunha situación de miseria, grupo no que hai que incluír á maioría d@s xubilad@s cuxas pensións foron rebaixadas; trátase de sacar da humillación permanente a millóns de persoas que viven da caridade, os que foron botados das súas vivendas, a quen permanecendo nelas non teñen luz, nin auga nin outros servizos que xa non se lles prestan por atoparse en situación de pobreza ou recuperar a universalidade da sanidade, hoxe fora do alcance da maioría dos parad@s que son case tantos como aquí. O programa interno debe se-lo prioritario; non hai nada máis importante para un gobernante que cumprir o compromiso que estableceu cos que o votaron. Só servidores de intereses alleos ó país, como ven acontecendo no estado español dende hai máis de 30 anos, poden dar preferencia ó pago da débeda externa. Prioriza-los compromisos exteriores fronte os que teñen cos votantes.
Teñen que ser conscientes que a campaña contra d@s traballador@s gregos vai ser tremenda, só comparable ca que se leva a cabo dun xeito sistemático en Venezuela, onde todo vale, como a defensa dos golpistas e presentalos como demócratas agredidos, para destruír un goberno progresista.
Tense barrallado moito estes días as similitudes con Grecia; unha parte dos que opinan di que non hai ningunha, que o peso da nosa economía dentro da UE é o 12% e a de Grecia o 2,5,  que eles son poucos habitantes e nos case catro veces máis; pero hai similitudes como os índices de paro, a marxinalidade social e sobre todo unha, Grecia non pode paga-la súa débeda e nós tampouco. Os neoliberais din que non pagaremos a débeda pública cifrada en 1 billón de euros, se non seguimos afondando nas políticas de recortes e austeridade, o que levará, engado,  a unha pauperización maior da sociedade e polo tanto a unha mingua constante dos recursos recadados, do consumo, etc. Polo tanto máis tarde ou máis cedo, mellor antes, debemos buscar solucións como as que se están a buscar en Grecia, rebaixa-los intereses, amplia-lo prazo, ou facer unha quita, é dicir rebaixala débeda. O que non significa que vaiamos saír de crise; non o faremos dentro do marco do sistema capitalista, pero o importante e ver se hai posibilidade de orientar unha parte moi importante dos orzamentos ó “rescate dos golpeados” máis cruelmente pola crise; ata o de agora a única preocupación era o rescate dos poderosos, dos sectores da oligarquía afectados.
Estas eleccións coincidiron cunha xuntanza do partido no goberno, o PP, supoño que organizada ca intención de rearmar ideoloxicamente e insuflarlles ánimos a moitos dirixentes e cargos públicos para que a base de repetir ata a saciedade toda unha serie de mantras e consignas, pero sen darlles verdadeiramente argumentos para traballar, se enfronten ó complicado panorama electoral do ano 2015 co maior ánimo posible. Pero estas xuntanzas, como non podía ser doutro xeito, tamén amosan as debilidades e medos e iso foi o que amosou o PP este fin de semana. Senón fose así, non dedicarían a maior parte do tempo a vilipendiar a unha forza política como Podemos, que o único que di é que se vai presentar para ganar e que comezará un tempo de esperanza para os afectados negativamente pola crise económica se creba o bipartidismo e eles comezan a dominar determinadas institucións do estado. Que pon no dedo na chaga cando denuncia as complicidades dos dous grandes partidos cos poderes económicos e a necesidade de facer algunha reforma, no curso dos acontecementos, renegocia-la débeda, prestar máis atención á xente e menos ós “mercados”... en fin nada novo e moi diferente ó que algunha forza política leva dicindo dende hai anos. Pero o espectáculo dado dende a tribuna, por parte de quen se consideran dirixentes deste país e queren seguir a se-lo, foi vergoñento; un tras outro en vez de argumentar sobre a crise, e todo o relativo a ela, subían co seu papeliño, ata para iso necesitarán asesores que custan moitos cartos, para ver quen era o máis orixinal no xeito de criticar a Podemos e os seus dirixentes.
Por que entón ese medo a Podemos, forza ca que non me sinto identificado? Pola razón de que non están integrados no sistema, e polo tanto non hai seguridade de que cumpran as regras do mesmo non escritas, tan importantes como as escritas, que lle dan solidez e que cando algunha forza política das integradas pasa por enriba delas, inmediatamente se poñen en funcionamento toda unha serie de respostas por parte do resto dos integrados, partidos, medios de comunicación, etc, que anula a súa iniciativa. Un exemplo moi clarificador foi o acontecido ca IU que dirixía Julio Anguita; cada vez que aquela organización formulaba algo fora do guión establecido, xurdían as campañas desde todos os lugares acusándoo de visionario, querer deixar ó estado español illado do mundo, por non acepta-lo Tratado de Maastritch, ou querer saír da OTAN ou de facer a pinza co PP contra o PSOE, cando si miramos o que acontecía nas Cortes, PP e PSOE aprobaban a maioría das leis  conxuntamente e IU votaba en contra; e o que era máis grave, diante da virulencia da campaña sempre había unha resposta interna, perfectamente orquestrada de aqueles que pensaban que a campaña intimidatoria facía dano nos posibles resultados electorais que lles afectaban, e xurdían “@s renovador@s”,  apoiados pola maioría dos medios. IU era moi coñecida, sabíase como facerlle dano, pero Podemos é algo polo de agora etéreo, bastante descoñecido para os que teñen que actuar sobre eles, por iso dan tantos “paos de cego”, non saben moi ben por onde atacarlles; ademais a crise modificou claramente eses mecanismos de captación e neutralización e Podemos pode aproveitar esa avaría no sistema, para darlle un bo golpe  ó bipartidismo imperante e ser como Syriza, a esperanza de moit@s incapaces de sentir a mínima ilusión polas propostas dos de sempre, dos que @s levaron á situación actual.
Pero do mesmo xeito que Syriza, Podemos, polo programa que lles coñezo, tampouco vai sacar ó pais da crise, en calquera caso tentará paliar algún dos efectos da mesma, pero primeiro terá que producirse a finais de ano, nas eleccións xerais, a derrota do bipartidismo. E para iso é necesaria a mobilización constante e a organización da mesma, ir creando un “dobre poder” ou “contrapoder”, como se queira chamar. E cando falo de mobilización non me refiro só ás manifestacións contra todas as agresións que acotío prodúcense contra @s traballador@s asalariad@s, refírome a todo outro xeito de actuar como son as charlas, as conferencias, as aparicións en prensa, todos os medios para ir creando na conciencia de moitas persoas que o cambio pode ser posible. Non se pode desmobiliza-la sociedade porque resolveremos os nosos problemas por medio do voto. Ese tipo de pensamento sería o maior erro. Pero a sociedade mobilizada, neste intre histórico, tamén vai ter influencia sobre as forzas políticas e formular con claridade as necesidades para enfrontar o reto de deixar en minoría ós que durante todos estes 33 anos controlaron as institucións.

En Galicia no mes de xaneiro de 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario