A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 9 de mayo de 2015

COMO LOITA O CAPITAL?



Roberto Laxe
Ven a conto esta pregunta, porque desde o comezo da crise, aló polo 2007 (non o 2008 como adoitan dicir, para cinguir a crise ao sector financeiro e así librar o capitalismo de conxunto da queima), semella que os capitalistas como "empregadores" son vítimas da crise, igual que os traballadores; e que so uns poucos financeiros (a lóxica de cinguir o comezo da crise ao 2008) e especuladores, xunto cos seus políticos corruptos, son os responsábeis. Os demais, vítimas.
E nada mais lonxe da realidade. Os capitalistas non fan manifestacións, non fan folgas (fan, en todo caso, peches patronais, que non son o mesmo), non precisan de piquetes nin escraches. Non precisan de utilizar as redes sociais para convocar nada, xa teñen o seus Consellos de Administración, as organizacións empresariais e os seus medios, para premer á sociedade. Embora, todos sabemos que a presión sen forza detrás, non serve de nada. A clase traballadora e o pobo -salvo para algúns seguidores da teoría do discurso sen ancoraxes sociais- saben que se queren conquistar as súas reivindicacións, teñen que saír á rúa e loitar. Iso aprenden-no no dia a dia.

Cal son, entón, as ferramentas de presión dos capitalistas para forzar un goberno dubidoso de se enfrontar á poboación? Os artigos de prensa, si; os tertulianos, tamén... As reunións entre eles, etc. Mas con que premen.
Pois teñen unha ferramenta política esencial: o desemprego. Ameazan, ou fan realidade, con peches, con deslocalizacións, con despidos masivos, ERE’s,... Os capitalistas individuais, consciente ou inconscientemente, cando pechan, cando despiden,... están utilizando unha ferramenta de "loita" para conseguir unha lexislación que lles favoreza. O desemprego, como "exercito industrial de reserva", ademais dunha ferramenta económica para premer á baixa os salarios e as condicións de traballo, son unha ferramenta política de primeiro orde, pois pon ao goberno de quenda na necesidade de lexislar. Como o goberno é o goberno do capital, a lexislación adaptará as condicións legais ao que o capital esta a facer, premer para baixar salarios e condicións de traballo.
Ha gobernos que non necesitan moito, son gobernos que respostan directamente na súa base electoral ao capital. Ha outros, que presentándose como progresistas, precisan dun empurrón para que o fagan. O capitalistas son capaces de desmontar temporalmente a economía dun pais para cambiar a política dun goberno, ou mesmo de goberno: o peche patronal contra o goberno da Unidade Popular chilena.
Como forza de choque os grandes capitais utilizan á masa dos pequenos empresarios, e estes, se non encontran unha alternativa coherente enfronte, entre a clase traballadora, que demostre na súa práctica e loita que o pequeno empresario só pode esperar do gran e mediano capital a súa destrución. Dun xeito falso nas mentes da xente, os pequenos empresarios son presentados, mesmo polos medios do gran capital, como os grandes criadores de emprego na nación, e poren os grandes destrutores de emprego, chegado o caso.
Esta "mitoloxía" do poder do pequeno empresario / emprendedor, fai deles carne de extrema dereita. Se eles crean emprego é porque traballan para unha gran empresa, que é a que lles "da" o traballo; a que fai os encargos. En realidade son so "capataces" das grandes empresas, só que sen as garantías do "empregado". As grandes non se xogan nada, se non é rendibel, rompen o contrato mercantil e punto. Desta maneira, nos tempos de crise como os actuais, os grandes capitais, conscentemente (estos si!), empurran aos pequenos empresarios (os seus capataces) a se enfrontar cos traballadores / as, baixo a demagoxia e o populismo da "mitoloxía" do "emprendedor", como a persoa que arrisca todo ao montar o negocio; mentres o traballador / a é un conservador que non arrisca nada. Mas, se a aventura empresarial vai mal, o primeiro que paga o pato é o traballador / a. Isto non o din ninguén.
O capital, na loita de clases, ten, como a clase traballadora, as súas ferramentas económicas (o desemprego), políticas (os seus partidos, o estado) e ideolóxicas (a relixión, os medios de "in"comunicación, etc.); e non se deixan levar por fantasías "post"; eso é para consumo da intelectualidade e sectores da clase traballadora. O capital ten ferramentas claras, e cando unha non lles serve para manter a explotación, mudan. A clase traballadora faino mais lentamente, pois non ten a capacidade de elaboración que teñen os think thank do capital, embora ten que facer igual; se as súas organizacións para a loita non lle serven para defender os seus intereses, deben cambialas.
Mas ha unha diferenza, ao capital sérvelle calquera ideoloxía, teoría ou mitoloxía que manteña a orde: o exemplo paradigmático foi a utilización do milenarismo das lendas xermanas polos nazis. Ao gran capital alemán importáballe ben pouco que Himmler, e as SS, crera en Odin, Wotan ou Thor..., nas lendas xermánicas e no panxermanismo... O que lle importaba de Himmler e as SS era si defendían ben os seus interese fronte á clase traballadora. O capital pode pasar de apoiar a un "loco" xermanico como Himmler a uns Irmáns Musulmáns, como fixeron nos anos 50 fronte o panarabismo laico de Nasser.
Todas son as ferramentas co que o capital afronta a loita de clases, desde o mais simple e económico, como o desemprego, ate o ideolóxico. Para a clase traballadora centrar a resistencia no primeiro aspecto, leva a un economicismo que fai perder a perspectiva do capital como un todo que atinxe todas as relacións sociais; cinguirse ao ultimo aspecto, é unha deriva "intelectualista", que afasta a clase traballadora da loita política e ideolóxica.
Para acabar coa lacra do desemprego é preciso entender o seu papel na loita do capital contra os traballadores / as.
En Galiza no mes de maio de 2015



No hay comentarios:

Publicar un comentario