A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 23 de abril de 2015

RATO, O FMI E O "MILAGRE ESPAÑOL".



Roberto Laxe 
Un novo asunto de corrupción afecta a un alto cargo do PP; pero non falamos dun concelleiro calquera, nin tan sequera do Pte dunha Comunidade Autónoma. Non. Falamos de Rodrigo Rato, o que fose “super” ministro de Economía co goberno Aznar, o que privatizou Telefónica para entrar na “moeda única”, cuxas consecuencias de externalización agora ven coas folgas nas Instaladoras, Atento, etc.; o que no 2003 afirmou, “non hai burbulla”, e que “se os españois compran pisos é porque poden”; os créditos impagables que asumiron millóns de traballadores e traballadoras á conta de horas extra, era que "podían" endebedarse.

 Falamos do que fose considerado “o mellor ministro de economía da democracia” por todos os políticos e empresarios como Botín ou o seu xefe Aznar. Tan boa consideración tiñan todos, incluído ZP, que este puxo á diplomacia española a traballar para que fose nomeado presidente do FMI, onde estivo 3 anos. Tan brillante era o “amigo” Rato, que nin viu a crise que estalou no 2007 coas “subprime”, encomiou a fortaleza da economía islandesa, a que quebrou, e do sistema financeiro ianqui, ese que levou por diante ao Lehmann Brothers. Si, este era o autor do “milagre español” ao que desde o PP queren volver nunha versión corrixida e aumentada.
  Pero pasou o que pasou, o "milagre" explotou, entón onde estaba o fallo? Onde fallaron as cousas, para que todo o edificio "milagroso" caese deixando un estado con millóns de pisos baleiros, con millóns de parados e un aumento desaforado das desigualdades.

Que Rato era un lince para os seus negocios, iso seguro; demóstrao a súa forma de vida e os seus millóns agora “descubertos”. Pero a economía fallou estivese Rato ou non, era un xestor dun sistema que confía cegamente en que o mercado se “autocorrixe-se”, “autolimpa-se”, e que os bancos son o corazón dese sistema. Iso si, un xestor que sempre saía gañando, perdese quen perdera.
 Rato é unha metáfora perfecta do político burgués actual; como o mercado se “autocorrixe”, para que facer nada, limitámonos a tomar medidas para que facilitarlles o seu traballo, e a cobrar pingues comisións por non facer nada. O drama social que provocan esas “autocorrecións” na forma de despedimentos, reformas laborais, desafiuzamentos ou privatizacións, nin lles interesan nin lles importan. “Ande eu quente e ríase a xente”, dicía o poeta do Século de Ouro.
 Rato é responsable de se enriquecer coa miseria da xente, con diñeiro publico e beneficiarse da amnistía fiscal do seu colega Montoro (xa esta ben de eufemismos!, os amnistiaron, non fixeron unha "regulación fiscal"); é vítima, se pode-se utilizar esta palabra, da crise dun partido que é un dos puntais do réxime do 78 e a súa imaxe detido é unha vitoria colateral do período aberto o 15M. Profundar nesa crise é a gran tarefa que temos por diante.
Sen dúbida Rato ten que ir á cárcere, mas esa non é a solución. Chegou todo o máis alto da economía mundial, o FMI, e a súa caída, como o procesamento do seu antecesor no cargo do FMI, Strauss-Khan e a súa sucesora, Cristine Lagarde, tamén procesada por malversación de fondos é o símbolo da crise dunha institución, o FMI, que só pode facer unha cousa, desaparecer. Nos seus 70 longos anos de existencia provocou miseria nos países que ten “tocado”; e agora os seus tres últimos presidentes son uns delincuentes... O FMI só serviu para enriquecer a banqueiros e aos xestores que estes puxeron á fronte, Intre, Strauss-Khan e Lagarde. Rompamos co FMI, verdadeiro “fondo de réptiles”.

En Galiza no mes de abril de 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario