A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 22 de julio de 2015

Umha outra versión do acontecido en Grecia.

Roberto Laxe

O pobo traballador grego derrota nas eleccions á burguesia grega e a UE, pondo no goberno a unha organización que promete non aplicar as medidas de austericidio de Nova Democracia e o PASOK.
Tras ducias de folgas xerais, de duros enfrontamentos coas forzas policiais e entre as mesmas forzas da esquerda grega (que non recorda ao KKE protexendo o parlamento do intento de asalto de miles de manifestantes comandados polo anarquismo grego), a poboación, a falta dunha outra alternativa, escolle a via electoral, e confia en Syriza a aplicación das políticas que resposten aos interese da burguesia grega e europea.

Frente a caida en picado dos partidos "naturais" da burguesia, ND e o PSOK, e sen atreverse ainda a sacar a bestia fascista á rua, ainda que a ameaza esta aí sempre (Aurora Dourada), a burguesía grega e europea admite a victoria democrática de Syriza. O KKE saca, non o esquezamos, 15 deputados, dos que ningúen fala.
Cando chega a hora de formar goberno, Syriza, en vez de escoller o seu aliado natural, o KKE, e formar un goberno que resposte á maioria da clase traballadora e o pobo, pacta cun partido burgués, fortemente dereitista, entregalle o ministerio de defensa nun país que é chave na zona (Grecia é o Oriente Proximo da Europa, é a ponte entre Oriente Proximo e Europa).
Estaba claro que Syriza non quería romper coa burguesia grega,... mas como todo reformista perdeu de vista onde está a burguesia grega. O Anel é o pantasma da burguesia grega, mentras que o fundamental da burguesia grega está con Europa, coa ND e en menor medida co PASOK.
Como a burguesia (a personalización do capita) ve a Syriza como un "advenedizo", que quere romper coas políticas economicas que lles deron beneficios o longo dos anos, e ademais, é froito dun triunfo popular -co que ten isto de reforzar a conciencia de que é posible umha outra política-, non lles da nin un segundo de respiro: comezan as campañas contra Varoufakis e tonterías polo estilo.
Mas, cómo fai umha burguesia pra derrotar o seu inimigo, afogalo co unico que ten a sua man, o diñeiro. Comeza a fuga de capitais, como fixeron en Chile, coa Unidade Popular, en Portugal da Revolución dos cravos, na Nicaragua do Sandismo,... como fan sempre: abocar á ruina o país, para que as clases medias e a pequena burguesia rompan co goberno de unidade popular, e pidan umha volta "a orde" do pasado; xa sexa cun golpe militar (Chile), xa cun golpe pacifico, via electoral (Portugal), xa umha combinación dos dous (Nicaragua).



Se en Chile e en Nicaragua foi desde os EE UU donde se promocionou a contrarrevolución, no caso Portugués xuntaronse ianquis e europeos, españois (estes cumha dictadura en crise no podía admitir umha revolución triunfante nas suas fronteiras). No caso grego, a vangarda da reacción é Bruxelas/Berlin que acude en apoio da burguesia grega. Esta, mentras, pecha os bancos, impon o corralito e fuxe co diñeiro a Suiza (80 mil millons de euros, a cantidade que Syriza pide á UE), deixando o pais ao bordo da ruina.
A resposta de Syriza é a de anular toda a mobilización social, que é a sua UNICA forza; todo o mundo recoñece que nos 6 meses de negociacions a mobilizacion social caera totalmente, e fiarse numhas negociacións sen ter nada detrás, confiando na "intelixencia" dos negociadores Varoufakis e Tsipras.
Syriza non podia facer mais, din case todos os que no seu momento criticaron ao PCE cando dicia que no 78 era imposible facer mais, porque non confiou nas forzas do pobo traballador grego... Syriza non podia facer mais porque ficou atado aos metodos da burguesia, a negociación en conciliabulos, atado a ela a través do seu pantasma, o ANEL, e porque tiña renunciado ideoloxicamente o qeu sempre definiu a esquerda, a loita de clases.
O mesmo Varoufakis recoñeceo cando din que lle recoñecian que "tiñan razón, mas ían destruilos". Porque destruilos?, porque Syriza, e o referendo posterior, eran froito da decisión democrática do pobo, e o capitalismo é o oposto a democracia popular polo vertice. A unica democracia que recoñece é a dos consellos de administración, nada máis.
Podía facer Syriza umha outra cousa; SI. Quen diga o contrario só quere xustificar a traizon, como cando o PCE dicia non podemos facer mais: non sabemos o que pasaría se no 78 triunfara as tesis dos que defendiamos que se podia facer mais, mas o que é certo é que os que dician "esperade, xa viran mellores tempos", fracasaron. Que estamos como estamos, demonstrao.
Syriza, en vez de pactar co pantasma da burguesia grega, podía ter chegado a un acordo de Goberno co KKE, terse apoiado nas organizacións obreiras da esquerda grega, nas organizacions sociais... Ter acompañado as negociacions -ninguen nega a necesidade, en ocasións, de negociar- coa xente traballadora na rúa, non desmobilizala. Ter organizado a poboación preparandoa decindolle o que era inevitable, ou tragaban coas imposicións da burguesia grega e a UE, ou tiñan que romper con eles, sairse da UE e do Euro, e adoptar un camiño novo. Non, Syriza fixo todo o contrario, sempre chamou a confiar na negociación... cos que estaban afogando Grecia. Estaba enganando o pobo, decindolle que confiara no que era imposible, que a UE e a burguesia grega cambiaran as suas políticas.
Mentras a burguesia grega e europea afogaban Grecia para impor os seus plans, o goberno non adoptou ningumha medida de defensa frente ao afogo como a nacionalización das empresas e da banca, como a expropiación dos capitais en fuga, como o establecemento dumha moeda / pagarés (como propuña Varoufakis) para ir saíndo da situción. E incluso, desde a independencia dumha politica cara o socialismo, procurar un emprestito co banco dos BRICS que lle permitira liquidez: utilizar as contradiccions interimperialistas para gañar tempo non é ningun pecado.
Se alguen pensa que sen romper esta UE e coa burguesía actual, nas condicions de crise social e politica do capitalismo, é posible evitar o desmantelamento das conquistas sociais chamadas "estado do benestar" e facer umhas outras politicas está enganando á poboación.
Algúns din: esperemos a España, ... Mas, para qué? Podemos, Ahora Común, Mareas, etc... non teñen como obxetivo romper coa UE nin abrir un proceso constituinte que Rompa co Rexime da Transición, senon que se moven na perspectiva pequeno burguesa de que "calquera tempo pasado foi mellor" ou dito doutra maneira, umha volta á "placidez" do Estado do Benestar.
Grecia demonstra que as burguesias europeas nin queren nin poden facer outra cousa que o que están a facer, a crise é tan grave, ten un calado de tal calibre que só poden recuperar os seus beneficios destruindo ate a raiz as conquistas que quedan.
Grecia tamen demonstra que os obxetivos politicos da clase traballadora e o pobo só se poden conquistar partindo do recoñecemento aberto e claro de que "é a loita de clases, estúpidos", e da sua mobilización independente das organizacións burguesas.
En Grecia, como no Estado Español e na UE, a loita está entre as burguesias (personalización do capital) unidas estratexicamente tras ese enxendro que é a UE, e a clase traballadora e os pobos, todos, desde o alemán ate o grego, desde o portugues ate o polaco. E que non collen, xa, políticas socialdemocratas.
Moitos comparan o humillante acordo Syriza/UE co Tratado de Versalles, eu prefiro comparalo coa votación do 4 de agosto de 1914, cando a socialdemocracia alemá votou os orzamentos de guerra, declarando o mundo a sua bancarrota.

A votación do parlamento grego é a bancarrota das politicas socialdemocratas actuais.

En Galiza no mes de xullo de 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario